Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » Urbanismo eumés
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de "Urbanismo eumés"

17-09-2008 / 23:03
Urbanismo eumés

O concello denega nova licencia á casa de D. Pablo.

Nun novo episodio deste interminable culebrón o concello denegou outra vez a solicitude de licencia para continuar as obras na, xa famosa, casa de D. Pablo.

O concello rexeitou o novo proxecto presentado por non cumplir a normativa municipal, entre outros por exceder a altura máxima permitida, presentar plantas de mais, voadizos ilegais... E ordena a paralización inmediatas dos traballos en curso que como se pode ver na foto superior iban moi avanzados, pero lamentablemente carecian de permisos e incumplian a normativa municipal, toda esta desfeita para baixarlle escasamente 60 cm ao edificio, manda carallo!!.

A realidade e que dende que empezaron a perpetar este atentado urbanístico a promotora non fixo mais que tentar burlar sistemáticamente a normativa a base de presentar proxectos e executar obras ao marxe da lei. Así conseguiron a primeira licencia o 29 de xuño de 2004, cun proxecto que incumplia a normativa practicamente en todolos aspectos, pero por aquel entón tiña a bendición do aparellador municipal de Pontedeume, tan acostumado a ver 15 onde poñia 18, para que falar mais do tal Valiente.

Despois da paralización da obra ordeada o 31 de octubre de 2006 polo anterior alcalde, despois de mil e unha denuncias, xa que incumplia clamorosamenete a normativa, a promotora presenta o 2 de novembro de 2007 proxecto de legalización falseando novamente a realidade e tentando enganar para obter a licencia para continuar as obras, cousa que consigue gracias á participación de novo do aparellador municipal de Pontedeume, encargado de emitir informe favorable contranormas, eso si coa participación do servizo de urbanismo da Diputación da Coruña que toma parte activamente nesta comedia afirmando que todo estaba ben pero negandose a poñelo por escrito, esto xa lle debe soar ao BNG xa que foi a mesma táctica que os levou a conceder a primeira licencia, chamadiña por telefono ao tal servicio, unha contestación gratuita que todo vale, pero nin un papel por escrito.

Despois da denuncia de Fusquenlla en novembro do 2007, o concello de Pontedeume revisa a licencia e propón a sua anulación por ilegal, baseandose en que o informe favorable é contranorma. Anulación que levada ao xulgado finalmente se ratifica polo contencioso administrativo nº2 da Coruña, sentenza que se comunica ao concello de Pontedeume o 9 de xunio de 2008.

Previamente a promotora para non perder tempo xa presentara no concello, o 16 de abril do 2008, novo proxecto “burla” para solicitar licencia. Procedendo o dia 15 de maio do 2008 o promotor a renunciar a licencia anterior para non ter que agardar ao resultado do xulgado, parece que a promotora ten contratado un gabinete de abogados para xogar a este xogo chamado saltarse a legalidade a toda costa, e mais contando coas continuas baixas do arquitecto municipal de Pontedeume co que pretendian acollerse a concesión de licencia por silencio administrativo xa que se tardou mais de 3 meses en emitir informe. Infructuoso por suposto xa que a lei indica que non se poden conseguir licencias contranormas por silencio admistrativo. Pero non nego que foi un bo intento.

Finalmente o 9 de setembro do 2008, a nova arquitecta municipal informa desfavorablemente a solicitude de licencia do proxecto de legalización presentado pola promotora o 16 de abril do 2008, ordenado o alcalde a paralización inmediata das obras.

Así estan as cousas a día de hoxe, polo momento na obra seguen dous obreiros tocando a ratos “o clarinete” do martelo neumático, rompendo si saber moi ben o que fan. Dende logo estamos convencidos de que este non vai ser o derradeiro capitulo desta história, xa que un novo episodio se está a compoñen en algún estudio de arquitectura nestos momentos e non tardará moitos dias en chegar en forma de novo proxecto "burla" ao servicio de urbanismo do concello.

¿Qué nova burla nos terán preparado?, xa veremos, a comedia continua, dende logo a promotora non esta por perder mais vivendas, polo momento neste xogo xa perdeu unha (25 millons) mais o coste das sucesivas demolións.

16-09-2008 / 10:08
Urbanismo eumés

O Eume a debate

Organizada por Verdegaia e Fusquenlla celebrarase unha charla o vindeiro venres 19 en Pontedeume ás 19:30 h Instituto de Ensino Medio "Breamo" de Pontedeume. Xoan Ramón Vidal Romaní, catedrático e director do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC, falará sobre os perigos do enchido do oco da mina de As Pontes. Mónica Arto, responsábel comarcal de Verdegaia e representante da FEG na xunta consultiva do Parque das Fragas do Eume, tratará a problemática actual do río Eume. Unha problemática que non só se centra na alta acidificación do río e que será posta de manifesto por Concha Ferreiro, química e socia de Adega.
12-09-2008 / 10:41
Urbanismo eumés

Recuperar os cartos

A cruz das ilegalidades urbanísticas está en aqueles compradores "de boa fé" que anticipan cartos para a compra dunha vivenda en construcción, pero en casos como os que estamos continuamente denunciando que podemos facer para recuperar os cartos entregados ao promotor cando non entrega os pisos nas condicions ou plazos acordados.

¿Cómo actuar cuando no me entregan mi vivienda?
El cliente puede reclamar la devolución del dinero cuando la compañía no entrega las viviendas adquiridas y también, en el caso de que sobrepasen los plazos previstos. Tal y como recoge la Ley, las empresas o personas que promueven la construcción de viviendas que no sean de protección oficial, destinadas a domicilio o residencia familiar “están obligadas a garantizar la devolución de las cantidades entregadas más el 6% de interés anual, mediante un seguro o por un aval prestado por una entidad”. Los expertos consultados destacan que es difícil que los afectados lleguen a cobrar ese 6% de tipo de interés porque tienen un carácter subordinado, lo que se traduce en una menor preferencia a la hora de cobrarse.
Para recibir los importes pagados como adelanto a la inmobiliaria, los consumidores deben dirigir un escrito a la empresa a través de un medio que garantice la recepción. En la nota se ha de especificar que, ante el incumplimiento del contrato, se pide su resolución con la devolución de las cantidades entregadas.
Si la inmobiliaria no devuelve el dinero, los usuarios tendrán que dirigirse a la entidad bancaria que avala las cantidades entregadas a la compañía, para solicitarle a ella su devolución. Es necesario poseer el escrito enviado a la inmobiliaria y un documento acreditativo del incumplimiento del contrato (por ejemplo que los administradores consursales manifestasen públicamente que no se finalizarán las obras).
El nombre de las entidades que han avalado el dinero abonado a cuenta se puede localizar en el contrato de compra-venta o en los documentos que acreditan el pago. De no ser así, hay que pedir esta información a la inmobiliaria. Si no se obtiene respuesta por parte de esta última, es necesario presentar una diligencia preliminar en el juzgado solicitando el auxilio judicial para obtener esa información.
La norma establece que los vendedores deben ingresar los anticipos que los clientes dan por la compra de las viviendas en una cuenta especial, separadas de otros fondos pertenecientes al promotor y de las que “únicamente podrá disponer para las atenciones derivadas de la construcción de las viviendas”. La legislación explica que la devolución de las garantías por parte de los bancos debe ser inmediata en el caso de que ellos se encuentren como avalistas de las inmobiliarias. Sin embargo, pueden existir cláusulas entre la inmobiliaria y el banco que retrasen o modifiquen esta condición.

¿Y si el dinero entregado no cuenta con avales?... unirse al concurso de acreedores
En ese caso, la inmobiliaria habría incumplido las obligaciones impuestas por la legislación y la situación sería especialmente “problemática”, indican las asociaciones. La única opción es interponer una denuncia administrativa contra la empresa por la citada infracción y unirse al concurso de acreedores en el juzgado mercantil que lleve el proceso.

¿Y en el caso en que se produzcan retrasos en el plazo de entrega?
La Ley expresa que la empresa promotora tiene la obligación de indicar la fecha de entrega del piso. Este periodo no tiene porque referirse a una fecha concreta pero puede citar un plazo más amplio (por ejemplo: “antes del primer trimestre de 2009”). El incumplimiento supone una infracción y puede ser denunciado ante el órgano competente de la respectiva Comunidad Autónoma, el cual impondría una sanción.

¿Si la vivienda entregada está en mal estado?
Ante defectos de habitabilidad, cimentación o estructura puede ocurrir que la inmobiliaria no asuma su responsabilidad y por lo tanto, que no ejecute las obras necesarias para subsanar dichos imprevistos. La solución para los usuarios pasa por enviar una reclamación a las empresas que han intervenido en la construcción de los edificios. Para localizarlas basta con mirar el certificado final de obra.
Dende logo o que non debemos de facer nunca é escriturar unha vivenda ilegal xa que ao final acabaran por caer enriba de nos as medidas para restituir a legalidade urbanística.
Mais información en:

http://www.invertia.com/noticias/noticia.asp?subclasid=&clasid=&idNoticia=1991709
28-08-2008 / 18:53
Urbanismo eumés

El proyecto era ilegal

La Opinion confirma hoxe o que xa coñeciamos "El proyecto para hacer legal la obra de la Avd Doctro Villanueva nº 1 infringía la normativa urbanística", creo que para pouca xente pode existir dubida algunha coa foto superior.
A nova tamén nos di: "La promotora del número 1 de la avenida Doctor Villanueva, Progasa 2000, aprovechó el desnivel existente entre este vial y el posterior, la calle Porto, para edificar más de lo permitido en las normas subsidiarias que rigen el urbanismo en Pontedeume desde 1986 a falta de un Plan General de Ordenación Municipal (PGOM)".
Algo evidente, a promotora retorcendo a situación de desnivel entre ruas, está construindo dous edificios na mesma parcela, o problema está en que un se situa enriba do outro como se pode apreciar na fotografía, e eso por certo é totalmente ilegal. Só se pode construir baixo mais duas plantas e baixo cuberta, e queda bastante claro que a foto non corresponde a tal situación.
Tamén confirma a nova que: "Progasa 2000 también presentó una modificación del proyecto con el que solicitó el primer permiso de obra, proyecto que todavía no ha sido supervisado por los servicios técnicos del Ayuntamiento de Pontedeume, según informó ayer el primer edil eumés".
Dende logo vendo o que están a facer na obra, na que únicamente están retocando novamente algo na cuberta pero en todo caso sin reducir a altura do edificio, parece que estamos outra vez coa mesma actitude de burla por parte dunha promotora que parece incansable na ansia de insistir en rematar un edificio totalmente ilegal.
Outra vez non quedará mais remedio que denunciar de novo o que Fusquenlla xa fixo coa licencia anterior: "Fue el colectivo Fusquenlla el que alertó de que el proyecto presentado por la promotora para tratar de legalizar el edificio se limitaba a proponer pequeñas intervenciones que no alteraban en lo fundamental el volumen del edificio ni sus dimensiones y que, por lo tanto, infringía la normativa urbanística, tal y como constató el arquitecto municipal".
Cando será o bendito dia que se lle deixe claro a esta promotora, do demo, que non pode continuar as obras e para rematar as obra vai ter que eliminar o que non se axusta á normativa, e decir facer un edificio de planta baixa, duas altas e baixocuberta, e non o que pretenden de baixo mais sete plantas. ¿Cantas veces mais teremos que repetir o mesmo?.
Ver mais en La Opinion:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008082800_2_216748__A-Coruna--Metro-proyecto-para-hacer-legal-obra-infringia-normativa-urbanistica
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008082800_2_216712__A-Coruna--Metro-tribunales-anulan-licencia-para-legalizar-casa-Pablo
26-08-2008 / 17:43
Urbanismo eumés

A historia se repite

La Opinión informa novamente sobre a situación ilegal do edificio “El Pidio” emplazado en Cabanas, esta vez o xulgado ordea iniciar antes do dia 15 de setembro a demolición das duas plantas superiores do edificio por encontrarse en situación ilegal.

A licencia de construcción remontase ao ano 1990, pero o Tribunal Superior declarou nula a licencia en 1994, sucedendose desde entón toda unha serie de sentencias e recursos que non fixeron mais que ratificar a nulidade da licencia e obligan a demoler as duas plantas superiores do edificio.

Según indica La Opinion: “Según el planeamiento urbanístico en vigor, en el lugar en el que se levanta el edificio tan sólo se permitía la construcción de una planta baja, dos altas y bajocubierta. Sin embargo, el terreno presenta un desnivel y la promotora aprovechó esta circunstancia para levantar cinco plantas más bajocubierta”. Esta situación leva a que as duas últimas plantas do edificio sexan ilegais e polo tanto o xuiz ordease a sua demolición inmediata, recordando ao alcalde de Cabanas que de non facerse efectivo será acusado de un delito de desobediencia ao tribunal.

O mais curioso está en que a situación é idéntica ao edificio de correos en Pontedeume, neste caso a normativa permite baixo mais duas plantas, pero a promotora aproveitando un desnivel ainda maior entre ruas, foi mais aló construindo baixo mais sete plantas todo un paradigma do descaro e a desvergonza.

O xulgado recentemente anulou a licencia de legalización desta obra, e non entendemos porque o concello esta retrasando a aplicación da legalidade e non procede a paralizar as obras actualmente en curso sin licencia coas que están procedendo a reconstruir unha cuberta que a todas luces segue sendo ilegal. A promotora ten presentado dende fai meses nova documentación na xerencia de urbanísmo pero mantendo baixo e sete plantas, polo tanto continua con catro plantas ilegais e nesta situación resulta imposible a sua legalización por non axustarse á normativa urbanística. O concello debe actuar inmediatamente é restablecer a legalidade urbanística.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008082600_2_216162__ACorunaMetro-Superior-ordena-iniciar-derribo-parcial-Penso-tres-semanas
20-08-2008 / 10:33
Urbanismo eumés

O xulgado anula a licencia do edificio de correos


Tal e como comentabamos na entrada do 26/02/08 o concello de Pontedeume despois de ser enganado de novo pola promotora desta obra e obter o novembro pasado una licencia fraudulenta para continuar as obras do numero 1 da Avda. Dr. Villanueva, optou en febreiro deste ano por abrir expediente de suspensión de dita licencia e traslado ao xulgado de Betanzos para que o xuiz procedese a sua anulación por contravir escandalosamente a normativa urbanística, sentencia de anulación que agora coñecemos e que revoca a licencia de continuación das obras por ser ilegais.

A situación actual é que a promotora presentou ante o concello unha documentación modificada para solicitar unha nova legalización das obras, e está pendiente de resposta por parte dos servicios urbanísticos do concello. Pese a que nesta situación carecen de licencia para continuar as obras, xa que por silencio adminstrativo non se poden obter licencias contrarias á lei, dende fai mais de tres semanas a constructora encargada das mesmas está a continuar os traballos nunha actitude de tirar para diante sin respetar a legalidade como xa nos ten acostumados dende fai mais de catro anos.

A promotora resistese a que unha vez vulnerada a primeira licencia e aberto o expediente de ilegalidade das obras, e imposible que se lle conceda de novo licencia para a aberración que tiñan planeado. Porque esta claro que o dereito a construir que da unha licencia se perde no momento en que a construcción non se axusta a tal licencia, e dende un primer momento a promotora entre outras lindeces falseou a altura entre a rua Porto e Avd. Villanueva indicando no proxecto mais altura que a real e desta maneira poder obter mais alturas para a edificación, polo tanto tan só con este "despiste", que hai mais, é suficiente para anular a concesión da licencia e non ter dereito a ningún tipo de indemnización, xa que existe dolo por quen presentou tal documentación.

Agardemos que a incorporación dunha nova arquitecta no servicio de urbanismo do concello sirva para axilizar e aclarar dunha vez o xigantesco desproposito que levou a conceder licencia para un edificio de baixo e sete plantas onde a normativa permite só baixo mais dous. Un dos exemplos mais claros do urbanismo salvaxe e depredador, que conxuntamente co edificio de Caldagueiro son a última triste herdanza dun aparellador municipal fora de control durante mais de trinta anos.

Arriba incluimos de novo o informe redactado polo arquitecto municipal de Pontedeume onde indica claramente que a obra incumple a normativa urbanística e dende logo as pretensións da promotora están moi lexos da legalidade urbanística.




02-08-2008 / 08:55
Urbanismo eumés

Autopista sin peaxe

Tal e como comentamos en outras ocasións a estrada de circunvalación a Pontedeume xa esta feita dende hai anos, non é outra que a autopista, pero o abusivo da peaxe nunha zona moi deprimida económicamente como é a nosa esta facendo que o seu uso sexa moi restrinxido. Hai que recordar que o coste da peaxe é excesivo para unha via imprescindible para as comunicacións en Galicia. So temos que recordar os 0.65 € do tramo Fene-Cabanas ou os 15 € de Cabanas a Vigo, algo totalmente anacrónico cando a alternativa á autopista é unha estrada xeral convertida nunha sucesión de tramos de ruas limitadas a 50 km/h. Creo que pouca xente se plantexou ir de Pontedeume a Vigo pola estrada, pero creo que sin esaxerar debe facer falta todo o día.
Pero sin querer soñar coa liberalización total da autopista en Galicia, o que si parece que empeza a ter os primeiros movementos, mellor tarde que nunca, é a petición de liberalización entre Fene-Cabanas-Miño ou incluso Guisamo. Finalmente os concellos da zona se empezan a plantexar que é unha necesidade para mellorar as comunicación, ainda que alguns como o caso de Ferrol, incomprensiblemente parecen negar a realidade, quizás o tema dos cores políticos influan na maneira de ver as cousas.
Tamén en Pontedeume estos dias se está formando unha plataforma para a liberalización da peaxe formada polos partidos locais, asociacions de veciños e Fusquenlla, que pretende ser unha nova canle para informar e presionar de cara a conseguir algo tan necesario como un novo enlace da autopista no poligono de Vidreiro e a gratuidade dende Fene, o que sin dubida eliminaría as continuas retencións en Pontedeume.
Outros precendentes temos en Galicia como a liberalización parcial da Ponte de Rande, ou a de O Burgo en Coruña, pero sabemos que non foi algo inmediato senon fruto de anos de movilizacións, o importante é que os veciños sexan conscientes en que é un problema que afecta a todos e que é necesario o apoio de todos para conseguilo.

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/08/02/0003_7031156.htm
22-07-2008 / 17:49
Urbanismo eumés

Pontedeume, punto negro na destruccion do litoral


Si fai poucas datas era Antonio Roma como fiscal especializado en delitos urbanísticos quen recoñecia que Pontedeume estaba entre os tres primeiros destacados na provincia por numero de denuncias, agora son os Ecoloxistas en Acción quenes colgan a bandeira negra no urbanismo eumes, esta vez descatando a nivel nacional, comentannos o seguinte:
Municipio de Pontedeume
Vizús: Viviendas construidas en zona rural vulnerando la Ley del Suelo. Se encuentran al lado del ferrocarril yvierten las aguas residuales directamente al mar
Pontedeume: La gestión del agua en Pontedeume es sinónimo de estafa. Tanto la que se consume como las residuales.La depuradora de la Macuca debería recoger todas las aguas residuales de Pontedeume pero la realidad contradiceesta suposición. Actualmente se vierten aguas directamente al río Eume desde Nogueirosa y Ombre, los vertidosa la ría son permanentes, y la contaminación que provocan en los bancos marisqueros es enorme. Sin olvidar queen muchas ocasiones las aguas vertidas a la ría desde la depuradora de A Macuca aún hay que catalogarlas cómoaguas residuales. Eso sí, los eumeses pagan, y no poco, por la depuración de unas aguas que no son tales.
Perbes: El mejor ejemplo de la importación del método del Mediterráneo es Miño, un bello municipio en la ría deBetanzos donde se están construyendo 1.300 viviendas con campo de golf y hotel, sin depuradora ni red propia deabastecimiento de aguas. El Ayuntamiento expropió más de un millón de metros cuadrados de suelo forestal paradarle la concesión a la inmobiliaria Fadesa. Fue la primera expropiación que se realiza en Galicia para acometeruna urbanización personal con venta obligatoria del suelo a seis euros el metro cuadrado. Fadesa los vendió por2.000 y hasta 6.000 euros por metro cuadrado.
Nogueirosa: Chalés construidos en zona de protección costera. Un juzgado anuló ocho licencias y algunas de lasobras están pendientes de una sentencia de demolición. Los responsables políticos de la concesión están acusadosde prevaricación, así como un técnico municipal.
Caldagueiro: Obra ilegal sobre la ría de Pontedeume. El promotor desobedeció varias órdenes de paralizacióndictadas por la Xunta y el Ayuntamiento.
Quedoulles no tinteiro a obra de correos, que pese a estar a sua licencia pendiente de anulación no xulgado de Betanzos e con orde de paralización emitida polo concello de Pontedeume, estos dias esta retomando o movemento de construcción por parte da promotora, vulnerando descaradamente de novo as ordes de paralización do concello de Pontedeume.
Ver mais na paxina 110 do informe dos Ecologistas en Acción:
http://estaticos.elmundo.es/documentos/2008/07/22/banderas_negras.pdf

18-07-2008 / 13:23
Urbanismo eumés

Pontedeume dos primeiros en delitos urbanísticos

O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Antonio Roma, declara que Pontedeume está entre os tres concellos da provincia con maior número de delitos urbanísticos.
Nunha conferencia celebrada onte na Fundación Caixa Galicia o maxistrado sinalou que este tipo de denuncias aumentou nun 50% no último ano e que a costa entre A Coruña e Ferrol acumulan a maior parte. Son os concellos pequenos os que concentran este tipo de delitos pois, segundo o fiscal, son os que menos medios posúen para facer fronte ás numerosas irregularidades que o urbanismo favorece. Os concellos que máis denuncias acumulan na provincia de A Coruña son Arteixo, Pontedeume e Mugardos.

Hai que lembrar que en Pontedeume hai abertas varias dilixencias por diversas infraccións urbanísticas. Unha grande parte corresponden a construcións realizadas na franxa de protección do litoral. En Nogueirosa xa se anularon 8 licenzas de chalés levantados en zona de protección. Outro tanto ocorre en Boebre e Centroña onde a CPTOPT mandou demoler construcións que non contaban cos permisos necesarios. As máis de 90 vivendas que Lagares e Álvarez construíu en Caldagueiro foron declaradas ilegais pola mesma consellaría. Estes mesmos promotores viron como o edificio erixido na Av. de Ferrol foi denunciado por Fusquenlla ante o fiscal Antonio Roma, sendo admitida a trámite dita denuncia. Tamén o edificio a carón de Correos está inmerso nunha denuncia ante o Tribunal Económico Administrativo, e pendiente de anulación de licencia polo xulgado de Betanzos, despois de que o propio concello de Pontedeume enviase o caso ao xulgado ante o escandoloso informe favorable emitido polo aparellador municipal e a vulneración reiterada da licencia por parte da promotora excedendose notablemente no volumen autorizado.

En total hai máis de 200 vivendas do concello de Pontedeume que se atopan sumidas nalgún contencioso por conculcar a lei de ordenación do territorio. Un problema denunciado ata a saciedade polo colectivo Fusquenlla e agora ractificado polas declaracións do maxistrado especializado en asuntos urbanísticos do TSXG.
O que queda evidente é que a fiscalia anticorrupción ten os ollos sobre Pontedeume, a ver si dunha vez pasan á acción, porque polo momento os implicados en toda esta trama urbanística seguen campanda as suas anchas, algun incluso conservando o seu posto como funcionario do concello.
¿Cando vamos ver deteccións en Pontedeume?¿Cando se van a empezar a facer as demolicións?, xa esta ben de mirar para outra parte.
12-07-2008 / 09:39
Urbanismo eumés

Adega denuncia atentado ecológico no Eume

Adega levará ante a Fiscalía de Medio Ambiente o caso de contaminación do rio Eume.

A contaminación do Eume era a crónica dunha morte anunciada, dende que se coñeceu o descomunal proxecto non cabia dubida que a repercusión no Eume iba ser inmediata, o tempo nos da razón.
O proxecto ten publicada a declaración de impacto ambiental da Xunta, ver:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2005.nsf/FichaContenido/252DE?OpenDocument
Según fontes de Endesa:
El agua del lago no será potable, pero sí será posible la vida animal. Para controlar la acidez, la empresa ha comenzado a añadir cal. Aréchaga apunta que ya están tomando muestras del agua embalsada en la cuenca. Los resultados, dice, son mejores de lo que esperaban. Estos controles se realizarán de forma periódica durante los próximos años; y a partir de ahora habrán de realizarse a bordo de una lancha para tomar muestras directamente de las zonas inundadas.
A ojos de profano, el lago es azul, aunque dentro de la mina existen zonas cubiertas con agua menos cristalina y teñida de color carbón. El fondo de la cuenca está cubierto por restos del lignito pardo, aunque se ha intentado sellar (cubriendo con arcillas) el máximo de superficie para que el mineral envenene lo menos posible el agua.
Endesa perfila además la configuración de los elementos complementarios del lago, como una playa de medio kilómetro de longitud y una isla de 14.000 metros cuadrados.
Pero a realidade é que o rio Eume está sufrindo un alarmante incremento da acidez do agua a poucas semanas do comenzo do enchido da mina o que evidencia que ese sellado non debe ser tan efectivo.
Por outra banda a Xunta despois de varias semanas de análisis non da unha explicación razoable sobre o suceso que xa levou á mortande de centos de reos, o que fai sospeitar, e moito, que a Xunta está manipulando a situación para ocultar o motivo eviente que non é outro que o comenzo do enchido da mina.
Ver mais en:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071200_2_205426__ACorunaMetro-Adega-llevara-ante-Fiscalia-Medio-Ambiente-caso-Eume