O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Mañá martes é o primeiro martes de mes, día posto polo concello para recoller aqueles enseres que no lixo non teñen cabida.
Pero desde este blogue preguntámonos ¿qué pasa se algún veciño non respeita ou trabúcase e deixa na beirarrúa os enseres outro día que non sexa primeiro martes de mes?. Poden xurdir moitas respostas, pero á mais certa e que ainda a día de hoxe ainda se pode ver é ista


Desde este blogue prégase un pouco mais de civismo por parte de algún veciño dado que ás molestias de ter o lixo desde o
"ano pasado" na beirarrúa, súmase á de reducir o espazo da mesma chegando a impedir o paso a cadeiras de rodas tal e como se ve na imaxe.

A plataforma "
Galiza Non Se Vende" escolle a Pontedeume para a celebración dun dos oito concertos establecidos dentro da
Caravana de Concertos en defensa da posta en marcha de políticas que teñan en conta a sostenibilidade ambiental e a xustiza social.
Estes actos teñen como obxectivo protestar polo continuismo nas políticas do Goberno galego, que en vez de marcar distancias coas políticas anteriores, caen no capitalismo máis depredador, xa que o modelo económico actual non serve porque está a caer no mesmo erro en aspectos como a destrución do patrimonio.
Galiza Non Se Vende con estes concertos esixe un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.
Deixovos o cartaz do primeiro concerto celebrado onte en Vigo.

Manterémosvos puntualmente informados da data escollida para a súa celebración e o cartaz de Pontedeume cando sexa público.
Hoxe é sábado polo que en Pontedeume se celebra o tradicional Feirón que atrae moita xente á nosa vila.
Sábado tras sábado observamos a desprotección e o desamparo ao que se ven sometidos todos aqueles que legalmente establecen os seus postos tras aboar o correspondente imposto municipal e pagamento das taxas esixibles aos vendedores ambulantes.
Esta situación contribúe á
decadencia do Feirón xa que as prohibicións e deberes solo se lles esixe a estes, mentres e como podemos ver na imaxe

os que non pagan imposto ningún campan ás súas anchas sen pagar tributo ningún e coa desfachatez de poñer os seus postos nos lugares onde non se permite ó ser unha zona sinalizada como tal, polo que dende este blog pregúntome ¿prohibido para quen?.
Xa rematou o 2008 e en S.O.S. Pontedeume ¡ denuncia! queremos facer un pequeno balance ou recordo do que aquí tratamos.
Un dos temas que máis tratamos sabeis que é o tema do botellón, un tema que parece que Pontedeume, os eumeses e os que nos gobernan xa parecen estar acostumados a este porque nin se fala dos molestias e dos problemas que causa, problemas que acabamos pagando todos e que xa padecemos no primeiro día do ano
Houbo máis problemas que tamén tratamos e tamén houbo propostas que aínda non tiveron resposta, aínda que polo que dende aquí sabemos hai unha que está en vías de solucionarse ou polo menos en vías de manifestarse publicamente como un problema a resolver.
Tamén houbo momentos para que co voso apoio sexamos o Blog con máis votos do 2008 en
Lirondo.com, grazas aos motivos seguintes:
* o blog destaca por o seu histórico de premios mensuais;
* polo nº de votos recibidos sendo o máximo da súa categoría;
* a xerarquía dos seus menús que axudan ao visitante á navegación;
* actualización constante dos artigos publicados;
* polo seu caracter de compromiso e crítica social das súas informacións.
* polas imaxes de denuncia que acompañan á información.
mención que sen o voso apoio non sería posible.
Non quería deixar pasar a ocasión de referirme a un titular que malia o que vivimos ou viviremos, expresa o sentimento de moita xente e o meu propio, posto que penso que dende "
Pontedeume ao ceo", porque problemas como o que suscitou titular xa atoparon solución tal e como se pode ver nas seguintes fotografías posto que desapareceu o cartel do Camiño Inglés que sinalaba ao ceo

e puxeron un monolito de pedra que fai que o camiño Inglés que atravesa Pontedeume se atope millor sinalizado,

aínda que tamén hai que dicir que non nos podemos durmir nos loureiros porque hai moito traballo por diante, pois abonda con ver a fotografía anterior para darse conta que o problema da Praza de España segue estando aí.
De tódolos xeitos dende este blog, o voso blog, non quero desaproveitar a ocasión de agradecervos a vosa fidelidade e desexarvos un
Feliz e proveitoso 2009
Despois da broma de onte na que
inundabamos Pontedeume en clara referencia ao día que era, toca enfrontarse á realidade, unha realidade que intentarei relatarvos utilizando para iso as fotografías á que vos teño acostumados e algunha outra que me mandaron por correo.
Para empezar porei unhas fotografías que penso que rematarán por converterse nun referente de Pontedeume dado o pouco interese que para moitos teñen ou pola pouca atención que se lles mostra tal e como son as do botellón

un botellón que xa comeza a decorar con botellas o tellado na parte que dá ao porto tal e como se pode ver aquí.

Hai outras moitas cousas que preocupan tal e como son a recollida de cartón xa que se non se recolle cunha maior brevidade e se temos en conta que se achegan unhas datas nas que serán moitos os agasallos que inundarán os nosos fogares, os colectores serán evidentemente insuficientes.

Igual hai xente que pensa que unha das solucións será o incinerado destes, pero penso que para iso xa hai lugares axeitados e que en plena rúa non debería facerse.

O tamén o que debería evitarse é o voltear os propios colectores xa que no caso que nos ocupa, é de vidro, non creo que o vento sexa capaz de facelo.

Por todo o anterior e algunha cousa máis que deixaremos para outro día ¿que é o que está a fallar?.
O que podía parecer un domingo normal en Pontedeume, por mor da enchenta ou crecida desmesurada do mar, atópase asolagado pola auga ata tal punto que vín xente nos viños en barca.
Para documentar tamaña desfeita amósovos unhas imaxes sacadas có móbil, desde Cabanas

ou estoutra que corresponde a praza Real, onde pódese ver o Concello ao fondo asolagado.

Esperemos que as augas volten axiña ao seu cauce.
Chegou ó serán do 24 de decembro, día no que ás
rúas de Pontedeume énchense de
xente a cantar as panxoliñas antes de ir cear en familia.

Hai moitas fotografías que son testemuña do que aconteceu onte nas rúas de Pontedeume, pero somentes porei un par para gozo e disfrute daquelas persoas que polo motivo que fose onte non puideron participar da festa ou se atopen lonxe e sintan morriña de non estar entre nós.


Agora que achéganse datas de ilusión e felicidade na que faranse realidade moitos soños, imaxina un botellón limpo.
Mentres a túa imaxinación voa amosarei a realidade de Pontedeume, unha realidade que viron todos aqueles que pasearon onte polos almacéns



ou polo peirao xusto diante da porta por onde saen os deportistas do Firrete.

Tras todo isto imaxina outra vez ¿qué atoparemos nestas datas que se nos achegan se temos en conta que haberá mais xente e as gañas de celebrar baixo os efluvios do alcol aumentan?.
Coa chegada do nadal na próxima semana, as rúas de Pontedeume amosan as súas mellores galas e mostran o seu encanto a tódolas persoas que as decidan percorrer.
O Torreón dos Andrade é o único que queda do antigo Palacio datado de mediados do século XIV, e que ocupaba o que é hoxe a praza do Pilón, a fonte e o mercado.
O Torreón agora mesmo atópase nun magnífico estado de conservación por mor dos coidados que lle adicaron os nosos antergos, pero pregúntome ¿qué facemos na actualidade por e para a súa conservación?.
Datas atrás xa denunciamos o
vandalismo en forma de ataques graffiteiros que sofrira, pero non contentos con isto e ante a deixadez e olvido do mesmo, os ataques contra o noso patrimonio e legado continúan a tenor destas imaxes.



Unha mágoa, pero este é o legado con que agasallaremos as xeracións vindeiras se non buscamos solucións a esta problemática.