Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de "Sin categoría"

14-10-2007 / 20:57
Sin categoría

A REMODELACIÓN DO PORTO III

Parece que esto do porto de Pontedeume esta a levantar polémica, un feito interesante de entrada dada a importancia da actuación, mais a trastienda parece soamente unha batalla politica absurda. A imaxe superior é a paxina do programa do PSOE nas ultimas eleccions locais.

No programa do PSOE descubrenos que se encargou polo concello en 1998 un proxecto de recheo do porto de Pontedeume á Universidade Politécnica de Madrid, chegando á conclusión de que a “solución que non tería repercusión medioambiental ó tratarse dunha franxa fangosa e improductiva, e non afecta ó fluxo das correntes”.

Tamén fala da optimización de plazas de aparcamento na zona interior do Porto, "pretendemos que nas obras de remodelación esté presente a necesidade de aparcamento que ten a nosa Vila, e que, unha vez ampliado o espazo peonil previsto no proxecto, polo borde marítimo, se contemple o aproveitamento das zonas interiores para estacionamento ordenado de vehículos, máxime tendo en conta a ampliación prevista do porto deportivo dotándoo de novos pantalans e maior numero de plazas de amarres".

É curioso que se destaque en letras grandes a seguinte frase “unha importante e necesaria zona de aparcamento na propia entrada da Vila”, o que fai escandaloso que agora aposten tan forte pola proposta de Portos de Galicia, onde se van perder 60 das 130 plazas de aparcamento do area do porto, as que hai que sumar a perda casi total das plazas de aparcamento na zona que tan necesaria era fai catro meses a entrada da Vila, debido esta vez ao paso soterran debaxo das rotondas proxectadas por Fomento e xestionadas polo anterior goberno.

Paradoxicamente despois destas promesas no programa electoral, catro meses despois o PSOE afirma agora dende a oposición:

Los socialistas afirman “no entender” el rechazo del Gobierno local a la propuesta del organismo autónomo, que supondrá una inversión próxima a los tres millones de euros”.

O proxecto do PSOE: “Prioritariamente buscaba a continuidade do paseo marítimo ata o peirao e a humanización deste espazo. Coiunturalmente ampliaba prazas de aparcamento e creaba espazos verdes. As diferencias son claras, onde nos queremos paseo, o PP quere unha estrada, e onde nos queremos espazos verdes, eles queren espazo de aparcamento. Ademáis a “raia” presentada polo PP, parece que leva este recheo ata o Pavillón”A Casqueira” coa influencia sobre a linea de marea, o marisqueo, e a fachada marítima expresada na prensa por un biólogo da Xunta de Galicia.

Nós seguimos a defender a nosa proposta, pero Portos de Galicia, de quen depende a obra e o porto, non está por levar a cabo ningún recheo, nin por iniciativa socialista nin popular. Por iso, estamos a favor do proxecto de portos...

Saberás que a Presidencia de Portos de Galicia cambiou despois de maio, consecuentemente a súa política e as súas preferencias; é máis, a inclusión da nosa proposta no programa electoral era co coñecemento do anterior Presidente de Portos de Galicia. O que o PP presentou ó Pleno, que votamos en contra, non foi unha proposta de “moratoria”, foi unha proposta de paralización...

Tamen afirma sobre o actual proxecto de Portos: “que contribuirá a ennoblecer nuestra fachada marítima y a mejorar las infraestructuras portuarias, y que entendemos no es incompatible con un hipotético y futuro relleno, si los estudios e informes técnicos necesarios garantizan su viabilidad y descartan cualquier perjuicio para el marisqueo y para las condiciones biológicas y medioambientales de la zona, un paso previo y fundamental que hasta ahora ni sus promotores ni sus mentores han dado”.

Por outro lado dende a autoridade de Portos declaran:

«El mar no es un sitio para hacer aparcamientos», declara Jacinto Parga
«El mar no es un sitio para hacer aparcamientos». El presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, descartó de ese modo la propuesta formulada por el gobierno municipal de Pontedeume (PP) para ampliar el muelle ganando terreno a la ría, con la finalidad de habilitar más espacios para los coches y de construir otro acceso a la villa desde la nacional por detrás de la Casa do Mar. Ese relleno es «totalmente imposible», afirmó Parga. Pese a la oposición firme al plan municipal, el presidente de Portos se acercó ayer a Pontedeume para tratar de alcanzar un acuerdo con el Ayuntamiento para llevar a cabo una reordenación de la fachada marítima a gusto de la mayoría.

Alguen entende algo de todo esto, as contradiccións non poden ser mayores, si o PSOE gastou tempo e diñeiro do concello en encargar un proxecto con estudios de impacto ambiental, chegando á conclusión de que a “solución que non tería repercusión medioambiental ó tratarse dunha franxa fangosa e improductiva, e non afecta ó fluxo das correntes”. ¿Por qué agora dende a oposición si ten impacto medioambiental, é unha zona productivísima e afecta ao fluxo das mareas. E a xustificación da actitude é lamentable, como Portos non esta por recheos apoiamos a portos¿?.

¿Por qué o presidente de Portos fala de “totalmente imposible” cando hai estudos que abalan a viabilidade dun proxecto de recheos.

¿Non da a sensación de que o PSOE fai un rexeitamento interesado a unha moratoria na execución do proxecto do Porto e nega toda posibilidade de estudo a unha alternativa na liña do que plantexaron ate que sairon do goberno?.

¿Cómo se pode ser partidario de facer unha obra de 3 millons de euros no porto e deixar aberta posibilidade posterior de recheo?. ¿Non é esto indignante?.

¿Por qué o PSOE se enfrenta sistemáticamente á una solución alternativa á actual, que en todo caso hai que desarrollar e chegar a un acordo consensuado, e critica a todo canto pode apoiar a alternativa, falemos do artigo de opinión do dia 6 de octubre de 2007 en Diario de Ferrol, onde se apoiaba o recheo é onde o PSOE afirmou “deixemos as cousas no seu sitio, no como están”?.

Seria interesante que o PSOE en vez de tanta negación explicase detalladamente cales son as grandes cualidades dun proxecto para o Porto de Pontedeume que prácticamente nadie coñece, que se ocultou aos vecinos de Pontedeume é ao actual goberno local. Gustarianos coñecer que tipo de ennoblecemento vai proporcionar esta actuación, como se van resolver zonas como as actuais rampas do porto ou a zona da Casa do Mar. En definitiva hai demasiadas lagunas en todo esto para non pensar que todo se trata dunha sucia estratexia política onde pouco importan o resultados finais e o prioritario e atacar ao enemigo.
Incongruencias e politiqueo rastreiro, difícil ver outra cousa.
06-10-2007 / 09:53
Sin categoría

A REMODELACIÓN DO PORTO II

No artigo anterior tentamos dar unha visión dos pros e contras da alternativa para o porto de Pontedeume, quizás alonxandonos algo mais da zona de actuación poidase apreciar con mais claridade a situación real, na vista superior vese claramente que o recheo realizado por Portos de Galicia está na bocana do porto, é indudable que esta actuación si que podía ter un efecto sobre o ancho do canal e a velocidade das augas como afirma Portos, pero pareceme que non o tiveron en conta en absoluto, polo que é algo manipulador afirmar agora que na zona mais ancha, en augas mortas, poda ter influencia algunha.

Por outra banda falanse dos bancos marisqueiros, quizás con descoñecemento, porque alguén debería explicar que as ameixas que se collen ao pe do muro actual do porto podense levar nun puñado, e moito se podería falar sobre a sua contaminación cos vertidos ocasionais a pe de muro, polo tanto é unha auténtica falacia falar de banco marisqueiro nesta zona totalmente improductiva. A incidencia das obras sobre os bancos marisqueiros é de supoñer que será a mesma que cando se fixo o recheo o ano pasado na zona da ponte, de momento ninguna, e en todo caso este tipo de actuacións supoño que teran os correspondentes estudos técnicos obligatorios para reducir o impacto ambiental.

Tamén habería que falar, algo que ninguén mencionou ate agora, do estado do propio muro actual, as saidas do alcantarillado que ten, o deterioro que ten na sua base, da cantidade de depósitos de lodos na sua cercanía, así como das transformacións necesarias para poder soportar esa nova pasarela colgada da borde (non vaia ser que saiamos nos telediarios un dia de aglomeración pola Cucaña ou os Fogos Artificiais), eliminación de rampas actuais. Descoñecemos totalmente o proxecto en marcha polo tanto no se entende tampouco o apoio incondicional de alguns a algo decoñecido.

Outra dos aspectos do pouco que se vai coñecendo do proxecto de Portos de Galicia é a notable reducción de espacio de aparcamento no porto, según o concello de 130 plazas actuais se eliminarían cerca de 60 (que sendo parte interesada realmente serán 30), as que habería que sumar as que van ser eliminadas na entrada antes da casa do mar pola construcción do paso soterrado previsto polas rotondas de Fomento. Dende logo a cuestión dista bastante de parecer algo que vaia a aumentar o benestar na vila como afirman cegamente alguns.

Por outra banda Portos de Galicia también se decatou do problema de acceso que ten o porto actualmente, é evidente que o acceso pola casa do mar é un auténtico cuello de botella e a incorporación á Avd de Lombardero un autentico caos, según parece a solución “brillante” proposta por Portos de Galicia é limitar como entrada o acceso pola casa do mar e propón como única saida do porto a Galera. Non fai falta moita imaxinación para darse conta que esta proposta é aberrante, si alguén tentou sair algunha vez pola Galera en coche coñece sobradamente a dificultade, falta de visibilidade e complicación pola excesiva pendiente que ten, e mais si tes que facelo en caravana, sería interesante coñecer a opinión dos conductores de autobús.

En fin creo que coa importancia que ten esta actuación cando menos é necesario un análisis mais fondo dos proxectos en marcha, non é de recibo dilapidar agora 3 millons de euros nunha actuación inútil, que vai incrementar alguns dos problemas actuais e non vai resolver ningún, dende logo a posición do PSOE é cando menos lamentable afirmando que esta actuación é compatible coa futura ampliación do porto, e mais cando eles mismos no programa electoral plantexaban un recheo similar.

Debemos exixir a exposición pública do proxecto actual e das propostas alternativas de maneira que os diferentes colectivos cidadans poidamos facer propostas e alegacions a unha intervención, que xunto coa realización das rotondas da nacional VI, vainos afectar dunha maneira moi importante. Dende logo non é de recibo que só poidamos valorar as obras en marcha unha vez realizadas, cando pedindo agora a participación da cidadania esta podería aportar e expresar cando menos as necesidades que ten. Non se pode en ningún caso realizar obras deste tipo sin consultar aos usuarios finais porque a final somos os que temos que pagar as obras inutiles e sufrir os erros.

02-10-2007 / 17:53
Sin categoría

A REMODELACIÓN DO PORTO

Onte demarcación de Costas presentou o proxecto para o porto de Pontedeume, semella que tarde mal e arrastro e ben parece que polas presións que empezan a ter tanto polo actual goberno local como por diferentes colectivos. Polos artigos de prensa o resultado non parece que fora o agardado por Costas, si nos atemos ao contido do Ideal Gallego de hoxe a postura da alcaldía semella totalmente oposta a Costas.
Pouco a pouco vamos vendo como a fachada marítima de Pontedeume esta sendo modificada sin consultar en absoluto aos veciños, e polo pouco que vamos vendo as decisións non parecen moi acertadas, en todo caso os proxectos nin son expostos ao publico antes de executarse o que parece claramente unha imposición onde non parece que poidamos opinar sobre os temas que nos afectan.

Curiosamente parece que a vila de Pontedeume estivera sempre gobernada dende fora, por un lado a Conselleria de Educación renova onde e como quere o colexio, penso que moi desafortunado o emplazamento, outros casos fallidos foron no seu dia o emplazamento do instituto e hostería totalmente erróneos e ocupando ao máximo uns terreos moi necesarios para a vila, é evidente que á consellería importalle pouco como se dispoñan as construccións, para eso deberian funcionar os gobernos municipais dando alternativas para evitar desfeitas. Por outro lado temos a Portos coa construcción dunhas novas lonxas para os pescadores e unha, polo momento descoñecida, pasarela polo porto que parece que vai continuar ate Centroña o que sin dubida vai danar considerablemente a costa. O terceiro en discordia parece ser Fomento e as suas rotondas con paso subterraneo incluido. Demasiadas intervencións inconexas que teñen a pinta de ser mais unha catastrofe que unha solución para os problemas da vila.

Analizando o estado actual o evidente é que o porto de Pontedeume ten problemas graves que as actuacions programadas non parecen que vaian a solucionar, a primeira é a propia accesibilidade ao porto totalmente estrangulada pola Casa do Mar e que produce uns problemas moi importantes de conxestión coa Avd de Lombardero, sobre todo as horas de entrada e saida do colexio, así como os dias de feiron.

Por outro lado Pontedeume carece de aparcamentos, outro dos eternos problemas da vila, pero tamen hai escasez de plazas de amarre para as embarcacións recreativas, asi conseguir unha plaza no pantalan semella tarea imposible.

Pontedeume tamen carece dunha grande superficie libre, cousa que se evidenciou de novo este ano nas festas das peras cando as atraccións colapsaron todos os ocos da vila.

A proposta do goberno actual, evidentemente no aire e sin plasmar no papel, en certa medida pode dar solución a varios destos problemas, cun recheo da zona do porto como o que se representa na foto superior conseguiríamos dar solución a moitos problemas actuais:

1- Continuación do paseo marítimo cun paso subterráneo debaixo da ponte, (unha proposta anterior do PSOE que agora rexeita como si do diaño se tratase), continuaríamos tamen o carril bici, e non parece unha mala maneira para conectar Ricardo Sánchez co colexio sin ter que cruzar a estrada, sobre todo si van eliminar os semáforos coa construcción das rotondas, literalmente se podería ir dende Nogueirosa ate o colexio tanto a pe como en bicicleta sin cruzarse cun coche.

2- A nova imaxe do porto sería en gran parte o propio paseo que tería unha banda vexetal con arbores que separaría a zona peatonal dos vehículos.

3- Teríamos un novo acceso e saida ao porto, cuestión fundamental dado o importante problema de acceso actual, este quedaria só como entrada secundaría. No acceso novo teriamos doble sentido de circulación ate a Casa do Mar, sendo único no resto en sentido anti-horario.

4- Esta solución dotaría dunha grande explanda á vila, onde se poderían instalar sin problema todas as atraccións nas festas, un posible emplazamento alternativo para o feirón librando do caos dos sabados a zona da Plaza do Conde, e en todo caso unha enorme explanada para aparcamento de vehículos, concertos....

Estos parecen os elementos a favor, en contra estaría o suposto impacto que podería producir o recheo nos bancos marisqueiros, ou na reducción do perfil do canal da que fala Costas, argumentos que perden peso cando o ano pasado xa se fixo o recheo de parte do porto onde o canal si é estreito, ou fai uns anos o propio paseo marítimo na zona de Ricardo Sánchez actuacións que non parece que perxudicansen en gran medida a actividade nin o caudal do canal, a verdade e que polo menos a excusa de Costas sobre o canal mais ben parece unha tomadura de pelo.
Quizás a proposta do concello exixa un estudio profundo, pero posiblemente no sexa tan desafortunada, sin dubida podería aportar solucións e dar continuidad a varias actuacións inconexas en marcha, pero claro si o porto de Pontedeume non pertenece a Pontedeume eso é outra cousa, ¿non?.
Finalmente decir co que pretende facer Costas non parece outra cousa que maquillaxe que non vai resolver ningún dos problemas actuais que ten Pontedeume, o eterno problema das administracións e a continua delapidación de presupostos publicos en obras que finalmente son inutiles e non responden as necesidades reais dos cidadans. Evidentemente antes de acometer as obras que pretender facer Educación, Costas e Fomento por separado habería que ter feito un estudo pormenorizado de todos os problemas e necesidades e facer un planeamento integral da solución para resolver os problemas que ten a vila doutra maneira estamos vendo que as famosas "inversions" van ser unha oportunidade perdida.
23-09-2007 / 09:40
Sin categoría

O CEMENTERIO ESQUECIDO

As fotografias superiores pertenecen a novo cemiterio municipal da vila de Pontedeume, porque si señores hai un novo cemiterio municipal ainda que a sensación é que como moitas outras cousas nesta vila está esquecido da man do señor, e neste caso non nos referimos á man do Supremo Hacedor senon a una mais terrenal e con mais posibles nestos eidos.

Moito poderiamos falar do desatino do emprazamento elexido para dito cemiterio, e moito máis sobre a escasa funcionalidade, a falta de aparcamento por exemplo, algo que parece crónico nesta vila e que nin cando se proxecta un novo recinto se dimensiona axeitadamente, a propia existencia duns panteóns interiores tipo catacumba que o concello non e capaz de vender, o que impide a ampliación das instalacións, unha capela que carece de funcionalidade algunha, e para rematar as instalacions nunca tiveron auga nin electricidade.
Pero bueno o mal ven de atrás e agora en alguns casos non hai remedio, pero o que indigna é o estado de abandono destas instalacións, algo tamén crónico herdado da anterior corporación e que a nova non parece capaz de remediar cando xa cumplimos os 90 dias de mandato, quizás simplemente esqueceron que dito cementerio é de titularidade municipal ou pode que non figure na lista de bens do concello, pero mais que indignar aos que tristemente habitan estos bloques é aos familiares a quenes nos parece impresentable o abandono total das instalacions.
O mais extrano do asunto é que o concello de Pontedeume ten un empregado encargado do mantenemento do cemiterio municipal, pero semella que non debe ter instruccións de achegarse as instalacions de Breamo, doutra maneira non se entende este abandono. Non parece tan complicado tomar unhas medidas inmediatas para dotar dun estado minimamente digno e de respeto a este recinto:

- Cortar a maleza que xa alcanza mais dun metro.
- Recortar os setos da entrada e limpar as beirarruas.
- Reparar as losas levantadas do pavimento que levan un par de anos na mesma situación.
- Limpar con auga a presión o formigón e enlosado (cun camión cisterna xa que non hai acometida).
- Retirar as farolas deterioradas.
- Pintar as portas de entrada do recinto.
- Dotar de auga e electricidade as instalacións.
- Mellorar a capacidade do aparcamento e repoñer os enreixados dos sumidoiros que son un peligro para os peóns e vehiculos.

Non fai falla moita imaxinación, non hai que convocar ningún pleno nin comisión de goberno, non hai mais que darse una volta polas instalacións e dar as ordenes pertinentes a os traballadores do concello, que para eso cobrar a fin de mes, xa veremos si con esta "rogatoria" de aquí ao primeiro de novembro se pode facer algo. Agardemos que non teñamos que facer a rogatoria ao "Chacho de turno" que semella o método clásico nesta vila.
18-09-2007 / 22:53
Sin categoría

AUTOPISTA OU CIRCUNVALACION

Moito se leva falado sobre os problemas de trafico en Pontedeume, coas continuas retencions xa históricas, fai anos se plantexou como un problema a resolver coa construcción da autopista hasta Ferrol, o outro elemento supostamente “vertebrador” era a rotonda de Cabanas. Pero unha vez construida a autopista co conseguinte gasto publico e o notable impacto medioambiental, resulta que a gran solución ao problema do trafico non foi tal, o evidente é que as retención seguen e testigo das mesmas e a xente que a diario ten que viaxar de Ferrol a Coruña e a desesperación de tempo perdido nas continuas retencións, por non falar xa do suplicio que é chegar a Coruña mesmo dende Pontedeume.

Dende fai anos se esta falando de novas solucións para este eterno problema, agora seique vai ser a construcción de duas rotondas en Pontedeume e un paso subterráneo, mais un recheo do porto local. Parece que eso vai ser a solución máxica que vai eliminar as retención de vehículos que acceden dende Miño pola costa, e mais pola estrada nacional VI.

E curioso que sempre se busquen solucións parciais que finalmente resultan insuficientes porque estan sobrepasadas xa antes da sua concepción, por non recordar esa rua proxectada por medio da ladeira de Breamo, a mais descabellada entre os despropósitos do anterior goberno local.

Quizás habería que facer un plantexamento mais sinxelo pero menos localista, deixarse de mirar tanto o ombrigo e levantar a vista, a solución non é outra que os concellos do Norte da provincia da Coruña, dende Miño a Viveiro reclamen a liberación do peaxe da autopista do atlántico dende Fene a Miño, cando menos, porque está claro que coas tarifas abusivas actuais a autopista esta lexos de cumplir co obxetivo social co que se supón que se construen as obras publicas, para convertirse nada mais que nun pingüe negocio para empresas privadas.

Dende logo non é de recibo unha tarifa para turismos fixada no tramo de Fene-Pontedeume en 0.65 €, Fene-Miño en 1.45 €, ou o xa desorbitado Fene-Coruña en 3.35 €, e ate agora non se escoitou unha queixa por parte dos concellos da zona, sopoño que como eles se desplazan cos gastos cubertos polos contribuintes non deben ter problema.

Vai sendo hora cos concellos da comarca se plantexen unha reivindicación conxunta para reclamar oficialmente a liberalización da circunvalación real das vilas da comarca, que non é outra que a autopista. Si nas rias baixas o conseguiron coa ponte de Rande, por que non vamos a reclamalo aquí. Hai que empezar axiña.

AUTOPISTA LIBRE DE PEAXE ¡¡XA!!
22-07-2007 / 12:34
Sin categoría

Censura

Unha vez mais a famosa censura volve a escena, en pleno século XXI segue mais sana que nunca, en realidade nunca esquecimos a sua existencia, casos recentes que podemos recordar son a silenciada de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en La Voz de Galicia, o recorte das declaracións de "Supergarcia" en El Loco de la Colina, mesmo os anuncios publicitarios de Dolce & Gabbana censurados polo suposto ataque a dignidade femenina, ou aquelas protestas polas caricaturas de Mahoma, outros moitos surxen todolos dias pero quizas o recente secuestro xudicial do xornal "El Jueves" por orden do xuiz Del Olmo, sexa unha das mais cómicas.
http://www.elmundo.es/elmundo/2007/07/20/espana/1184937587.html
Evidentemente estrano que neste pais "de paises" a familia real siga tratada con panos quentes, pero o realmente preocupante é que a actuación do xuiz Del Olmo debese a orde directa da Fiscalia Xeral do Estado, lease Conde Pumpido, onde novamente podemos comprobar as arbitraridades e estranas preocupacions desta Fiscal. Sería mais interesante que esta Fiscalía se interesase con mais "celo", co da caricatura, a perseguir a políticos corruptos, promotores delincuentes, narcotraficantes, terroristas, cacos, defraudadores, negreros do século XXI, ou quizás se preocupase mais por ver que pasa en moitos concellos deste pais onde os politicos non fan mais que saquear por activa ou pasiva as arcas municipais.

Ainda que parte deste último problema non só se debe ao poder xudicial seno ao lexislativo, e digo lexislativo porque algo de lexislación falta cando os cargos politicos electos nos concellos deste pais fixanse a si mesmo os salarios, a recente publicación do salario do novo alcalde de Ferrol de 73000 euros anuais (+plenos+comisions de goberno+dietas) un 40% mais co anterior debe deixar a moitos perplexos, vaia socialismo-comunismo que amosan, ao que se deben sumar os 50000 euros por cabeza dos catro principais ediles do goberno, ainda que tampoco deixan de ser curiosos os 30000 euros anuais do voceiro da oposición, o que non deixa dubida algunha que esto da política realmente convertiuse en algo mais que vocacional.
En Pontedeume a mes e medio da constitución da nova corporación ainda descoñecemos dedicacións e salarios, ainda que o run-run da rua deixa entrever que hai mais dun serio desencontro para a sua fixación, agardemos que as críticas pre-electorais e promesas electorais se manteñan, e neste concello se antepoñan os intereses xerais aos persoais, podiamos remantar decindo que non estaba mal algo de autocensura.
13-07-2007 / 10:42
Sin categoría

Xusticia

O parón postelectoral unido á chegada do verán empezaba a dar a moitos a sensación de que esto estaba olvidado, outros manintencionados afirmaban que as críticas foran so unha postura partidista de cara a derrocar ao goberno precendente, pero a realidade está ahí e as novas dos xornais como de costume quitan a razón a quenes comezan a levantar voces de pasividade. Según a nova da opinión a xusticia remata de anular duas licenzas mais en Nogueirosa, e xa van catro, e se anuncian mais medidas contra o resto de brutais ilegalidades urbanisticas que padecemos neste concello, actuacións que se coñeceran en breve.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2452&pIdSeccion=2&pIdNoticia=117982
Como é habitual, e xa non debera de coller a ninguén por sorpresa, a xusticia é lenta pero ten a sana costume de non esquecer. Analizando o tema mais polo miudo, un atopase con moitas dubidas sobre o futuro urbanístico de Pontedeume, en primeiro lugar a duda mais evidente ¿que medidas está tomando o novo goberno para sancionar ao aparellador municipal como principal culpable de emitir informes favorables contra lei de todas estas desfeitas? porque polas novas que temos tal individuo segue a campar as suas anchas pola oficina de urbanismo. Outra non menos preocupante é ¿que medidas se van tomar contra as obras paralizadas e coa orde de reposición da legalidade? recordar que o plazo de tres meses para demoler o ilegal xa rematou fai moitos meses.
Outro dos aspectos que habería que aclarar, si é certo o que afirma La Opinion, é quen foi o que recurriu as últimas anulacions de licencias, carece de sentido que este goberno se adique a recurrir os delitos das corporacións precedentes, non queda mais remedio que asumilos e buscar aos culpables. Parece que empezan a ser necesarias aclaracións por parte do novo goberno local, tanto sobre esto como tamén a necesidade urxente de facer comunicados oficiais sobre as medidas tomadas para a tramitación do novo PXOM, que como todos coñecemos foi fondamente criticado pola Xunta.
Ainda que vai só un mes da entrada deste novo goberno, e tampouco exiximos milagres conscientes que a situación heredada está moi negra, penso ao mesmo que moitos veciños que vai sendo hora de facer declaracións e poñer ao dia aos veciños de Pontedeume, quenes claramente reclamamos nas últimas eleccions un xiro radical ao oscurantismo municipal, tamén agora hai que seguir repartindo panfletos informando de dedicacions, soldos e medidas adoptadas polo concello, porque a dia de hoxe a páxina web do concello tristemente segue K.O.
Vai sendo hora de "facer pagar" a quenes estiveron participando na desfeita urbanística eumesa todos estos anos atras.
16-06-2007 / 10:42
Sin categoría

¡PATÉTICO!

Hoxe o voceiro oficial do tripartito eumes, La Voz de Galicia, nunha derradeira entrevista ao alcalde de Pontedeume deixa constancia unha vez mais da miseria intelectual de quen estivo gobernando os últimos 20 anos este concello.

Comeza coa frase "se retira de la política municipal. Será por eso que se le nota más relajado, más hablador e incluso crítico con su partido", evidentemente a satisfacción despois de reirse dos eumeses durante 20 anos e despois de conseguir o seu reto mais importante que Vilariño non sexa o novo alcalde, para eso hasta foi preciso facer anticampaña para o PSOE, pero claro esas son as maneiras deste "gran home de estado".

¿Qué balance realiza de su gestión? El Pontedeume que yo dejo no tiene nada que ver con el que me encontré hace veinte años. Se podía haber hecho más, pero me voy satisfecho, siento que me llevo el afecto de los eumeses.

Evidentemente a vila non é a mesma de fai 20 anos, digamos que agora hai outras moles de formigón que antes non tiñamos, é temos unha moderna plaza da Viagra entre outras, a gran pena foi non poder facer moitas mais co "rentable" que foi para vostede como coñecemos xa todolos eumeses. Supoño que moitas veces preguntarase ¿Por que non chegaría esta ola constructura fai 10 anos?.

Casi siempre ha gobernado en coalición con otros partidos. ¿Cómo ha conseguido evitar las discusiones, al menos públicamente? Tuve la suerte de tener coaligados dialogantes. Nunca hubo fricciones importantes.

Para non ter fricciones o importante e deixar facer, e dende logo Berlarmino se caracterizou por deixar facer aos Chachos, Valientes e comparsa todo o quixeron.

¿Qué es lo más difícil de ser alcalde? No dar solución a los problemas reales, como el aparcamiento. En este caso, nuestro pasado histórico y monumental nos ha jugado una mala pasada. Teníamos la solución [un párking subterráneo en el mercado], pero no pudimos aplicarla [Patrimonio paralizó el proyecto en el casco histórico].

Aquí queda claro a visión e respeto á vila de quen gobernou durante 20 anos, unha mala pasada ter un pasado histórico, LAMENTABLE.

Tampoco pudo con el plan general. Es una espinita. De todos modos, la Xunta nos acaba de enviar un primer informe valorativo al plan de urbanismo. Creo que la planificación del territorio que pretende aplicar la Consellería de Política Territorial es equivocada, como imponer a todos los municipios, sean como sean, la prohibición de construir en los 500 metros de costa. Creo que esto le va a pasar factura al bipartito. Si no permiten que Pontedeume crezca ¿qué nos queda?, sólo esperar a que vengan los turistas a visitarnos como si fuéramos una reliquia.

Esta claro que é unha espinita, pero clavada nun ollo. É mais diría que algo mais cunha espinita para moitos. De novo mais ignorancia "no permiten que Pontedeume crezca....como si fuéramos una reliquia", curiosa afirmación recordame aos comentarios do alcalde do PP de Miño, cando dixo "que non eran indios para facer de Miño unha reserva". Lamentable, ¿este foi un político progresista?.

¿Cree que si usted hubiera sido el candidato los resultados serían otros?. Desde hace dos años decían que se iba a presentar una candidatura nueva y, como Pontedeume no es Nueva York, la gente se dio cuenta de quién encabezaba la lista y así votó. Es decir, que Vilariño no era el candidato adecuado. El pueblo sabía que yo no iba y que se presentaba otro, y así votó. La gente sabía quién era.

A xente tamén sabia quen era vostede, dende logo si chega a presentarse de novo seguramente quedaban sin representación no concello.

¿Por qué ha decidido retirarse? Hay que cambiar. Además, cansa un poco no poder cumplir todos los objetivos.

Quedaría mellor despois de non cumplir ningún obxetivo, agás o de algún que outro promotor. Tarde se acordou de cambiar, xa poida cansarse fai 10 anos, a este vila lle podia ir moito mellor.

¿Echará de menos la política? No, pero sí las amistades.
Evidentemente, a Chacho, Valiente (nos entendimos á perfección), Lagares, Prograsas, Lar Promosas......Unha pena, que tempos aqueles.

¿Qué se lleva de todos estos años? Recuerdos y la pena de no haber hecho más cosas.
E porque non decilo " as alforxas cheas".
Le prepararán algún homenaje. Los funcionarios querían, pero no soy hombre de homenajes.

Esa si é unha espinita, que vai ter que sair do concello pola porta de atrás, repudiado pola inmensa maioria de eumeses. Pero bueno home ainda queda o homenaxe dos enchufados de todos estos anos e un tal Valiente, que esta moi agradecido de que vostede teña xirado a cabeza mais que a nena do exorcista durante todos estos anos para non ver ao que se dedica.

Quedarian por facer algunhas preguntas como ¿que vai pasar cando comencen os xuicios polos actos de prevaricación de todos estos anos?....Pero supoño que para LA VOZ mellor pasar destos temas como leva facendo os últimos anos.

¡Patético!


14-06-2007 / 22:52
Sin categoría

Agardamos Fumata Blanca

Como si fose o Vaticano os veciños de Pontedeume estamos pendientes de que saia Fumata Blanca da chimenea do concello, ainda que a sensación, despois de oir a cantidade de comentarios que está xerando este periodo previo á constitución do novo goberno, é que se estan perdendo algo os nervios. A esto vense a sumar o artigo en La Opinion A Coruña, onde a nova asociación de veciños tamén se fai eco da rumoroloxía, ainda que mais cunha nova semella un maruxeo.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2424&pIdSeccion=2&pIdNoticia=112179
Hai opinions para todolos gustos dende o que pensa no mais evidente, un goberno PP+COE, pero que según algún non se poñen dacordo polo reparto de carteiras. Outros falan de problemas para fixar as dedicacions e os sueldos, recordemos que tanto o PP como o COE promoveron ou criticaron os altos sueldos de Rei e Belarmino.

Para outros o matrimonio PP+COE vese dificil, e xa falan doutras posibilidades como COE+PSOE+IP, eso si coa premisa de que Chacho renuncie e pase Juan Pablo a primeiro da lista (ainda que supoño que si renunciase tería que ocupar o posto o primer suplete).

Outros mais retorcidos falan dunha posibilidade nova PP+BNG+IP, para eso non tería que renunciar Chacho, e para o PP sería sinxelo, carteira de obras e servizos para Chacho e urbanismo para Rei, todo amañado a seguir como ate agora.

Bueno agardemos que entre algo de cordura e os representantes elexidos nas urnas se deixen de repartir esto como si fose un pastel, ainda que todo son rumores e xa se sabe que nesta vila hai moita rumoroloxía. É hora de pensar en Pontedeume, esta vila votou polo cambio e parte do cambio debe ser un cambio de actitude, xa que de ser certos estos comentarios se estaría amosando que empezamos con mal pe, posto que un reparto de carteiras para ir por separado non vai levar moi lexos.

Como supoño que finalmente a razón primará, e non se dará de novo pechadura para a chave de Chacho, poño os enlaces cos programas do PP e COE xa que algúns/as non se enteraron da sua existencia. Persoalmente creo que si se cumplira a mitade do que se propón Pontedeume podería ter un xiro Copernicano. Xa veremos o sábado si empezamos con bo pe.

Programa do PP: http://www.pp-pontedeume.com/PPrincipal.html

Programa do COE: http://www.coepontedeume.com/?q=taxonomy_menu/4/7

07-06-2007 / 22:35
Sin categoría

Alcaldes vitalicios

O vindeiro 16 de xunio constituese a nova corporación municipal, dende ese día empezaremos a ver as maneiras do novo goberno, ainda que algúns parecen tan desesperados que xa lles piden contas cando ainda temos no concello ao incombustible Belarmino e comparsa queimando a derradeira traca. Pero falemos deste último como representante desa estirpe de “alcaldes eternos”, algo que nestas eleccións quedou patente foi a cantidade de concellos gobernados durante décadas polos mesmos alcaldes, exemplos significativos son:

Antonio Gómez Rigueira, alcalde da localidad lucense de Alfoz, o mais veterano, mantense ininterrumpidamente no cargo dende 1969 (38 anos), ano no que accedeu á alcadia nombrado alcalde polo gobernador civil de entonces. Manuel García, alcalde de Cenlle ocupa o seu posto tamén dende 1969. Siguelle en veteranía Manuel Candal alcalde de Vilamartín de Valdeorras dende 1972 (35 anos), igual que Manuel Gallego en Taboadela.
Jesús López leva como alcalde de Xove dende 1977 (30 anos), José Luis Jorge Caramés alcalde de Cerdedo leva 29 años ao fronte do concello. O mesmo tempo que Senén Pousa, alcalde de Beade (Ourense), que cada 20 de noviembre paga una misa en memoria de Franco na iglesia da sua parroquia.
Enrique Carpintero alcalde de Cortegada dende 1974 (33 anos), os mesmos que leva Pilar Otilia López como alcaldesa de Ramirás (Ourense). Con algo mais de 27 años como alcaldes situanse José Costa Díaz de Covelo (Pontevedra), José Manuel Fernández Rodríguez de Salceda de Caselas, César José Mera Rodríguez de A Cañiza (Pontevedra) e Xosé María Rivera Arnoso en Fene.
Digno de mención é o caso de Manuel Belón Gómez, actual alcalde da localidade lucense de Cervantes, que podría considerarse o rexidor mais veterano de Galicia, xa que foi no 1963 cando ocupou por primeira vez o sillón da alcaldía. Pero non de forma ininterrumpida xa que no ano 1983 non consiguiu obtela, ainda que sí a puido recuperar en posteriores elecciones locais.

Como deciamos no artigo anterior en Pontedeume tres alcaldes en 67 anos, 30 para Sarmiento, 17 Sardiña e 20 Belarmino. ¿Pero este fenómeno a que se debe?, si analizamos o tema podemos comprobar con facilidade como os concellos democráticos teñen asumido a figura do “alcalde eterno” en moitos casos herdados do mesmo franquismo, esta figura presentase como unha sorte de edil permanente que sin dubida logra pervivir no cargo por un lado a base de votos cautivos e por outro pola ignoracia e desinformación da xente. Interesante o comentario seguinte referido a estas pasadas eleccións: “Fui presidenta en el municipio de A Lama (pontevedra)en estas elecciones y lo único que puedo decir es que la ignorancia que vi, me dejó helada”.

Pero a moitos destos alcaldes mitad párrocos, mitad sacristanes, os seus enemigos políticos os tachan de caciques, pero eles na sua maioría alcaldes da Galicia rural, de ideoloxía independente ou conservadora rexeitan tal calificativo, pero non ocultan un aire populista que raia na esaxerada adulación hacia os conciudadanos, ao asegurar moi firmemente que só viven para o seu pobo.

Pero hai que prestar atención a esta ultima frase “só viven para o seu pobo”, con esto non nos referimos a todo o pobo, senon a sua xente afin. O «cacique bo», simbolizado por estos «alcaldes eternos» da Galiza profunda, institucionalizouse como o axente conseguidor e distribuidor de bens, servizos e contratos entre as «familias afíns». A fidelización da base electoral sobre a base dunha repartición discrecional dos recursos das Administracións Públicas xeneraliza unha corrupción de baixa intensidade que é socialmente pouco contestada pola extensión dos seus beneficios entre importantes segmentos da poboación. O caso de Pontedeume é moi claro, tras a etapa Sardiña e de Belarmino todos podemos comprobar quenes estan traballando para o concello de Pontedeume, nestas décadas tendeuse una trama política de contratacións basadas na “parentela”, nepotismo puro e duro, onde as convocatorias de postos laborais non se publican ou se enterran nalgún taboleiro de anuncios polo xeral menos dias dos legais, e mesmo cando se fan efectivas as plazas e mediante un concurso de méritos onde priman os anos de experiencia ou titulacions adquiridos durante eses anos traballando a dedo, o mesmo Belarmino ten dito nalgún pleno que non se publicaban mais as plazas para que non viñera xente de fora, evidentemente o subconsciente o traizoa cando realmente esta pensando en xente de fora do seu circulo de amistades.

Pero esta maneira de actuar, que tamén é evidente na contratación de obras e servizos, non só leva a unha inxusticia social, senon tamén ao mais evidente, ao mal ou nulo funcionamento do concello, xa que en moitos casos o persoal que se contrata ten escasa capacidade, esto sumado a que os recursos son utilizados inadecuadamente e ao clásico desidia na esixencia de resultados no funcionamento da administración, levan a paradoxa de que teñamos no concello mais de 120 empleados, pero para o servizo de limpeza só hai 6, que cando estan de baixa nin se cubren, dende logo parece que a suciedade da vila ten que ser irremediabel cando teñen que cubrir a recollida e limpeza da vila e mais de 400 contenedores espallados polas parroquias. Pero por outro lado nas oficinas do concello, atestadas de persoal, é doado cando vas preguntar algo que alguén detrás dun mostrador te conteste “cun ven mais tarde que agora non esta tal fulaniño” entón habería que preguntarse ¿que carallo fas ti aquí?.

É evidente que o caciquismo é un mal endémico en Galicia, dubido que algunha vez poida desaparecer, pero a única maneira é mediante a denuncia e a información, e porque non, mediante a renovación e ventilación dos concellos cada catro ou oito anos a moito tardar, xa se sabe “o poder corrompe”.