Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358 Eumesfera » Retrato dunha vila
En lóxica, se A implica B, entón non B implica non A. Se calquera persoa libre de culpa non pon obxeccións ás cámaras de vixiancia, entón se alguén pon obxeccións ás cámaras de vixiancia é que non está libre de culpa. Algo terá que ocultar.
Nesta frase do concelleiro de Obras do Concello de Pontedeume resúmese toda unha filosofía da vida e do poder. Manifestábase deste xeito ante a posibilidade de instalar cámaras de vixiancia no casco histórico para disuadir aos posibles delincuentes de cometer atentados contra o patrimonio arquitectónico. Por tales atentados entende o concelleiro as pintadas que proliferan en diversos monumentos o a rotua do mibiliario urbano, pero esquece o Sr. Crespo que hai outro tipo de atentados máis perniciosos que as pintadas (sen menosprezar a importancia destas). Estámonos a referir á deterioración das casas antigas por abandono deliberado dos donos e a aquiescencia do goberno municipal.
Pero volvamos á erudita afirmación do concelleiro. Segundo este representante da cidadanía eumesa calquera acto non punible penalmente nin moralmente pode ser revelado sen vulnerar a intimidade da persoa que o realiza.Vostede non debe temer ser filmado en compañía doutras persoas de dubidosa reputación a menos que teña algo que ocultar. Se vostede está dentro da súa casa e nota que unha cámara do exterior pode estar filmándoo, non tema; a policía, moi profesional, está libre dese vicio chamado cotilleo. Iso sí, se quere practicar algo de sexo non se esqueza de pechar as persianas. Tampouco debe temer que o filmen saíndo do bar dando un traspés pois sabemos como están as rúas de Pontedeume. Nin tema liarse un cigarrillo; a picadura é un tabaco tan digno como calquera outro.
E se a pesar do dito insiste en criticar a medida de instalar cámaras de vixiancia entón vostede é presumiblemente un delincuente e os servizos de seguridade do Estado deben tomar nota das súas declaracións.
En lóxica, se A implica B, entón non B implica non A. Se calquera persoa libre de culpa non pon obxeccións ás cámaras de vixiancia, entón se alguén pon obxeccións ás cámaras de vixiancia é que non está libre de culpa. Algo terá que ocultar.
Nesta frase do concelleiro de Obras do Concello de Pontedeume resúmese toda unha filosofía da vida e do poder. Manifestábase deste xeito ante a posibilidade de instalar cámaras de vixiancia no casco histórico para disuadir aos posibles delincuentes de cometer atentados contra o patrimonio arquitectónico. Por tales atentados entende o concelleiro as pintadas que proliferan en diversos monumentos o a rotura do mobiliario urbano, pero esquece o Sr. Crespo que hai outro tipo de atentados máis perniciosos que as pintadas (sen menosprezar a importancia destas). Estámonos a referir á deterioración das casas antigas por abandono deliberado dos donos e a aquiescencia do goberno municipal.
Pero volvamos á erudita afirmación do concelleiro. Segundo este representante da cidadanía eumesa calquera acto non punible penalmente nin moralmente pode ser revelado sen vulnerar a intimidade da persoa que o realiza.Vostede non debe temer ser filmado en compañía doutras persoas de dubidosa reputación a menos que teña algo que ocultar. Se vostede está dentro da súa casa e nota que unha cámara do exterior pode estar filmándoo, non tema; a policía, moi profesional, está libre dese vicio chamado cotilleo. Iso sí, se quere practicar algo de sexo non se esqueza de pechar as persianas. Tampouco debe temer que o filmen saíndo do bar dando un traspés pois sabemos como están as rúas de Pontedeume. Nin tema liarse un cigarrillo; a picadura é un tabaco tan digno como calquera outro.
E se a pesar do dito insiste en criticar a medida de instalar cámaras de vixiancia entón vostede é presumiblemente un delincuente e os servizos de seguridade do Estado deben tomar nota das súas declaracións.
En xullo por fin teremos en Pontedeume, antiga vila medieval, unha feira que está a facer estragos nas principais vilas galegas. Unha vila con raíces non pode permanecer allea á moda das feiras medievais. Porque a modernidade non está reñida coa tradición e modernas resultan as técnicas de marketing que certas empresas manexan en beneficio propio.
Para entendernos, a feira a promove a asociación de comerciantes de Pontedeume (UCOA) pero os beneficios van para a empresa que trae máis de cen postos que ofrecerán produtos variados aos visitantes. Curioso resulta que sexa a propia UCOA a que potencie o negocio dunha empresa foránea en detrimento do comercio local. Pero esta posible contradicción non o é tanto se repasamos a historia de Pontedeume nos últimos anos (ou séculos).
Iso si, os eumeses teremos que soportar, co estoicismo que caracteriza aos galegos, unha masiva afluencia de forasteiros, falsos artesáns, bruxas, titiriteiros, peregrinos, mercaderes e señores feudais, aos que hai que ofrecer camerinos, duchas (antigamente non se duchaban), vixiantes privados e aparcadoiros. Todo a conta do Concello de Pontedeume.
E non se esquezan os eumeses de colaborar vestíndose acorde coa época que toca representar. Torrente comprometeuse a disfrazarse de Andrade o Bó, Rei de templario, e Vilariño de goliardo.
E non se esqueza UCOA de solicitar o campo de deportes do instituto Fraga do Eume para aparcadoiro. E se atopan oposición por parte deses funcionarios ociosos que inculcan nocivas ideas na mente dos nosos fillos, ameácenos coa fogueira na praza do conde.
Noutras ocasións falouse aquí da gastronomía típica de Pontedeume, en concreto da chamada costrada. Teño que dicir que poucas veces a probei pero as suficientes como para saber o que comín. Dentro había xamón, polo e raxo. Estes días celébrase en Santiago de Compostela un Forum Gastronómico que busca recuperar a cociña tradicional galega. E dun dos pratos que se mencionou repetidamente nos medios e charlas que se ofreceron foi precisamente a costrada de Pontedeume.
O curioso destes voceiros da gastronomía, case todos xornalistas aos que lles gusta platicar do sabido e por saber, é que confunden comer con análise culinario. Chegan a proclamar, cheos de razón e sen ruborizarse, que a costrada da vila eumesa está elaborada con orella e morro de porco, cebola, espinacas, anguías e salmón afumados, bacallau en modernas readaptaciones, lagostinos..., e todo iso separado por pisos de filloas.
Só cabe disculpalos se a bebida das comidas foi copiosa. Nese caso deberían celebrar previamente as charlas xa que vexo difícil que se procuren a información necesaria.
No último ano producíronse catro roubos nas instalacións que os placeiros teñen no mercado municipal. Máis que unha adicción ao xamón ibérico por parte dos autores do saqueo a causa da insistencia parece estar na facilidade que teñen para entrar no recinto municipal. O desgaste deste edificio, ao que a rehabilitación nunca chega, é tal que fai augas por todas partes. As fiestras sen cristais semellan buracos negros que atraen con enorme enerxía aos chourizos.
Pontedeume ten fama, merecida ou non, de albergar maleantes empeñados en facer dos lugares públicos os seus centros de operacións , dende a casa consistorial ata o máis modesto local municipal. Buracos negros e viláns, vilanchos ou non, forman unha explosiva mestura que pode dar ao traste coa riqueza da vila dos Andrade, precursores e mentores dos chourizos actuais.
Estes días falouse en Pontedeume da repentina morte dun médico que exerceu na nosa vila. Non era a primeira vez que este coñecido e apreciado doutor morría. De feito hai poucos anos o galeno xa pasara a mellor vida. Afortunadamente segue vivo e goza de boa saúde na súa terra onde disfruta da xubilación.
Resulta curioso que a un home que traballaba pola saúde dos eumeses sexa a veciñanza da vila a que o sacrifique. Sería doado recorrer á psicanálise para entender esa insistencia en poñer fóra de circulación ao doutor pero un paciente mal diagnosticado e resentido non fai lexión. Temos que asumir que é un problema colectivo e consecuentemente diagnosticar o mal social que en Pontedeume toma visos de pandemia.
Vivimos baixo a sombra húmida de Breamo e iso fosiblemente fai de nós uns habitantes inhóspitos con tendencias ao aburrimento e destrutivos. Factores estes que se noutros lugares se traducen en elevados índices de suicidios aquí, pragmáticos que somos, lévannos a eliminar aos demais. E chegado o caso, mellor que sexa un forasteiro pois aínda somos máis chovinistas que o narcisista Chauvin.
Nada mellor que un discurso como o de Pat Condell para combatir o desánimo dun goberno incapaz de erradicar os crucifixos das aulas aínda contando coa sentenza favorábel da UE
Accedendo á páxina da Xunta de Galiza podemos enteirarnos da traxectoria deste eumés que algún día será fillo predilecto de Pontedeume. Recoñecida a súa valía polos responsables autonómicos fóille concedida a medalla de prata no ano 2003 pola labor desenvolvida a través das ondas como brillante comunicador, en palabras de Manuel Fraga.
Daquela non se prevía o futuro deste eumés recentemente despedido da televisión estatal por "suxerir" ás empresas publicitarias un canon para el á marxe da contratación oficial con TVE.
Entre as numerosas actividades exercidas por Torre Iglesias (quizais Torreiglesias) todas elas vencelladas ao mundo da comunicación hai que engadir a de promotor inmobiliario con base en Pontedeume, a terra que o víu crecer e medrar. Non é descartable que nun futuro inmediato o seu curriculo engrose unha nova medalla, a de ouro de Galiza.
Méritos non lle faltan. Os que seguimos a actualidade inmobiliaria no concello de Pontedeume acabamos de coñecer que o presentador que mellor sabe vivir é un moderno promotor que valora a arquitectura moderna. Fiel a esta concepción acomete a rehabilitación do castro de Nogueirosa con adosados típicos do século XXI en contraposición aos arcaicos e improdutivos restos arqueolóxicos.
Homes como el son os que necesita Pontedeume para engancharse á locomotora de alta velocidade do progreso.
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a esta nova contorna non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e alcanzables e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de face ao futuro.
9.- Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e habendo consultado previamente a todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
Os medios de comunicación fanse eco da preocupación dos bispos católicos que temen a recente sentenza do tribunal de Estrasburgo sobre a eliminación de símbolos relixiosos nas áulas. Para a xerarquía católica esta sentenza pode ser como unha condena a morte da fe relixiosa e terá un preámbulo na progresiva desaparición das cruces cristianas.
Outra pesada cruz que deben soportar os estoicos bispos á que se suman a do aborto e o divorcio.Precisamente sobre o aborto tamén se manifestaron hoxe os bispos. Anunciaron que os políticos que apoien o aborto non poderán comulgar.
De tomarse en serio esta medida os políticos eumeses que forman parte de partidos como o PSOE, defensor da lei do aborto, terían serias dificultades para tragar a sagrada ostia. Tamén se lles podería prohibir participar nas procesións da semana santa como o viñan facendo ata agora.
Vilariño debe expiar a súa culpa e nada mellor que alombar unha cruz na próxima semana santa.