O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Este é o cartaz que anuncia a chegada da de unha das datas mais esperadas por tódolos eumeses, o 29 de setembro día no que se celebra a Romaría de Breamo, ainda que tamén é un día triste xa que despedimos o verán.
De tódolos xeitos ¡que o pasedes ben!.

A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das
Festas das Peras 2008.
Deixovos aquí o banner
un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.
¡Que o pasedes ben!.

O venres día 29 de agosto a partires das 21'00 horas, na Igrexa parroquial de Santiago haberá a actuación musical do "Quinteto musical Valla-Brass".
O sábado 30 de agosto a partires das 22'00 horas, no Paseo Marítimo de Pontedeume haberá un concerto a cargo de "
Cristina Pato e
Mutenrohi".
Deixovos un vídeo preludio do que veremos o sábado
¡Que o pasedes ben!.

Xa está nas rúas de Pontedeume o libro con toda a programación e actividades das Festas das Peras 2008.
Si non te queres perder nada ¡corre a mercalo! pois para este ano hai moitas actividades e novidades entre as que se inclúe unha velada puntuable para o campionato de España.
¡Que o pasedes ben!.

Hoxe sábado a partires das 22'00 horas na praza da Calzada, será unha noite máxica en Pontedeume. A esa hora o "
Mago Romarís"

fará as delicias e ilusionará a tódalas persoas que acudan a chamada do seu espectáculo titulado "Triunfos Copas".
¡Que o pasedes ben!.

Hoxe 22 de agosto a partires das 21'00 horas na Alameda de Raxoi terá lugar a II Festa do Bisté da Marola, nome que en Pontedeume dáselle as sardiñas lañadas.
Esta festa está organizada e patrocinada por U.C.O.A. e coa colaboura do Concello de Pontedeume.
Nesta edición contarase coa actuación dunha charanga durante toda a noite.
Tralo éxito da
I Edición a festa está asegurada, polo que desde aquí desexamos ¡Que o pasedes ben!.
O sábado pola noite no marco incomparábel da praza da Calzada, tivemos a oportunidade de participar da obra de teatro "O soño dunha noite de verán" a cargo de
Arjé Teatro do I.E.S. Breamo de Pontedeume.



Nesta páxina non se puxo noticia algunha dado que non nos enteramos a tempo de poñela e porque o correo que se recibiu para publicitálo acto chegou na tarde do sábado.
De tódolos xeitos aquí queda a nosa aportación e recoñecemento a Arjé Teatro polo bo rato que pasamos ao seu carón.
Deixovos o programa que nos deron para seguíla obra.




Esta obra de teatro organizouna o Concello de Pontedeume coa colaboura da Asociación de Veciños de Pontedeume.
¡Noraboa rapaces!.

Mañá 15 de agosto a partires das 21'30 horas na praza da Calzada celebrarase o Festival de Verán, un certame que nesta ocasión chega a súa V edición.
Con esta mensaxe, a comisión organizadora do Festival quere invitarvos ao evento:
Un ano máis, e xa van cinco, celebraremos o "Festival de Verán" marcado polo pasamento de D. Antonio Leira (El Patolo) que nos deixou orfos da súa bonhomía e sobre todo a súa música. O seu inxente labor como director da Agrupación Artística Eumesa, da Banda Municipal e da Coral Polifónica, entre outras, encheu de melodías varias décadas de vida Eumesa. Que grande foi a súa semente e que colleita de músicos sairon das súas mans¡. Coa súa lembranza e o noso desexo de disfrute coas actuacións dos músicos e artistas eumeses, invitámolos a este 5º Festival.
A Comisión Organizadora
GRUPOS QUE PARTICIPARÁN
- ORBALLO
- ESTRELECER
- CHICAS DE ORO
- TRASNOCHADORES
- MACHUCAMBOS DEL EUME
- INTERMEZZO
- IRIADONA
COMO SOLISTAS E HUMORISTAS
- MARCOS Y EL EXTRAÑO
- A. BUJÍA (solista guitarra)
- MARÍA (La Habanera)
- ANA BELÉN
- CRISTINA
- TITO RÍOS
- PILAR BARRO
- CLARA

ORGANIZA

COLABOURA

Deixovos o enlace do artigo que mereceu a
IV edición do Festival de Verán neste blogue.
¡Que o pasedes ben!