O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Por mor das moitas peticións recibidas, decidín poñer unhas fotografías do Carnaval de Verán 2008.
Comezamos coas fotografías dun grupo de amigos que sempre participan da festa, nesta ocasión decidiron ir a marea



tivemos un mimo ¿ou era unha estátua?

persoaxes de conto

sempre ben recibidos as portas dos bares

a raiña da festa


visitounos a aristocracia

desde Oriente

e tivemos ata gladiadores

Espero que as mesmas sexan do voso agrado. Si algunha das persoas que saen nas fotografías quere algunha, que mo pida por correo electrónico, chega con premer o botón que tedes arriba no blogue.

O vindeiro sábado 22 a partires das 21'00 horas argallado por
Treme a Terra e
Pontedamúsica, farán un magosto no marco imcoparábel da Praza da Calzada no que haberá Repichocada, Castañas, Chourizos ao Viño, Queimada e moita troula ate que o corpo aguante.
¡Que o pasedes ben!.
Dicía Antón Reixa aquelo de que "o magosto para agosto", pero no Fubolín deixan os tópicos pra outros momentos e celebran coma tódolos anos por estas datas o magosto, coincidindo neste ano coa noite do
Samaín. Haberá castañas asadas acompañadas de queixo e parrochos ó fume. Pros mais pequenos terán os tradicionais colares de zonchos, castañas cocidas coa pel atravesadas cun cordel a modo de colar, polo que a festa está garantida.
¡Que o pasedes ben!.
Cando xa pasou mais dun mes desde o remate das Festas das Peras 2008, neste blogue mostrámosvos un par de vídeos cos momentos que mais xente congrega nas festas, a "Cucaña Marítima" cun vídeo de 5 minutos nos que se ve de todo
e outro no que hai un resumo da "Cucaña Marítima" e a "Queima do Galán"
esperamos que sexan do voso agrado e vos lembren as festas deste ano mentres chegan as Peras 2009.
¡Que o pasedes ben!.

O venres 10 de outono a partires das 20'30 horas, haberá callos, pan, viño, bola e café en Centroña cun custe de 6 euros por persoa. Esta festa contará coa participación do
Grupo Maracaibo que pará o ritmo ata que o corpo aguante.
¡Que o pasedes ben!.
29 de setembro, un día espléndido e gañas de pasalo ben, foron os ingredientes básicos pra que un ano mais a Romaría de Breamo fose un éxito ainda sendo luns.
Comezou o día coas misas e ca tradicional procesión ó redor da Capela de Breamo

portando a imaxe de San Miguel

o son das gaitas.
Despois cada quen disfrutou da festa da mellor forma posíbel a carón dos amigos ata que o corpo resistiu, sin esquecer as 9 voltas a capela, dando por despedido o verán a vez que xa se contan os días que faltan pra que chegue o 8 de maio e voltar a Breamo.
Deixovos coas reportaxes que fixeron en directo os da TVG en Breamo pra deleite de todos aqueles que non os viron. No primeiro vai a conexión que fixeron a primeira hora.

Chega o 29 de setembro, unha data agardada por tódolos eumeses para despedir o verán cunha
Romaría no monte de Breamo.
Unha data na que respírase ledicia e o ambiente festivo pálpase no ambiente.
Lembra o lema que lanzan desde o concello "En Breamo xoga limpo", un eslógan que non fai mais que recordarnos que a diversión é posibel sin deixar todo cheo de lixo.


Unha vez dito o anterior so quédame convidarvos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....".
¡Que o pasedes ben!

Este é o cartaz que anuncia a chegada da de unha das datas mais esperadas por tódolos eumeses, o 29 de setembro día no que se celebra a Romaría de Breamo, ainda que tamén é un día triste xa que despedimos o verán.
De tódolos xeitos ¡que o pasedes ben!.

A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das
Festas das Peras 2008.
Deixovos aquí o banner
un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.
¡Que o pasedes ben!.