Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » Colectivo Fusquenlla
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de "Colectivo Fusquenlla"

18-01-2010 / 16:23
Colectivo Fusquenlla

Os tribunais desminten ao Concello de Pontedeume

Unha sentenza que clarifica unha das controversias máis frecuentes en Pontedeume

Unha das polémicas máis recorrentes no noso concello é a relativa á cualificación do solo. En distintas ocasións os concellos enfróntanse á Xunta e discrepan sobre a legalidade de certas construcións. O caso que mellor ilustra esta discusión é o chamado mamotreto de Caldagueiro. Como xa publicamos noutras ocasións a Xunta de Galiza mandou paralizar as obras de Lagares (sen que o Concello e promotor se desen por enteirados) por considerar que o solo no que se asentaban non era urbano. E argumentaba esta resolución no feito de que os terreos non reunían os requisitos que a lei exixe para ser considerados chan urbano consolidado. “As normas subsidiarias de Pontedeume, fai 18 anos, clasificaron como urbano chan que aínda agora carece dunha urbanización básica para ser considerado como tal [...].

Unha recente sentenza do Tribunal Supremo, sobre un recurso presentado tamén en Pontedeume, avala as teses da Xunta que nega o carácter de urbano ao chan que non dispón das mínimas condicións para ser considerado tal: abastecemento, saneamento, dotacións,urbanización, etc

Unha familia eumesa pretendía que o deslinde do Ministerio de Medio Ambiente non afectase á súa vivenda de Andahío. Alegábase que a propiedade estaba en zona urbana e polo tanto o deslinde só podía entenderse dentro dos 20 metros da liña de costa. O Concello de Pontedeume, como non, tomaba partido polos propietarios das casas construídas na zona e presentou un escrito no que postulaba o carácter urbano das zonas en que se atopan os terreos en litixio. Non foi dabondo para o Supremo que, ao igual que a Xunta, declara o carácter non urbano do chan e polo tanto o Estado é o titular dos terreos que quedan dentro do dominio público marítimo terrestre.

O caso de Caldagueiro é dobremente escandaloso pola negativa do construtor a acatar as leis e pola condescendencia do goberno local incapaz de ordenar a paralización efectiva das obras. Dende Fusquenlla sempre exiximos un respecto absoluto pola legalidade e deploramos que o Concello de Pontedeume non trasladase aos tribunais a controversia sobre a legalidade ou non da devandita obra. Quizais unha solución xudicial no seu debido momento sería menos lesiva para os inquilinos das vivendas que están expostos a verse desaloxados destas por unha sentenza similar á de Andahío.

17-01-2010 / 11:31
Colectivo Fusquenlla

Retómase o proxecto da mina de andalucita en Pico Vello

O delegado territorial de medio Ambiente anunciou que o proxecto da mina de andalucita foi retomado pola empresa Picobello Andalucita de capital sudafricano.

O Pico Vello, é un lugar da parroquia de Goente, no concello das Pontes, colindante coas Fragas do Eume, onde unha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, pretende a explotación, durante 54 anos, dun xacemento de andalucita que está no subsolo da zona. Lugar de grande biodiversidade e un incalculábel valor natural e ecolóxico, onde nace, entre outras, unha das fontes do Río Belelle, hai un bosque de especies autóctonas e outras riquezas naturais dun valor que non ten prezo.

Segundo publica hoxe o xornal La Opinión, os propietarios de Picobello Andalucita, con capital británico e surafricano, modificaron o proxecto e xa non afectará ao parque natural das Fragas do Eume. O pasado mércores, a televisión das Pontes preguntou ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, en que fase atópase o proxecto e sobre as novas conversacións, pero o responsable autonómico asegurou descoñecer o tema. Foi o delegado territorial Diego Calvo o que confirmou que as negociacións están en marcha e que van por bo camiño.

Co anterior  goberno da Xunta os propietarios non foron capaces de obter os permisos necesarios para a  explotación do mineral. O impacto que causaría nas inmediacións das fragas do Eume e no mesmo parque natural eran motivo máis que suficiente para desbotar a idea. hai que lembrar que de materializarse a explotación o río Belelle estaría condenado á súa desaparición.

16-01-2010 / 19:58
Colectivo Fusquenlla

Risco inminente de desprendementos

Balcóns, cornixas, ménsulas e demáis voladizos do núcleo histórico de Pontedeume manteñen un precario equilibrio sobre as nosas cabezas. Nunha metáfora da propia ruína que está a sufrir a vila, a caída destes elementos supón, ademáis da perda patrimonial, un perigo para a seguridade de veciños e traseúntes que esixe a inmediata actuación das autoridades municipais, aparentemente descoñecedoras das responsabilidades que poden contraer no caso de producirse desperfectos ou danos persoais.

A inexistencia de valados de protección ou sinais de advertencia é proba desa despreocupación. E a imaxinación suple en moitos casos a falta de medios para garantir a estabilidade das estructuras.

Desde este colectivo insistimos na necesidade de tomar as medidas oportunas para garantir, en primeiro lugar a seguridade das persoas e, en segundo, a debida protección que merece o noso patrimonio, sen esperar por máis tempo ás decisións que sobre a rehabilitación do casco histórico poida tomar nun futuro a Consellería de Cultura.

14-01-2010 / 19:37
Colectivo Fusquenlla

Destrucción ou perturbación?

Endesa asegura estar autorizada para secar o Eume

 “Todo aproveitamento dun río leva unha perturbación”, xustifica

 

 O inmenso lago artificial das Pontes está xa á metade da súa capacidade. A auga desviada do río Eume ha sumergdo en ano e medio parte do oco aberto durante décadas pola mina de lignito e alcanza profundidades de 150 metros. Endesa, que explota a central, estima que completará o enchido a finais do 2011. Os ecoloxistas defenden que o proxecto é unha sentenza de morte para o Eume, un río que, desde 1960, permanece seco ao longo de 3,4 quilómetros polo caudal desviado para mover as turbinas de Endesa.

A empresa asegurou onte que está autorizada polo contrato de concesión, que data de 1953.Endesa, o xigante eléctrico que explota o río Eume e mantén completamente seco un tramo de 3,4 quilómetros desde fai medio século, defendeu onte que todas as súas accións axústanse escrupulosamente á lei. En cuestión de segundos, a Xunta corrixiu á eléctrica en presenza dos seus directivos. Aínda que de forma confusa, admitiu que a compañía incumpriu a lei desecando ilegalmente un tramo do río Eume para mover as turbinas dunha das súas dúas centrais hidroeléctricas.

 

 A Xunta afirma que a concesión non obriga a manter un caudal ecolóxico 

Durante unha visita onte ao lago artificial das Pontes, o director xeral de Endesa para España e Portugal, José Bogas, asegurou que “todo aproveitamento dun río leva unha perturbación” e defendeu que a empresa limítase a espremer “o que está autorizado”. Ao seu lado, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, recordou que na concesión a Endesa por 99 anos, que data de 1953, non se recollía a necesidade de manter un caudal ecolóxico. No entanto, Hernández terminou por corrixir timidamente ao directivo ao recordar que, efectivamente, a Lei de Pesca Fluvial de Galicia establece medidas de conservación para os ríos cun caudal ecolóxico.  

A entidade ecoloxista Ríos con Vida denunciou ante o Seprona que un tramo deste caudaloso río que rega o Parque Natural das Fragas do Eume permanece completamente seco desde 1960. Polos 3.400 metros que separan o encoro da Capela e a minicentral hidroeléctrica do Eume apenas corre un fío de auga, a pesar de que lei esixe manter permanentemente un caudal que equivale ao 10% da media anual do río.

 O conselleiro apuntou que existe un problema nos desaugadoiros do fondo do pantano da Capela, que estudan os técnicos para achar unha solución que se axuste á legalidade. Pedro Brufao, presidente de Rios con Vida, asegura que o fondo da presa acumula 27 metros de lodos contaminados, xa que as súas comportas están seladas desde fai décadas.

Este catedrático de Dereito responsabiliza a Endesa dun presunto delito de captación abusiva de augas castigado no Código Penal, e acusa ao Goberno galego de mirar para outro lado durante moitos anos. O conselleiro, que onte tamén admitiu un atraso “dalgunhas semanas” na execución do último tramo da autovía AG 64 entre Ferrol e Vilalba, que debía abrirse ao tráfico este mes, concentrou os seus esforzos en eloxiar o proxecto do lago artificial de Endesa, que definiu como un “fito ambiental” para rexenerar o oco da mina pontesa.

En pouco máis de ano e medio, o lago xa roza o 50% da súa capacidade. A compañía prevé completar o enchido das 865 hectáreas con 547.000 millóns de litros de auga cara a finais do 2011. Esta lagoa artificial, cuxa superficie duplica ao encoro de Cecebre, contará con praia e un observatorio de aves. 

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Endesa/asegura/estar/autorizada/secar/Eume/elpepiautgal/20100114elpgal_3/Tes?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter

13-01-2010 / 23:55
Colectivo Fusquenlla

Un ecomuseo para a o Eume

Entre as aportacións da museoloxía moderna –partidaria máis dos “museos de ideas” que dos “museos de obxetos”- o concepto de ecomuseo semella unha das máis interesantes na mellora integral do patrimonio das comunidades no eido local.

O Consello Internacional de Museos defineo como “unha institución que xestiona, estuda e valora -con finalidades científicas, educativas e, en xeral, culturais- o patrimonio xeral dunha comunidade específica, incluído o ambiente natural e cultural do medio”.

A idea foi introducida a principios dos anos setenta polo museólogo Hugues de Varine. A diferencia do museo tradicional, que ten por obxecto a conservación e exhibición de obxectos culturais, a finalidade dos ecomuseos –museos comunitarios ou tamén museos do territorio- é o desenvolmento integral e sustentábel do territorio, priorizando a iniciativa cidadá sobre as institucións públicas. En palabras de Varine “un museo normal é un edificio, unha colección, un público. Un ecomuseo é un territorio, un patrimonio, unha comunidade. Un museo normal é cultura “fóra do solo”, un ecomuseo está arraigado na cultura viva dos habitantes”. E apela aos principios fundamentais que inspiraron a fundación dos primeiros ecomuseos en China:

1. Os habitantes dos pobos son os únicos titulares da súa cultura. A eles correspóndelles o dereito de interpretala e de lexitimala.
2. O significado da cultura e dos seus valores poden ser definidos unicamente por parte da intuición humana e da interpretación baseada no coñecemento. A competencia cultural debe ser enriquecida.
3. A participación é esencial para os ecomuseos. A cultura é un ben común e democrático e debe ser xestionada democraticamente.
4. En caso de conflitos entre turismo e conservación cultural é esta última a que recibe prioridade. O auténtico patrimonio non debe porse en venda, aínda que a produción dos bens de calidade baseados nas actividades tradicionais debe ser alentada.
5. É de máxima importancia a planificación integrada e ideada a longo prazo. É necesario escapar dos beneficios económicos a curto prazo que poden destruír a cultura.
6. A protección do patrimonio cultural debe integrarse nun enfoque ambiental completo. Desempeñan un papel fundamental para lograr este propósito os materiais e as técnicas tradicionais.
7. Os visitantes teñen a obrigación moral de manter un comportamento respectuoso. Deben seguir un código de conduta.
8. Os ecomuseos non contan con ningún tipo de “Biblia”. En todo momento serán distintos entre si, baseándose nas características culturais e a situación social local.
9. O desenvolvemento social é un requisito para a creación de ecomuseos en comunidades vitais. O benestar dos cidadáns debe ser mellorado de maneira que non comprometa os valores tradicionais.

A visión das nosas institucións é, con respecto ao patrimonio, moito máis cativa. O último proxecto promocionado pola Consellería de Cultura e Turismo é a instalación de paneles informativos en diversos elementos patrimoniales da comarca -castelos e mosteiros básicamente-, esquecéndose das necesidades reais e os grandes baleiros que no ámbito da protección e promoción do patrimonio e da cultura en xeral ten a nosa comarca.

Nun futuro ecomuseo do Eume –comarca que alberga un riquísimo patrimonio natural e cultural-, ademáis de obras esenciais do noso patrimonio –algunhas espalladas e descontextualizadas nos museos de Lugo ou A Coruña, ou peor aínda, en deplorables condicións de conservación- terían que ter cabida as diversas expresións da cultura popular, as súas tradicións, formas de vida e traballo, elementos significativos que conforman a memoria colectiva eumesa.

12-01-2010 / 15:46
Colectivo Fusquenlla

Desastroso PXOM tamén no solo urbano


Como vimos ata agora a única intención deste PXOM é o fomento da edificabilidade incontrolada, esto tamén queda moi claro no solo urbano consolidado onde se pretende aumentar as xa esaxeradas densidades edificatorias actuais, pese a que a memoria informativa indica claramente “as edificacions tradicionais na vila son de baixo mais duas plantas, e se construiron fora do núcleo edificacións de vivenda colectiva de grande volume e desproporcionada altura”, mesmo na memoria xustificativa do PXOM afirma: “..nos núcleos mais densos están dando paso a unhas tipoloxías urbanas de vivenda colectiva, de calidade variable no que atinxe os aspectos constructivos e mala no que fai a deseño e acaemento co medio, realizadas normalmente á marxe do planeamento…. , que veñen a confirmar a innecesaria improcedencia de modelos urbanos densos de ocupación de territorio, non asumibles ainda nun concello como Pontedeume”, tamen afirma “… hai que ter claro que o modelo urbano-industrial está xa caduco no mundo …..de entre todas as falacias… a que costa mais enterrar, e a de identificar progreso con nivel de vida; e este con consumo. Nos xulgamos que é prioritario desfacer esa falacia e por iso imos partir dun pricipio distinto: a procura dunha mellora da calidade de vida….”, “preservación do medio ambiente natural e dos sinais de identidade mais fondo da sociedade eumesa”.

Resulta que contra este diagnostico tan acertado as previsións deste planeamento pasan por eliminar todo vestixio do modelo urbano existente fora da área do casco histórico, para impoñer enormes bloques de edificios de vivenda colectiva totalmente alleos ao modelo tradicional de asentamento na vila, ademais para fomentar o atractivo á intervención de promotoras inmobiliarias se aumenta a edificabilidade de gran parte do solo urbano autorizando un aumento de alturas, de forma que en zonas xa conxestionadas con alturas máximas permitidas pola normativa actual de baixo mais duas plantas e 9 m se prevé a construcción de baixo mais tres plantas e 13 metros a cornisa, 17 metros o cumio.

Un dos casos mais claros da salvaxada proposta neste plan, e o da zona entre Avd. Dr. Villanueva e Rúa Porto, precisamente a Rúa Porto un dos camiños de entrada histórica á vila, unha das trazas importantes do casco histórico, cun modelo de asentamento de vivendas unifamiliais adosadas de unha e duas plantas acordes co modelo tradicional, o PXOM inexplicablemente pasa a baixo mais tres con rúas que actualmente teñen catro metros de ancho. O modelo a implantar é o iniciado na chamada casa de D. Pablo, a sección que pretende este planeamento é a seguinte para zona marcada en azul na imaxe superior, o despropósito non pode ser maior, na imaxe se ve ben claro que unha altura admisible para Avd. Villanueva de 12 metros de ancho non é admisible para a Rúa Porto con un ancho final previsible que non chega aos 6 metros.

A brutalidade é evidente, este PXOM lexos de resolver os problemas actuais que xeraron as deficiencias do planeamento actual o que pretende é incrementalos e legalizar un modelo de ocupación axeno é de dimensións desproporcionadas.

Este planeamento ignora escandalosamente os artigos 46, 47, 48, 52 da LOUGPMR, que obrigan a:“…que o planeamento teña como obxetivo no solo urbano consolidado favorecer a conservación e recuperación do patrimonio construido… das formas tradicionais de ocupación do solo, e dos trazos diferenciais ou distintivos que conforman a identidade local. As construccións serán coherentes coa tipoloxía arquitectónica característica do contorno, en particular en canto á altura, volume e fondo edificables. Ademais as edificacións fixen as alturas en proporcion ó ancho das vias e espazos libres, de modo que queden garantidas as mellores condicions posibles de soleamento e ventilación das vivendas…Garantir a proporcionalidade entre o volume edificable e os espazos libres públicos de cada ámbito de ordenación.”

Pero a esquizofrenia urbanística de implantar modelos alleos de grandes bloques de vivenda colectiva non ten límite, si vemos a zona sombreada en bermello na imaxe superior, a obsesión chega ao imposible como construir riba dos recorridos públicos de circulación existentes como é a conexión peatonal entre a Galera e a Rúa Porto, onde o PXOM pretende construir un xigantesco bloque da altura de Caldagueiro chegando ao absurdo incluso de deixar un patio de escaso metro de ancho no interior. Non é difícil de ver a situación brutal na esquina dereita no encontro do bloque coa muralla existente onde hai un desnivel de mais de 10 m, é a edificación terá sin dubida unha altura de 23 metros a cornisa.

Esto non está regulado nin estudiado nas ordenanzas do PXOM que son malas, escasas e imprecisas, de facil aplicación nada como afirma Consultora Galega, e dende logo non serven para regular a construcción nunha topografía con pendentes tan fortes como as que temos nesta vila, o caso de Caldagueiro ou D. Pablo evidencian as enormes aberracións que xa xurdiron por falta dunha correcta regulación, o modelo a seguir sin dubida é o da fotografia inferior que dende logo de legal, respetuoso e sostible non ten nada

11-01-2010 / 22:16
Colectivo Fusquenlla

Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra

Considerando que o cambio climático representa unha real ameaza para a existencia da humanidade, dos seres vivos e da nosa Nai Terra como hoxe a coñecemos; Constatando o grave perigo que existe para illas, zonas costeiras, glaciares dos Himalaias, Andes e as montañas do mundo, os polos da Terra, rexións calorosas como o África, fontes de auga, poboacións afectadas por desastres naturais crecentes, plantas e animais, e ecosistemas en xeral;

Evidenciando que os mais afectados polo cambio climático serán as máis pobres do planeta que verán destruídos os seus fogares, as súas fontes de sobrevivencia e serán obrigados a migrar e buscar refuxio; Confirmando que o 75% das emisións históricas de gases de efecto invernadoiro orixináronse nos países irracionalmente industrializados do norte;

Constatando que o cambio climático é produto do sistema capitalista;

Lamentando o fracaso da Conferencia de Copenhagen por responsabilidade dos países chamados “desenvolvidos” que non queren recoñecer a débeda climática que teñen cos países en vías de desenvolvemento, as futuras xeracións e a Nai Terra;

Afirmando que para garantir o pleno cumprimento dos dereitos humanos no século XXI é necesario recoñecer e respectar os dereitos da Nai Terra;

Reafirmando a necesidade de loitar pola xustiza climática;

Recoñecendo a necesidade de asumir accións urxentes para evitar maiores danos e sufrimentos á humanidade, a Nai Terra e restablecer a harmonía coa natureza;

Seguros de que os pobos do mundo, guiados polos principios de solidariedade, xustiza e respecto pola vida, serán capaces de salvar á humanidade e á Nai Terra; e

Celebrando o día Internacional da Nai Terra,

O goberno do Estado Plurinacional de Bolivia convoca aos pobos e movementos sociais e defensores da nai terra do mundo, e invita aos científicos, académicos, xuristas e gobernos que queren traballar cos seus pobos á Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra a realizarse do 20 ao 22 de abril do 2010 na cidade de Cochabamba, Bolivia.

A Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra ten por obxectivos:

1) Analizar as causas estruturais e sistémicas que provocan o cambio climático e propor medidas de fondo que posibiliten o benestar de toda a humanidade en harmonía coa natureza.

2) Discutir e acordar o proxecto de Declaración Universal de Dereitos da Nai Terra.

3) Acordar as propostas de novos compromisos para o Protocolo de Kioto, e para proxectos de Decisións da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático que guiarán o accionar dos gobernos comprometidos coa vida nas negociacións de cambio climático e en todos os escenarios de Nacións Unidas, respecto de:

a) débeda climática, b) migrantes-refuxiados do cambio climático, c) redución de emisións, d) adaptación, e) transferencia de tecnoloxía, f) financiamiento, g) bosques e cambio climático, h) visión compartida, i) pobos indíxenas, e j) outros

4) Traballar na organización do Referendo Mundial dos Pobos sobre o cambio climático.

5) Analizar e trazar un plan de acción para avanzar na constitución dun Tribunal de Xustiza Climática;

6) Definir as estratexias de acción e mobilización en defensa da vida fronte ao Cambio Climático e polos Dereitos da Nai Terra.

Bolivia, 5 de xaneiro, 2010

Evo Morales Ayma Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia

09-01-2010 / 03:52
Colectivo Fusquenlla

Caldagueiro, ilegalidades, desacatos e favoritismos

A historia de Caldagueiro xa é un paradigma da situación urbanística de Pontedeume con todas as súas incongruencias, cambalaches, arbitrariedades e especulación.

O novo PXOM tenta legalizar unha das maiores infraccións que se cometeron no noso concello. Hai que lembrar que o edificio que Lagares Inmobiliaria, S.L. levantou en zona declarada non urbana pola Xunta de Galiza conta xa con varias ordes de paralización ditadas tanto pola CPTOPT como polo propio goberno local. Este feito por si só debería ser suficiente para que o Concello non lle dese agora estatus legal pola vía do plan xeral. Unha contradicción difícil de entender cando ademais o  actual alcalde instou ao promotor a axustar as obras á licenza concedida, derrubando o ilegal e impoñéndolle, en caso contrario, unha serie de multas coercitivas ata que se repuxese a legalidade.

Lagares presentou un recurso ante o xulgado que lle foi desestimado. O recoñecemento xudicial da postura do executivo local non amilanou a este promotor que quebrantou as ordes do consistorio tantas veces que merece ser considerado o maior insubordinado da historia de Pontedeume. Curiosamente é o noso  concello  un dos poucos onde se premia o desacato. E a proba témola no PXOM, que concede a Lagares un dos maiores beneficios aos que un promotor pode aspirar.

Por obra e gracia da achaiadura urbanística os terreos nos que se levanta o mamotreto pasan a ser urbanos, o fondo edificable pasa de doce a quince metros, a edificabilidade supera  a permitida pola Lei de Ordenación Urbanística, a cesión do promotor para espazos libres e zonas verdes é inferior á estipulada pola mesma lei, e, por último, se lle outorga ao insigne construtor a posibilidade de seguir construíndo nun espazo que a Xunta declara como de protección paisaxística e costeira. Toda unha serie de prebendas que poden ser entendidas pola cesión que este promotor fai de certas parcelas para disfrute do Concello. Entendidas pero non xustificadas. A cesión de bens non pode eximir do cumprimento do lexislado na LOUPMR de Galiza, aínda que moitas veces parece que os promotores disfrutan dunha bula papal para sortear as obrigas que as leis impoñen.

/ 03:52
Colectivo Fusquenlla

Caldagueiro, ilegalidades, desacatos e favoritismos

A historia de Caldagueiro xa é un paradigma da situación urbanística de Pontedeume con todas as súas incongruencias, cambalaches, arbitrariedades e especulación.

O novo PXOM tenta legalizar unha das maiores infraccións que se cometeron no noso concello. Hai que lembrar que o edificio que Lagares Inmobiliaria, S.L. levantou en zona declarada non urbana pola Xunta de Galiza conta xa con varias ordes de paralización ditadas tanto pola CPTOPT como polo propio goberno local. Este feito por si só debería ser suficiente para que o Concello non lle dese agora estatus legal pola vía do plan xeral. Unha contradicción difícil de entender cando ademais o  actual alcalde instou ao promotor a axustar as obras á licenza concedida, derrubando o ilegal e impoñéndolle, en caso contrario, unha serie de multas coercitivas ata que se repuxese a legalidade.

Lagares presentou un recurso ante o xulgado que lle foi desestimado. O recoñecemento xudicial da postura do executivo local non amilanou a este promotor que quebrantou as ordes do consistorio tantas veces que merece ser considerado o maior insubordinado da historia de Pontedeume. Curiosamente é o noso  concello  un dos poucos onde se premia o desacato. E a proba témola no PXOM, que concede a Lagares un dos maiores beneficios aos que un promotor pode aspirar.

Por obra e gracia da achaiadura urbanística os terreos nos que se levanta o mamotreto pasan a ser urbanos, o fondo edificable pasa de doce a quince metros, a edificabilidade supera  a permitida pola Lei de Ordenación Urbanística, a cesión do promotor para espazos libres e zonas verdes é inferior á estipulada pola mesma lei, e, por último, se lle outorga ao insigne construtor a posibilidade de seguir construíndo nun espazo que a Xunta declara como de protección paisaxística e costeira. Toda unha serie de prebendas que poden ser entendidas pola cesión que este promotor fai de certas parcelas para disfrute do Concello. Entendidas pero non xustificadas. A cesión de bens non pode eximir do cumprimento do lexislado na LOUPMR de Galiza, aínda que moitas veces parece que os promotores disfrutan dunha bula papal para sortear as obrigas que as leis impoñen.

08-01-2010 / 10:27
Colectivo Fusquenlla

Augas fecais de Esteiro son vertidas directamente á ría

Cada día que pasa coñécese mellor o nefasto sistema de alcantarillado co que está dotado o concello de Pontedeume. O actual goberno local denuncia agora a deficiente rede de alcantarillado que foi instalada na zona de Esteiro no ano 2002 e fai responsábel ao anterior equipo de goberno e á empresa adxudicataria.

As augas residuais non son tratadas na depuradora e verten directamente á ría na zona do Covés o que provoca, segundo os veciños, desagradables cheiros no lugar. Esta situación mantense dende hai anos sen que os responsables do Concello tomasen medidas ao respecto.

Non se trata dunha excepción no sistema de depuración de augas residuais. Hai máis uns meses a Xunta de Galiza recoñecía que as medidas de eliminación da contaminación bacteriolóxica non funcionan na depuradora de Pontedeume. Esta depuradora pode considerarse fóra de uso segundo a Consellaría de Medio Ambiente o que significa que as augas residuais de Pontedeume, xunto coas do limítrofe concello de Cabanas, son vertidas á ría sen depuración bacteriolóxica.

Tamén an Agosto do pasado ano os veciños de Boebre denunciaban unha situiación similar na súa parroquia, concretamenteno lugar de Ber. A causa pprincipal reside na urbanización situada a carón da praia cuxas augas residuais verten directamente á ría. Outro tanto sucede no lugar próximo de Vizús (Centroña) onde recentes construcións levantadas á marxe da legalidade están contribuíndo a que a nosa ría sexa unha das máis contaminadas de toda Galiza segundo un informe da  Dirección Xeral de Recursos Mariños e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.