Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de "Colectivo Fusquenlla"

08-02-2010 / 17:32
Colectivo Fusquenlla

Os eucaliptos, unha ameaza para as Fragas do eume

A superficie de eucaliptos triplicouse en 50 anos nas Fragas do Eume. O bosque autóctono atlántico, un dos mellores conservados de Europa, perdeu un 20% do seu territorio
R. Romar

É un dos mellores, senón o mellor, bosque atlánticos costeiro de toda Europa. Un tesouro da natureza. E ségueo sendo, só que xa non é o que era.

This is a preview of Os eucaliptos, unha ameaza para as Fragas do eume. Read the full post (980 words, 1 image, estimated 3:55 mins reading time)
05-02-2010 / 13:49
Colectivo Fusquenlla

3º concerto da II Caravana Reivindicativa Galiza Non Se Vende en Pontedeume

Este sábado 6 de Febreiro, ás 21:00, terá lugar no Centro Social Ocupado “A Casa da Estación” o primeiro dos concertos en Pontedeume da II Caravana Reivindicativa. A Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

04-02-2010 / 17:39
Colectivo Fusquenlla

Cheiros nos negocios inmobiliarios

Onte falabamos da condescendencia que o Concello de pontedeume ten con a empresa Lagares Álvarez, S.L. Hoxe volven ser noticia estes promotores por mor dun solar sito na praza de España. Onde antes había un edificio historico que o desleixo deixou caer, hoxe hai unha charca chea de augas infectas e pestilentes que supoñen un perigo para a saúde e para a estabilidade dos edificios colindantes.

Este solar, pertencente aos donos da promotora citada, está en completo abandono dende que Patrimonio fixo excavacións para asegurarse que a construción dun novo inmóbel non prexudicaría o patrimonio de Pontedeume. O abandono é tan manifesto que ademais das augas estancadas crece a vexetación a varios metros de altura.

Os xornais de hoxe dan conta do desconcerto dos políticos locais que non saben cal é a situación na que se atopa a parcela en cuestión. O que parece unha contradición entre os testemuños do alcalde (estase á espera dun informe de Patrimonio para autorizar o edificio) e a catalogación que fai o PXOM desta finca (reservada para uso dotacional) non o é tanto se pensamos en posibles acordos entre o Concello e promotores.

Nesta mesma páxina xa informabamos da estraña concesión que se lle facía a Lagares en Caldagueiro. O PXOM permítelle urbanizar unha ampla franxa de terreo baixo o chamado mamotreto e que abrangue dende a estrada da estación ata a de Centroña. Uns solares que a Xunta considera non urbanizables polo seu valor paisaxístico, o Concello permíte urbanizalos polo sistema de compensación (Lagares podería expropiar as propiedades colindantes doutros veciños). Iso sen contar co agasallo máis importante para este promotor: a legalización do edificio sobre o que pesan cinco ordes de paralización e que aínda non ten permiso de habitabilidade.

Cal pode ser a contraprestación que reciba o Concello? Non é aventurado afirmar que o solar da praza de España. Patrimonio non deixaría ou restrinxiría a construción nesta finca na que poden atoparse restos arqueolóxicos importantes. A proximidade da antiga muralla e da porta de Maldonado fano posíbel. As prohibicións ou restriccións non fan rentábel os negocios inmobiliarios. O negocio consiste en cambiar solar improdutivo por chan urbanizábel con excelentes vistas.

Mentres tanto seguímonos preguntando como este promotor consigue semellante trato de favor dos nosos políticos, a expensas do noso patrimonio.

03-02-2010 / 10:07
Colectivo Fusquenlla

Lagares e legalidades

A carón do edificio Entre-rías, na rúa da ría de Ares, existía unha serventía que permitía o acceso á estrada da estación. Cando Promocións Lagares Álvarez  construíu un edificio colindante co anterior decidíu utilizar os terreos públicos do sendeiro para acadar maior volume de edificación. O resultado  pódese apreciar nas fotografías: convertíuse un camiño público nun paso subterráneo. Deste xeito dous edificios que deberían estar afastados por un corredor aberto, aparecen totalmente pegados un ao outro.

Os prexuizos para os veciños son evidentes. Os patios de luces quedaron afogados pola nova edificación e son facilmente accesibles dende o paso subterráneo que o construtor se encargou de elevar en altura. Un perigo para os transeuntes e para os propietarios das vivendas ás que se pode acceder facilmente.

En maio de 2006 tivo lugar unha demanda de conciliación na que os afcetados pedian o retranqueo da obra de Lagares. Ao final chegouse a un acordo polo que este promotor se comprometía a colocar unha reixa que aillase os patios así como pintar e reconstruír as zonas danadas polas obras.

O malestar dos veciños continua na actualidade pois o valado que se ía instalar descansa nun taller despois de varios anos. A razón é a falta de pago por parte do promotor. Un custo aproximado de 3000 euros, cantidade ridícula, parece inasumible para quen levantou o mamotreto de Caldagueiro.

Unha ilegalidade máis que pasou desapercibida para os servizos de vixiancia urbanística do Concello. Unha infracción máis dun promotor que fixo de Pontedeume un campo de operacións no que enriquecerse a base de cementar o campo. Compre exixir ao goberno local as medidas necesarias para obrigar a este impulsor urbanístico a respectar a legalidade e os acordos asinados. Compre abandonar a condescendencia da que se beneficiou no pasado a pesar do cúmulo de infraccións cometidas.

A construción que invade espazos públicos son legalmente punibles pola xustiza e o Concello, garante dos dereitos cidadáns, debería dar conta ao ministerio fiscal destes feitos.

Tamén n’A Opinión

02-02-2010 / 12:05
Colectivo Fusquenlla

Unha asociación ecoloxista denuncia a Endesa pola desecación do río Eume

A asociación AEMS Ríos con vida Galicia interpuxo unha denuncia penal ante a Fiscalía de Medio Ambiente e ante o Seprona da Garda Civil contra Endesa pola desecación do caudal do río Eume. O colectivo ecoloxista inclúe un informe pericial e un exame do anexo fotográfico e das probas obtidas polo Seprona de Pontedeume nos que asegura que se demostra que Endesa “superaría o límite do ilícito administrativo e que a súa conduta podería ser constitutiva de delito”.

AEMS Ríos con vida asegura que desde fai cincuenta anos a presa A Capela, propiedade da empresa eléctrica, “mantén seco” un tramo de 3,4 quilómetros do río Eume e sinala que, como consecuencia desta desecación, o hábitat fluvial deste río “truchero e salmonero” que se engloba nun espazo natural protexido como é o Parque Natural dás Fragas do Eume vese gravemente afectado e “supón a extinción de toda vida acuática”.

Os ecoloxistas afirman ademais que a desecación do río, que é un espazo protexido ao estar incluído na Rede Natura 2000 da Directiva de Hábitats da Unión Europea, xerou “unha gran alarma social”.

Desde Ríos con vida destácase que estes feitos “poderían ser constitutivos dun delito contra os recursos naturais do Código Penal” e sinala unha serie de leis que Endesa pode estar infrinxindo, como a Lei de Augas; o Regulamento de Dominio Público Hidráulico; a Lei de Pesca Fluvial en Galicia; a Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade ou a Lei de Conservación da Natureza.

Por todo iso, o colectivo reclama á Fiscalía que adopte as medidas cautelares oportunas para a “identificación, investigación e declaración do presidente, director técnico e executor das operacións da presa de Endesa”. Ademais esixe que se investigue a legalidade das licenzas e concesións outorgadas polo Concello das Pontes, a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia.

Ríos con vida esixe tamén na súa denuncia que se proceda á suspensión inmediata das operacións de explotación hidroeléctrica e ao precintado das turbinas e maquinaria, co obxectivo de recuperar o bo estado ambiental da conca e que se declare a caducidade das concesións.

Para rematar, esixe a implicación da Administración galega e, no caso de que isto non se produza, que se lle advirta da posible infracción penal na súa versión de “comisión por omisión La Opinión

30-01-2010 / 18:31
Colectivo Fusquenlla

Edificación extensiva no PXOM

Outra das cousas sorprendentes desta PXOM é a aparición dunha clase de suelo urbano denominado EDIFICACIÓN EXTENSIVA U5, según Consultora Galega, “comprende esta ordenanza as zonas de maior esponxamento da vila e dos núcleos urbanos que se dá, básicamente, o uso de vivenda unifamiliar, exenta ou adosada, sobre do viario de relación existente”.

Resulta que Consultora Galega se saca da manga unha nova acepción a solo urbano consolidado que para nada ten que ver coa Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, resulta que según o art. 11 será solo urbano si:

“Los planes generales clasificarán como suelo urbano, incluyéndolos en la delimitación que a tal efecto establezcan, los terrenos que estén integrados en la malla urbana existente siempre que reúnan alguno de los siguientes requisitos:

a) Que cuenten con acceso rodado público y con los servicios de abastecimiento de agua, evacuación de aguas residuales y suministro de energía eléctrica, proporcionados mediante las correspondientes redes públicas con características adecuadas para servir a la edificación existente y a la permitida por el planeamiento.

A estos efectos, los servicios construidos para la conexión de un sector de suelo urbanizable, las vías perimetrales de los núcleos urbanos, las vías de comunicación entre núcleos, las carreteras y las vías de la concentración parcelaria no servirán de soporte para la clasificación como urbanos de los terrenos adyacentes, salvo cuando estén integrados en la malla urbana.

b) Que, aun careciendo de algunos de los servicios citados en al apartado anterior, estén comprendidos en áreas ocupadas por la edificación, al menos en las dos terceras partes de los espacios aptos para ella, según la ordenación que el plan general establezca.

2. A los efectos de la presente Ley se consideran incluidos en la malla urbana los terrenos de los núcleos de población que dispongan de una urbanización básica constituida por unas vías perimetrales y unas redes de servicios de las que puedan servirse los terrenos y que éstos, por su situación, no estén desligados del entramado urbanístico ya existente”.

Segundo a imaxe superior as zonas marcadas en Bermello son los 258.839 m2 que se clasifican como urbano consolidado U5, iso só na contorna de Pontedeume, é dicir zonas onde directamente  poderase construir unha vivenda unifamiliar cada 350 m2.Segundo se ve na imaxe se trátanse directamente de solos rústicos onde nalgunha zona existen vivendas autorizadas ou ilegais concedidas antes da lei do 2002 que prohibiu claramente a construcción no solo rústico. Son zonas sin urbanización algunha, servizos, e accesos mais que no mellor dos casos de “estradas” que evidentemente non son rúas. Claramente non cumpren nigunha das condicións da lei para tal clasificación, ao contrario, están dentro das que a lei descarta como válidas para avalar a clasificación.

O mais curioso é que na mesma ordenanza indica: “Con carácter xeral, a introducción nunha parcela de vivendas adosadas en numero superior a 3 implica a dotación dun vial de servizo para acceso ás mesmas, e situado a maiores por detrás da aliñación do vial principal co obxeto de non obstaculizar o tránsito rodado no vial ao que dan fronte”.

Un non pode menos que alucinar co traballo feito por Consultora Galega, o que pretende directamente neste U5 é clasificar como urbanos consolidados 238.000 m2 (5 veces a superficie da zona delimitada como Casco Histórico) de solo rústico onde se poidan conceder indiscriminadamente licenzas de vivendas unifamiliais como se facía previamente á entrada da LOUGPMR, abrir camiños sin control no rústico, coa diferencia que antes obrigaban a 2000 m2 para edificar e agora se reduce a 350 m2, prácticamente como se fose un núcleo rural. Se trata dunha ocupación indiscriminada e insostible do solo sen desenvolvemento urbanístico axustado á lei, sen reparto de cargas nin beneficios, planificación programada e ordenada, sen urbanización, en fin unha ocupación caótica e indiscriminada en solo rústico de valor agropecuario ou paisaxístico con modelos alleos a forma tradicional de asentamento, nin urbano nin rural. Básase na implantación de modelos insostibles de ocupación dispersa sen urbanización previa algo totalmente prohibido dende a entrada da LOUGPMR e ademais ilegais dacordo coa lei. Resumindo urbanización de chalecitos tipo Fadesa pero sin Plan Parcial, ¡olé!.

En todo caso estos ámbitos deberían ser clasificados como solo urbanizable, é ser desenvolvidos cos respectivos plans parciais e plans de urbanización para convertir estas leiras en solares, así proceder a unha reparcelación, costear e executar á urbanización con rúas, beirarrúas, acometida de auga, electricidade, alcantarillado, iluminación. Pero a Xunta, no informe previo do ano 2006, xa cuestionaba a aparición de tales zonas urbanizables por non xustificadas co crecemento poboacional.

O mais alucinante é que a maioria destes terreos como son os contidos na estrada de O Barro a Breamo deberían ser clasificados directamente como rústicos de protección paisaxística según á LOUGPMR, pero para Consultora son urbanos consolidados. Paradóxico.

Que mais podemos decir deste PXOM?  Unha vez máis, un desastre.

29-01-2010 / 17:22
Colectivo Fusquenlla

A Lei do Litoral permitirá construír no Portiño (Centroña)

O novo Plan de Ordenación do Litoral (POL) que se agarda entre en funcionamento o vindeiro ano traerá moitas complicacións aos concellos galegos. En primeiro  lugar terá unha repercusión sobre os seus plans de urbanismo que terán que ser adaptados á nova normativa. No caso de Pontedeume a situación pode ser máis grave se o PXOM non é aprobado antes da entrada en vigor do POL.  En calquera caso deberá someterse aos ditados da Xunta en materia do litoral.

Pero a maior polémica centrarase na catalogación que o POL fai de determinados núcleos rurais enclavados dentro da zona de protección costeira. Sabido é que moitos destes núcleos tradicionais quedan fóra de ordenación pola aplicación da lei de costas de 1988. A Xunta de Galiza tentou protexer estas zonas mediante unha unha enmenda á Lei da Vivenda pero o goberno central desetimou esta pretensión do bipartito e o Tribunal Constitucional deixou sen efecto a norma galega.

Agora é o goberno de Feijóo o que busca os mesmos obxectivos co POL. Se ben pode descutirse a necesidade de preservar certos núcleos tradicionais asentados en primeira liña de costa, máis difícil é conxugalo coa pretensión de que tales núcleos poidan ser ampliados con novas construcións. Porque en definitiva o que busca o goberno galego é unha maior permisividade á hora de construír no litoral. E nada mellor que disfrazar a lei cun manto de protección que agocha a demanda de certos construtores ávidos de cementar a costa galega. O mesmo goberno  anuncia que ás localidades incluídas no POL a Xunta permitiralles tanto a rehabilitación das vivendas xa existentes como a construción de novos desenvolvementos urbanísticos.

Pontedeume non se escapa a esta voráxine construtora. O lugar do Portiño en Centroña será un deses núcleos “favorecidos” pola nova lei. Ninguén pode cuestionar a necesidade de preservar as edificacions que conforman os núcleos rurais. Pero protexer non é sinónimo de ampliar, máis ben ao contrario. As novas construcións. lonxe de protexer o patrimonio demostraron ser o seu maior predador.

Por último, lembrar que o BNG presentou unha proposta no parlamento español para que os núcleos galegos  incluídos no dominio público marítimo-terrestre pasen a ser considerados como chan urbano e así quedar excluidos da prohibición de levantar novas edificacións. Esta iniciativa, similar á agora recollida no POL, foi duramnente contestada polos grupos ecoloxistas WWF, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e SEO/BirdLife. Consideran estes grupos medioambientalistas que iso permitiría “a desprotección do litoral e a súa privatización”

(Gráfico extraido do xornal La Opinión)

23-01-2010 / 19:48
Colectivo Fusquenlla

As mentiras do goberno local

Hai uns dís o xornal La Opinión recollía unhas declaracións do goberno local nas que se indicaba que a poboación de Pontedeume estaba a crecer: A poboación do Concello de Pontedeume aumentou en 2009 en máis de 250 persoas, concretamente en 260, segundo informa o Goberno local. Así, a vila dos Andrade roza agora os 9.000 habitantes, tras un incremento poboacional considerable se se compara co sufrido no ano 2008, cando unicamente incrementou a súa poboación en 16 habitantes.

O Instituto Nacional de Estatística vén de publicar os últimos datos coñecidos da poboación eumesa e correspóndense á data do 1 de xaneiro do 2009. Comparando as cifras dos últimos anos vese como a poboación do noso concello segue a descender. Estas son as cifras oficiais do INE:

Ano 2004: 8694 habitantes

Ano 2005: 8663 habitantes

Ano 2006: 8619 habitantes

Ano 2007: 8635 habitantes

Ano 2008: 8561 habitantes

Ano 2009: 8457 habitantes

O por que das falsedades do goberno pode ser a pretensión de xustificar o aumento de solo urbanizábel que contempla o PXOM. Dende esta mesma páxina xa informábamos que os datos manexados por Consultora Galega estaban manipulados. Agora é o Concello o que quere facernos crer que Pontedeume precisa máis vivendas por que a familia eumesa creceu. O que non parecen saber os nosos rexedores é que as cifras teñen un valor universal do que é imposíbel subtraerse.

20-01-2010 / 10:11
Colectivo Fusquenlla

Vecinos de Andrade colgan carteis contra a recualificación de Einsa

As pancartas volven adornar a parroquia de Andrade, no municipio de Pontedeume. Vecinos afectados pola recualificación do chan no que se atopa a empresa de artes gráficas Einsa non queren caer no esquecemento e recordan “a gran inxustiza” á que serán sometidos no caso de que esta recualificación leve finalmente a cabo en diversos carteis nos que denuncian a situación e reclaman a responsabilidade do Goberno galego.

A intención de Einsa co cambio de cualificación do terreo é legalizar a súa situación, xa que a segunda nave que a empresa instalou na parroquia, no ano 2001, carece da preceptiva autorización da Xunta.

Esta recualificación inclúese no Plan Xeral de Ordenación Municipal que foi aprobado pola Corporación local de forma inicial e que se atopa en período de exposición pública.

Aínda que nun primeiro momento foron preto de 16 os veciños afectados pola ampliación de Einsa, na actualidade poucos son os que non accederon a vender os seus terreos. Unha das que non pensa ceder é María Díaz, a responsable das pancartas, que desde fai anos loita por conservar as súas propiedades. La Opinión

18-01-2010 / 16:23
Colectivo Fusquenlla

Os tribunais desminten ao Concello de Pontedeume

Unha sentenza que clarifica unha das controversias máis frecuentes en Pontedeume

Unha das polémicas máis recorrentes no noso concello é a relativa á cualificación do solo. En distintas ocasións os concellos enfróntanse á Xunta e discrepan sobre a legalidade de certas construcións. O caso que mellor ilustra esta discusión é o chamado mamotreto de Caldagueiro. Como xa publicamos noutras ocasións a Xunta de Galiza mandou paralizar as obras de Lagares (sen que o Concello e promotor se desen por enteirados) por considerar que o solo no que se asentaban non era urbano. E argumentaba esta resolución no feito de que os terreos non reunían os requisitos que a lei exixe para ser considerados chan urbano consolidado. “As normas subsidiarias de Pontedeume, fai 18 anos, clasificaron como urbano chan que aínda agora carece dunha urbanización básica para ser considerado como tal [...].

Unha recente sentenza do Tribunal Supremo, sobre un recurso presentado tamén en Pontedeume, avala as teses da Xunta que nega o carácter de urbano ao chan que non dispón das mínimas condicións para ser considerado tal: abastecemento, saneamento, dotacións,urbanización, etc

Unha familia eumesa pretendía que o deslinde do Ministerio de Medio Ambiente non afectase á súa vivenda de Andahío. Alegábase que a propiedade estaba en zona urbana e polo tanto o deslinde só podía entenderse dentro dos 20 metros da liña de costa. O Concello de Pontedeume, como non, tomaba partido polos propietarios das casas construídas na zona e presentou un escrito no que postulaba o carácter urbano das zonas en que se atopan os terreos en litixio. Non foi dabondo para o Supremo que, ao igual que a Xunta, declara o carácter non urbano do chan e polo tanto o Estado é o titular dos terreos que quedan dentro do dominio público marítimo terrestre.

O caso de Caldagueiro é dobremente escandaloso pola negativa do construtor a acatar as leis e pola condescendencia do goberno local incapaz de ordenar a paralización efectiva das obras. Dende Fusquenlla sempre exiximos un respecto absoluto pola legalidade e deploramos que o Concello de Pontedeume non trasladase aos tribunais a controversia sobre a legalidade ou non da devandita obra. Quizais unha solución xudicial no seu debido momento sería menos lesiva para os inquilinos das vivendas que están expostos a verse desaloxados destas por unha sentenza similar á de Andahío.