1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Arquivo de "Colectivo Fusquenlla"
16-03-2010 / 01:02
Colectivo Fusquenlla
Ao igual que sucedeu co algo artificial de Endesa n’As Pontes, Picobello Andalucita S.L. apóiase na USC para conseguir os permisos medioambientais
A empresa Picobello Andalucita, S.L. solicitou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un informe de impacto ambiental que avalase favorablemente a mina de andalucita que esta empresa quere abrir no concello d’As Pontes. Para conseguilo os responsables da firma de capital anglo-surafricano presentaron un estudo de impacto ambiental (EsIA) a medida dos intereses da empresa. Este informe foi aceptado pola propia consellaría de Economía e Industria e, en base aos datos nel recollidos, resolveu facer público o preceptivo Informe de Impacto Ambiental que permitirá á empresa conseguir a autorizaciòn definitiva para comezar a explotación da mina.
O informe que presentou a empresas foi elaborado polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. O documento leva por título “Estudo de Avaliación Ambiental do área afectada pola mina de andalucita de Picobello e o seu entorno”. O profersor encargado de dito estudo foi Felipe Macias Vázquez e o custo fixado pola propia Universidade foi de 9.333,33 euros.
Hai que salientar que o proxecto de lago artificial que Endesa está a deseñar n’As Pontes tivo un proceso parecido ao da mina de andalucita. En ámbolos dous casos a Xunta de Galiza emitíu os informes favorables en base a estudos presentados polas propias empresas en lugar de elaborar informes independentes elaborados polos servizos técnicos da Xunta de Galiza. E tamén en ámbolos dous casos as empresas botaron man de cadanseu estudo realizado polo pofesor Felipe Macías Vázquez.
Para os que nunca entenderon a tan pregoada apertura da Universidade á empresa privada, teñen aquí o mellor expoñente de dita colaboración.
12-03-2010 / 02:00
Colectivo Fusquenlla
Se alguén pensaba que en materia medioambiental a permisividade do goberno anterior xa era de por si nefasta, agora o goberno do Partido Popular demóstranos que as agresións ao territorio aínda poden acadar cotas máis elevadas de destrución.
A Xunta de Galiza acaba de aprobar a Declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Sonsoles IV, 6156.1, concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Picobello Andalucita, S.L. Esta empresa de capital surafricano e británico ten a súa sede na Coruña.
Este proxecto do ano 2000 vai crear 33 empregos segundo o Instituto Galego de Promoción Económica e conta cunha subvención estatal de 6,3 millóns de euros, o 37 % do investimento total previsto. Unha cifra desorbitada que non pode ser xustificada pola crecaión de postos de traballo. No ano 2005 a Consellaría de Medio Ambiente, dirixida por Pachi Vázquez, rexeitou o estudo de impàcto ambiental por afectar ao parque natural das Fragas do Eume. A empresa presentou unha modificación do proxecto no que aseguraba que o parque natural quedaba excluído da explotación, quedando esta a 50 metros das Fragas.
A superficie ocupada polo novo proxecto é de 277.016 m2 e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viábel. A mesma Consellaría, nun trato de favor dificilmente xustificábel, deixa aberta a posibilidade de que a empresa solicite unha modificación das medidas impostas pola administración en caso de ser dificultosa a súa implantación: “O promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta Declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación”

No proxecto primeiro de Picobello Andalucita prevíase expropiar 150 hectáreas, unha superficie equivalente á marcada no plano.Visualizar o mapa ampliado
O permiso para dita explotación suporía a destrución duns inmensos valores ecolóxicos, paisaxísticos e etnográficos (fragas, regos, brañas, muíños, acueductos, rueiros, regadíos, …). No lugar nacen dous regatos: rego de Cernada e o rego de Gallel, ambos os dous están incluídos na bacía do río Eume, aínda que tamén poden verse afectados os regos de Sisín, rego da Igrexa e regato de Teixido. Sen esquecer ao río Belelle. Unha agresión a un enclave que debería, polas súas características, estar comprendido dentro dos límites do parque natural das Fragas do Eume e que nos demostra como o novo goberno da Xunta de Galiza está disposto a desandar o camiño que a sociedade civil galega trazou en defensa do territorio.
Páxina de Pico Vello
11-03-2010 / 09:34
Colectivo Fusquenlla
A Xunta ordena restituír a paisaxe, danado por “as intervencións” na zona anexa ao areal. A Demarcación de Costas derrubou un hotel e un restaurante neste lugar en 2008
O Plan de Ordenación do Litoral (POL) da Xunta obriga a rehabilitar a contorna da praia de Ver, ao fixar a zona como un ámbito de recualificación, que estipula como obxectivos a reconversión de ámbitos degradados do litoral; a mellora da imaxe do bordo costeiro e a restitución da paisaxe natural, rural ou urbano “dotándoo da funcionalidade e estrutura que lle son propios e mellorando así a súa calidade ambiental e escénica”.
O POL esixe que leve a cabo unha “recualificación” do espazo construído no bordo interior da praia co obxectivo de conseguir unha integración paisaxística, ademais de respectar os valores deste lugar, en procura dun equilibrio cos elementos naturais que o enriquecen.
O plan de ordenación explica que a paisaxe de Ver, situado na parroquia de Boebre, caracterízase polos elementos naturais que a conforman e que permiten que sexa unha paisaxe cunha identidade moi forte. Con todo, destaca que as intervencións que levaron a cabo no contorno da praia “dificultan esa lectura continua e coherente da paisaxe”.
A praia de Ver está pendente de que a Demarcación de Costas do Estado leve a cabo a segunda fase da súa intervención no lugar, que comezou no ano 2008 coa demolición dun hotel e un restaurante alí situados. Agora o organismo estatal ten que remodelar a contorna do areal para dar por concluída a súa actuación.
De feito, o Concello reclamou no día de onte celeridade para esta actuación, co obxectivo de poder instalar, unha vez finalizadas as obras, unha estación de bombeo, xa que Boebre carece de depuradora e o 40% das vivendas están sen rede de sumidoiros, polo que verten as súas augas fecais directamente ao mar.
Ademais, o plan do litoral limita a construción no 35,6% do territorio do municipio de Pontedeume, onde establece unha serie de premisas para poder edificar.
O documento, que o Goberno autonómico prevé aprobar neste ano 2010, fixa como espazos de interese paisaxístico (EIP) os núcleos de Pontedeume, Centroña e Breamo.
A Xunta establece que os EIP son espazos costeiros “sobresalientes pola súa excepcionalidade física, polos seus carácteres geomorfológicos ou pola súa incidencia no imaxinario colectivo do litoral de Galicia”. Por esta razón, sinala que se debe “manter unha paisaxe de calidade ambiental, funcional e visual”.
Tamén estipula que cando se queira desenvolver un determinado uso nesta zona deberase presentar un estudo de integración paisaxística. Aínda así, o POL específica que será o Plan Xeral de Ordenación Municipal o que “delimite estes espazos” e estableza para eles unhas determinaciones específicas. La Opinión
09-03-2010 / 01:42
Colectivo Fusquenlla
Segundo os datos do 4º Trimestre do 2009 publicados polo Ministerio de Vivenda, o nº de transaccións inmobiliarias no concello de Pontedeume ascende a un total de 15 das cales 7 son transaccións de vivendas novas e 8 de segunda man.
En todo o ano 2009 o nº de transaccións no municipio de Pontedeume foi de 63 un -3,08% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 4º trimestre (65 Transaccións).
En toda a provincia o nº de transaccións en todo o ano foi de 10898 un un -14,32% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 4º trimestre (12719 Transaccións).
Estes datos corroboran a inexistencia dun mercado inmobiliario en Pontedeume que xustifique as previsións de crecemento que o PXOM quere vendernos. As máis de 900 vivendas de nova construción que o plan xeral considera necesarias para Pontedeume son unha falacia que a realidade das cifras está a desmentir todos os días
Cadro das transaccións inmobiliarias en Pontedeume relativas a vivenda nova, de segunda man e totais
| Transacións inmobiliarias en Pontedeume |
|
|
|
|
|
|
| Ano 2004 |
Ano 2005 |
Ano 2006 |
Ano 2007 |
Ano 2008 |
Ano 2009 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Total |
140 |
79 |
144 |
138 |
65 |
62 |
| Nova |
11 |
40 |
87 |
82 |
31 |
19 |
| Segunda man |
129 |
39 |
57 |
56 |
34 |
43 |
Tamén o paro está inevitablemente relacionado coa crise do sector inmobiliario. Estas son as cifras relativas ao noso concello
| Datos de Decembro del 2009 para o concello de PONTEDEUME. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 01/12/09 |
Total
Parados |
Variacion |
| Mensual |
Anual |
| Absoluta |
Relativa |
Absoluta |
Relativa |
| Total |
642 |
43 |
7.18 % |
70 |
12.24 % |
| HOMES |
286 |
32 |
12.60 % |
19 |
7.12 % |
| MULLERES |
356 |
11 |
3.19 % |
51 |
16.72 % |
| MENORES DE 25 ANOS: |
66 |
9 |
15.79 % |
9 |
15.79 % |
| HOMES |
34 |
3 |
9.68 % |
-7 |
-17.07 % |
| MULLERES |
32 |
6 |
23.08 % |
16 |
100.00 % |
| ENTRE 25 E 44 ANOS |
368 |
29 |
8.55 % |
55 |
17.57 % |
| HOMES |
161 |
25 |
18.38 % |
24 |
17.52 % |
| MULLERES |
207 |
4 |
1.97 % |
31 |
17.61 % |
| MAIORES DE 45 ANOS |
208 |
5 |
2.46 % |
6 |
2.97 % |
| HOMES |
91 |
4 |
4.60 % |
2 |
2.25 % |
| MULLERES |
117 |
1 |
0.86 % |
4 |
3.54 % |
| SECTOR: |
|
|
|
|
|
| AGRICULTURA |
7 |
3 |
75.00 % |
-6 |
-46.15 % |
| INDUSTRIA |
75 |
6 |
8.70 % |
22 |
41.51 % |
| CONSTRUCIÓN |
100 |
21 |
26.58 % |
24 |
31.58 % |
| SERVIZOS |
388 |
12 |
3.19 % |
66 |
20.50 % |
| SEN EMPREGO ANTERIOR |
72 |
1 |
1.41 % |
-36 |
-33.33 % |
04-03-2010 / 18:20
Colectivo Fusquenlla
5.- Errónea clasificación do solo
A clasificación como solo urbano consolidado en varios zonas non se axusta á LOUGPMR e mostra unha enorme discrecionalidade. En ocasións clasificase como urbano consolidado zonas alonxadas do núcleo e con necesidade de procesos de execución integral e procesos de equidistribución e reparcelamento entre propietarios, pero outras, mais próximas, clasifícanse como solo urbano non consolidado.
Tampouco se xustifica a inclusión de Ver e Arbosa como solo urbano, como xa ditaminou a Xunta de Galicia no informe previo.
Caldagueiro é recualificado como zona urbana non consolidada, legalizando unha obra sobre a que pesan cinco ordes de paralización e permitindo a construción en solo de protección costeira.
Igualmente, outras zonas limítrofes ao centro urbano non poden ser consideradas como urbanas, segundo afirma a Xunta.
A zona de expansión dos núcleos rurais non pode ser superior aos 200 metros. Porén, nalgúns núcleos supérase esta distancia (Vizús) mentres que noutros (Ventosa) non se chega a acadala. En calquera circunstancia, esta zona de expansión non pode abarcar zonas de especial protección, pero en Nogueirosa a expansión do núcleo invade o castro existente no lugar
6.- Irregular recualificación en URDI-1 EINSA
Se por unha banda non procede a recualificación que este plan promove en Andrade, polas causas que a Xunta de Galiza expón non seu informe do ano 2007, por outra debe considerarse a inxusta medida de incluír terreos que non son propiedade da empresa Einsa. Neste caso solicitamos a retirada do devandito proxecto presentado a instancias da empresa.
7.- As zonas marcadas como protección paisaxística son simbólicas
A pesar do afirmado non PXOM sobre a necesidade de protexer a paisaxe de Pontedeume, amplas zonas do concello carecen de protección, como a franxa comprendida entre a costa e a estrada AC_4803, que une Pontedeume con Perbes, a ladeira de Breamo e lugares dás parroquias de Onbre e Nogueirosa.
8.- O casco histórico ten un tratamento residual
O POXM unicamente indica que en breve se vai redactar un Plan Especial de Rehabilitación, pero desde que en 2003 comezaran os trámites para o establecemento dunha oficiña de rehabilitación e a declaración de área de rehabilitación integral, non se produciu ningún avance e a deteriorización dc conxunto prosegue cun ritmo acelerado que dificultará a súa futura restauración.
Asemede, a catalogación de bens culturais apenas inclúe unha vintena de edificios, quedando excluídos importantes exemplos dá arquitectura tradicional e gran aprte da obra de senlleiros arquitectos do pasado século, como Antonio Tenrenrio, Peregrín Estellés, Rodolfo Ucha ou Eduardo Rodríguez.
As medidas de protección no casco son mínimas, permitíndose os aumentos de volume e de altura.
O Pxom debería fixar un prazo de aprobación do Plan Especial e impedir a construción de nova planta ata a súa aprobación, limitando as obras á rehabilitación e impedindo o aumento de altura e volume.
9.- Falta de protección de elementos do patrimonio cultural
O Pxom permite a expansión do núcleo de Nogueirosa sobre parte dos terreos adxacentes do castro de Nogueirosa, que deberían figurar como solo de especial protección do patrimonio cultural. Nunha situación semellante atópase ou castro d´Aurela, profundamente alterado polas actividades extractivas dunha
canteira.
10.- Erros na delimitación das zonas de protección costeira
Motivados pola incorrecta medida dúas 200 metros que a lei estipula, como ocorre en Centroña e Nogueirosa.
11.- Innumerables terreos de labradío son incluídos como de protección forestal
Co conseguinte prexuizo para vos propietarios e a consabida perda da riqueza agropecuaria. Esta inclusión de leiras de labradío en zonas de protección forestal danse na práctica totalidade do rural eumés. As presentes alegacións teñen por obxecto conseguir que os actuais terreos que o Catastro clasifica como arables ou de labradío sigan sendo considerados como tales polo PXOM.
03-03-2010 / 21:04
Colectivo Fusquenlla
Esta é a primeira parte do resumo que iremos publicando coas alegacións entregadas hai uns días no Concello.
A súa aprobación inicial, en novembro do ano pasado, supuxo a culminación dun proceso que estivo rodeado de trabas, torpezas e oscurantismo. O apoio prestado polos partidos da oposición ao documento e a opinión do alcalde acerca do desinterés da cidadanía polo Plan foron parte da campaña oficial para fomentar o desinterese e a desinformación entre a cidadanía.
Á vista da posición despregada pola clase política deste concello, este colectivo decidiu plantexar un debate aberto sobre o planeamento urbanístico. Froito desas reflexións é un traballo que recolle as opinións e comentarios de moitos cidadáns que non somos indiferentes con respecto a un modelo de vila feito a medida dos intereses duns poucos.

UN PLAN IRRACIONAL, ESPECULATIVO E IRRESPECTUOSO CO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL
1.- O PXOM non respecta os principios de utilización racional dos recursos naturais e desenvolvemento sostible
As perspectivas de crecemento da construcción, estimado en mais do 20%, (925 vivendas nos próximos 10 anos), non se axustan ás previsións demográficas, que, segundo as estadísticas oficiais, confirman unha perda significativa de poboación.
En contraste con este panorama, advírtese un progresivo deterioramento do casco histórico, un gran número de vivendas baleiras (15%), unha escasa atención á rehabilitación e unha elevada porcentaxe de segundas residencias (17%), indicativos do modelo irracional e insostible que PXOM propón perpetuar.
2.- As novas previsións de vivendas carecen dunha correspondencia coa suficencia nas infraestructuras.
Recoñecendo o PXOM a deficiencia nas actuais redes de suministro de auga,saneamento, suministro eléctrico, recollida de lixo e alumeado non se prevén mais infraestructuras que as propias das novas urbanizacións, en conexión directamente ás actuais e obsoletas redes. Tampouco se fai previsión presupuestaria nin se establecen plazos de execución para actualización e reforzo das redes existentes.
3.- O PXOM incumpre os niveis de calidade de vida e cohesión social esixidos pola LOUGPMR.
O PXOM non cumple coa proporción de espazos libres e zonas verdes. No ámbito urbano de Pontedeume existe un déficit claro e moitas das zonas computables como espazos libres e zonas verdes son lugares alonxados do núcleo. Nestas circunstancias resulta contraproducente aumentar a edificabilidade e incrementar as alturas.
As necesidades de equipamento non son contempladas (garderías, geriátrico,..), agás un auditorio, cuxa ubicación é inadecuada segundo a LOUGPMR, e un aparcadoiro soterrado de dubidosa viavilidade económica e nun dos poucos espazos verdes da vila. Núcleos como Ver e Arbosa, que nin sequera dispoñen de equipamentos, son equiparados ao casco histórico.
4.- O PXOM contravén as esixencias das Normas de Calidade Urbana da LOUGPMR.
Non se cumpren os mínimos de calidade ambiental en canto á regulación das alturas e edificabilidade, xerando condicións de infravivenda (apantallamentos, falta de iluminación natural, ventilación). Os voladizos permitidos son excesivos, contribuindo ao escurecemento das rúas máis estreitas.
E as solucións en parcelas con rúas en diferente altura (Casa de don Pablo) provocan brutais impactos visuais na paisaxe urbana.
/ 12:23
Colectivo Fusquenlla
O Concello apunta, sobre as 400 construcións que quedarán fóra de ordenación, que o obxectivo é “ordenar o territorio, non legalizar vivendas”
O rexistro do Concello de Pontedeume recibiu preto de seiscentas alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) durante os tres meses que permaneceu exposto ao público. Foron concretamente 591 as reclamacións presentadas ao proxecto de ordenación municipal nun Concello de menos de 9.000 habitantes, o que significa que un de cada catorce veciños puxo obxeccións ao documento.

O concelleiro de Urbanismo, Eugenio Otero, asegura que esta cifra coincide coas previsións iniciais do Goberno local. A reclamación máis recorrente, segundo sinala o edil, é a que fai referencia ás zonas de protección de costas nas parroquias de Boebre, Centroña e Nogueirosa e ás vivendas que quedarán fóra de ordenación que, tal e como publicou A OPINIÓN, de aprobarse o plan xeral, ascenderán a 400.
Con respecto a isto, o responsable da área de Urbanismo admite esta circunstancia pero explica que non todas as construcións atópanse na mesma situación. “Hai algunhas con licenza municipal e outras sen ela e, das que a teñen, algunhas están ben concedidas e outras non”, apunta Otero, que aclara que “o obxectivo dun plan xeral é ordenar o territorio, non legalizar vivendas”. La Opinión
Ademais o edil dubida de que leis de rango superior, como é o caso da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, permitan a inclusión destas vivendas no documento urbanístico. “Atopámonos ante unha tesitura complicada”, manifesta o edil.
Eugenio Otero responde tamén ás críticas vertidas polo colectivo eumés Fusquenlla, que asegura nunha das súas alegacións que existe un desfasamento entre a previsión de novas vivendas do plan xeral e o crecemento negativo da poboación na vila. O edil asegura que “a demanda de vivenda continúa existindo” e recorda que no primeiro borrador prevíase a construción de máis de 4.000 vivendas e agora pásase “a menos de mil”.
“O que se pretende é equilibrar os desexos dos veciños , que queren edificar, coa sustentabilidade do pobo”, manifesta Otero, que incide na necesidade de loitar en favor dun “crecemento ordenado e sostible”.
Agora, unha vez finalizado o prazo de exposición pública e contabilizadas as alegacións presentadas polos veciños, o seguinte trámite é remitir as reclamacións ao equipo redactor, Consultora Galega, para o seu estudo. Desde o Goberno local móstranse convencidos de que o número final de alegacións descenderá, debido a que moitas delas repetiranse.
02-03-2010 / 09:26
Colectivo Fusquenlla
Dúbida da viabilidade económica do aparcadoiro debido á “escasa demanda” E Asegura que existe un desfasamento entre a previsión de novas vivendas e o crecemento negativo da poboación
Fusquenlla, o colectivo eumés que loita por un urbanismo sostible, critica o proxecto de construción dun aparcadoiro subterráneo no parque Sarmiento, “que suporá a recualificación das poucas zonas verdes a favor dun equipamento de carácter concesional de difícil viabilidade económica dada a escasa demanda”, segundo reflexa o colectivo nunha das alegacións presentadas ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Pontedeume.
O rexistro municipal do Concello recolleu durante a mañá de onte as últimas alegacións ao PXOM, na que foi a xornada final de exposición pública do proxecto urbanístico. Desde o Concello non se avanzan polo momento cifras exactas sobre o número total de reclamacións presentadas, pero se advirten do considerable aumento rexistrado durante a última semana.
A plataforma entregou un total de dez reclamacións ao proxecto urbanístico. Nunha delas asegura que o proxecto non respecta os principios de uso racional dos recursos naturais e desenvolvemento sostible. Explica que o PXOM prevé un crecemento urbanístico superior ao 20% nos próximos dez anos (concretamente recolle 925 novas vivendas), o que, para Fusquenlla, non se axusta ás previsións de poboación reflectidas no documento, que para 2022 marcan o obxectivo de chegar a 9.505 habitantes (a pesar de que desde o ano 2000 a poboación de Pontedeume diminuíu de forma constante). O colectivo recorda que, tal e como se indica na memoria justificativa do plan xeral, a porcentaxe de vivendas baleiras supera ao 15% e un 17% do total de casas é de segunda residencia. Para Fusquenlla, estes datos reflicten que o novo proxecto de ordenación propón un “modelo continuista coas políticas expansivas anteriores”.
Outra das cuestións ás que a plataforma fai referencia nas súas alegacións é ao feito de que o proxecto urbanístico prevé novas edificacións a pesar de recoñecer que as redes de saneamento, subministración de auga e alumado público son deficientes, o que é contrario ao que recolle a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
Ademais Fusquenlla destaca que o proxecto de ordenación municipal non cumpre cos niveis de calidade de vida e cohesión social esixidos por esa lei, xa que non respecta a proporción de espazos libres e zonas verdes. Fusquenlla explica que para un total de 1.155.357 metros cadrados edificables previstos, Pontedeume debería ter 173.304 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes vinculados aos núcleos de poboación, pero o PGOM só recolle 54.663 metros cadrados.
Tampouco se mostra de acordo coas cifras de equipamentos xerais. “Aparentemente preséntanse con excedentes pero en realidade son actualmente insuficientes as prazas de xeriátricos, garderías e de centros de día”, sinala a plataforma na súa reclamación, á vez que asegura que a localización do auditorio é “inadecuada”.
Noutra das reclamacións denuncia que o plan xeral incumpre as esixencias das normas de calidade urbana da lei de ordenación urbanística de Galicia, xa que non se regulan as alturas das edificacións en función do ancho das rúas.
Tamén fai fincapé a agrupación na escasa atención que se presta ao casco histórico, xa que unicamente indícase que en breve realizarase un Plan Especial de Rehabilitación, e na falta de protección de elementos do patrimonio cultural. La Opinión
01-03-2010 / 01:13
Colectivo Fusquenlla
O termo fóra de ordenación está recollido na vixente Lei de Ordenación Urbanística e refírese a aqueles edificios que construídos nunha época determinada, anterior á aprobación dun plan de urbanismo, resultan desconformes coas novas ordenanazas que incorpora o devandito plan. Enténdese que estas vivendas foron construídas ao amparo dunha lexislación que posteriormente quedou obsoleta.
Isto é algo habitual cando se aproba a achaiadura urbanistica dun concello. Nalgúns casos créanse ordenanzas ad hoc para amparar este tipo de vivendas fóra de ordenación.
Outra cousa son as vivendas construídas á marxe da legalidade, aínda que conten coas preceptivas licenzas municipais. Sabido é que a concesión de licenzas non outorga estatus legal ás edificacións pois moi ben pode suceder que esas licenzas fosen concedidas vulnerando a lexislación vixente. En Pontedeume temos casos abondo de licenzas posteriormente anuladas polo xuíces.
Feita esta distinción, convén matizar unha nova que aparece no xornal La Opinión. Nela infórmase que 400 vivendas de Pontedeume quedarían fóra de ordenación unha vez aprobado o PXOM. A primeira corrección que compre facer é que as vivendas construídas ao amparo das normas subsidiarias do ano 1986 non quedan fóra da legalidade, tal e como se recolle na información, senón que quedarían fóra de ordenación.
Outra cousa son as edificacións construídas ilegalmente en zonas de protección costeira ou solo rústico. Os propietarios destas vivendas son os que interesadamente alertan da precaria situación na que se atoparían as construcións, equiparando as levantadas legalmente coas manifestamente ilegais. Asociados como un lobby que pretende legalizar os chalés construídos a carón do mar, terxivesan a información. Para iso nada mellor que unha voz “autorizada”, a do director da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña. Pero o xornal non di que este arquitecto é un dos propietarios afectados e que posúe unha destas vivendas no lugar da Ínsua, vivenda que quedaría “no limbo urbanístico” como el mesmo afirma.
Xustificar as ilegalidades urbanísticas mediante a interpretación falseada das leis non parece propio de quen exerce a dirección dunha escola superior de arquitectura. O problema con que se atopan a maior parte destas construcións levantadas en Centroña, Boebre e Arbosa é que foron construídas sen respectar a legalidade vixente. Algunhas en zonas de protección costeira, outras sen adaptarse á licenza concedida e outras máis realizando segregacións en solo rústico.A Xunta de Galiza xa iniciou as oportunas investigacións, o que motivou que os promotres solicitasen a mediación do alcalde ante o máximo órgano de poder (ver máis información aquí)
28-02-2010 / 02:26
Colectivo Fusquenlla
O actual proxecto de PXOM aprobado inicialmente en novembro polo pleno municipal contempla os núcleos de Arbosa e Ver como urbanos consolidados, a mesma clasificación que o núcleo urbano de Pontedeume. Esta caracterización dos dous asentamentos levantados en plena voráxine urbanística non se corresponde coa relaidade e así o denunciamos dende estas páxinas. Da mesma opinión é a Consellaría de Política Territorial que no informe previo, emitido no ano 2007 a raíz do anterior planeamento urbanístico elaborado polo Concello, indicaba que estas zonas poderían ser incluídas, en parte, na categoria de solo urbano non consolidado:
Cómpre sinalar que tanto en Ver como en A Herbosa, as normas subsidiarias municipais aprobadas no ano 1986 (antes, por tanto, da lei de Costas de 1988) clasificaban ambas as dúas zonas como “solo urbanizable normal”, sen que conste que dende entón se teña aprobado e executado ningún instrumento de desenvolvemento nesas áreas, polo que non se atopa xustificada a súa inclusión como solo urbano. En todo caso Ver e A Herbosa poderían, en parte, clasificarse como solo urbano non consolidado,
O curioso e rechamante é que a mesma Consultora Galega no informe de avaliación ambiental estratéxica redactado no mesmo ano 2007 declaraba os lugares de Ver e Arbosa como núcleos rurais. O por que en dous anos estes núcleos, antes rurais, pasan a a ser considerados polo PXOM como urbanos consolidados é un misterio que só os autores do planeamento e responsables municipais poden explicar. Algo que terán moi difícil se nos atemos aos informe da Xunta de Galiza. En todo caso, unha máis das moitas incongruencias deste plan.
(Foto do blog http://unibersoparalelo.blogspot.com/)