Eumesfera 1.0 é a primeira versión dun pequeno proxecto de xuntar nun só sitio web todas as novidades aparecidas na Rede sobre a nosa vila. O primeiro paso non é máis que un agregador de rss’s dos sitios eumeses más representativos na Internet.
A idea é lograr que Eumesfera 1.0 seña un punto de entrada na Rede, un portal a partir do que calquera dos visitantes poida chegar con facilidade a todo o mundo dixital eumés para que se coñeza en toda a súa amplitude.
Por suposto estou aberto a suxerencias, queixas ou propostas de mellora ás que me enfrontaréi no pouco tempo libre de que dispoño. Enviádeas ao “administrador” deste dominio.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa visita.
03-11-2007 / 03:13
Boto en falta unha páxina que a min me gusta: Pontedeume retrato dunha vila
http://pontedeume.nireblog.com/
03-11-2007 / 19:28
Dende logo non se pode falar dos blogues activos da Eumesfera sen contar con Retrato dunha vila.
Desculpas polo olvido.
14-11-2007 / 23:33
Tes o RSS dos comentarios da páxina Pontedeume, retrato dunha vila, en lugar do rss da mesma páxina.
04-12-2007 / 21:14
Non sei ti pero eu non vexo RSS dos posts en “Pontedeume Retrato dunha vila”, están valeiros. Penso que xa llo dixen nun correo ou nun comentario ao seu administrador.
Mentras tanto vou tirando co que podo.
Saúdos e perdoa o retraso, estou nunha racha laboral pésima e non teño tempo para nada.
11-12-2007 / 17:13
Na páxina inicio da “Pontedeume retrato dunha vila” aparecen dous RSS. O primeiro “RSS” corresponde ao da páxina propia, e o segundo “RSS dos comentarios” aos dos comentarios.
Ti seleccionaches este último en lugar do primeiro, por iso aparecen na Eumesfera só os comentarios novos.
15-12-2007 / 17:56
Xa sei que hai dous rss pero o problema é que o RSS dos posts está valeiro, non ten contido e por iso puxen o dos comentarios.
Pásame tanto co lector de eumesfera.com coma co de Firefox ou con Sage.
Se podes informar ao administrador de “…, retrato dunha vila” faillo saber para que o corrixa ou me informe de como velos.
Grazas pola túa aportación.
28-12-2007 / 19:10
Xa funciona ben o RSS da páxina”…retrato dunha vila”
30-12-2007 / 21:07
unhas preguntas dun ignorante informático. Cómo funciona exactamente este chollo?, as entradas en vermello corresponden as máis frecuentemente vistas?, cómo saber cal son as webs máis visitadas? ahí aparecen unhas cantas que non parecen ter moita vida, cal é a web máis frecuentada?..
13-01-2008 / 21:56
PEnso que xa está actualizado o RSS de “Pontedeume retrato dunha vila”
22-01-2008 / 21:09
gústame cando respondes porque estás coma ausente. A raíz dun comentario de NNGG eu tamén quero incidir no feito de cómo se fan as estatísticas. Hai páxinas moi visitadas que non parecen reflectirse na estatística e blogs cun número de visitas que está claramente inflado. Hai maneira e coñecer realmente cal son os blogs e páxinas máis vistas? Agradécese resposta
23-01-2008 / 22:53
gracias pola resposta
26-01-2008 / 12:00
As visitas que contabilizo son as que se fan dende Eumesfera, non as visitas que recibe cada páxina, que non as podo saber. Cada vez que se fai unha chamada cun clic de rato á función que lé os rss dende a sección Eumesfera se incrementa un contador nunha táboa ( a que puxen nos comentarios de nngg) da que se sacan as estatísticas.
Por iso non teñen nada que ver coas que reciben realmente as páxinas e por iso mesmo o PSdeG-PSOE recibe máis visitas que outros (ao non entregarme ben os RSS como descubreu un dos comentaristas de nngg imaxino que a xente fai clic para ler os artigos). Xa falei co seu administrador para averiguar que esta pasando e correxilo.
En canto ao de que estou ausente é ben certo, teño pouco tempo para adicarlle a estas cousas e como a Eumesfera traballa soa adícolle menos tempo. Por iso non vin nin os teus coementarios nin o fallo da web do PSOE. Sintoo por quen se sinta afectado pero isto non é máis que unha afición e non pode pasar a ser unha obriga.
11-06-2008 / 16:15
¿Gustaríame saber por qué os artigos baixados da páxina do PP/NNGG se reproducen íntegramente e para ver os do PSOE se nos remite á páxina deste partido? ¿É por razóns técnicas?
UN saúdo e noraboa pola páxina.
02-08-2008 / 17:27
Trátase tan só dun problema técnico que non tiven tempo de arranxar (se son capaz). Descoñezo a causa pero Eumesfera non é capaz de recoñecer os contidos das RSS do PSOE.
Quizáis en vacacións teña un rato para tentar arranxalo.
Desculpas polo retraso na resposta.
12-08-2008 / 01:02
Noto un defecto nesta páxina. Nalgunhas entradas aparece un código html repetido que posiblemente sexa un virus. Deberías tomar medidas.
Escribe o teu comentario
tema Eumesfera baseado en Sparanoia
Entrar