Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Ene 2010

31-01-2010 / 15:04
Pontedeume

As neuronas perdidas (un artigo de Javier Guitián)

De todas as noticias publicadas nas últimas semanas, unha sorprendeume excesivamente.

Trátase do estraño comportamento de Druse vom Höllengrund, unha cadela de caza que, extraviada, buscou axuda na oficina de obxectos perdidos da localidade de Bredstedt, no norte de Alemaña.

O can sorprendeu aos empregados da citada oficina ao entrar na mesma, nada máis abrir as súas portas, e deitarse á calor nunha esquina. Segundo informou o rotativo Flensburger Tageblat t, a cadeliña esperou pacientemente ante a porta automática, xa que «o seu reducido tamaño non era suficiente para activar o mecanismo de apertura».

¡ Animaliño !


Preguntaranse por que me fixei nesta noticia e non noutras de temática ambiental, o que parecería moito máis lóxico.

Pois a razón é que nesa materia non atopei nada fóra do habitual.

Vexamos: aparte do consabido baleirado dos ríos Sil e Eume, nada me sorprendeu a construción dunha pasarela de madeira no parque nacional das Illas Atlánticas.

É verdade que afecta a unha das áreas terrestres de maior valor biolóxico das illas Cíes, pero que ten de raro cargarse as dunas e que teña que intervir o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil nun dos nosos espazos protexidos?

Nada.

Tampouco me pareceu relevante que a lagoa de Valdoviño desapareza repentinamente.

Á fin e ao cabo, molestaba ao paseo marítimo e sempre se poden construír lagoas artificiais.

Por pór algunha pega, talvez boto de menos un decreto que prohiba ás aves invernantes vir este ano a esa zona de «especial protección», pero, polo demais, todo normal.

Non lles nego que me chamou a atención o rápido enchido do lago do antigo vertedoiro das Pontes, sen dúbida un fito da nosa política, pero así poderemos avaliar con rapidez os efectos do «arrefriado global» na poboación local.

Tamén me sorprendeu a afirmación de que a biodiversidade é máis alta no citado vertedoiro que nas fragas do Eume, xa que expón unha interesante vía para mellorar a diversidade biolóxica galega, pero pouco máis.

En resumo, nada novo hai que comentar na política ambiental galega, xa que o noso noticiario segue sendo un catálogo de barbaridades realizadas sen criterio algún.

Sen dúbida entenderán agora a miña admiración por Druse , se me permiten a familiaridad, e a miña atención a tal noticia, porque ademais de transmitirnos esperanza e acougo suxírenos algunhas cuestións de interese.

Para empezar, a historia do can ocupa a sección de sucesos e é aí onde, na miña opinión, deberían situarse as noticias sobre o medio ambiente en Galicia.

Non sabemos as razóns do extravío do can teutón nin tampouco as da perda de rumbo da nosa política ambiental.

A única certeza que hoxe temos é que, ao contrario que o cánido, os responsables desta non acudiron á oficina de obxectos perdidos máis próxima.

Eu si estiven alí tratando de recuperar a auga das nosas lagoas e a vida das citadas dunas, pero, como era previsible, nada atopei máis aló dunhas cantas neuronas perdidas.

Javier Guitian Rivera , é catedrático de Botánica na Universidade de Santiago.
/ 03:37
Retrato dunha vila

Os roubos no mercado municipal

mercado-municipal.jpgNo último ano producíronse catro roubos nas instalacións que os placeiros teñen no mercado municipal. Máis que unha adicción ao xamón ibérico por parte dos autores do saqueo a causa da insistencia parece estar na facilidade que teñen para entrar no recinto municipal. O desgaste deste edificio, ao que a rehabilitación nunca chega, é tal que fai augas por todas partes. As fiestras sen cristais semellan buracos negros que atraen con enorme enerxía aos chourizos. 

Pontedeume ten fama, merecida ou non, de albergar maleantes empeñados en facer dos lugares públicos os seus centros de operacións , dende a casa consistorial ata o máis modesto local municipal. Buracos negros e viláns, vilanchos ou non, forman unha explosiva mestura que pode dar ao traste coa riqueza da vila dos Andrade, precursores e mentores dos chourizos actuais.

Comments

30-01-2010 / 18:31
Colectivo Fusquenlla

Edificación extensiva no PXOM

Outra das cousas sorprendentes desta PXOM é a aparición dunha clase de suelo urbano denominado EDIFICACIÓN EXTENSIVA U5, según Consultora Galega, “comprende esta ordenanza as zonas de maior esponxamento da vila e dos núcleos urbanos que se dá, básicamente, o uso de vivenda unifamiliar, exenta ou adosada, sobre do viario de relación existente”.

Resulta que Consultora Galega se saca da manga unha nova acepción a solo urbano consolidado que para nada ten que ver coa Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, resulta que según o art. 11 será solo urbano si:

“Los planes generales clasificarán como suelo urbano, incluyéndolos en la delimitación que a tal efecto establezcan, los terrenos que estén integrados en la malla urbana existente siempre que reúnan alguno de los siguientes requisitos:

a) Que cuenten con acceso rodado público y con los servicios de abastecimiento de agua, evacuación de aguas residuales y suministro de energía eléctrica, proporcionados mediante las correspondientes redes públicas con características adecuadas para servir a la edificación existente y a la permitida por el planeamiento.

A estos efectos, los servicios construidos para la conexión de un sector de suelo urbanizable, las vías perimetrales de los núcleos urbanos, las vías de comunicación entre núcleos, las carreteras y las vías de la concentración parcelaria no servirán de soporte para la clasificación como urbanos de los terrenos adyacentes, salvo cuando estén integrados en la malla urbana.

b) Que, aun careciendo de algunos de los servicios citados en al apartado anterior, estén comprendidos en áreas ocupadas por la edificación, al menos en las dos terceras partes de los espacios aptos para ella, según la ordenación que el plan general establezca.

2. A los efectos de la presente Ley se consideran incluidos en la malla urbana los terrenos de los núcleos de población que dispongan de una urbanización básica constituida por unas vías perimetrales y unas redes de servicios de las que puedan servirse los terrenos y que éstos, por su situación, no estén desligados del entramado urbanístico ya existente”.

Segundo a imaxe superior as zonas marcadas en Bermello son los 258.839 m2 que se clasifican como urbano consolidado U5, iso só na contorna de Pontedeume, é dicir zonas onde directamente  poderase construir unha vivenda unifamiliar cada 350 m2.Segundo se ve na imaxe se trátanse directamente de solos rústicos onde nalgunha zona existen vivendas autorizadas ou ilegais concedidas antes da lei do 2002 que prohibiu claramente a construcción no solo rústico. Son zonas sin urbanización algunha, servizos, e accesos mais que no mellor dos casos de “estradas” que evidentemente non son rúas. Claramente non cumpren nigunha das condicións da lei para tal clasificación, ao contrario, están dentro das que a lei descarta como válidas para avalar a clasificación.

O mais curioso é que na mesma ordenanza indica: “Con carácter xeral, a introducción nunha parcela de vivendas adosadas en numero superior a 3 implica a dotación dun vial de servizo para acceso ás mesmas, e situado a maiores por detrás da aliñación do vial principal co obxeto de non obstaculizar o tránsito rodado no vial ao que dan fronte”.

Un non pode menos que alucinar co traballo feito por Consultora Galega, o que pretende directamente neste U5 é clasificar como urbanos consolidados 238.000 m2 (5 veces a superficie da zona delimitada como Casco Histórico) de solo rústico onde se poidan conceder indiscriminadamente licenzas de vivendas unifamiliais como se facía previamente á entrada da LOUGPMR, abrir camiños sin control no rústico, coa diferencia que antes obrigaban a 2000 m2 para edificar e agora se reduce a 350 m2, prácticamente como se fose un núcleo rural. Se trata dunha ocupación indiscriminada e insostible do solo sen desenvolvemento urbanístico axustado á lei, sen reparto de cargas nin beneficios, planificación programada e ordenada, sen urbanización, en fin unha ocupación caótica e indiscriminada en solo rústico de valor agropecuario ou paisaxístico con modelos alleos a forma tradicional de asentamento, nin urbano nin rural. Básase na implantación de modelos insostibles de ocupación dispersa sen urbanización previa algo totalmente prohibido dende a entrada da LOUGPMR e ademais ilegais dacordo coa lei. Resumindo urbanización de chalecitos tipo Fadesa pero sin Plan Parcial, ¡olé!.

En todo caso estos ámbitos deberían ser clasificados como solo urbanizable, é ser desenvolvidos cos respectivos plans parciais e plans de urbanización para convertir estas leiras en solares, así proceder a unha reparcelación, costear e executar á urbanización con rúas, beirarrúas, acometida de auga, electricidade, alcantarillado, iluminación. Pero a Xunta, no informe previo do ano 2006, xa cuestionaba a aparición de tales zonas urbanizables por non xustificadas co crecemento poboacional.

O mais alucinante é que a maioria destes terreos como son os contidos na estrada de O Barro a Breamo deberían ser clasificados directamente como rústicos de protección paisaxística según á LOUGPMR, pero para Consultora son urbanos consolidados. Paradóxico.

Que mais podemos decir deste PXOM?  Unha vez máis, un desastre.

/ 11:55
S.O.S. Pontedeume

10 días sin recoger la basura en Castrelo (Centroña)

Tras toda una semana fuera de Pontedeume en la que las entradas que salieron publicadas las puse desde la distancia y la morriña de querer estar a vuestro lado, me encuentro con varias noticias que seguidores de S.O.S. Pontedeume ¡denuncia! me habéis mandado.
Concretamente hoy me referiré a un correo mandado desde Castelo (Centroña), en el que denuncia la no recogida de la basura durante al menos 10 días. Digo al menos 10 días por lo referenciado en el correo que recibí el 24 de enero en el que menciona que no se recogía desde el día 14 de enero, aportando fotografías que documentaba lo que decía.







Imagino, o por lo menos espero, que la basura ya se haya recogido y el servicio normalizado, pero quiero que la denuncia con la pruebas fotográficas que aporta este seguidor salga a la luz con la esperanza de que situaciones de este tipo no se vuelvan a producir.
29-01-2010 / 17:22
Colectivo Fusquenlla

A Lei do Litoral permitirá construír no Portiño (Centroña)

O novo Plan de Ordenación do Litoral (POL) que se agarda entre en funcionamento o vindeiro ano traerá moitas complicacións aos concellos galegos. En primeiro  lugar terá unha repercusión sobre os seus plans de urbanismo que terán que ser adaptados á nova normativa. No caso de Pontedeume a situación pode ser máis grave se o PXOM non é aprobado antes da entrada en vigor do POL.  En calquera caso deberá someterse aos ditados da Xunta en materia do litoral.

Pero a maior polémica centrarase na catalogación que o POL fai de determinados núcleos rurais enclavados dentro da zona de protección costeira. Sabido é que moitos destes núcleos tradicionais quedan fóra de ordenación pola aplicación da lei de costas de 1988. A Xunta de Galiza tentou protexer estas zonas mediante unha unha enmenda á Lei da Vivenda pero o goberno central desetimou esta pretensión do bipartito e o Tribunal Constitucional deixou sen efecto a norma galega.

Agora é o goberno de Feijóo o que busca os mesmos obxectivos co POL. Se ben pode descutirse a necesidade de preservar certos núcleos tradicionais asentados en primeira liña de costa, máis difícil é conxugalo coa pretensión de que tales núcleos poidan ser ampliados con novas construcións. Porque en definitiva o que busca o goberno galego é unha maior permisividade á hora de construír no litoral. E nada mellor que disfrazar a lei cun manto de protección que agocha a demanda de certos construtores ávidos de cementar a costa galega. O mesmo goberno  anuncia que ás localidades incluídas no POL a Xunta permitiralles tanto a rehabilitación das vivendas xa existentes como a construción de novos desenvolvementos urbanísticos.

Pontedeume non se escapa a esta voráxine construtora. O lugar do Portiño en Centroña será un deses núcleos “favorecidos” pola nova lei. Ninguén pode cuestionar a necesidade de preservar as edificacions que conforman os núcleos rurais. Pero protexer non é sinónimo de ampliar, máis ben ao contrario. As novas construcións. lonxe de protexer o patrimonio demostraron ser o seu maior predador.

Por último, lembrar que o BNG presentou unha proposta no parlamento español para que os núcleos galegos  incluídos no dominio público marítimo-terrestre pasen a ser considerados como chan urbano e así quedar excluidos da prohibición de levantar novas edificacións. Esta iniciativa, similar á agora recollida no POL, foi duramnente contestada polos grupos ecoloxistas WWF, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e SEO/BirdLife. Consideran estes grupos medioambientalistas que iso permitiría “a desprotección do litoral e a súa privatización”

(Gráfico extraido do xornal La Opinión)

/ 12:24
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Nova galería peatonal na AP-9, no tunel de Campolongo

A
28-01-2010 / 12:52
Urbanismo eumés

LIMITAR AS ALTUAS MAXIMAS DA EDIFICACIÓN

Estos dias estamos asistindo a un gran debate sobre a limitación de alturas no novo PXOM da Coruña. Unha auténtica revolución na veciñanza e sobre todos nas constructoras que ven lexionados os seus intereses.
É evidente que estos últimos si se vexan dañados xa que se vai acabar edificar as auténticas barbaridades que autorizou o PXOM actual, que levou a un aumento indiscriminado das alturas en toda Coruña.
Pero a limitación das alturas non é solo o fruto dunha actitude mais respectuosa, ou que os politicos e técnicos caeran na conta de que non se poden afogar os veciños con edificacións de altura independientemente do ancho das ruas. Porque o evidente é que tanto técnicos como sobre todo politicos se esquecen de que os edificios teñen o obxetivo de ser habitados por persoas, con unhas condicions minimas de soleamento, ventilación, e non tratados como almacens de persoas, que é ao que leva esta desproporción de alturas na edificación.
O cambio real como sempre ven derivado das esixencias dunha nova normativa, neste caso a novedade non é tan recente xa que se trata da Lei 9/2002, de ordenación urbanistica e protección do medio rural de Galicia, onde no art. 48.5, indica que "O planeamento urbanístico deberá fixa-las alturas máximas das edificacións en proporcion ó ancho das vias e espacios libres, de modo que queden garantidas as mellores condicions posibles de soleamento e ventilación natural das vivendas".
Así o novo PXOM de Coruña vencella a altura da edificación ao ancho da rua, de esa maneira garatiza unhas condicions minimas, as proporcions son as seguintes:
"en una vía con una anchura de menos de 10 metros, los bloques no podrán superar las tres alturas; en una de entre 10 y 12 metros, el límite estará en cuatro plantas; en una de entre 12 y 15, en cinco; en una de entre 15 y 20, en seis; en una de entre 20 y 25, en siete; y en una de más de 25, en ocho. En las áreas intensivas autorizase unha planta a maiores".
Esto dende logo afecta as novas edificacións, as existentes quedan como están, e non limita a sua rehabilitación sempre que non aumente o volumen existente.
Curiosamente o PXOM de Pontedeume omite tal relación entre ancho de rua e altura de edificación, indicando alturas idénticas para anchos de rua moi diferente.
Evidentemente as altuars en Pontedeume non poden ser as mesmas que en Coruña, haberá que fixalas en relación ao caracter urbano dunha gran cidade de 250.000 habitantes e dun pobliño como Pontedeume con 8500 habitantes, si o vemos así poderemos ver que claramente o PXOM proxectado para Pontedeume é desproporcionado.
Nos encontramos con casos de alturas de baixo mais tres plantas en ruas de 8 metros a alineacións futuras, e decir si se demolesen as edificacions existentes e se construiran de novo retranqueadas, porque o que non coñece a maioria dos veciños é que este PXOM vai deixar fora de ordenación media vila. Unha previsión disparatada, que na realidade vai levar a situacións aberrantes, como non ia ser menos nesta Pontedueme, vanse permitir construir vivendas de 13 metros de altura en ruas de 5 metros da ancho real, e obligar a todos a vivir de por vida nunhas condicions de iluminación e ventilación precarias, alleas aos estandares do siglo XXI e mais cercanas ás infraviviendas dos inicios da revolución industrial aló polo mediado do século XIX, que foi onde naceu o urbanismo para rematar con estas condicións de hacinamento.
Parece que os politicos e técnicos en Pontedeume esqueceron tamen que o planeamento ten un fin social, e ten que servir para regular o uso do suelo e mellorar as condicions de vida dos habitantes, e unicamente se centran en que so sexa unha ferramenta para fomentar a edificación descontrolada, supostamente facer crecer as vilas (miseria intelectual evidentemente) e polo medio seguir co falso criterio recaudador de suposto beneficio para as arcas municipais.
Agardemos que abran os ollos dunha vez e retiren este PXOM que vai destrozar irremediablemente esta vila.
27-01-2010 / 18:30
S.O.S. Pontedeume

¡¡¡Toda la porquería a la Ría!!!

Varias veces en este blog hemos denunciado la falta de civismo que alguna o algunas personas mostraban con nuestro entorno, para ello basta con recordar episodios como los vividos con toda la basura que paulatinamente han ido depositando en el fondo de la ría




y como desde este blog se intentó limpiar con un resultado negativo, no contando en este caso con la principal aportación de los mayores o por lo menos los más beneficiados del bienestar de la ría, los propios mariscadores.
También denunciamos en este blog las agresiones que sufría con los vertidos el río Eume desde la construcción de la autovía, una contaminación que desemboca en nuestra ría.


Pero a todo ello podemos sumar una nueva agresión, aunque los que conocemos el tema sabemos que no es nada nuevo, tal y como son los vertidos de aguas fecales y residuales directamente a la ría sin pasar por depuradora dada su inexistencia. Se lleva mucho tiempo anunciando la instalación de las mismas, una promesa que mientras se convierte en realidad podemos ver imágenes como estas a diario tanto en la zona de Esteiro como en la zona de Ricardo Sánchez



porquería toda ella proveniente del colector que vierte desde la zona de Ricardo Sánchez



unas imágenes que a todas luces muestran la realidad de toda la porquería que tiene que soportar a diario nuestra ría, mientras espera pacientemente que demos el primer paso para su limpieza y cumplimiento de la promesa de "no echar más porquería a la Ría".
26-01-2010 / 20:17
S.O.S. Pontedeume

¿Se convertirá con el paso del tiempo en Monumento?

Desconozco el significado de el monumento, por lo menos eso es lo que piensan muchos de los viandantes del Paseo Marítimo, instalado al comienzo del mismo junto al Puente de Piedra de Pontedeume.


Un Monumento que desde otros ángulos se aprecian mejor toda su belleza y significado



aunque hay también quienes pensamos que se trata de los pilares que en su día sujetaron un cartel que había en dicho lugar, aunque tampoco descartamos que conociendo como se solucionan los problemas en la Villa, con el paso del tiempo se convierta en lo que mucha gente ya piensa, un Monumento a la entrada de la Villa de los Andrade.
/ 12:47
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Chega o “Apagón Analóxico” á nosa Vila

A