Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2009 » Diciembre
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Dic 2009

29-12-2009 / 14:11
Colectivo Fusquenlla

A inocentada de Feijóo (Xornal.com)

Feijóo anuncia mañá, sen aprobar, o Plan litoral prometido para 2009
O último Consello do ano tratará o texto para que o “rendibilice” o presidente, pero o asinará Hernández

A Xunta ten previsto tratar na súa Consello de mañá, o último do ano que, de forma extraordinaria, celébrase un mércores pola tarde, o Plan de Ordenación do Litoral. A decisión de abordar este tema, se non hai cambios de última hora, permitirá a Feijóo anunciar que cumpriu o seu compromiso electoral de ter o documento en 2009.

Con todo, o plan, que non require da aprobación formal polo Consello da Xunta, sería debatido na reunión baixo o epígrafe de “informe”, unha figura sen validez xurídica “fronte ás leis, decretos ou acordos” á que vén recorrendo reiteradamente a actual Xunta para marcar a axenda informativa de acordo cos seus intereses.
Segundo establece a Lei de Ordenación do Territorio “que determina os trámites a seguir polo Plan do Litoral” este documento debe ser aprobado inicialmente só pola Consellería competente na materia, neste caso a de Medio Ambiente que dirixe Agustín Hernández, sen que teña que elevarse ao Consello da Xunta.
Devandita aprobación inicial, necesaria e previa á exposición pública do documento para que calquera cidadán poida realizar alegacións, só pódese producir unha vez que se someteu o plan á consideración de concellos, deputacións e calquera administración que poida verse afectada por el. Así, aínda que mañá Feijóo dea o plan por aprobado, Hernández aínda deberá remitilo a outras administracións e esperar dous meses pola súa resposta antes da aprobación inicial.

Por outra banda, a Consellería vén informando nos últimos meses da evolución no ritmo de delimitación de cada ámbito litoral. Un ritmo, ofrecido en porcentaxes, que permitiu alcanzar xa a catalogación do 100% de toda a costa. Pero, a pesar do que anuncie a Xunta mañá, aínda queda por diante moita tramitación administrativa, aínda que o contido técnico do plan, o máis complexo, si está xa finalizado.

Fontes do proceso confirman que xa se completou a totalidade das fichas urbanísticas que establecen que se pode construír e que non nas sete zonas, 35 sectores e 644 unidades de paisaxe en que se dividirá o documento. Con todo, o plan non se reduce a esa delimitación zona por zona, senón que debe incluír outros documentos complementarios como un resumo executivo que aínda non estaría elaborado.

Co anuncio de mañá de que o plan “esa delimitación zona por zona” xa está terminado e pode ser enviado aos concellos, a Xunta gañaría dous meses de tempo ata a súa aprobación inicial para terminar tanto o resumo executivo como o pertinente informe de sustentabilidade ambiental, que debe acompañar obrigatoriamente ao documento cando sexa exposto á cidadanía en xeral tras a súa aprobación.

Isto é, Feijóo anunciaría mañá que o plan está terminado e que se enviará aos concellos e así a Consellería aproveitaría os dous meses de marxe para rematar realmente o documento e aprobalo inicialmente.

O Plan Litoral da Xunta será o que permitirá levantar a suspensión cautelar implantada polo anterior Goberno bipartito e prorrogada polo PP de construír nos primeiros 500 metros da costa. Para iso definiranse sete grandes áreas con características e tipos de usos do chan diferenciados: Mariña luguesa, Rías Altas, Golfo Ártabro, Arco Bergantiñán, Costa da Morte, Rías Baixas e Costa Sur.

http://www.xornal.com/artigo

/ 11:01
Urbanismo eumés

Catro anos de cadea para o ex-alcalde

Eugenio Hidalgo, ex alcalde de Andraitx; pasó ayer su primera noche en prisión, tras confirmar el Tribunal Supremo la condena de cuatro años de cárcel que le impuso la Audiencia Provincial de Mallorca por construirse un chalé en una zona agrícola en el 2002.

La relevancia de esta sentencia trasciende al caso concreto de Hidalgo, porque disipa dudas sobre la legitimidad de perseguir la denominada corrupción del ladrillo por la vía penal y, además, hace una radiografía de la ordenación del territorio en España que deja en mal lugar tanto a los legisladores como a los representantes de las administraciones autonómica y local, encargados de la disciplina urbanística.

El fallo, que se notificó ayer a las partes, califica en dos ocasiones de «desastrosa» la vigilancia del planeamiento en todo el país, «incluida la destrucción paisajística», y tilda de «inoperante» la vía administrativa. Una situación que, según consta en el texto, justifica que se acuda al derecho penal como «última ratio».

El alto tribunal rechaza todos los argumentos esgrimidos por la defensa de Hidalgo y que han sido utilizadas en casos similares, como que sí se podía construir en la zona de acuerdo con la normativa urbanística vigente, aunque se debió tratar de una edificación destinada a uso agrícola y no de un chalé.

Los magistrados achacan a actuaciones como las de Hidalgo la «instauración de una manifiesta inseguridad jurídica» en cuestiones urbanísticas y repudian que se ignoren la perspectiva paisajística como «elemento esencial». «Desconocer la importancia de tal elemento ha llevado a la situación desastrosa de algunas partes de España en orden a la ordenación del territorio», indica la sentencia.

El Supremo acentúa la gravedad de que Hidalgo se aprovechase «dolosamente» de su condición de alcalde para «ejecutar el delito con mayor facilidad, sirviéndose, en su propio interés, del cargo que los ciudadanos le habían encomendado». Por lo tanto, mantiene la condena a Eugenio Hidalgo, ex alcalde del PP de Andraitx, a cuatro años de cárcel y once años de inhabilitación. La sentencia también condena a un año de cárcel a Ignacio Mir, ex asesor legal del ayuntamiento de Andraitx. Ambos ingresaron ayer en el Centro Penitenciario de Palma.
Non vos sona esta cantinela de construcción de chalet en rústico coa excusa de explotación agricola, e curiosamente do ano 2002, algúns que poñan as barbas a remollo porque a este lle caeron catro anos de cadea é os terreos non tiñan ningún tipo de protección especial.
Ver mais en:
http://www.lavozdegalicia.es/espana/2009/12/29/0003_8197667.htm
/ 02:12
Pontedeume

Cando falla a administración, os xuíces toman as decisións

Ata agora os casos de licenzas urbanísticas ilegais denunciados ante a administración non pasaban de ser simples faltas que se saldaban con leves sancións. Agás cando as denuncias terminaban nos xulgados, a administración local ou autonómica limitábase a decretar a paralización das obras e a reposición da legalidade, mandatos estes que os promotores nunca acataban.
Esta inoperancia das autoridades civís parece ser a gota que acabou coa paciencia dos xuíces. O Tribunal Supremo ractifica a pena de catro anos de cadea para o ex-alcalde de Andratx por construirse un chalé ilegal. Algúns pensarán que se trata dunha sanción esaxerada para unha falta que debería ser resolta pola vía civil, é dicir, administrativa. Pero o alto tribunal entende na sentenza que hai que poñer freo á destrución da paisaxe que algúns practican aproveitándose da desidia dos concellos e gobernos autonómicos. O TS di que "a desastrosa situación á que, a pesar da normativa legal e administrativa, se chegou en España respecto da ordenación do territorio, incluída a destrución paisaxística, xustifica que, ante a inoperancia da disciplina administrativa, acúdase ao dereito Penal".
Pode ser este un punto de inflexión nas resolucións das ilegalidades urbanísticas?
Gustarianos que así fose porque é a cidadanía a que soporta as nefastas consecuencoias de actos como este. O mesmo TS noutro parágrafo da sentenza sinala: "Non cabe ignorar que a comunidade de cidadáns é vítima dos despropósitos urbanísticos e que a administración urbanística tamén experimenta as consecuencias das infraccións en materia de ordenación do territorio"

Ver aquí a sentenza íntegra do T.S.

28-12-2009 / 02:25
Colectivo Fusquenlla

A obra de Tenreiro descatalogada

A actividade que desenvolveu en Pontedeume Antonio Tenreiro Rodríguez non só é amplamente descoñecida, nin sequera merece figurar no catálogo de bens culturais do concello, excepción feita do edificio do mercado municipal, que a piques estivo de ser demolido e sustituído por un moderno centro comercial e un aparcadoiro para vehículos.

Este inxusto esquecemento da obra do que fora un dos renovadores da arquitectura galega de principios do século XX semella unha repetición do afastamento que sufriu o propio Tenreiro cando foi expedientado polas autoridades franquistas a principios dos anos 40.

A desmemoria faise extensible a unha parte importante da producción arquitectónica dos anos 40 e 50, da que son autores arquitectos como Peregrín Estellés, que colaborou con Tenreiro na construcció

n do mercado municipal, ou Rodolfo Ucha, que deixou en Ferrol unha orixinal obra de carácter modernista.

Cóntanos Mónica Vázquez Astorga, nun artículo da revista Cátedra adicado á arquitectura eumesa dos anos 40 e 50, que, na súa maioría, son vivendas para a clase media, de tres o catro pisos, cun mirador na fachada como elemento característico. A estructura interior é respectuosa cos modelos tradicionais, non así os materiais, onde predomina o formigón e o ladrillo.  O modelo foi imitado fóra do casco urbano.

Longos anos de esquecemento e un escaso interés pola conservación destas edificacións derivaron en alteracións do proxecto orixinal que nada teñen que ver cunha axeitada rehabilitación.

A recuperación da figura de Antonio Tenreiro emprendida polo Colexio Oficial de Arquitectos coa concesión, en 2006, do premio Coruña de Arquitectura debería atopar axeitada resposta por parte do Concello de Pontedeume dotando á obra de Tenreiro da debida protección e incluíndoa, xunto coa de Ucha ou Estellés, no catálogo de bens culturais.

/ 01:05
S.O.S. Pontedeume

Los “Pelotazos” de los políticos de Pontedeume

Estamos en unos tiempos en que los "pelotazos" en política saltan por cualquier esquina y están a la orden del día, por lo que aquí en Pontedeume no podíamos ser menos. Desde este blog quiero mostraros los "pelotazos" de los políticos de Pontedeume, aunque hay uno que ya no está al frente, pero que no puede reprimir el gustazo de participar de los mismos.
Como prueba de lo que acabo de deciros os dejo el siguiente vídeo con toda la información



espero que os sirva de prueba a la vez que desde este blog aprovecho para desearos un Feliz día de los Inocentes, eso si dejándoos con la mejor fotografía del "Portal de Belén"


¿o no?.
27-12-2009 / 17:46
Urbanismo eumés

Análisis do PXOM VII



Despois de ver os datos de partida, o análisis da situación e as intencións imos agora a ver a correspondencia de todo esto cos planos do PXOM.

Empezamos pola Rúa Empredrado, como todos coñecemos tratase esta dunha das rúas mais importantes nas trazas orixinais do casco histórico de Pontedeume, conxuntamente coa Rúa Fontenova e Rúa Pórto, son parte esencial do que se ven a chamar agora Patrimonio Cultural, xa que forman parte das rutas seculares de saida e entrada da vila, polo tanto deberían ser parte do maior grado de respeto patrimonial.

No caso da Rúa Empredado este carácter ainda maior dado que o Camiño de Santiago percorre este trazado.

Consultora Galega entende e recoñece esta situación pero a interpreta da sua particular maneira, como non ia ser menos co visto ata agora neste nefasto PXOM. Para empezar no tomo nº IV da Memoria Xustificativa inclue a muralla existente na Rúa Empedrado como elemento catalogado con protección integral, fai a seguinte descripción: “Trátase dun grande lenzo mural que mide uns 5 m de altura e uns 170 m de lonxitude. O muro aparece configurado a base de cachotería concertada de pizarra unida con argamasa, e presenta un grosor aproximado de 1 m. Este paramento pecha, case integramente, un dos laterais da Rúa Empedrado, delimitando unha grande parcela sen urbanizar. A súa tipoloxía e constitución convérteno nunha grande peza de valor patrimonial que configura unha porción relevante da trama urbana da vila. A carón deste muro érguese outro, este de contención, de parecidas características e morfoloxía”.

Parece que as cousas están claras, un doble muro paralelo, o interior de contención e o exterior de acabado, que xusto por enriba leva o camiño de acceso perimetral á horta e onde hoxe en día hai unha viña, “...un muro de grande valor patrimonial, unha porción relevante da trama urbana da vila...”. Curiosamente terá gran valor patrimonial pero Consultora Galega non acerta nin a poñer na ficha do catalogo unha fotografía da muralla e pon a de outra situada na Rúa Fontenova, pero ese pequeño erro non e mais que o principio dun gran despropósito.

Como primeira conclusión podemos decir que o muro que existía na parte oposta da Rúa Empedrado no seu tramo superior tamén debería ter grande valor patrimonial, pero parece que esto non se entendeu no seu momento xa que foi integramente demolido e sustituido por unha aberrante urbanización de vivendas que tamén levaron por diante un importante palomar idéntico ao que agora se cataloga en Vizús.

A segunda conclusión e quizás mais importante para a preservación do actual muro e o que queda de patrimonial cultural na Rúa Empedrado está no comentario de Consultora Galega: “...delimitando unha grande parcela sen urbanizar...”. Aquí é onde está o grave do asunto unha parcela sen urbanizar, afirma a propia Consultora Galega, con un muro de grande valor patrimonial no seu límite, e de supeto no plano 04 de Calificación de Solo Urbano esta mesma horta aparece inexplicablemente como urbano consolidado, e mais escandaloso, con dous enormes bloques de vivendas dispostas con nula vinculación a rúa existente, mais si a un corredor perimetral pola parte superior do muro, que é o que evidentemente vai dar acceso aos sucesivos portais nos que se configurará o complexo urbanístico detallado no plano. A situación e tan escandalosa que un non pode menos que pensar que o proxecto de execución de dita urbanización xa descansa nas estanterías dangunha oficina de proxectos.

Pero si esto no fose suficiente resulta que si vemos as imaxes superiores en primer lugar está o actual plano das Normas Subsidiarias onde a mesma horta se calificaba como solo para dotacións públicas Z1E, solo cuio destino é a implantación de edificios públicos como escolas, guarderias, zonas verdes, xardins, zonas deportivas....e tamén podería emplazarse o famoso Centro de Día, que algúns “espabilados” querían levar para o Polígono Industrial de Vidreiro por falta de solo dotacional no concello, según afirmaban fai tres anos, cando xa existía esta horta calificada como dotacional, e mais se resultaba que era urbano como afirma agora consultora. Si nos fixamos ainda por riba no que nas Normas Subsidiarias se trazaba unha rua de 12 metros agora se deixa en 8, lamentable vamos para atrás, pero moi para atrás.

Consultora Galega cansase de decir na memoria do PXOM que estamos escasos de este tipo de suelo nas zonas construidas, temos densidades moi altas, pero resulta que o pouco que tiñamos xa destinado para eses fins nas actuais normas subsidiarias no so o eliminan senón que ademais o destinan a facer bloques de vivendas directamente como solo urbano consolidado e aumentar a densidade edificatoria cando non cumple ninguna das condiciones indicadas no art. 11 da Lei do Suelo de Galicia, xa que carece de entre outros do mais importante, non ten nin acceso rodado, xa que a muralla existente se ten que conservar integramente .

O acceso real a esta finca se ten que facer por unha rua de nova construcción perpendicular ao Empedrado e por unha rua superior que bordeará o xigantesco bloque de baixo mais tres plantas diseñado enriba da muralla, con trece metros a cornisa e sobrelevado 5 metros sobre la Rúa Empedrado pola existencia da muralla, e decir desde a rasante da rua actual 19 metros, e se diseña unha separación real de 8 metros menos voadizos coas vivendas existentes, cando as vivendas existentes en toda a rua según o plano que eles mesmos reflexan son de baixo mais duas, con unha altura que tradicionalmente rondara polos 8 metros a cornisa.

Estéril a esixencia de Consultora nas Ordenanzas: “Cando se pretenda acometer unha nova edificación inmediata ao casco histórico, procederase a facer unha Memoria descriptiva das edificacións existentes no seu entorno....o proxecto que ampare a nova edificación deberá xustifica-lo acaemento da edificación que se pretende co entorno, en función do resultado da análise dos datos anteriores.”

Lamentablemente a mesma cantinela das actuais normas subsidiarias que indica no art. 3.4.b: “....si por ruina o demolición debidamente autorizada se pretende levantar nuevas edificaciones , estás deberán mantener la armonía de la calle o zona en la que se encuentren, tanto en volumen, niveles, materiales, procurando que estos no desentonen con los del resto del conjunto...”.

Tristemente este tipo de coletillas non serven para nada xa que na realidade se autorizan logo aberracións como a casa de D. Pablo ou Caldagueiros, por non falar do mesmo PXOM unha xigantesca aberración con varios tomos xustificativos que a verdade non xustifican nada mais cunha enorme operación especulativa sin sentido. Que se pode agardar do que se vaia a construir nesa horta do Empedrado si se permite nas ordenanzas baixo mais tres plantas e 13 metros a cornisa, cando as edificacions colindantes teñen baixo e dous e 8 metros a cornisa, ¿van facer os promotores baixo mais unha para que quede ben e se integre?. Pero logo chegarán ainda as interpretacions dos técnicos de turno de si son 13 metros dende a rúa Empedrado ou 13 metros dende a parte superior do muro existente, finalmente a realidade chegará ao que xa nos ten acostumados e podemos ver na sección das imaxes superiores, 19 metros a cornisa e pouco mais de 6 metros entre fachadas voadas, ¿URBANISMO? ¿onde?. E Consultora afirmando que as Normas Subsidiarias xa estaban desfasadas no seu orixen, despois de redactar este PXOM que está pensado coa filosofia do Cromañon mais rudimentario do peor dos promotores que rodean esta vila.

Si se estívese facendo Urbanismo, en todo caso ese terreo estaría metido dentro dunha bolsa de urbanizable, e sería destinado a espazos públicos, bon emplazamento para un albergue de peregrinos por exemplo, zonas libres, parques, aparcamentos alternativos, unha zona de transición e servicio entre o casco histórico e as novas zonas a urbanizar si fose necesario nun futuro, terreos cedidos polos propietarios de toda a bolsa de terreo a cambio de poder construir nas suas leiras. Neste caso o PXOM califica como urbano consolidado unha horta sin urbanizar, sin servicios, non esixe polo tanto cesión algunha, reserva algunha para vivendas de promoción pública, so edificabilidade máxima de enormes bloques de baixo mais tres plantas, dinamitar o entorno do Camiño de Santiago, so negocio redondo para especulación que é a meta deste PXOM. Repito, urbanismo, ¿onde?.


26-12-2009 / 23:50
Colectivo Fusquenlla

Coa Igrexa topamos

A decisión do Concello de Pontedeume de rehabilitar o antigo hospitalillo para convertilo en albergue topouse novamente coa previsible resistencia das autoridades eclesiásticas. Segundo recolle estes días a prensa, a reacción do Arcebispado ante as intencións municipais non foi todo o xenerosa que cabía esperar da institución. A Igrexa acepta ceder a propiedade do edificio só temporalmente e a condición de que o erario público corra cos gastos da súa rehabilitación.

O acusado deterioro do edificio hai que facelo extensible a outros bens catalogados do patrimonio eclesiástico, como as reitorais de Nogueirosa e Ombre,  necesitadas dunha urxente restauración.

Mentres Concellos como o de Pontedeume resístense a aplicar as medidas previstas pola lei que sancionan aos propietarios de vivendas abandonadas ou que ameazan ruína, en cidades como Ferrol unha recente modificación das ordenanzas permite penalizar fiscalmente as vivendas baleiras e as que se atopen en estado ruinoso. Medida ésta que pretende deter o abandono do casco histórico e ampliar a oferta de vivenda sen recurrir á nova construcción.

Hai dous anos (http://sospontedeume.com/?p=64) propúñamos como solución viábel a expropiación do edificio do hospitalillo. Segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia o incumplimento das obrigacións de protección e conservación será causa de interés social para a expropiación forzosa dos bens declarados e catalogados pola Administración competente, incluídos os pertencentes ás institucións eclesiásticas, que tamén se rixen pola lexislación estatal.

A disxuntiva semella clara: Ou a Igrexa asume a recuperación destes bens ou as administracións terían que iniciar un proceso de expropiación.

25-12-2009 / 02:45
Colectivo Fusquenlla

Boebre recorrerá a protección paisaxística do plan xeral

Veciños da parroquia de Boebre en Pontedeume rexeitan o ámbito que recolle o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como zona de protección paisaxística, xa que aseguran que “afecta a parte do núcleo urbano e, pola contra, permite construír en zonas nas que se dana a paisaxe”. Isto é o que asegura o presidente da asociación de veciños da parroquia, Andrés Lourido.

Este colectivo celebrou o pasado domingo unha reunión co obxectivo de explicar o proxecto normativo urbanístico, que se atopa desde principios de mes en exposición pública, para o que contou coa presenza dun arquitecto, un aparellador e dous avogados, que aclararon as dúbidas dos preto de oitenta veciños alí presentes.

A maior parte das preguntas dos asistentes fixeron referencia á delimitación dos chans e as posibilidades de construción en cada un dos ámbitos. Os veciños presentes na reunión acordaron remitir un escrito ao Concello para solicitar un encontro coa empresa redactora do plan xeral, Consultora Galega, tras a que presentarán alegacións de forma individual e tamén conxuntamente en nome da asociación.

Outra das reivindicacións é que a asociación fará referencia á rebaixa da contribución urbana ou ata a exención para os propietarios das leiras na parroquia afectadas pola Lei de Costas, “se non poden construír no seu terreo non teñen porqué pagar este imposto”, apunta Lourido. La Opinión

23-12-2009 / 15:46
PSdeG-PSOE Pontedeume

Bo Nadal e Feliz Ano 2010

A
/ 15:31
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

O GOBERNO MUNICIPAL EUMÉS REMATA O ANO SEN DAR AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A