Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Dic 2008

30-12-2008 / 18:00
Festas de Pontedeume

Concerto “Debosses”

O vindeiro 3 de xaneiro na rúa Real a partires das 22'00 horas o "Grupo Debosses" renderá tributo a Bruce Sprinsteen.
Deixovos cun vídeo para abrir boca
Festas de Pontedeume preséntavos a "Debosses"

¡Que o pasedes ben!.
29-12-2008 / 18:59
S.O.S. Pontedeume

¿Qué é o que está a fallar?

Despois da broma de onte na que inundabamos Pontedeume en clara referencia ao día que era, toca enfrontarse á realidade, unha realidade que intentarei relatarvos utilizando para iso as fotografías á que vos teño acostumados e algunha outra que me mandaron por correo.
Para empezar porei unhas fotografías que penso que rematarán por converterse nun referente de Pontedeume dado o pouco interese que para moitos teñen ou pola pouca atención que se lles mostra tal e como son as do botellón


un botellón que xa comeza a decorar con botellas o tellado na parte que dá ao porto tal e como se pode ver aquí.


Hai outras moitas cousas que preocupan tal e como son a recollida de cartón xa que se non se recolle cunha maior brevidade e se temos en conta que se achegan unhas datas nas que serán moitos os agasallos que inundarán os nosos fogares, os colectores serán evidentemente insuficientes.


Igual hai xente que pensa que unha das solucións será o incinerado destes, pero penso que para iso xa hai lugares axeitados e que en plena rúa non debería facerse.


O tamén o que debería evitarse é o voltear os propios colectores xa que no caso que nos ocupa, é de vidro, non creo que o vento sexa capaz de facelo.


Por todo o anterior e algunha cousa máis que deixaremos para outro día ¿que é o que está a fallar?.
/ 17:34
Colectivo Fusquenlla

Primeiro concerto da caravana Galiza Non Se Vende

Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 7 cidades ou vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.

O goberno “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s. GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!
28-12-2008 / 09:31
S.O.S. Pontedeume

Inundacións en Pontedeume (primeiras imaxes)

O que podía parecer un domingo normal en Pontedeume, por mor da enchenta ou crecida desmesurada do mar, atópase asolagado pola auga ata tal punto que vín xente nos viños en barca.
Para documentar tamaña desfeita amósovos unhas imaxes sacadas có móbil, desde Cabanas


ou estoutra que corresponde a praza Real, onde pódese ver o Concello ao fondo asolagado.


Esperemos que as augas volten axiña ao seu cauce.
/ 01:53
Pontedeume

Quen o entende?

Hai unhas semanas se xustificaba dende o Concello a pretendida recalificación de terreos en Andrade como unha necesidade para que Einsa crease uns 40 postos de traballo. O interese da creación de postos de traballo primaban sobre o dereito dos veciños a decidir o futuro das súas terras. Pois ben, agora a mesma empresa comunica a 40 traballadores da súa fábrica en As Pontes que terán que volver a casa por mor dunha regulación de emprego.
Einsa-Ediciones Informatizadas, S.A. recibíu unha subvención de 3.034.560,00 de euros segundo unha resolución con data do 26 de abril do 2006 ao amparo das axudas concedidas polo Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras


/ 01:53
Pontedeume

Quen o entende?

Hai unhas semanas xustificábase dende o Concello a pretendida recalificación de terreos en Andrade como unha necesidade para que Einsa crease uns 40 postos de traballo. O interese da creación de postos de traballo primaban sobre o dereito dos veciños a decidir o futuro das súas terras. Pois ben, agora a mesma empresa comunica a 40 traballadores da súa fábrica en As Pontes que terán que volver a casa por mor dunha regulación de emprego.
Einsa-Ediciones Informatizadas, S.A. recibíu unha subvención de 3.034.560,00 de euros segundo unha resolución con data do 26 de abril do 2006 ao amparo das axudas concedidas polo Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras


26-12-2008 / 16:51
Novas Xeracións / Pontedeume

AÑO QUE SE VA Y AÑO QUE LLEGA

Estando ya a finales de este año 2008, nos toca disfrutar como siempre, de las fiestas navideñas, y a la vez, calentar motores para lo que se nos avecina.
Este año que nos deja, por desgracia lo acabamos sumidos en una de las mayores crisis de nuestra historia.

Cada día, miles de personas se quedan en la calle en todo el país, nuestra economía, entra ya en recesión, y por si fuera poco, nuestros gobiernos, tanto central como autonómico, se muestran desbordados ante la situación.

¿Hay alguien que halla notado “en sus carnes” alguna de las famosas medidas anticrisis anunciadas por el Señor Zapatero?, ¿Hay alguien que halla notado “en sus carnes” alguna de las famosas medidas anticrisis anunciadas por los “dos gobiernos” de la Xunta? La respuesta claramente es NO.

Hay un famoso refrán que dice eso de “No hay peor ciego que el que no quiere ver”. Por eso, es evidente, que quienes nos negaron la crisis hasta la saciedad, no están capacitados para resolverla.

Por muy lejos que nos parezca, todavía fue en este año que ya acaba, cuando se celebraron las elecciones generales, en las que, durante toda la campaña, el Señor Zapatero, negó hasta la saciedad, que hubiera crisis. Zapatero, incluso nos PROMETIÓ un crecimiento económico importante para nuestra economía y una gran creación de empleo. Por supuesto, el Señor Touriño, aquí en Galicia, respaldaba bobamente todo lo que ZP decía y nos prometía más de lo mismo.

Incluso, tuvieron la osadía de llamarnos mentirosos a los demás, cuando hablábamos de la crisis. ¿Quienes son ahora los mentirosos?

Es verdad que la crisis es mundial, y que países como Alemania o Italia están en recesión, pero, también es verdad, que tanto Alemania, Italia, Francia e incluso Portugal, están generando empleo, mientras que aquí, se pierden alrededor de 6000 puesto de trabajo diarios.
Afortunadamente, nos llega aquí un año nuevo, en el que, entre todos, podemos empezar a cambiar esta situación. Podemos hacer, que los que se gastan miles de euros en coches y muebles, mientras los demás sufrimos la crisis, se vallan a la calle y dejen su sitio a los que en realidad nos quieren ayudar y gobernar, y no desgobernar, como hacen ahora.


Por eso, debemos trabajar, todos juntos, para conseguir que nuestro Presidente Feijoo, llegue a la presidencia de la Xunta. Si trabajamos en este pueblo, si trabajamos en la provincia de La Coruña, y si con los demás, trabajamos en toda Galicia, podremos hacer, que los ciudadanos vean la verdad de las cosas, y así, hacer que la Xunta Bi gobierno actual se acabe de una vez por todas, lo cual, confío que así sea.

Por eso, debemos pasar página de este año que se va, y trabajar por el que llega, aunque, evidentemente, antes, disfrutaremos todos de estas fiestas navideñas.
Por ese motivo, antes de concluir, en nombre de Nuevas Generaciones, os deseo a todos una Feliz Navidad y un buen año 2009.

Luis Maroño Calvo.
Presidente de NNGG del PP eumés.
25-12-2008 / 19:26
S.O.S. Pontedeume

Panxoliñas nas rúas de Pontedeume

Chegou ó serán do 24 de decembro, día no que ás rúas de Pontedeume énchense de xente a cantar as panxoliñas antes de ir cear en familia.


Hai moitas fotografías que son testemuña do que aconteceu onte nas rúas de Pontedeume, pero somentes porei un par para gozo e disfrute daquelas persoas que polo motivo que fose onte non puideron participar da festa ou se atopen lonxe e sintan morriña de non estar entre nós.


24-12-2008 / 20:55
Colectivo Fusquenlla

Mensaxes electorais

No verán do ano pasado este colectivo denunciaba publicamente o proxecto de Fomento de construír dúas rotondas na estrada nacional 651 ao seu paso por Pontedeume, co obxectivo suposto de aliviar a situación xerada polo intenso tráfico automobilístico. Entre outra cousas afirmabamos: “Urxe buscar solucións a este despropósito que ameaza á identidade de Pontedeume e á seguridade dos seus veciños. Hoxe precísase dunha resposta social que procure a anulación deste proxecto, exixindo ao Concello a supresión dos pasos subterráneos e a consecución da única alternativa válida: a liberalización da peaxe da autoestrada. Fusquenlla poñerá todos os medios ao seu alcance para conseguir a maior contestación social, dialogando con todos os sectores sensibilizados con esta ameaza, procurando unha unidade de acción que consiga a cancelación do proxecto e a presentación de alternativas sensatas”. 

Nos meses seguintes os nosos esforzos concretáronse na formación dunha plataforma veciñal que, agrupando a partidos e asociacións veciñais e culturais, intentase lograr unha alternativa máis racional e menos lesiva para os intereses da vila.                                                                                                 

Ao mesmo tempo, proseguimos na loita contra os plans de Fomento ata conseguir a súa paralización, despóis de desvelar que a  obra non contaba cos necesarios permisos da Dirección Xeral de Patrimonio, imperdoable esquecemento habida conta da especial condición da vila como conxunto histórico-artístico.

E anque xa deberiamos ter asumido a asombrosa capacidade dos partidos por esquecer os seus erros, lembrarnos constantemente os logros e arrogarse todas as iniciativas que máis conveñan aos seus intereses electorais, parécenos dunha incrible desfachatez o protagonismo que o BNG pretende atribuirse na mobilización veciñal a favor da liberalización da peaxe e contra os pasos subterráneos, tal e como aparece no último boletín desta formación: “Foi o BNG quen tivo a iniciativa este verán de reunir as entidades sociais de Pontedeume para procurarmos solucións aos xa crónicos atascos de tráfico na N-651 (…) O BNG considera que é o momento de levar esta reivindicación a toda a cidadanía, posto que a vía institucional está esgotada”.

O obxectivo da Plataforma, por enriba de calquer protagonismo, era conseguir unha solución axeitada aos problemas xerados polo tráfico, pero os intereses dos partidos móvense ás máis das veces en función dunha estratexia electoral que non sempre é coincidente coas preocupacións cidadás.  Semella que nesta carreira electoral que promete ser longa o triunfo exixe desfacerse de todo lastre, empezando pola verdade e a honestidade política.

 

23-12-2008 / 22:47
Colectivo Fusquenlla

20 aniversario da morte de Chico Mendes

O 22 de decembro de 1988 morría abatido polas balas o líder sindical e ecoloxista brasileño Francisco Alves Mendes Filho, máis coñecido como Chico Mendes. Fundador do Movemento para a Protección dos Pobos da Selva, a súa loita pola defensa da Amazonía  e  os dereitos laborais dos seringueiros, os traballadores do caucho, tropezou cos intereses dos poderosos fazendeiros. Vinte anos despóis a súa memoria sigue viva entre aqueles que soñan cun mundo máis xusto e unha terra viva e para todos.