Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Nov 2008

30-11-2008 / 21:14
BNG Pontedeume

Preguntas presentadas polo BNG para a súa contestación no Pleno de novembro


PRIMEIRA
Tendo en conta que rematou a tempada de colocación de terrazas e que o Concello, a raiz dunha sentencia de hai case dous anos, ten indicacións que aconsellan redactar unha ordenanza que regule este asunto, ao noso Grupo interésalle saber se se pensa levar a cabo?
SEGUNDA
A respecto dos traballos de demolición na praia de Ver e, na liña dunha anterior pregunta formulada aquí mesmo polo BNG, fíxose algunha xestión desde o equipo de goberno para coñecer que tipo de ordenación se pensa levar na zona, aportar suxerencias ao respecto e manter informada á Corporación municipal?
TERCEIRA
Os Grupo políticos municipais tiveron a comezos de outubro do presente ano unha pequena presentación dos traballos do PXOM, a cargo dun técnico da Consultora Galega. Naquela reunión estableceuse un calendario aproximado no que figuraba como data de entrada por Rexistro no Concello a finais dese mesmo mes, creándose unhas espectativas ao respecto. Non sabemos se os traballos están rematados ou non.
Mais, toda vez que non se cumpriron os prazos fixados para a consulta do PXOM, previa á elevación a Pleno, interesa saber se se conta con algunha novidade e previsión ao respecto e se vai ser máis atinada que as anteriores?
CUARTA
O Convenio para a elaboración das Bases da Oferta Pública de Emprego está cada día máis claro que non foi modelo de transparencia informativa nin ningún modelo de aforro. A través dun rogo do mes de setembro pedimos información clara, concisa e concreta e non evasivas. Hoxe, malia non facilitársenos as condicións do mencionado convenio, podemos saber, por medio de datos que son de dominio público, que se achegou aos 17.000 € , que non foi feito nas áreas de Dereito Público, como debera ser, senón pola área de organización de empresas e comercialización da Facultade de Administración e dirección de empresas de Lugo. Tamén podemos comprobar que a persoa responsable do traballo non é ningún especialista en organización dunha administración pública. Dada a celeridade da entrega do traballo con relación a sinatura do convenio dubidamos da envergadura do traballo (sen parangón coa RPT, desde logo!) e do valor arriba citado. Tamén, postos a dubidar, dubidamos de que a nosa Administración non dispoña dos medios axeitados para desenvolver esta tarefa, tal e como rezan as cláusulas dos modelos de convenio coa USC. Insistimos en que o goberno faga as oportunas matizacións o antes posibel, dea a coñecer este traballo, a letra do Convenio, así como se se pagaron os importes das supostas facturas.
QUINTA
As actividades para a mocidade non se incrementan nin melloran, segundo todos os indicios. Interesa saber ao BNG se se vai facer un esforzo por pór en marcha o programa de lecer Planet Club, polo menos desde o mes de Nadal, cando os mozos/as teñen máis tempo libre.
SEXTA
Cal é a día de hoxe a situación da concesión á empresa GALILANDIA, que segue a prestar os servizos de limpeza, portería, etc. no Centro municipal de maiores e no Pavillón deportivo da Casqueira? Cando ten ou tiña que ter saído a concurso público?
SÉTIMA
Unha vez que o Goberno municipal pasou a crise e realizou o traspaso da responsabilidade de Ensino ao concelleiro de Servizos e Obras, transcorrido tamén un tempo razoábel, interesa saber se se convocou ou se vai convocar o Consello Escolar Municipal no primeiro trimestre.
Pontedeume, 25 de novembro de 2008
/ 21:07
BNG Pontedeume

Rogos do Pleno de novembro

1. Insistimos co noso rogo de que cando se organice algún acto institucional se curse a correspondente invitación desde o Concello a Grupos e entidades sociais. Con máis motivo cando se trata dunha visita ou dun acto no que participa un cargo da Xunta de Galiza ou doutra Administración. Sucedeu xa varias veces, pero volveuse a repetir o pasado 17 deste mes, no acto da Directora Xeral de Promoción da Calidade da Vivenda, Dna. Encarna Otero. Resultado dabondo pobre para un acto de grande interese: 15 ou 16 persoas (4 do BNG, 4 do PP, algúns que outros arquitectos, e pouco máis), nin cartel anunciando nin nota de prensa...

2. Coñecemos a saturación de traballo que hai en Secretaría e tratamos de colaborar na medida das nosas posibilidades. Pero cremos necesario pedir que os Decretos de Alcaldía se poidan consultar cinco días antes do Pleno, como mínimo, para non entorpecer o noso labor.

3. O Concello ten feito concesión á empresa Galilandia do Centro Municipal de Maiores e do Pavillón da Casqueira, no que respecta á limpeza, conserxería, etc. O Concello, mentras tanto, non se desentende destas instalacións nin de vixilar a calidade dos servizos que se presta nelas. Os principios que rexen para todos os cidadáns e para a administración local deben ser respectados tamén desde a empresa, que nunca debe servir para practicar o nepotismo, para empregar a familiares e membros do partido. Iso nunca! Había satisfacción co traballo da persoa (muller e con familia) que estaba no Pavillón. Foi despedida arbitrariamente, con escusas de mal pagador; logo sabemos que é para “enchufar” a unha sobriña do concelleiro de Servizos, que xa cubrira o posto temporalmente nas vacacións. Os métodos de presión á empresa son deplorables, o desprezo que se ten polas familias é lamentable, a ética e os principios brillan pola súa ausencia. Esa é a forma de entender o poder; esa é a súa Lei!?

4. Pregamos que se limpen as beirarrúas da avda da Coruña.

5. No tellado dos Almacéns de Raxoi hai lixo por todas as partes e mesmo rodas (!).

6. Que se limpe a Fonte de xunto a parada de buses, onde hai auga estancada en estado de putrefacción, lixo dentro,...

7. Denunciamos a situación das fontes do Paseo Marítimo, que non botan auga e pedimos que se repoña.

8. Aínda que aprobamos xa hai un mes unha moción sobre a Estación de tren, nin se fixo unha mínima limpeza de de maleza e follas acumuladas, cousas que si pode acometer perfectamente o Concello. É un abandono absoluto!

9. Se se está a tempo, rogamos que se rectifiquen os proxectos para levar a electricidade ao Castelo e Breamo, facéndoos soterrados.

10. A falta de protocolo, ás veces raia o absurdo nos actos que organiza o Concello. Sen ir máis lonxe, o outro día nos actos do 25 de novembro, nos que intervén de derradeira unha Sra. de fóra do Concello – moi coñecida na casa do PP-, non o Alcalde (presente) e que, ademais “declara inaugurada a Exposición”, por certo e en plan monopolizador.

11. Rogamos que non fagan tanto o ridículo; Vdes. fixeron retroceder o uso do galego ás catacumbas, e ademais teñen un sustrato e un acento que os delata, tanto se pechan como se abren na pronuncia. Este é o respecto que teñen pola LNL e pola Ordenanza municipal; ao mellor é que hai leis de 1ª e leis de 2ª. Leis para pasarse polo forro.

12. Dada a situación de inseguridade que se xera, debido ás noticias de roubos en lugares próximos, pedimos que se constitúa ou que se poña a funcionar a Xunta Local de Seguridade.

13. Pregamos que no PEIM de Medio Rural, se teñan en conta as obras do POS que non puideron incluírse este ano e outras tamén necesarias como as dos camiños da Regueira en Andrade.

14. O Goberno inhibiuse completamente no problema das pintadas no Torreón. Non considerou preciso atallar o asunto a tempo. Agora podemos ver como aumentaron na fachada leste e como está completamente chea tamén a fachada norte de pintadas con sprai: corazóns, proclamas amorosas e doutros tipos.

15. No proxecto Modificado do Gas, pedimos que se axude na medida do posible aos veciños que se consideran afectados e precisan información para presentaren alegacións

/ 17:47
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Mais sobre o Pleno de Novembro

A
/ 17:10
S.O.S. Pontedeume

O vindeiro martes “doa sangue, doa vida”

O vindeiro martes, dez minutos da túa solidariedade salvan vidas, polo que desde S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia! pregámosche que o martes 2 de decembro na Alameda de Raxoi entre as 10'00 -14'00 horas e xa polo serán entre as 16'00 - 21'00 horas acudas a doar sangue.
Non esquezas que 10 minutos da túa solidaridade salvan vidas, "doa sangue, doa vida".


Para mais información tedes o número de teléfono gratuito
900 100 828.
/ 01:47
Colectivo Fusquenlla

Alternativas que merecen estudarse

Dende países do norte de Europa chéganos iniciativas que poden supoñer un freo ao problema da especulación inmobiliaria. Sabido é que o “boom” do ladrillo foi debido ao interese manifesto en investir en vivendas que pronto se revalorarían. Non había unha necesidade clara de construír en España tantos pisos como os construídos en Francia, Alemaña e Italia conxuntamente. 

A medida, que xa está moi extendida en países como Dinamarca, Alemaña, Suecia e Holanda (neste país case a terceira parte da vivenda facilítase por esta vía), vaise poñer en práctica en Catalunya por mor da iniciativa dunha ONG chamada Sostre Cívic. SostreCívic é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo ofrecer propostas e solucións aplicables á nosa sociedade para facela máis xusta e respectuosa coas persoas e a contorna a través de valores aplicados a un urbanismo e un acceso á vivenda non especulativos.

Trátase dun un sistema segundo o cal a propiedade dos pisos sempre permanece en mans dunha cooperativa, na que os seus membros participan e pola que gozan dun dereito de uso indefinido da residencia, a través dun aluguer brando, explica Raül Robert, vogal da ONG. Vén ser como un aluguer infinito no tempo. Non se pode vender a vivenda, xa que logo tampouco especular con ela. Os cooperativistas poden gozar da súa residencia para sempre e transmitila en herdanza, pagando unha entrada inicial e unha achega mensual aasequible, entre 350 e 400 euros,  cunha entrada inicial doutros 3.000. Os concellos participan cedendo o chan ás cooperativas para construír as vivendas de tal xeito que aqueles permanecen sempre como propietarios dos terreos. As primeiras vivendas vanse levantar en Cerdanyola e en Argentona.

/ 00:27
Pontedeume

Unha historia común

Serei sincero e amosareime como o que son: un home preocupado polo futuro deste país. Teño unha empresa que atravesa momentos delicados. Como contrapartida esta está situada nuns terreos moi apetecibles para outros negocios. Ocórreseme pedir ao Concello que me aprobe unha recalificación dos terreos que me permita cambiar o negocio por outro máis produtivo. Ademais propóñolles a uns veciños que posúen terras colindantes coa miña que me vendan as súas propiedades. Tal e como esperaba estes non aceptan e ademais presionan ao alcalde do meu pobo para que non se aprobe a recalificación por min pedida, alegando que eu non teño dereito a decidir sobre as propiedades que non me pertencen, que o único que busco é quedarme coas súas leiras. Os moi inxenuos cren que vivimos nunha democracia na que todo o mundo ten o mesmo peso específico.
Non sei se son intelixente ou me movo polo instinto das aves rapaces. O caso é que eu xa tiña previsto que isto poidese suceder. Cando presentei o estudo para recalificar as miñas propiedades, tiven a xenialidade de encargarllo aos que naquel intre estaban a elaborar o Plan de Urbanismo do meu concello. O meu proxecto entraría no Concello por unha porta ou pola outra.
Se o alcalde dobregouse ás protestas dos veciños, agora non lle quedará máis remedio que asumir a recalificación como un feito consumado. Aos redactores do Plan de Urbanismo non lles importa, como cliente que son, recalificar os terreos da miña propiedade e máis as leiras dos veciños díscolos.
O seguinte paso será a expropiación. Por riba dos intereses particulares álzanse os do progreso, é dicir, os das empresas. Os veciños deben aprender que opoñerse aos poderosos homes de negocios atenta contra un sagrado dereito recollido na nosa Constitución: o libre mercado.
29-11-2008 / 16:30
S.O.S. Pontedeume

Rezesión con Z de …..

Nos tempos que corren un pouco de humor axuda a levar mellor a situa"Z"ión, polo que decidín compartir este vídeo que me achegaron por correo titulado "Había una vezzz un zzzzzirco".
Que o disfrutedes e si por un intre esquecedes a "ReZesión con Z de ....." ya me dou por satisfeito.


/ 10:46
Colectivo Fusquenlla

Cabanas pide axuda á Xunta para pagar a derriba do Penso

O Concello de Cabanas solicitou axuda á Xunta para executar a sentenza que lle obriga a derrubar parte do edificio Elpidio, máis coñecido como O Penso, debido á “incapacidade” do Concello de facer fronte aos máis de tres millóns de euros nos que foi orzada a demolición, xunto coas indemnizacións aos inquilinos do inmoble -o orzamento do Concello para o presente exercicio é de 2,6 millóns de euros-.
O Goberno local, que preside Germán Castrillón (PP), considera inxusto que teñan que ser os veciños “os que deban pagar polas irregularidades cometidas por anteriores gobernantes”. O equipo de goberno, integrado polo Partido Popular e a Agrupación de Electores de Cabanas (AEC), sostén que o fallo xudicial que obriga a tirar parte do Penso é “un dos problemas máis graves aos que ten que facer fronte o Concello” e unha “herdanza da mala xestión do PSOE que durante o mandato en coalición co BNG non se soubo xestionar”.
“O Concello acumulou sentenzas contrarias que só serviron para ir reducindo o campo de actuación e que levan á necesidade de proceder de forma inminente á derriba”. O Executivo municipal mantén a súa postura en contra de rebaixar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) -que este ano subiu do 0,40% ao 0,55%- e asegura que se ve “obrigado” a manter o incremento deste gravame “á espera dunha resposta oficial por parte da Xunta”.
Castrillón asegura que no caso de que recibise axuda do Goberno autónomo revisaría a contribución “para baixala”, como demanda a oposición. “En caso contrario, sería unha irresponsabilidade facelo, tendo en conta as débedas que ten pendentes o Concello pola herdanza de anteriores gobernos”, destaca o rexedor.
O Concello de Cabanas recorreu o auto no que Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenáballe iniciar, antes do 15 pasado de setembro, a derriba da segunda fase do edificio O Penso e presentou ante este órgano unha proposta razoada de execución na que solicitaba afrontar os gastos da demolición e as indemnizacións aos afectados no período 2009-20015.
Segundo as normas subsidiarias de Cabanas, no lugar no que se levanta o edificio O Penso tan só podíase construír unha planta baixa, dúas altas e bajocubierta. Con todo, o terreo presenta un desnivel e a promotora levantou cinco plantas máis bajocubierta. La Opinión

/ 02:34
Novas Xeracións

OS EUMESES EMPEZAMOS A SABER QUE HABIA DEBAIXO DA MANTA



No pleno celebrado o pasado Xoves 27 de Noviembre en Pontedeume aprobouse o PLAN DE OBRAS E SERVICIOS nas que o actual equipo de goberno do PP repartiu obras equitativamente para todas as parroquias, pavimentacions moi importantes que agora se recuperan tras varios anos no olvido, máis de 200.000 € para levar acabo durante o próximo ano 2009.

Neste pleno o PP acusou o anterior goberno de monopolizar os traballos nunha mesma empresa que solo durante o ano 2006 pasou máis de 50 facturas, todas con reparo de intervención, tamén resaltou que a empresa facía traballos que perfectamente os podían desarrollar os empleados municipales (como limpeza de xardíns,aceras,etc) durante esta exposición de datos contrastados "in situ",tamén se fixo mención á localización de facturas "infladas" correspondentes o área de educación que dirixía por entón o BNG, facturaban por traballos realizados hasta 5 veces más do valor real.

Facturas encontradas co mesmo encargo e no mesmo establecemento, vemos como as facturas de anos anteriores nos que gobernaba o TRIPARTITO estaban infladas hasta por cinco veces do seu valor actual.

O PP non descarta encontrar máis irregularidades en anos do anterior goberno formado polo PSOE,BNG e IEP (Manuel Agras).
/ 02:08
Novas Xeracións

UN BUEN SASTRE NO NECESITA TANTAS MEDIDAS



Pues sí amigos, ustedes imaginan que quieren hacer un traje para una boda van a una tienda y le empiezan a medir... Salen de la tienda con su traje nuevo y le faltan las mangas, vuelven de nuevo, se las ponen y de repente se dan cuenta que les faltan los botones, a continuación los bajos... ¿Verdad que no es serio?

Pues en esas estamos, El Sastre Zapatero no se cansa de hacer medidas, el tío mide y vuelve a medir, pero nada, que no da con la talla exacta...

Esto suele pasar cuando a un sastre le dicen que quieres un traje y él te dice que no, que no hay trajes, que eso no existe aquí en España. De repente se da cuenta de que sí, que si que existen, entonces se pone como loco a tomar medidas.

Pues aquí lo mismo, como bien podéis observar en la imagen, ésta era la cara de atención con la que ayer la bancada socialista, escuchaba a su jefe en el congreso de los diputados. Si es que es normal, pobres, ya deben de estar aburridos de tanta medida...

Pues nada, que ahora el Cejitas, coge y dice que venga vamos a quitarle un cachito más al pastel, un 1% para ser exactos, vamos a crear 300.000 empleos para aquellos que ahora estén parados,pero eso sí las medidas empezarán a surgir efecto a partir del próximo mes Abril, de aquí a allá...

¿¿Cuántos parados más tendremos ?? 1.000.000 ?? A este ritmo quien sabe.

Y después de que acabemos las Obras en los Ayuntamientos, ¿qué pasará? ¿Cogeremos otro 1% más del pastel? Y así hasta cuando...

La pena de todo esto es que sus " más fieles seguidores" sigan riéndole las gracias y en lugar de informar al pueblo con la realidad, aun se felicitan por tan magníficas medidas.

Esperemos que este "nefasto sastrecillo" deje de mirar por ganar unas elecciones, se olvide de mirar por obtener repercusiones inmediatas y se lancen a tomar "medidas" reales.

En España los jóvenes queremos tener sueños y poder montar nuestra propia empresa, QUEREMOS EMPRENDER, NO SÓLO OPOSITAR.

Pero bueno... siempre nos quedará Zara. (Esperemos que Amancio nos deje pagar los trajes a plazos.)