O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

En 1915 o proxecto “Tallum” (piñeiro) dos arquitectos suecos Erik Gunnar Asplund e Sigurd Lewerentz foi seleccionado entre varias propostas para a construcción dun gran cemiterio ao sur de Estocolmo. É o Skogskyrkogården ou Cemiterio do Bosque, que en 1994 foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Enclavado nunha gran área boscosa, o recinto acolle unhas 50 000 tumbas que se integran harmónicamente coa vexetación e os edificios funerarios. Os camiños serpentean sobre os outeiros e polas veredas que percorren a espesura asoman de forma inesperada lápidas e pequenas capelas funerarias.
Foron varias as fontes de inspiración deste camposanto, desde o xardín inglés ata a pintura romántica, e non faltan evocacións á arquitectura clásica e, sobre todo, á paisaxe nórdica.
Os arquitectos propúñanse recrear un espazo onde, fronte á necrópole tradicional, separada do mundo dos vivos e centrada na morte e os seus símbolos, poideran convivir de xeito non traumático vivos e mortos. Efectivamente, o Cemiterio do Bosque é un lugar de paseo habitual e, como declara un visitante ocasional, non resulta profanador en absoluto vir a este cemiterio a xogar ou a facer o amor.
A idea non é está moi lonxe no horizonte mental dos galegos da ancestral veciñanza entre a parroquia dos vivos e a dos mortos.
Pero atrás quedaron os vellos camposantos, cos seus pomposos panteóns e as modestas tumbas na terra. Na actualidade o que está a predominar son as frías necróloles sen encanto, afastadas das vilas, onde non hai lugar para a vexetación a os nichos se hacinan co mesmo afán especulativo que as vivendas-formigueiro das periferias urbanas.

Hai tempo
facíamos esta proposta ao concello de Pontedeume, unha proposta que desde este blogue e moita xente en Pontedeume considera necesaria e moi axeitada.
Por mor dos vehículos que moitas veces estacionan ocultando o sinal de STOP do cruce, hai condutores que veñen da avenida de Ferrol e non se decatan do mesmo irrumpindo na estrada sin ceder o paso aos que veñen pola vía preferente.
Houbo moitos accidentes, o último hoxe mesmo, por sorte soamente lamentar danos materiais nos vehículos implicados no accidente, un lugar que a tenor das fotografías seguintes dannos a razón e piden con urxencia o pintado das marcas viais que solicitamos desde este blogue xa que hoxe mesmo como dicía antes o sinal por culpa do camión estacionado non era visíbel,
unha situación que xa se deu mais veces.

pero pregúntome ¿haberá que lamentar danos persoais para que se proceda ao seu pintado?, esperemos que non sexa necesario.
Deron comezo as obras encamiñadas a recuperación do casco histórico de Pontedeume coa pavimentación de varias rúas con pedra natural.
Ata aquí todo correcto tal e como pode verse nesta imaxe da praza das Angustias.

Preguntado cal será o treito seguinte en levantarse nos din que será a rúa Ferreiros desde o cruce da farmacia ata a N-651, e dicir este treito.

Pero ante estas afirmacións pregúntome ¿ non se amaña o trozo da rúa Ferreiros que vai desde a praza das Angustias ata a altura da farmacia?.

Todos coñecemos o treito anterior, un treito que a tenor desta imaxe

está ben pavimentado e non merece unha renovación.

Esta exposición itinerante por todo o país ten como obxectivo dar a coñecer ó público os principais proxectos e iniciativas levadas a cabo polo BNG dende o goberno da Xunta de Galiza.
Terémola o sábado 1 de novembro en Pontedeume na Praza Rosalía de Castro, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Tras uns días sen poñer nada no blogue ainda que sigo o día a día de Pontedeume, onte o pasear polo paseo marítimo vin esta imaxe,

unha imaxe que
xa puxemos mais veces denunciando unha mellor recollida do lixo pra evitar o desparramamento do mesmo polo chan.
Pero o preocupante da fotografía anterior é se mostramos un plano mais cercano e o mesmo nivel do chan, xa que observamos como este lixo componse de botellas rotas co perigo que iso supón pros viandantes e mais ainda pros cativos que xogan no parque infantil que se ve ao fondo,

por todo isto pregúntome ¿só é lixo ou hai algo mais? ou ¿é perigoso?.