O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Unha nova forma de terrorismo urbano acaba de aparecer en Pontedeume. Os autores esnaquizaron os pivotes que deberían impedir o acceso dos automóbiles ao casco histórico da vila. O resultado é seguir soportando o tráfico rodado nas rúas que foron declaradas peonís hai máis dun ano. Daquela foron marcadas con sinais verticais pero a teimosía dos condutores unida á desidia da policía local fixeron que a norma fose violentada todos os días. Posteriormente, en novembro do ano pasado, o goberno local anunciaba que o proceso de peatonalización culminaría axiña coa colocación dos pivotes que automaticamente impedirían o acceso de vehículos.
Mais os partidarios de utilizar o coche para desprazarse douscentos metros buscaron a forma de inutilizar os mecanismos que garantirían unhas rúas aptas para o paseo, favorecedoras do comercio e respectuosas coa tradición dun casco histórico como o noso.
Semella que gobernar en Pontedeume é imposíbel. Non sabemos se pola obstinación de determinados sectores que só buscan o interese persoal ou pola indiferencia dos rexedores que din velar polo ben común.
Sexa cal sexa a razón, o certo é que a peatonalización do casco histórico non admite máis demora e é un elemento máis das actuacións que tentan preservalo do deterioramento ao que se vé condenado.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O venres día 29 de agosto a partires das 21'00 horas, na Igrexa parroquial de Santiago haberá a actuación musical do "Quinteto musical Valla-Brass".
O sábado 30 de agosto a partires das 22'00 horas, no Paseo Marítimo de Pontedeume haberá un concerto a cargo de "
Cristina Pato e
Mutenrohi".
Deixovos un vídeo preludio do que veremos o sábado
¡Que o pasedes ben!.
Un problema que xa hai tempo que desde este blogue falamos é o da falta de vixiancia policial nas rúas de Pontedeume.
Esta falta de vixiancia tradúcese en moitos problemas dos que desde aquí tamén demos conta tal e como é o
botellón,
emborronamento de paredes e
monumentos,
accidentes con vehículos por mor do alcol ou velocidade excesiva, problemas aos que hai que engadir, tal e como saiu na prensa, que
tiraron os bolardos que puxo o concello para impedir que os vehículos accedan as rúas peonís, ou outro problema que xurdiu na última noite como son o emborronamento de paredes tal e como pódese apreciar nestas imaxes






Nas mesmas apreciamos o desprezo que "algún" ten co resto dos veciños ao emborronar con mensaxes que mostran a falta de ideas de quen as puxo, posto que limítase a seguir o chamamento que fan desde a páxina de AMI baixo o lema
"Campanha contra a turistificaçom".
Tras esto todo o que poida engadir sobra e ainda menos facerlle publicidade a dito movemento, pero quédame unha dúbida o ler as paredes emborronadas de Pontedeume polos seguidores de AMI ¿É este o futuro que queren pra mocidade galega?.
Defendamos a terra pero respetando os dereitos dos demais cidadáns, ¡¡¡Por un Pontedeume limpo!!!.

La Opinion confirma hoxe o que xa coñeciamos "
El proyecto para hacer legal la obra de la Avd Doctro Villanueva nº 1 infringía la normativa urbanística", creo que para pouca xente pode existir dubida algunha coa foto superior.
A nova tamén nos di: "La promotora del número 1 de la avenida Doctor Villanueva, Progasa 2000, aprovechó el desnivel existente entre este vial y el posterior, la calle Porto, para edificar más de lo permitido en las normas subsidiarias que rigen el urbanismo en Pontedeume desde 1986 a falta de un Plan General de Ordenación Municipal (PGOM)".
Algo evidente, a promotora retorcendo a situación de desnivel entre ruas, está construindo dous edificios na mesma parcela, o problema está en que un se situa enriba do outro como se pode apreciar na fotografía, e eso por certo é totalmente ilegal. Só se pode construir baixo mais duas plantas e baixo cuberta, e queda bastante claro que a foto non corresponde a tal situación.
Tamén confirma a nova que: "Progasa 2000 también presentó una modificación del proyecto con el que solicitó el primer permiso de obra, proyecto que todavía no ha sido supervisado por los servicios técnicos del Ayuntamiento de Pontedeume, según informó ayer el primer edil eumés".
Dende logo vendo o que están a facer na obra, na que únicamente están retocando novamente algo na cuberta pero en todo caso sin reducir a altura do edificio, parece que estamos outra vez coa mesma actitude de burla por parte dunha promotora que parece incansable na ansia de insistir en rematar un edificio totalmente ilegal.
Outra vez non quedará mais remedio que denunciar de novo o que Fusquenlla xa fixo coa licencia anterior: "Fue el colectivo Fusquenlla el que alertó de que el proyecto presentado por la promotora para tratar de legalizar el edificio se limitaba a proponer pequeñas intervenciones que no alteraban en lo fundamental el volumen del edificio ni sus dimensiones y que, por lo tanto, infringía la normativa urbanística, tal y como constató el arquitecto municipal".
Cando será o bendito dia que se lle deixe claro a esta promotora, do demo, que non pode continuar as obras e para rematar as obra vai ter que eliminar o que non se axusta á normativa, e decir facer un edificio de planta baixa, duas altas e baixocuberta, e non o que pretenden de baixo mais sete plantas. ¿Cantas veces mais teremos que repetir o mesmo?.
Ver mais en La Opinion:
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(”GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(’GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}
A que fora casa de D. Pablo volve ser motivo de polémica pola condescendencia que o goberno eumés amosa coa empresa promotora. Despois de ordenar paralizar as obras deste escandaloso edificio situado en pleno casco urbano de Pontedeume, os responsabeis municipais fan a vista gorda e ignoran que novamente os operarios da empresa están a realizar reformas no lugar.
A empresa Progasa 2000 solicitou ao actual goberno unha nova licenza unha vez paralizadas as obras polo anterior alcalde Belarmino Freire. No proxecto presentado por Progasa 2000 volvíanse a infrinxir as Normas Subsidiarias do concello de Pontedeume, razón pola cal o colectivo Fusquenlla reclamou novamente a paralización das obras. Esta petición foi aceptada polo alcalde Gabriel Torrente, e os tribunais avalaron a ilegalidade do proxecto presentado. Hai que lembrar que este edificio vulnera as leis que rexen no concello eumés en materia de urbanismo. A edificación duplica as alturas permitidas e aumenta en 5 metros o fondo autorizado.
Mais a insistencia dos promotores non parece esgotarse. Actualmente estanse a continuar as obras pese ás ordes de paralización e desdeñando o feito de estar sometidas a investigación xudicial. Este desprezo pola autoridade xudicial pode ser extrapolado aos membros do equipo de goberno que, lonxe de obrigar ao acatamento das leis, permite con indiferencia a continuación dos traballos realizados por Progasa 2000.
Máis información en La Opinión
Desde onte, todos aqueles que nos visitan puidechedes ver, unhas pequenas modificaciones que se levaron a cabo, as máis significativas son as seguites:
1º FOTOS POPULARES.-
Todos Aqueles que o desexen poderán ver dende onte as fotos da maioria dos integrantes do Partido Popular e das nnxx de Pontedeume, nos diferentes actos nos que estiveron presentes, así como mítines, reunións ou festas.
Pouco a pouco iranse sumando máis fotos para que todo aquel que o desexe poda descargalas.Esta nova ferramenta poderás vela no marxen dereito do blog, para ver unha imaxe en grande tan só tes que pinchar nela.

2º COMENTARIOS.-
Dende onte tamén, para poder deixar un comentario, terás primeiro que rexistrarte, isto non leva máis cun minuto tan só tes que dar o nome de usuario co que queres figurar, deixar o teu email e unha contraseña.
Con esta opción queremos aumentar a posibilidade dos comentarios, podendo puntuar a aqueles que consideres máis acertados, así como censurar os que consideres de mal gusto, rexistrandote tamén terás a posibilidade de ordear os comentarios o teu gusto, incluir unha imaxe para o teu perfil, poderás responderlle a un determinado usuario e como dicimos non leva nin un minuto.

3º RED SOCIAIS.-
Por último decirche que dende fai xa un tempo o PP de Pontedeume conta cun espazo na rede social máis importante de España, en
TUENTI, alí poderás acceder e enterarte de todas as novedades dentro do PP de Pontedeume, eventos do Partido, fotos dos nosos amigos, etc.
Si desexas unha invitación tan só tés que solicitala aqui.

Os galegos teñen dereito, non a saber cándo terminarán as obras do AVE en Galicia, senón cándo empezarán
1.- ¿Por qué Galicia non conta con NIN UN SO QUILOMÉTRO DE AVE ELECTRIFICADO?
2.- ¿Cómo explica o señor Zapatero que, tras case 5 anos gobernando, o único que vai poder visitar mañá son as OBRAS QUE XA PUXERA EN MARCHA O GOBERNO DO PP: o Eixe Atlántico e o AVE Santiago-Ourense?
3.- ¿Pode dicirnos o señor Zapatero CÁNTOS QUILÓMETROS DE NOVOS TRAMOS DE AVE (é dicir, aparte do Eixe Atlántico e Santiago-Ourense) INICIOU ESTE GOBERNO?
4.- ¿Por qué, dos DEZ TRAMOS que conforman a rede de alta velocidade en Galicia, SETE SE ATOPAN NA MESMA SITUACIÓN que cando chegou ao Goberno en marzo de 2004?
5.- ¿Sabe o señor Zapatero que o 75% dos case 1.000 quilómetros de AVE en Galicia aínda se atopan en estudio ou proxecto, e por tanto aínda non iniciaron as obras?
6.- Segundo os acordos parlamentarios adoptados por unanimidade en xuño de 2004, o AVE do Eixe Atlántico (A Coruña-Vigo) debería estar en servicio en 2007. ¿Por qué, a mediados de 2008, aínda hai varios tramos nos que NIN SEQUERA COMENZARON AS OBRAS?
7.- Tamén segundo eses mesmos acordos, o AVE de conexión coa Meseta (Lubián-Ourense) debería estar terminado en 2009. ¿Por qué non aproveita a súa visita mañá para COMPROBAR QUE NON HAI UN SÓ QUILÓMETRO EN OBRAS nesa conexión fundamental para toda Galicia?
8.- ¿Pode dicirnos o señor Zapatero A DÓNDE FORON A PARAR os máis de 2.000 millóns de euros que o Goberno deixou de investir en GALICIA nos últimos catro exercizos?
9.- ¿Por qué, tal e como van as cousas, Lugo e Ferrol non terán AVE e cada día é máis dubidoso que Pontevedra e Vigo vaian a ter unha conexión directa con Ourense sen ter que pasar por Santiago?
10.- ¿Por qué, contra o criterio de todos os técnicos, o sr. Zapatero insiste en dicir que o AVE chegará a Galicia en 2012? ¿Por qué ENGANA aos galegos? ¿Por qué non recoñece que, por culpa dos gobernos socialistas e ao igual que pasou coas autovías, Galicia será a ÚLTIMA Comunidade Autónoma en ter AVE?
- Xa está ben de mentir aos galegos.
- É hora de que o presidente do Goberno fale do AVE galego en serio.
- Non houbo ata agora un so encontro entre Zapatero e Touriño que trouxese boas noticias a Galicia:
- PRIMEIRA REUNIÓN.- na primeira reunión, en 2005, acordaron que o AVE do Eixe Atlántico e a autovía do Cantábrico estarían en servicio a finais da pasada lexislatura. Sen embargo, a día de hoxe aínda hai tramos sen iniciar e sabemos que a autovía non estará terminada ata 2011.
- SEGUNDA REUNIÓN.- no segundo encontro entre ambos, Zapatero dixo que habería AVE en Galicia en 2010. Pasaron tres anos desde ese día e o Goberno nin sequera pode garantir que vaia a estar operativo en 2012.
- TERCEIRA REUNIÓN.- o presidente do Goberno dixo que a Cidade da Cultura pasaría a ser un proxecto de Estado. A día de hoxe seguimos esperando que consigne algunha partida presupostaria de certa importancia para axudar ao desenvolvemento de dito proxecto.
- CUARTA REUNIÓN.- na cuarta reunión, celebrada o pasado mes de xullo, Zapatero asegurou que habería AVE en 2012. Falar é fácil pero a realidade é que se nega a impulsar sequera a subcomisión de seguimento das infraestructuras galegas. Do único que se falou foi do adianto electoral que Ferraz pretende impoñerlle a Touriño.
- Fronte a este cúmulo de despropósitos temos as propostas do PPdeG para reactivar as infraestructuras galegas:
- activar a subcomisión de seguimento das infraestructuras de Galicia cuia creación se aprobou no Congreso aínda co voto en contra dos socialistas,
- que todos os tramos do Lubián-Ourense estean en obras en 2008, e que se inicien as obras do AVE entre Ferrol e A Coruña, nos subtramos de Ferrol-Betanzos e Betanzos-Uxes, no próximo ano 2009. De igual modo, que comecen no 2009 as obras de execución da saída sur de Vigo ata a fronteira con Portugal en Tui.
- licitación conxunta de proxecto e obra dos tramos Ourense-Lugo en 2008, e Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol en 2009.
GALICIA NINGUNEADA POLO GOBERNO SOCIALISTA