O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Dende xaneiro ata agosto do 2008 o Parque Natural das Fragas do Eume recibíu a visita de 24.500 persoas, un 60% máis que no mesmo período do ano anterior. Este aumento do número de visitantes é moi superior ao que experimentaron outros parques como o das Illas Atlánticas ou o de Corrubedo e demostra a importancia que esta paraxe ten non só como enclave medioambiental senón como punto de atracción para un turismo cada vez máis esixente á hora de seleccionar os lugares a visitar.
A necesidade de preservar as Fragas do Eume é máis que evidente porén as grandes empresas teñen unha visión máis mercantilista dos recursos naturais. Endesa coa central térmica e o lago artificial que está a desenvolver e o presumíbel traslado a As Pontes da celulosa de Ence, son dous exemplos, os máis escandalosos, do pouco interese que amosan as multinacionais pola conservación do medio ambiente e do hábitat. Un territorio que precisamos impoluto para conseguir unha maior calidade de vida está a deteriorarse a pasos axigantados pola cobiza dos que logo instalan os seus pazos en colonias residenciais á marxe da contaminación e degradación ambiental.
Urxe unha forzosa toma de conciencia por parte da cidadanía se non queremos que os que hoxe valoramos e necesitamos das Fragas e da súa fonte, o Eume, mañá lembremos o que foi un verxel só polas imaxes fotográficas do pasado.
Despóis de múltiples retrasos, o goberno municipal prevé presentar o novo PXOM nas próximas datas. Segundo informou recentemente o concellerio de urbanismo o goberno local está a espera de que a empresa redactora do Plan, Consultora Galega, lle confirme a data para poder presentalo aos grupos da Corporación antes de levalo a pleno para a súa aprobación inicial. “Pretendemos que la presentación del PGOM tenga lugar en septiembre, si se puede antes de las fiestas da As Peras, pero los redactores del plan nos han pedido un par de días para confirmar el día”, explicaba Eugenio Otero
Unha sucesión de singulares episodios imposibilitou a chegada a bo porto deste Plan, desde o fracaso político do anterior equipo municipal, en boa medida atribuíble á súa incapacidade para elaborar un Plan de Ordenación Municipal axustado á legalidade e respectuoso coa singularidade paisaxística e urbanística do noso concello, ata as repentinas ausencias do arquitecto municipal ou as actuacións do aparellador, hoxe apartado das súas competencias por presuntas irregularidades urbanísticas.
Desde estas páxinas temos denunciado a incomprensible demora na aprobación dun Plan de Ordenación Municipal que acumula un retraso de dez anos, e que só a desidia, senón a connivencia dos nosos responsables públicos cos intereses dos promotores inmobiliarios, podería explicar.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.
A pouco mais dunha semana para o comezo das Festas das Peras 2008, a Comisión de Festas pon a nosa disposición un blogue para que non perdamos ningunha das moitas actividades que nos teñen preparadas, así como tamén puxeron o noso dispor un código para que poñamos nos nosos blogues un banner que nos dirixa directamente o blogue das
Festas das Peras 2008.
Deixovos aquí o banner
un banner que como podedes comprobar xa puxen no lateral e que podedes facer o mesmo copiando o código do caixón. Aproveito a vez para darlle a noraboa a Comisión de Festas 2008 polo traballo que levaron e levan, un traballo que queda patente no blogue que fixeron para a nosa información.

¡Que o pasedes ben!.

Unha nova concentración foi convocada polo CCE para este venres, ás 20 horas, xunto ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol. O motivo, a chegada doutro metaneiro con destino á regasificadora de Mugardos. Trátase do “LNG Abuja”, con 20 anos de antigüidade, 93.000 toneladas de rexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , un calado de 12 metros e unha capacidade de 126 530 metros cúbicos.
Non é esta a primeira vez que o buque visita a ría para descargar o gas natural procedente de Nixeria. Ten bandeira de Bahamas e é propiedade da Nixeria LNG Ltd., compañía na que participan Shell, Nigerian Nacional Petroleum Corporation, Total e Eni. O goberno nixeriano, que ten un contrato de suministro de gas natural licuado con Endesa, é, xunto as compañías petrolíferas, o principal responsable da destrucción do delta do Níxer e do exterminio da súa poboación. Un dos líderes máis activos na defensa da terra e do pobo ogoni, o poeta Ken Saro-Wiwa foi asesinado en 1995 polo exército logo de denunciar as prácticas de Shell.

Finalmente, e a pesar da oposición xeneralizada de plataformas veciñais e do conxunto das organizacións ecoloxistas, o goberno galego aprobou onte, en medio das protestas, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentarina na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola. Este proxecto expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro da la Cal), fomentando unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal. O Plano aumenta en maís de 755 000 m2 o anteriormente proxectado. Tamén promete 1966 empregos directos, cifra difícilmente xustificable debido á mecanización do proceso. Nun discurso falaz o presidente Touriño afirmou que se preservarán os espazos naturais da comunidade, cando a realidade é que a agresión ao ecosistema, ás formas tradicionais de vida e ao paisaxe poden ser brutais. A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convocou unha concentración en Compostela para amoxar o seu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais a costa do interese xeral. A loita continuará, e entre os colectivos integrados na rede non se descarta a formulación dun contencioso administrativo no momento mesmo en que o presente plan entre en vigor.
As mellores piscifactorías son as nosas rías!