Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2008 » Julio
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Jul 2008

27-07-2008 / 17:18
S.O.S. Pontedeume

¡Pasear polos almacéns o domingo é perigoso!

Comezamos cunha afirmación moi rotunda pero realista por desgraza, xa que pasear polo patio dos almacéns os domingos é moi perigoso.
Haberá xente que me diga que esaxero cando digo que é perigoso, pero a vista destas imaxes ¿qué pensades?.


Son partidario de que todo o mundo ten dereito a divertirse, un dereito que moitos non digo todos, confunden e non respetan, pero o mesmo dereito teñen o resto dos eumeses a pasear polos almacéns sen medo a cortadas por mor dos cristais das botellas rotas que hai no chan. Basta con ver os sábados as peregrinacións que hai desde os super ata os almacéns cargados de bolsas coa bebida, bolsas que despois non recollen e deixan todo tirado.
Non me quero meter no que cada un faga na súa casa, pero cando estas molestias xéranse na rúa e debido as mesmas o gasto económico do concello aumenta, un gasto que desde aquí descoñezo pero que na Coruña xa estableceron en 390.000 euros ao ano, é un gasto que pagamos tódolos eumeses sexa a cantidade que sexa.
Dícese que estamos na xeración do botellón, unha xeración que atravesamos todos pero coa diferenza que nós recollíamos todo por educación ou por temor a denuncias, polo que ¿haberá que comezar a tomar cartas no asunto antes de que sexa demasiado tarde, si non o é xa? ¿servirían un par de escarmentos económicamente falando para erradicar o lixo e vandalismo do botellón?.
Moitas preguntas para tan poucas respostas, pero mentres chegan estas, continuaremos vendo estas imaxes nos almacéns os domingos.



/ 14:05
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Pontedeume ten illa

A
/ 13:08
Novas Xeracións

A PESCA EN GALICIA

Pow Pesca
view presentation
/ 10:43
Colectivo Fusquenlla

Pontedeume ten illa

A Consellería de Política Territorial vén de protexer o illote de Carboeira e o val inferior do Eume nas súas Directrices de Ordenación do Territorio. LaOpinión

carboeira_illa.jpgPontedeume dispón dunha única illa ou máis ben dun illote, o de Carboeira. Situado fronte a praia nudista de Ínsua, en Boebre, vén de ser protexido polas novas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), recentemente aprobadas pola Xunta. (more…)

26-07-2008 / 18:36
Festas de Pontedeume

Hoxe 26 de xullo V Festival de Habaneras Concello de Pontedeume

Hoxe a partires das 21'00 horas na praza da Calzada poderemos asistir o Festival de Habaneras Concello de Pontedeume que chega a súa V edición.
Nesta ocasión asistirán:
O desenrolo do festival estará dirixido por Beatríz Méndez presentadora de Localia TV, está patrocinado polo Concello de Pontedeume coa colaboración da Deputación da Coruña e organizado pola Coral Polifónica Eumesa de Pontedeummmmme.
Este é un festival que desde aquí recomendovos xa que o éxito está garantido tal e como puidemos ver o ano pasado.
¡Que o pasedes ben!.
25-07-2008 / 18:25
Festas de Pontedeume

Festas en Boebre na honra ao Santiago Apóstolo

Polos motivos que aquí menciono non puiden poñelo antes, pero ainda chegamos a tempo aos derradeiros días das festas de Boebre.
Para hoxe día 25 as festas comenzarán as 8 da mañá con dianas e alboradas co grupo de Gaitas Trouleada. As 13'oo horas comezará unha Misa Solemne na honra ao Santiago Apóstolo para pasar ao seu remate a sesión vermú coa Orquestra Xente Nova. A partires das once da noite haberá festa e verbena coa Orquestra Xente Nova. No descanso haberá Fogos Artificiais.
Para mañá día 26 haberá Misa na honra do Santísimo para pasar despois a unha sesión vermú coa Orquestra Cibeles. Como remate as festas de Boebre 2008, haberá a gran actuación da Orquestra Cibeles ata altas horas da madrugada.
¡Que o pasedes ben!.

/ 16:53
S.O.S. Pontedeume

Catro días fóra de Pontedeume

Nunca pensei que catro días fóra de Pontedeume dese para tantas novas e o mellor é que todas son boas.
Comezamos o luns coa noticia de que unha nova eumesa dá os primeiros avisos para vir a este mundo, pero mentres esperamos ese momento unha gran amiga avísanos de que aprobou as oposicións, unha recompensa e premio a toda un gran laboura e esforzo á vez que moi merecida, polo que desde aquí o noso recoñecemento público á vez que un segundo bico despois do que lle demos esta mañá cando a vimos.
Pero mentres gozabamos coa boa nova anterior e co alento e ánimo de tódolos amigos e familiares, de madrugada puidemos darlle a benvida a este mundo a unha nova eumesa que vén colmar de alegría e felicidade este fogar e o de tódolos que nos coñecen, feito que nos demostraron e demostran por teléfono os máis afastados e en persoa os máis próximos.
Hoxe demos o primeiro paseo polas rúas de Pontedeume, paseo que este nova eumesa aproveitou para coñecer o lugar onde crecerá, e a tenor da alegría que mostraba ensinounos que está moi leda de ser eumesa.
Debido a todo o anteriormente exposto, enténdese o que non teña publicado ningún post, actividade que retomarase de inmediato coa frecuencia que as circunstancias permitan, aínda que xa vos adianto que está previsto que desde este blog para a vindeira semana láncese unha proposta ao concello, proposta que espero sexa do agrado e apoiada por tódolos partidos políticos eumeses para que a mesma saia adiante e se faga realidade.


24-07-2008 / 19:58
PSdeG-PSOE Pontedeume

Feliz día de Galicia!. Manifesto do PSdeG-PSOE.

A
/ 16:39
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Pontedeume: Un ano de recesión

A
/ 10:40
PSdeG-PSOE Pontedeume

A Xunta de Galicia saca a venta 3 parcelas no Polígono de Vidrieiro.

A