Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2008 » Julio
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Jul 2008

31-07-2008 / 12:23
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Xullo

A
/ 10:42
S.O.S. Pontedeume

Si te dedicases a algo útil en vez de andar persiguiendo a los pobres jóvenes…

Comezamos este post con ese titular, un titular que impresionoume tanto a mín como a moita xente polo que non puiden resistir poñelo como encabezamento de hoxe.
Hai uns días puxen un artigo referente ao botellón no que como tantas outras veces denunciabamos o lixo, perigo e vandalismo que xera o botellón, artigo no que un rapaz puxo ese comentario. Ao longo dos moitos artigos que mereceu o botellón a atención deste blogue, nunca se dixo nada na contra da práctica do mesmo, senón que únicamente na contra do que dixen antes pois son moitos prexuizos e gastos económicos para unhas arcas municipais nas que non sobran precisamente os cartos, cartos ademais que son de todos.
O comentario dese rapaz que merece o privilexio do titular de hoxe, xa tivo merecida resposta por varias persoas, tanto polo que suscribe como por un anónimo e por un comentario que ábreme os ollos e reflexa a realidade que moitos vivimos. Trátase do comentario feito por María e que paso a copiar integramente aquí para non desvirtuar a mensaxe:
"Eu non sei quen son os pobres jóvenes... Mira rapaz, eu teño 28 anos, tampouco son tan vella e facía botellón na Casqueira, nos antigos almacéns, no desaparecido baradeiro... Facía botellón en FP e tamén na alameda, no pinar de Cabanas...Podíamos estar ata o cú de borrachos pero sempre sempre sempre recollíamos tooooodo. Entre tooooodos!! a lo menos íamos onde non molestábamos e deixábamos todo limpo. Credes que inventáchedes a pólvora e o único que fixéchedes foi estropeala. Estou ata o cu de ter que coller ó can no colo para que non se corte cos vidros rotos ...Por non falar dos nenos".
Desde aquí graciñas polo teu comentario María.
Nese artigo dabamos conta dos cartos que tiña que gastar o concello da Coruña para limpeza da praza do humor, un gasto que no concello de Pontedeume descoñezo. Haberá quen diga que a limpeza faina xente do concello, dacordo, pero tamén dígolle que a esa xente hai que pagarlle e mentres están na limpeza do botellón non poden limpar o que sigue por poñer un exemplo.


As fotografías anteriores corresponden aos colectores que hai no paseo marítimo e que durante a tarde de onte puideronse ver dese xeito, ainda que xa se puideron ver dese xeito mais veces.
Quero resaltar e non meter a tódolos rapaces no mesmo saco e teño a proba nestas fotografías xa que nas mesmas pódese ver como xuntáronse para beber recollendo todo en bolsas e depositádoas no colector,


bolsas que ao estar os colectores cheos saen do mesmo e quedan no chan.


Desde aquí graciñas rapaces polo xesto e que cunda o exemplo no resto dos rapaces.





29-07-2008 / 22:54
Pontedeume fala

-Finalistas do concurso “toca con nós”-

O pasado venres 25 de xullo, tivo lugar na Sala Coliseo (Pontedeume), a 3ª semifinal do concurso "toca con nós", pertencente ó Fenerock, no cal participaron os grupos: EnCuarentena (As Pontes), Rey Mugre (Pontedeume), Rigus Mortis (Ferrol), Bronze (Pontedeume) e InVivo (Compostela).

O grupo gañador desta semifinal foi Rey Mugre, que tocará o vindeiro 12 de Setembro na final do concurso xunto con Ta'Crack e Sherpannk en San Valentín (Fene).
/ 20:16
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Inauguración da nova lonxa de Pontedeume

A
/ 18:46
S.O.S. Pontedeume

¿Quen dixo que en Pontedeume non hai aparcamento para os coches?

Desde hai moito tempo escoito queixas de moitos veciños e xente que visítanos que en Pontedeume non hai aparcadoiros para os seus vehículos.
Chega con pasar polas rúas de Ricardo Sánchez ou pola de Ferrol para decatarse da problemática.


Pois desde hai uns meses eu persoalmente penso que iso non é verdade e as probas remítome, xa que hai un coche que tódolos días aparca no mesmo lugar, sexa sorte ou privilexio, pero sempre no mesmo lugar.


O abandono deste vehículo xa o denunciamos aquí o 2 de outubro do ano pasado, pero por si ainda xurden dúbidas de si está ou non abandoado haí quedan estas imaxes que aclaran a situación a día de hoxe, ainda que as mesmas non reflexen cando se solucionará o tema.




/ 01:42
Pontedeume

Xogos de guerra nas Fragas do Eume


Os violentos, frustrados e belicosos cidadáns que queiran "liberar" o seu rencor e odio, pódeno facer ao máis vello estilo norteamericán: xogando á guerra. Un modelo importado do país máis belicoso do mundo que pretende facer crer aos xogadores que son como un Rambo da selva. Organízase en equipos (=exércitos) e loitan uns contra outros ata a aniquilación dun deles. Vestidos ao máis puro estilo militar utilizan rifles que disparan pelotas de tinta contra os adversarios. O xogo chámase Paintball e xa hai empresas que organizan encontros para practicar as artes guerreiras. Sen entrar na condenábel ideoloxía que sustenta estas actividades, unha cuestión merece ser tida en conta: os posibles danos que acarrean estes xogos sobre os terreos nos que se practican.
Unha empresa con se no Ferrol ofrece participar nestas contiendas nun escenario de luxo: as Fragas do Eume. Un Parque Natural a proba de atropelos e salvaxadas humanas. Cantos litros de pintura deberán ser vertidas ao parque antes de que as autoridades prohiban esta actividade? Canta flora será exterminada polos acomplexados soldados?
/ 00:58
Colectivo Fusquenlla

Unha nova ameaza: o superporto Ártabros

p1040450-2.jpgUn destacado dirixente socialista, Manuel Cendán, afirmaba hai uns días que o proxecto “Superporto e Refuxio Ártabros” contimuaba a súa tramitación ante os correspondentes Ministerios. O Superporto Ártabros é un proxecto que data de 1991 e conta co patrocinio , entre outros, de Bbva, Ferrovial Agromán, Galp Enerxía, Iberdrola, Inditex Grupo, Sacyr-Vallehermoso (información da páxina http://www.artabros.es). Segundo os autores “Ártabros é un proxecto innovador que expón a construción en Galicia dunha gran área portuaria-loxística-industrial mediante un porto comercial de última xeración, de carácter privado, capaz de dar refuxio a calquera tipo e tamaño de buque”. (more…)

28-07-2008 / 11:31
PSdeG-PSOE Pontedeume

PSdeG-PSOE, a forza de Galicia.

A
/ 09:37
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Pesca e a Confraría de Pescadores de Pontedeume colaboran na rexeneración parcial dun banco de moluscos bivalvos

A
27-07-2008 / 23:09
Novas Xeracións

OTRO CAMPEÓN Y VAN…



FELICIDADES cAMPEÓN

Carlos Sastre se ha convertido hoy en el 7º español en lograr la victoria final en la prueba por etapas más importante del mundo.
Defendiendo excepcionalmente su liderazgo en la contrareloj de 53 Km. de ayer Sábado, Carlos ha demostrado que esta edición ha sido el más fuerte, subiendo siempre con los más grandes y demostrando en la etapa reina del tour, con la subida mítica al Alphe D´huez que este año , ha sido el número 1.


FELICIDADES CARLOS y FELICIDADES también a OSCAR FREIRE, que hoy también se ha convertido en el primer español en lograr el maillot Verde la regularidad en el Tour de Francia.

Pero aquí no acaban los éxitos del deporte nacional, hoy también el marchista Paquillo Fernández ha batido el record del mundo en los 10.000 m. marcha, en los campeonatos de España celebrados en Santa Cruz de Tenerife.
Y por último, Rafa Nadal ha vencido el torneo de Toronto, acercandose de esta manera aún más si cabe al número 1.

FELICIDADES A TODOS ELLOS

Entre todos hacen que el Deporte español esté en lo más alto del panorama internacional.

Y ahora...

A por los Juegos.