O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Hai tempo que se fala do perigo das biondas por mor dos accidentes de tráfico nos que interveña algunha motocicleta.
O perigo reside en que o non ser dobres, o motorista o caer o chan pode colarse por baixo da bionda ou o que é pior topar ca mesma e producir amputacións.
Todos sabemos que dende o goberno autonómico e na persoa de Maria Xosé Caride tenta evitar todo esto coa colocación de dobres biondas polo que ¿pertencerán estas a un novo proxecto que se desenvolve e proba na carretera de centroña?.
Como se pode apreciar nesta fotografía a dobre bionda xa está instalada,

mentres que nestoutra están a piques de acadalo cando creza a maleza, cousa que coas choivas destes días logo se acadará.

Esperemos que
a limpeza da maleza logo lle toque o igual que están facendo na N-651 estes días.
Desde non hai moito tempo vense notando en Pontedeume que a xente ten ganas de manifestar o que sinte ou quere dicir a traverso de comentarios nas rúas, nos bares, ou cando acudimos todos a decidilo futuro de Pontedeume nas eleccións de fai un ano.
Pero tamén hai que dicir que hai mais xente que expresase de xeito que poucos aproban xa que o fan a traverso dos graffitis.
Estes graffitis xa apareceron en
bancos e farois do paseo marítimo, no
instituto cando estaba recén pintado, no
paseo marítimo, na
rúa real e ata no
torreón dos Andrade.
Agora hai rapaces que aproveitan calquera tipo de reunión, inclusive as que se fan con a excusa do alcol, pra facer todo isto nos almacéns de rajoy.

Pero as pintadas que definen a personalidade de estes "persoaxes" son as que apareceron nos
farois recén postos no paseo marítimo.

Se queremos milloras, benestar e progreso pra tódolos eumeses ¿porqué se rexeita e destrúense por parte dalgún "persoaxe" tódolos beneficios que se acadan?. ¿Para cando a vixiancia nocturna?
A respecto do debate público que se está a dar sobre o traslado de Ence e as especulacións sobre unha hipotética ubicación no Concello das Pontes, O Consello local do BNG de Pontedeume manifesta que nos opoñemos e nos opoñeremos con todos os nosos medios e con todas as nosas forzas. Polo de agora, desde a Alcaldía das Pontes, desde a de Ferrol, desde a Consellería de Medio Ambiente..., déronse razóns a prol da ubicación nese Concello do complexo pasteiro. Agora imos dar nós as razóns que nos moven a rexeitar a consumación desta tentativa, que consideramos unha hipoteca medioambiental e unha "voadura controlada" para o Parque Natural das Fragas do Eume, o río Eume e a Ría de Ares-Betanzos.
Non pode ser de recibo que as nosas máximas autoridades en materia de medio ambiente estean a defender tan alegremente e a promover de xeito descarado un proxecto como este, obviando que o Parque Natural do Eume é un dos poucos restos de ecosistemas representativos da biodiversidade atlántica europea. Que debemos camiñar -e nós así o esixiremos!- cara á recuperación dun río como o Eume que era un monumento natural e que ten grandes posibilidades polos valores ecolóxicos que atesoura; por certo, do que tamén bebemos a auga día a día. Que debemos, asemade, recuperar unha ría moi degradada, entre outras cousas, precisamente polos verquidos dos restos da mina, e que pode volver a ser fonte de riqueza no futuro como xa foi no pasado.
Aínda que só fosen especulacións, o debate está aberto e as posturas están claras. Agardamos que a decisión que tome o Goberno galego e as forzas políticas que o sustentan sexa tomada con criterio e sensatez. Se así non for, nós non imos quedar parados!
Cando o día de maio inscribín esta bitácora no concurso de "Mellor Web-blog 2008" nin se me pasaba pola cabeza o apoio que ía ter a iniciativa entre tódolos asíduos o blog.
Como dixen antes esta iniciativa comezou a súa andaina o 9 de maio, e con posterioridade o día 18 de maio con outro post titulado "
Grazas por votarmos" dábamolas grazas por tódolos votos acadados, votos que a día de hoxe están a piques de superálos 300 votos, polo que consolidámonos na segunda posición mensual do concurso.
Sei que será unha tarefa difícil chegar a desbancar o blog que se atopa no primeiro lugar, pero voto a voto faise o camiño, un camiño que fai que Pontedeume sexa cada vez mais coñecido.
Na procura de que Pontedeume sexa mais coñecido, estamos poñendo unhas fotografías na web de Lirondo que reflexan e invitan a visitarmos; fotografías da
Romaría de Breamo, ou as últimas colgadas como son fotografías da
Ponte de Pedra.
Polo que si te sintes identificado con este proxecto, non dubides en darlle o teu voto a S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, previo rexistro que non che levará mais de dous minutos. Lembra tamén que poderás votar unha vez cada día, para iso o podes facer neste banner
ou no que se atopa no lateral do blogue.
¡Grazas polo teu voto, grazas polo teu apoio!.

Llevamos muchos años con este problema. Ahora se consigue estacionar a bae de dar vueltas, asegura el regidor eumés.
Para el alcalde existen dos zonas para distribuir los espacios de aparcamiento. " Una el muelle, al que acudirían los visitantes de las zonas de Centroña, y los que proceden de los municipios ubicados al otro lado del rio, de forma que entrarían por el muelle y no tendrían que desplazarse por el casco de la villa."
En la actualidad en este área hay sobre 135 plazas, pero " la solución pasaría por construir un aparcamiento en la zona final del muelle, o donde se encuentra el pabellón deportivo. Si hacemos realidad la ciudad deportiva podría trasladarse éste, y en su lugar construir un estacionamiento, con un auditorio encima". Esta iniciativa, que según Torrente está en estudio, permitiría incrementar entre 200 y 300 las plazas actuales, y "se podría comunicar con la avenida de Ferrol".
Otra de las áreas del aparcamiento se situaría en torno a la salida de la villa hacia A Coruña. "Puertos de Galicia está estudiando la construcción de un aparcamiento subterráneo debajo del campo de futbol del instituto Fragas do Eume, quedando laparte superior con la citada instalación", aclara Torrente. En esta misma zona el plan de Urbanismo incluye en el parque Sarmiento un espacio para estacionamiento, "que se podría comunicar con el instituto".
Para Torrente estas 3 actuaciones solucionarían el problema; "son factibles, pero son proyectos a medio y largo plazo".
Mientras tanto desde el Ayuntamiento se está proyectando la habilitación de una zona azul en torno al mercado. " Se aplicaría sólo por las mañana, y favorecerá la movilidad del tráfico". Paralelamente se está reorganizando el estacionamiento con el objetivo de optimizar el espacio en el muelle en torno al edificio de Servicios Sociales.
Pero para el regidor local el aparcamiento no es el único problema del tráfico en la villa. Las continuas retenciones son graves. " Se van a hacer dos rotondas para aliviar el tráfico, peor no va a ser la solución definitiva. Se tendría que que hacer una nueva carretera", asegura Torrente.
En este sentido sostiene que el Ayuntamiento está tratando la posibilidad de construcción de un nuevo vial. " Cuando se hizo la autopista tenían que haber dejado espacio para una carretera de circunvalación a Pontedeume", afirma.
Entrevista extraida de la publicación mensual Ferrol Hoy.
Eu penso que casos coma o que vos contarei a continuación non se poderían dar mais en Pontedeume.
Paso a contárvolo para que así teñades unha mellor visión do tema: trátase dun coche que chegou o venres de noite e aparcou na praza do pilón, descoñezo si viu ou non o sinal que hai no lugar e que impide o estacionamento no lugar os días de feirón, polo que o problema xurde cando van a montar os feirantes os seus postos, postos polo que pagan uns cartos ao concello. Como o dono do vehículo non aparece soluciónase cunha denuncia mentres os feirantes teñen que variar a ubicación dos mesmos. O coche como se puido ver estivo no lugar todo o sábado e mailo domingo, quitándoo o seu dono hoxe pola mañá, polo que visto o visto o conductor tivo un erro erro que se castigou coa denuncia pertinente pero que non se evitou a situación pola que se puxeron os sinais que avisan do feirón.

Por ese motivo vou facer unha pregunta e variando un pouco a situación ¿qué pasaría se atopásemos un vehículo estacionado diante da porta do noso garaxe que está sinalizado con vado permanente?
- ¿Poránlle unha denuncia e terei que esperar a que o seu dono retire o vehículo?
- Mentres non o retire e como vou chegar tarde o traballo ¿teño que coller un taxi ou outro medio de locomoción por non poder ir con o meu coche?
¿Non sería o mais xusto dispor un servizo de grua, propio ou concertado, para estes casos antes de que lle pase a algún veciño o que relatei antes?.