Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Mar 2008

29-03-2008 / 11:57
Urbanismo eumés

Oposicions no Concello de Pontedeume

Despois de tanto lio polo tema das oposicións de persoal no concello de Pontedeume, finalmente saiu no BOP a convocatoria de Oferta de Emprego do 2008:

http://www.dicoruna.es/bop/2008/03/27/08-3428-0.htm

En total 58 plazas, das que na actualidade están 40 ocupadas eventualmente por interinos.

Como se pode constatar claramente nesta oferta non hai referencia algunha a plazas libres, promoción interna nin nada polo estilo, polo que claramente vaise demostrando a que xoga cada quen neste concello, cada plaza irase convocando no seu momento cos requisitos particulais.

Para rebatir a suposta ilegalidade do criterio que se pretenden seguir nesta oferta de emprego, podemos ver como exemplo a plaza de interino convocada polo concello de Pontedeume no BOP A Coruña o 29 de Marzo:

http://www.dicoruna.es/bop/2008/03/29/08-3310-x.htm

Tratase dun concurso-oposición, e decir aberto a calqueira que cumpla cos requisitos mínimos, pasar o exame con temario de 20 temas puntuado entre 0 e 10 puntos e finalmente unha vez superado o exame se entraría a sumar os méritos por experiencia profesional, valorados de maneira importante, 1.2 puntos por ano traballado ate un máximo de 2+2 puntos. Polo que parece este tipo de criterio non se presenta tan ilegal como afirmaban os sindicatos e oposición estas semanas pasadas, tomando como exemplo esta convocatoria (neste caso temporal), se lles vai dar 4 puntos por pouco mais de 3 anos traballados para a administración ou empresa privada.

A sensación e que a oposición e os sindicatos o que pretenden no caso da oferta de emprego público é un exame exclusivo de promoción interna restrinxido para quen esta ocupando interinamente a plaza, o sea elexido a dedo, é decir seguindo co lema do anterior alcalde “no se da mas públicidad a las convocatorias para que no venga gente de fuera”.

A estudiar se ha dicho, o que queira unha plaza pública que hinque o codo, agora falta que as probas de selección sexan limpas e non estaría de mais a presenza no tribunal dalgún notario. Polo menos acabouse o negocio dos interinos "a dedo".
28-03-2008 / 19:46
PSdeG-PSOE Pontedeume

Banco de buenas prácticas de Gestión Municipal Socialista

A
/ 19:27
PSdeG-PSOE Pontedeume

EnClave Socialista de Marzo

A
/ 19:23
S.O.S. Pontedeume

¿Que é o que ten un pederasta dentro da súa cabeza?

Non puiden reprimir o colgar a viñeta de hoxe de Pinto&Chinto, pois describe á perfección o que ten un pederasta dentro da súa cabeza.


Sirva como pequena homenaxe a Mari Luz.


/ 19:23
S.O.S. Pontedeume

¿Que é o que ten un pederasta dentro da súa cabeza?

Non puiden reprimir o colgar a viñeta de hoxe de Pinto&Chinto, pois describe á perfección o que ten un pederasta dentro da súa cabeza.


Sirva como pequena homenaxe a Mari Luz.


/ 18:42
S.O.S. Pontedeume

Mentres haxa xente con estas ideas e faga isto, non se logrará nada

É o que penso cando vexo que se fan melloras no pobo, como pode ser o arranxo da varanda de madeira do paseo marítimo ou a reposición dos farois que foron roubados do paseo marítimo ou a recolocación dos bolardos, esperemos que definitivamente, se no pobo temos xente con estas ideas e unha carencia de civismo que salta á vista destas fotografías sacadas nas farolas recién postas e na varanda polo que me pregunto ¿paga a pena seguir loitando e tratando de que Pontedeume mellore?.

/ 12:40
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Sobre a Oferta de Emprego Público

A
/ 10:59
Novas Xeracións / Pontedeume

Sesión Plenaria Mes Marzo



Onte Xoves tivo lugar o Pleno Ordinario do mes de Marzo. O salón de plenos estaba cheo de público, ó cal asistiron cerca de 50 persoas, entre elas moitos traballadores do Concello.

Despois de tratar case a totalidade dos puntos da orde do día, que incluia a nova disposición do grupo municipal e as modificación das comisión de goberno trala renuncia do Sr. Garcia Sande como voceiro e Portavoz do COE, o nomeamento de Ascensión de Vicente como voceira do COE, tamén aprobouse ordenanza reguladora de subvencións e a concesión dun ano de prórroga do contrato adminitrativo coa empresa encargada de xestionar a escola infantil Municipal de Pontedeume.

Chegouse ó punto no que se presentan mocións de urxencia. E todos os grupos da oposición, agás o COE, presentaron unha na que se instaba ó grupo de Goberno a retirar a oferta de emprego publicada onte no Boletín Oficial da Provincia e a negociar todos os puntos referentes á mesma por medio da Mesa Xeral de Negociación, para chegar a un acordo consensuado, un acordo tranquilo e satisfactorio para todos. Unha das opcións presentadas era a de consolidación das plazas ocupadas con carácter indefinido porque segundo o Sr. Agras, “se trata de persoas que levan moitos anos e ás xa non queren en ningunha parte”… (sobran comentarios).

A Corporación Local aprobou, con seis votos a favor -PSOE, BNG, Independientes en Pontedeume e o edil non adscrito, Fernando García Sande- e 6 en contra -Círculo de Opinión Eumés (COE) e PP- considerar de urxencia o debate sobre a moción presentada por todos os partidos da oposición excepto o COE. Este grupo recriminou ó resto de grupos que non se puxeran en contacto con eles para informalos do tema e plantexar a súa adhesión á iniciativa.

Para o portavoz do BNG, 'el asunto no se llevó de forma serena y se llegó a culpabilizar y demonizar a los propios trabajadores'. 'No me importa que demonicen al anterior Gobierno, pero este Concello es producto de 20 años de gobierno del PP y otros 20 del PSOE'

Dende aquí decímoslle ó Señor Rei que dende o grupo de Goberno ninguén culpou nin acusou ós traballadores de nada.

Tamén decirlle ó señor Rei dende as NNGG do PP, que se tamén lle molesta que fagamos enquisas na nosa páxina, a diferencia con vostede señor Rei é que nós queremos saber a opinión da xente. Acaso hai algo malo, niso?


O Sr, Agrás fixo onte unha das súas máis espectaculares actuacións, despois de defender a legalidade dos procesos de selección do persoal tanto o grupo do PSOE como do BNG, empezou a sua intervención dicindo, que él podía dicir o nome de 5 persoas metidas a dedo polo PP no seu tempo.

Entón qué sucede, se metían a dedo, non se metían, os metía todos Chacho...?

Despois de que o Sr. Alcalde afirmase que o proceso seguiría adiante, Chacho tomou de novo a palabra para pedir a demisión de Gabriel Torrente como Alcalde de Pontedeume, 'antes de que te boten'.

Finalmente, o Portavoz do PP Eugenio Otero, defendeu o proceso feito polo PP e aclarando que o equipo de Goberno xa negociara cos empleados municipais e máis cos sindicatos, e que se reunira cos empleados municipais, tanto laborales como funcionarios.

O Alcalde D. Gabriel Torrente aclarou que a Oferta de Emprego seguirá adiante, pero que non se entende o porqué deste escándalo, posto que as bases aínda nin sequera están feitas nin se negociaron, porque aínda non era o momento, polo que se pode estudiar como serán estas bases e sacar unhas oferta pública consensuada entre todos.

A moción se baseou en que non se convocou a mesa de negociación para tratar a oferta pública de emprego (senón que se negociou por medio dunha mesa de funcionarios e outra de persoal laboral) e que había que retirar a oferta porque era nula ó non negociarse por medio deste órgano de representación.

Chegado o momento no que se explicou que o xeito correcto de sacar a oferta a era a que propuxo o Goberno, a oposición cambiou o seu discurso e comenzaron a defender o de facer concurso oposión, acabar coa precariedade laboral (creada por 20 anos de goberno socialista!), temas sobre os cales non se pronunciou nunca o equipo de goberno porque son temas a tratar despois de que se publique a oferta.

Por suposto que o Goberno está de acordo en que as persoas opten ós empregos a través dun procedemento que respecte os principios de iguladade, mérito e capacidade, pero non están de acordo co prodecemento de consolidación.

Os fimantes da moción consideraban que a consolidación era igual de legal que a fórmula do goberno pero máis xusta que a que propoñía o goberno.Pero... Xusta para quén?
/ 01:49
Novas Xeracións / Pontedeume

Anuncio BOP Oferta pública emprego

<!-- document.write(''); -->

Read this doc on Scribd: Anuncio Oferta pública emprego
27-03-2008 / 17:13
S.O.S. Pontedeume

Casualidade ou non, pero os carteis xa os retiraron

É o que me poño a pensar cando hoxe ía co meu coche e "voilá", os carteis do BNG que adornaban Pontedeume xa non estaban.
Por un intre pensei en que a treboada os tirara o chan, pero o ver que non había ningún púxenme a pensar en que sería por mor do artigo que sacamos no día de onte, idea que rápidamente borrei porque ¿qué poder pode ter un blogue fronte os movementos dun partido político? ningún, polo que deseguido pensei en que pouco importaba o motivo, e si que se tiña acadado o obxectivo de que os carteis xa non pendurasen dos postes adornando o pobo, GRAZAS.