Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Mar 2008

31-03-2008 / 19:51
PSdeG-PSOE Pontedeume

Premios e concursos da Deputación da Coruña

A
/ 15:51
S.O.S. Pontedeume

¿Cal é o destino dos “chiringuitos” alboios de Cabanas?

Aínda que Cabanas non pertenza a Pontedeume, pero debido á súa proximidade estes días un dos temas de conversación de moita xente de Pontedeume e alrededores é o tema dos "chiringuitos" , alboios en galego, de Cabanas.
Recordemos que estes alboios están no punto de mira de Costas, xa que os quere derrubar ante a oposición dos seus propietarios que argumentan que son o seu medio de vida. Costas pola súa banda ante este litixio non permite que se acondicionen e melloren, ao meu entender é unha das formas de presionar para que abandonen os mesmos, pero se atendemos ás conversacións que se escoitan en bares e rúas de Pontedeume, veñen desembocar todas elas nun mesmo punto no que todo o mundo coincide pero que non hai probas.
Hai un refrán que di que "onde hai fume hai lume", valga a redundancia para o caso que tratamos, pero en varios destes alboios da praia de Cabanas apareceron varios carteis esta fin de semana que non fan máis que manifestar o temor dos seus propietarios en ser o seguinte nesta disputa que manteñen con Costas.
¿Que hai de certo nestas afirmacións? só o tempo dará ou quitará razóns, pero de momento a realidade é que isto é o que lle pasou e esto é o que queda do Lar D'Antón, polo que a pregunta xa vén rodada ¿cal será o seguinte?.


/ 12:26
PSdeG-PSOE Pontedeume

Touriño anuncia que en maio se presentarán as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Infraestruturas de Galicia

A
/ 00:56
Novas Xeracións / Pontedeume

Axuda Adquisición Ordenadores persoais




Adxuntovos as bases que rexen as axudas ao alumnado,de niveis non-universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2008 o ordeador pode ser de escritorio ou portatil.



O importe da axuda será de 300 €

Poderedes encontrar mais información na seguinte páxina:


www.edu.xunta.es

Gracias a AAVV pola información.
30-03-2008 / 19:55
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Programas de Avaliación Ambiental Estratéxica (CMA)

A
/ 17:01
S.O.S. Pontedeume

Deberá o Concello de Pontedeume plantar estas árbores nos almacéns de rajoy

Todo segue igual pese a que cambie a hora e que o tempo ameace treboada, xa que os rapaces seguen facendo botellón co que durante toda a xornada dominical temos que seguir sufrindo os excesos da noite anterior e non podemos aparcar os nosos coches no recinto o estar cheo de botellas e cristais rotos.
Déixovos coas fotos de hoxe non sen antes comentarvos que fun testemuña de como mentres sacaba estas fotos pasaba por alí un neno en bicicleta co seu avó e como trataba de explicarlle ao neno que o que alí había eran os restos da xente que bebía, pero o peor foi cando nun descoido do avó o neno agachouse colleu unha botella e tras rompela dixo "Avó rompín unha botella máis".

Desde este blog propoño unha solución ao Concello para evitar todas estas molestias e o gasto consiguiente. Trátase de plantar en todo o recinto árbores africanas que dán un froito que se chama a "Amarula", froito que contén catro veces máis vitamina C que a laranxa e ten un sabor parecido ao "Baileys con un toque afrutado e que alcanza os 17 grados de alcol ao desprenderse das ramas.
Polo que me pregunto ¿quen dixo que en plena natureza non hai cogorzas? ¿Non sería esta unha boa idea para evitar o lixo inorgánico xa que sería todo reciclable?. Para documentar todo isto deixovos este video que da fe do que digo.

Unha idea a ter en conta rapaces, ¡reclamade o que é voso!.



/ 13:42
PSdeG-PSOE Pontedeume

¿Qué hacemos con los juegos?

A
/ 01:52
Retrato dunha vila

Nunca Máis

nuncamais.jpgUnha historia real que parece sacada da época do franquismo. Daquela ninguén, ou case ninguén, se atrevía a enarbolar bandeiras que non fosen do réxime, como se lle soía chamar ao sistema político vixente. Os que si se atrevían a censurar eran os adeptos a este. Coa desfachatez dos que se sinten potentes e temidos, os defensores da España grande e libre podían ameazar aos que portaban unha insignia reivindicativa, unha bandeira ou simplemente falaban da democracia nos bares.
A historia que comentamos sucedeu en Pontedeume e hai só uns días. Como se o "réxime" non mudase no noso concello. Quen pasase polo mercado municipal decataríase que unha froiteiría que lucía fachendosamente unha bandeira do movemento Nunca Máis, xa estaba espida de tan provocativa insignia. A muller que rexenta o posto de froitas tivo que soportar moitos desplantes e intromisións por ousar lembrar a dignidade dun pobo que se fartou de dicir amén ás explicacións do PP cando o afundimento do Prestige. E estoicamente, como unha Mariana Pineda do século XXI, aguantou as impertinencias da veciña que despois de acudir a misa recomendáballe arriar a bandeira do escarnio. Outros deixaron de mercar por temor a ser contaminados polo chapapote da enseña.
Un bo día o encargado do mercado municipal, un celoso funcionario ao que non se lle ocorrería levar a contraria do seu xefe, conminou á froiteira a descolgar a bandeira do lugar. E dixo actuar en nome do alcalde de Pontedeume. A nosa Mariana contestoulle que semellante petición merecía ser inmortalizada nun edito para gloria da vila e corte. Nunca Máis seguíu inpertérrita na parede do mercado. Pero só por un tempo. Un mal día, de forte temporal e ventiscas, a bandeira apareceu descolgada e despedazada. Foi mentres o recinto municipal estaba pechado e ninguén se explica como alguén poido acceder ao pedestal e descolgar o plástico negro e azul. Os máis miserecordosos achacan este incidente ao forte vento capaz de infiltrarse polas deterioradas xanelas e desraizar a Nunca Máis

Comments

29-03-2008 / 16:33
Novas Xeracións / Pontedeume

Bases selección persoal colexio público (Conserxe)

<!-- document.write(''); -->
Read this doc on Scribd: Oferta Pública Conserxe
/ 14:21
PSdeG-PSOE Pontedeume / Pontedeume

Pongamos las cosas en su sitio, no donde están.

A