O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Ante o inminente peche do Tostaky, o seu propietario e amigos organizan un concerto en homenaxe a unha época na que tanto o seu local como a súa clientela deixaron marca na noite eumesa.
No cocierto de hoxe que comezará sobre as 22'30 horas xuntaranse
QUIQUE SALVADORES á Guitarra e Voz; JOSE ESTEBAN á Guitarra e (Sos); FERNANDO VILA coas Frautas e Percusións varias; MONCHO PREGO co Caixón. En devandito concerto tocaranse temas de BRUCE SPRINGSTEEN, BOB DYLAN, CAT STEVEN , BEN HARPER...
Durante o concerto estarán "abertos" a todo tipo de "colaboracións" que poidan xurdir.
Coméntase polo pobo que a primeira colaboración virá da man de CARLOS VÁZQUEZ.
Que o pasedes ben!

Hoxe 29 de febreiro a partir das 21'00 horas poderemos asistir á festa que nos teñen preparada en Noguerosa.
Poderemos degustar churrasco a 10 euros a ración e despois poderemos bailar o son das orquestras
Panamá,
Montes e
Marbella, polo que teremos garantida a festa ata altas horas da madrugada.
Dicir tambien que nos descansos haberá sorteos de "cheques regalo" de diñeiro a gastar en comercios eumeses.
¡Que o pasedes ben!.
Que os tempos en Pontedeume están cambiando sábeo calquera, basta con dar unha volta polo pobo para darse conta diso, cousas das que en próximos artigo darei conta, pero a maior e mellor iniciativa é a que vén apuntada hoxe en prensa, concretamente en
La Voz de Galicia, que recolle a decisión do Alcalde de Pontedeume de relegar a obras menores a potestade do "
Funcionario amigo" motivado pola firma de informes favorables sobre supostas licenzas irregulares, obras que desde a eumesfera desde fai tempo veñen denunciado tando desde
Fusquenlla como desde
Urbanismo en Pontedeume, quedando agora o destino de todas estas licenzas irregulares nas mans do Xuíz que decidirá a súa rectificación ata axustarse á legalidade ou a súa demolición, polo que pregúntome ¿acabáronse en Pontedeume as cestas ou o devandito de "dálle 100.000 pesetas ao funcionario amigo e todo arranxado"?.

Pois sí, xa son 30 anos. Algúns nin lembramos cando abriu as súas páxinas a Biblioteca Municipal, coma se estivese toda a vida aberta, cando o certo é que, antes de ser biblioteca, pasou o concello por alí, pasaron presos e, nas súas orixes, foi a escola do pobo.
Lembro que cando era pequeno, a bibliotecaria era Teté (non sei se antes dela houbo alguén máis), dempóis pasou Maruchi e, finalmente, Alexandre.
Cinco séculos de vida ten este edificio, e 30 anos albergando a biblioteca. ¡Que sexan outros 30 máis!