O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
O Consello da Xunta do 20 de decembro de 2007 aprobou as Normas do Hábitat Galego que marcan as calidades mínimas con que se deben construir as novas vivendas. Será de aplicación aos tres meses da sua publicación, estimada para primeiros do vindeiro ano. Escollemos algunhas das novedades máis salientables:
Integración e implantación
Todo edificio, ademais de cumprir coas condicións urbanísticas do planeamento, deberá ter unha escala e implantación coherente coa paisaxe natural ou urbana de calidade na que se insira.
Escala e integración na paisaxe.
A implantación do edificio no terreo adaptarase o máximo posible ó perfil natural deste, evitando movementos de terra innecesarios.
Así mesmo, a disposición da edificación, as súas formas, materiais e cores harmonizarán cos valores do seu entorno.
Implantación na trama urbana
Os edificios situados en contornos urbanos de calidade, deberán respectar as características volumétricas, tipolóxicas e de implantación existentes, e manter a integración ambiental.
Características referenciais dos espazos exteriores de calidade públicos inmediatos ó edificio
Deberá existir unha coherencia de deseño entre o espazo público e os edificios lindantes.
Todo espazo público deberá contar con elementos axeitados tales como zonas peonís,mobiliario, alumeado e outros servizos de infraestruturas.
Características referenciais do espazo exterior de calidade privado inmediato ó edificio
As características de deseño e calidade destes espazos, será homoxéneas cos do espazo exterior de calidade público.
Deberá existir unha coherencia de deseño entre este espazo privado e os edificios lindantes.
Retranqueos na edificación
De acordo co Apartado I.B.2.1, poderán deseñarse retranqueos na edificación que non poderán superar a profundidade de 2,00 m; así como haber unha distancia mínima perpendicular dende a vivenda lindante de 2,00 m ata o inicio do mesmo
Voos na edificación
De acordo co Apartado I.B.2.1, poderán deseñarse voos na edificación coas seguintes características:
As alturas libres mínimas entre pavimento acabado e cara inferior de forxado serán de 2,70 m.
As alturas libres mínimas entre pavimento e teito acabados serán de 2,60 m.
A Plataforma Cidadá pola Defensa do Patrimonio das Pontes leva xa tempo denunciando a destrucción continuada que sobre o patrimonio arqueolóxico se está a producir na zona das Pontes, coa inestimabél colaboración da Consellería de Cultura, en especial da Dirección Xeral do Patrimonio. Hai uns meses confirmábase a desaparición do círculo de A Mourela a causa das obras da autovía Ferrol-Vilalba, tributo irremediábel ao progreso segundo algúns fatalistas, salvaxe atentado contra o patrimonio cultural en opinión das xentes cabáis. Agora trátase da construcción dun parque eólico na parroquia do Freixo por parte da empresa Eólicas del Noroeste, S.L., sobre os terreos onde se atopa o derradeiro cromlech que se conserva en Galicia, o círculo lítico do Biduiral. No Estudo de Impacto Ambiental aparece descrito nos seguintes termos:
“se trata según algunos autores del único círculo lítico que se conserva en Galicia (…) Tiene unos nueve metros y medio de diámetro máximo y está formado por rocas y piedras de cuarzo y cuarcita y laxes de pizarra enterradas verticalmente en la tierra. Según algunos autores tendría un par de alineamientos paralelos de pizarra enterrados, a modo de entrada al círculo, orientados en sentido E-O (…). Por todo ello la fragilidad en este sentido cabe considerarla como baja” .
A instalación nos últimos anos de centenares de aeroxeneradores na zona está a producir, ademáis dun severo impacto ambiental e paisaxístico, danos irreparábeis nun valiosísimo complexo megalítico, dado a coñecer hai xa máis de medio século gracias aos traballos de Federico Maciñeira. Nesa vía natural que comunica As Pontes con Bares e co mar de Ortegal, a través das serras da Faladoira e Coriscada, camiño de orixe neolítica para o estudioso ortegano, téñense catalogado máis de cen mámoas, o cal motivou a elaboración dunha interesante proposta de desenvolvemento cultural por parte do Laboratorio de Patrimonio, Paleombiente e Paisaxe da Universidade de Compostela. A idea partía da necesidade de conciliar os diferentes usos, de compatibilizar o emprego das enerxías limpas co necesario respecto mediambiental e cultural.

Transcribimos a continuación a declaración da Plataforma:
Os veciñ@s das Pontes que integramos a Plataforma, cremos que a situación con respecto ao Patrimonio da comarca do Eume, non mudou nada nos últimos meses, semella que a destrución do noso anel da Mourela, deulles pulos aos iñorantes para seguir a desfacer o noso gran legado cultural. Namentres os que venderon a súa identidade ao mellor postor, tratan de amosarnos unha parcial realidade a través de mostras e exposicións, que o único fin que pretenden é lavar a cara das institucións que erraron na planificación dunha infraestructura clave para o desenrolo da nosa comarca.
O círculo lítico do Bidueiral merece un trato diferente ao que recibiron os aneis da Mourela e ás mámoas destruidas. O seu carácter exclusivo como elemento susceptíbel de ser estudado, documentado e recoñecido o seu valor cultural, lévanos a plantexar a necesidade da elevación deste elemento á categoría de Ben de Interese Cultural.
Cremos asemade na necesidade de que o Concello das Pontes tome conciencia da inxente cantidade de recursos patrimoniais que están espallados polo termo municipal e acometa a finalización da catalogación que estaba a levar a cabo o LIA Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas, así como a organización do fondo arqueolóxico depositado nos locais da estación de autobuses que agarda dende hai máis dun ano a que se lle tome en consideración.

Tras varios días ingresado en el Hospital Clínico de Santiago, aquejado de una infección respiratoria, este viernes ha fallecido el diputado del PPdeG José Cuíña Crespo ha fallecido. El ex consejero padecía además una infección en la sangre, enfermedad que se agravó debido a las bajas defensas como consecuencia de una neumonía.
Tras conocer la muerte de Cuíña, el PpdeG emitió un comunicado en el que señala que "la historia reconocerá, en todo su alcance, el valor del trabajo y del esfuerzo desarrollado por José Cuiña a lo largo de su dilatada carrera de servicio público a favor del desarrollo de Galicia".
La nota de los diputados populares añade que "fruto de este trabajo, especialmente en el ámbito de las infraestructuras de comunicación, Galicia conoció un antes y un después, que hay que agradecer a la entrega y a la visión de futuro de Cuiña, que pudo materializar desde su condición de conselleiro".
"Hombre de firmes convicciones personales y político de raza, José Cuiña amó a Galicia, Madre y Señora, por encima de todo desde una visión galleguista, abierta e integradora", se agrega.
Para el grupo Popular, "el recuerdo de José Cuiña seguirá presente de forma indefinida y constituirá un aliciente para seguir trabajando con la impronta de ese galleguismo abierto e integrador que permite ser y ejercer de gallegos y de españoles con absoluta naturalidad".
El PP de Pontedeume y las NN.GG desean expresar su más profundo dolor por el fallecimiento de D. José cuiña y se unen a la familia y amigos en estos momentos tan tristes.
Hoxe pola mañá quedei abraiado cando pasaba por a antiga praza do pilón, praza a que dende hoxe mudou o seu nome.
Tódalas persoas que por alí pasaban non podían permañecer impasíbeis ante o que vían, pois imaxino que dende o concello con premeditación e alevosía se realizaron os traballos baixo fortes medidas de vixiancia, grazas todo esto a un acordo que mantiñan en segredo con o Ministerio de Defensa e que se fixo realidade onte pola noite.
Eu deixarei unha imaxe que vale mais que mil palabras, ainda que desta vez a miña cámara non fose quen de sacar unha boa instantánea, descoñezo os motivos. Na mesma se pode ver como sacaron do seu emprazamento o pilón e no seu lugar puxeron unha estatua, estatua que non chamaría tanto a atención si non fose quen é. Somentes decirvos que dende hoxe o novo nome da praza do pilón será a da praza do xeneralísimo, praza que permañecerá baixo a forte vixiancia da lasca do alto do torreón.

Dende aquí convídovos a que pasedes por a praza para ver o cambio e protestar perante o concello si non vos gusta a idea.
Hai dous días dende aquí dábamos conta dunha situación que estaban padecendo os veciños da rúa de Ares,
veciños que dende había unha semana estaban sin alumeado público.
Pois ben non sei si sería casualidade ou porque nos fixeron caso, que mais da, o caso é que entre esta imaxe

e estoutra

pasaron somentes 24 horas, polo que estamos en condicións de decir que dende o concello se tivo en conta aos veciños.
Hoxe pola mañá quedei abraiado cando pasaba por a antiga praza do pilón, praza a que dende hoxe mudou o seu nome.
Tódalas persoas que por alí pasaban non podían permañecer impasíbeis ante o que vían, pois imaxino que dende o concello con premeditación e alevosía se realizaron os traballos baixo fortes medidas de vixiancia, grazas todo esto a un acordo que mantiñan en segredo con o Ministerio de Defensa e que se fixo realidade onte pola noite.
Eu deixarei unha imaxe que vale mais que mil palabras, ainda que desta vez a miña cámara non fose quen de sacar unha boa instantánea, descoñezo os motivos. Na mesma se pode ver como sacaron do seu emprazamento o pilón e no seu lugar puxeron unha estatua, estatua que non chamaría tanto a atención si non fose quen é. Somentes decirvos que dende hoxe o novo nome da praza do pilón será a da praza do xeneralísimo, praza que permañecerá baixo a forte vixiancia da lasca do alto do torreón.

Dende aquí convídovos a que pasedes por a praza para ver o cambio e protestar perante o concello si non vos gusta a idea.
En Ber un propietario que fixo a súa casa en contra dos ditames da Consellaría de Política Territorial acaba de ser multado por non atender diversas ordes de paralización. A vivenda está construída en zona rústica de protección costeira o que fai inviábel a súa legalización. Se é grave que un particular non acate a legalidade, non o é menos que unha corporación conceda un permiso de obras en zona protexida e que non sexa capaz de impoñer ao promotor a paralización da obra. Un proceder que se repite constantemente no concello de Pontedeume. Non esquezamos a emblemática obra de Caldagueiro con cinco decretos de paralización ou as construídas en Nogueirosa que foron denunciadas pola Fiscalía. E as que invaden zonas protexidas en Vizús a pesares do informe

contrario da Secretaria do Concello.
E precisamente é o poder xudicial o que debería velar polo cumprimento das leis aprobadas polo lexislativo e ignoradas polo executivo. É obvio o desinterese da Xunta en remediar os problemas derivados das construccións ilegais. A solución que o goberno autonómico elixe, unha simple multa, non parece a máis adecuada para persuadir aos promotores de construír onde non se pode. Máis ben é unha invitación a delinquir. Porque o que si está cada vez máis claro é que o goberno galego padece dun tipo de transtorno bipolar que o leva a adoptar unha linguaxe na que defende a protección do territorio á vez que transixe cos atentados máis letais que este recibe.