Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358 Eumesfera » 2007 » Diciembre
Pois ben chego a pensar que as nosas verbas caen en saco roto, pois hoxe pola tarde o pasar polo paseo marítimo ainda podíamos ver estopero o que ainda é peor é que tamén podíamos ver todo esto que ainda non se recolleuasí como os cristais das botellas rotas no carril bicie no propio paseo.Polo que ante todo isto penso que nos que pagamos os impostos que se nos esixen ¿non temos dereito a que se limpen de lixo as ruas e beirarrúas?, ¿con qué nos atoparemos o día de ano novo?.
O acto comezou coas palabras do cardeal Agustín García-Gasco, arcebispo de Valencia, que criticou "a cultura do laicismo", que cualificou como "unha fraude" que "só conduce á desesperación polo camiño do aborto, o divorcio express e as ideoloxías que pretenden manipular a educación dos mozos", e polo que nos diriximos á disolución da democracia".
Despois tomou a palabra o cardeal e arcebispo de Toledo, Antonio Cañizares, que asegurou que a familia está baixo "amenezas claras e ataques de gran calado", que supón un "ataque grave para o futuro da sociedade".
Rouco Varela cualificou a situación da familia como "o problema máis grave da sociedade", ao enfrontarse a quen "relativizan radicalmente a idea da familia" e a ameazas como "a violencia doméstica e os abortos", estes últimos cualificados como "praga", que "interpelan fortemente ás nosas conciencias".
"Quen obstaculiza a institución da familia, aínda que sexa de forma inconsciente, fai que a paz nacional e internacional sexa máis fráxil", asegurou o cardeal Rouco Varela, quen cualificou como de "valor insubstituíble" o matrimonio entre un home e unha muller, "célula e vital da familia".
O arcebispo de Madrid citou directamente o artigo 16.3 da declaración dos dereitos humanos: "Constatamos tristemente que o ordenamento xurídico español deu marcha atrás con respecto á declaración de Dereitos Humanos da ONU", asegurou Rouco Varela.
"Ofrecemos o noso testemuño, non o impomos", asegurou o cardeal Varela para acto seguido chamar á "evanxelización da sociedade española".
Preséntanse as próximas eleccións ou apoian a algún partido? A min estas palabras parécenme un abuso e recordanme tempos pasados. Será que deixamos que abusen de nos, como opina algún deles dos abusos a menores?
Se Xesucristo levantara a cabeza...
...Gentuza, la virgen!! Asinado: Un ¿mal cristián?
Nesta época, como non pode ser de outro xeito, é época de balances, de reflexiones sobre o pasado, e peticións, anhelos e obxectivos cara o futuro, os cidadáns facemos a nosa propia reflexión sobre o acontecido e o que nos deparará o novo ano. Dende estas líneas quixera facer esta reflexión xenérica sobre o acontecer público e político deste ano 2007.
Este foi un ano no que Galicia e España deron un salto cualitativo e cuantitativo en proxectos, investimentos, infraestruturas, dereitos sociais, dereitos públicos, en definitiva, foi un ano de progreso e de mellora da calidade de vida dos cidadáns. Isto foi posible en gran medida pola conxunción dun goberno progresista en Galicia, preocupado no benestar, a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns, o desenvolvemento económico, o crecemento do peso de Galicia no Estado e un Goberno Socialista no conxunto do Estado que tamén traballou en todo momento polo avance en dereitos sociais, pola xustiza, polo diálogo, pola paz e pola defensa dos intereses xerais de todos e cada un dos españois.
Este ano foi positivo para os cidadáns de Galicia que ven nos seus gobernos un referente de sinceridade, cumprimento e transparencia na aplicación de políticas e dos seus respectivos programas electorais que presentaron nas eleccións á cidadanía, respondendo deste xeito ao compromiso e respaldo por eles recibidos.
Pero tamén foi un ano no que o Partido Popular en España e en Galicia, segue sen atopar o seu sitio, non traballou facendo unha oposición útil, senón todo o contrario. Os seus dirixentes Acebes, Rajoy, Zaplana, Feijoo, dedicáronse a facer unha oposición de costas á cidadanía, preocupados máis nos titulares e golpes de efecto internos que en presentar proxectos que axuden á mellora da calidade de vida dos españois e dos galegos, e ó contrario, trataron de coartar os dereitos que recoñeceu o goberno socialista.
O PP de Rajoy, utilizou a crispación, a mentira, a obstrución ó dialogo e o terrorismo como única arma política para desgastar a José Luís Rodríguez Zapatero e ao Goberno do PSOE , mentiron á cidadanía, néganse a aplicar a constitución para as reformas estatutarias das comunidades autónomas, negando o seu debate e discusión nas Cortes Xerais, vetan o diálogo e o consenso para tomar acordos que benefician ao conxunto da cidadanía, utilizan o terrorismo e as victimas como arma arreboladiza contra o Goberno (as que queren), menoscaban o traballo das forzas e corpos de seguridade na loita contra ETA, non apoian o aumento de dereitos da sociedade, menosprezan ás demais forzas e partidos políticos independentemente da representación e do apoio social e electoral que teñen, en definitiva, non fixeron os deberes pensando nos cidadáns, senón no seu odio e rencor contra os gobernos progresistas que gobernan en Galicia e en España.
Como xa están en campaña electoral, vimos escoitando tonterias en boca de Rajoy sobre baixada de impostos, subida de pensións, máis efectivos de seguridade e que con él "é posible", e digo eu, porque cando era ministro e vicepresidente primeiro do Goberno non fixo nada por conseguir o que propón agora, é mais, conxelou salarios públicos, non subíu as pensións (na actual lexislatura as pensións subiron un 28%, precisamente uns 150 euros, e sen embargo todas estas subidas foron co voto contrario do señor Rajoy), non subiu o salario mínimo, baixou os efectivos policiais (a promesa de aumentar os efectivos policiais contradícese co feito de que, durante o mandato do PP, estos descenderon de 51.700 a 43.000, mentras que o Gobierno actual os aumentou en 11.000 en só tres anos), convirteu unha marea negra con hilillos, defendeu a guerra de Irak... A única aportación de Rajoy como vicepresidente e ministro do Goberno se limita a un decreto que impide dar de baixa no censo de residentes ausentes aos emigrantes retornados, facilitando o dobre cómputo nos dous censos.
O futuro do PP pasa polo camiño que vai marcar a linea política interna do PP logo de perder, por segunda vez, as eleccións Rajoy a favor de Zapatero. Ao PP espéranlle anos de incerteza, sen capacidade de poder, de bi-tri cefalias e de inestabilidade polas fortes e diferentes correntes que o compón: extrema dereita de Acebes, Zaplana, Mayor Oreja, o poder eclesiástico que lle vale de plataforma social movilizadora e ideolóxica, FAES como poder tamén ideolóxico e económico, e a corrente da militancia que, aínda que actualmente non moi escoitada polos dirixentes, en procesos de inestabilidade terán tamén que dicir.
En poucos países a igrexa católica tivo o atrevemento de saír á rúa para combatir ás forzas do mal, representadas neste caso no goberno de Zapatero. Noutros avatares históricos demostraron estar dispostos a salvar as almas aínda que para iso os golpistas como Franco ou Pinochet tivesen que asasinar a uns cantos cidadáns que se opoñían á inxerencia da relixión na vida social dos pobos. Agora, dando un paso máis, se enfrentan ao goberno a poucos meses das eleccións. O que nos leva a pensar que Rajoy será o próximo presidente. Sabemos dende sempre que os enviados de Deus na terra non toleran, despreciando as ensinanzas de Xesús sobre a tolerancia, o homosexualismo, o laicismo, a prostitución, o aborto, o divorcio, e un longo etcétera. Pola contra xustifican a pederastia e gardan silencio ante os parricidios cometidos como manifestación salvaxe do divorcio.
Domingo Blasco, do Foro de la Familia, dixo: "No dejéis el corazón y la cabeza de vuestros hijos en manos de nadie y menos del Estado". Debería engadir: tampouco en mans dos cregos pederastas. Que habelos, hainos. Porque "o que se mama de nenos, nunca se olvidará", palabras textuais da folla parroquial de Pontedeume. E un galego dos que fan historia, Rouco Varela, dixo que España debe ser evanxelizada. Hai xa 70 anos a igrexa española calificou á sedición franquista de cruzada para evanxelizar o país e liberala do ateísmo. Se é certo que a historia se repite por períodos cíclicos, será mellor empezar a preocuparse.
Esta é unha pregunta que se fan tódolos veciños e mais dunha familia que elixiron Pontedeume para pasar a xornada dominical. Moita xente que nos visita xa queda abraiada cando pasea por o pobo e ve que o lixo se apodera de Pontedeume,ou cando se dirixe os almacéns de Raxoi para aparcar o seu coche e ve con sorpresa que non o poden deixar debido ao problema que ainda que xa saibamos e en parte estemos acostumados, non deberíamos permitir. Estoume a referir os archicoñecidos problemas con o lixo xerado por o botellón e por a multitude de cristais e botellas que quedan no chan non premiten o estacionamento dos vehículos, cristais e lixo que están no chan pese a ter contedores o seu carón.
Pero a gota que colma o vaso e que penso que é unha provocación é estotrátase do lixo que quedou amoreado nun banco do paseo marítimo, en concreto no primeiro que nos podemos atopar a entrada, e que deu unha imaxe penosa a toda a xente que por alí pasaba nun día no que aproveita moita xente para ir con toda a familia, cativos incluidos.Por o que xa podedes imaxinar a serie de comentarios que xurdían de todos eles, por o que me pregunto ¿merecen tódolos veciños e tódolas persoas que nos visitan ver imaxes como estas?. ¿Cando se tomarán medidas para evitar todo esto?. ¿Con qué nos atoparemos o día de ano novo?.
A Consellería de Medio Ambientedestinará 618.172 euros á restauración das zonas de captación de fontes e mananciais en parques naturais, tendo en conta a importancia que estes teñen para o hábitat e ecosistemas. Estas obras realizaranse nos parques da Serra do Xurés, Fragas do Eume, Serra da Enciña da Lastra, Serra do Invernadoiro, Corrubedo e Monte Aloia.
A esta primeira batería de actuacións, que se levarán a cabo pola vía de emerxencia para garantir a súa execución inmediata, se sumarán as que a Consellería de Medio Ambiente porá en marcha a medio prazo e que pretenden solucionar de xeito estrutural problemas de abastecemento en grandes núcleos de poboación de Galicia. Esta segunda parte do plan contra a seca está agora mesmo en fase de elaboración e serán presentadas a mediados do próximo mes de xaneiro.
Un gran interese por parte de Medio Ambiente en garantir o abastecemento de auga en época de escaseza. Teríamolo que agradecer se non fose porque nas próximas semanas vaise desviar auga do río Eume para encher o oco da mina d’As Pontes que Endesa explotou durante décadas. Unha contradicción á que xa nos teñen acostumados os nosos políticos que predican pola boca e degradan coa sinatura. A solución escollida pola empresa e lexitimada pola Consellaría de Medio Ambiente é a máis económica pero tamén a máis lesiva dende o punto de vista medioambiental. Amais de desabastecer ao Eume por un período non menor a catro anos, poderíase alterar a calidade das augas do lago e trasladar a contaminación aos acuíferos dos que agora se queren aproveitar as súas augas. A corrosión das augas degrada o ecosistema fluvial, ata ser incapaz de manter formas de vida acuáticas, e a solubilidade de metais pesados aumenta, provocando a toxicidade das augas. O parque natural das Fragas do Eume corre perigo se a súa principal arteria, o río Eume, sofre as restriccións de caudal que se anuncian para o vindeiro mes.
No mes de outubro, a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla dirixiron un escrito á Consellaría de Medio Ambiente no que se solicitaba un estudo independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. O único informe realizado foi por encargo da propia empresa, e aceptado como bo pola Consellaría. (Máis información aquí)
Sabedes que hoxe en Madrid hai unha manifestación do Clero, para apoiar e exaltar á familia tradicional cristiá. Os argumentos son os seguintes:
Non estou en contra da familia cristiá, é máis, fai varios meses casei pola Igrexa Católica, polo tanto eu, que pertenzo a unha familia "cristiá" non me sinto "ameazado" polas novas formas de matrimonio. Cada un é libre de contraer matrimonio con quen desexe e polo rito que desexe sin que ninguén o xulgue, e menos con eses argumentos tan estudiados e contrarrestados.
Total que todo redúcese a un problema de amígdalas...
MORALEJA: Faite do Opus, Legionario de Cristo ou militante de extrema dereita, verás como a vida perde matices e, en consecuencia, desaparecen moitas complicacións. Es lo suyo...