Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Nov 2007

25-11-2007 / 20:05
S.O.S. Pontedeume

¿É legal o top manta en Pontedeume?.

Eu non podo opinar xa que non dispoño de datos sobor do tema, pero fágome eco do que se publicou en Pontedeume Fala, no que en dúas entradas 1 e 2, veu denunciar unha conducta que se está dando en Pontedeume o día do feirón e que resumido ven a decir que se está permitindo o top manta e como proba dice que se lles está cobrando o imposto para poñer as suas mantas, e inclusive que se lles pon menos trabas que os que venden queixos.
Volvo a repetir que eu non teño probas, somentes me fago eco do publicado, eso si fun quen de sacar a fotografía que de seguido vos amoso e con a que poderedes sacar a vosa propia conclusión tendo en conta que a fotografía está sacada o sábado e preto do concelloporque eu tras ver o do sábado xa non sei si pensar que ¿será legal o top manta en Pontedeume?.


/ 02:39
Colectivo Fusquenlla

Os aparcadoiros, columna vertebral da política eumesa

Moitas das iniciativas da política municipal xiran arredor da creación de prazas para aparcar

praza-s.jpgO alcalde de Pontedeume solicitou ao instituto Fragas do Eume poder utilizar o patio de deportes deste centro educativo para convertilo, en determinadas ocasións, en aparcadoiro de coches. Como se sabe son moitas as voces dos que consideran que esta vila adoece por prazas para aparcar, opinión esta máis que cuestionábel. Se ben é certo que este problema existe en días específicos, tamén o é que se dá un uso irracional do automóbil por parte de algúns usuarios: os menos concienzados cos efectos daniños da emisión de gases. E ante este abuso non cabe a reconversión de espazos públicos, só as medidas coercitivas para impedir o uso indiscriminado do automóbil. Dende a creación de zonas azuis ata a a prohibición expresa de circular polo casco histórico. Todo o contrario do que o Concello pretende: a utilización de espazos reservados a outros usos para disfrute dos automobilistas. Empezouse pola Alameda, propúxose a remodelación do peirao e agora un recinto escolar, sen esquecer o aparcadorio subterráneo na praza do Conde. O que nos propoñen é a contaminación, o ruído e a intranquilidade propia das grandes cidades. Toda unha serie de despropósitos que promoven o absolutismo do tráfico fronte á exixencia de convertir as vilas en lugares acolledores, agradabeis e cómodos.
Tentar resolver un problema sen ir ás raíces do mesmo non favorece a súa desaparición. Certas menciñas atenúan os síntomas; as vacinas evitan as doenzas.

24-11-2007 / 22:32
Novas Xeracións

Día Internacional contra la violencia hacía las mujeres y las niñas



El 25 de noviembre, se celebra anualmente el día internacional contra la violencia de género. Un día que, en la actualidad, adquiere un significado tan especial como triste.

Somos una joven democracia que, en ciertos aspectos, todavía arrastra los valores caducos de una sociedad patriarcal y machista, donde las mujeres se veían sometidas a una sumisión incuestionable, dentro y fuera del hogar.

Por eso, urge un cambio de mentalidad que nos lleve a un alejamiento de la pesadilla que demasiadas mujeres están sufriendo.

Desde Novas Xeracións queremos denunciar la gravedad de esta situación, que nos llevó el presente año, todavía sin finalizar, a contabilizar más de 65 mujeres asesinadas a manos de sus parejas o ex –parejas. Todas ellas víctimas de una violencia que hunde sus raíces en la desigualdad.

Es por este motivo que desde nuestra organización pensamos que se deben tomar medidas, tanto paliativas como preventivas.

Tenemos la obligación de ayudar a que las mujeres den el paso de denunciar a su agresor (tan solo el 25% de los casos acaba en el juzgado), así como de evitar que se produzcan en un futuro nuevos casos, integrando transversalmente una serie de valores en la educación que hagan entender a los niños que esta situación de sometimiento de la mujer no es lo normal.

Es preciso rechazar esta normalidad cotidiana con la que ya se ven estas agresiones; por eso optamos por una más que necesaria TOLERANCIA CERO con la violencia de género.

Cabe señalar que no sólo la violencia física debe considerarse como violencia de género.

Muchas veces olvidamos que un número elevadísimo de mujeres sufren día a día otra clase de agresión, una agresión que puede llegar a ser, en ocasiones, peor que la violencia física: el maltrato psicológico.

Dicha violencia debe ser perseguida de igual forma, y nosotros demandamos que sea penalizada como se merece.

Actualmente, se vienen dando pasos importantes para acabar con esta lacra, pero aún nos queda un largo camino por recorrer. Un caminar que debe emprender la sociedad en su conjunto. Un esfuerzo que todos y cada uno de nosotros tiene que hacer.

No hay excusas, no hay negativas válidas.

Todos debemos juntar nuestras voces aunando un solo deseo:

¡NO A LA VIOLENCIA DE GÉNERO!
/ 21:41
Novas Xeracións

Con Rajoy es POSIBLE

/ 20:47
Novas Xeracións

Todos somos CARLOS



Carlos era un chico como otro cualquiera de nuestra edad, con sus inquietudes, con sus sueños, con sus ganas de vivir, con sus ideas políticas, con toda una vida por delante.
Carlos fué asesinado por un fascista, de profesión soldado profesional, el domingo 11 de Noviembre en el metro de Legazpi de Madrid. Carlos ha muerto por defender unas ideas y manifestarse contra una ideología que siembra dolor y odio, no es ningún pandillero, ni violento, es un joven con conciencia social.

Repudiamos con nuestra mayor energía a estos asesinos neonazis, sin olvidarnos que esto es sólo la punta de un iceberg de un complejo entramado de bandas, ancladas en el pasado, con unas "ideas absurdas". Unas ideas que, pudiendo ser respetables como las que más, dejan de serlo, una vez que estas personas tratan de imponer su pensamiento a través de la fuerza, a través del miedo.

Desde aquí rechazamos el encubrimiento que ha querido hacer la mass media,de este asesinato, intentando desviar la atención con: “peleas entre bandas”, “reyertas de jóvenes violentos” “disturbios”, etc. Metiendo a todo el mundo en el mismo saco sin profundizar en la raíz del problema, que es la proliferación de partidos de ideología fascista y racista.



Desde las nngg de Pontedeume, condenamos a todo aquel sistema,regimen,banda terrorista,la cual no nos permita expresar nuestros derechos, nuestras libertades, como personas iguales que somos.
/ 18:52
BNG Pontedeume

Declaración do BNG polo día internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación. Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno. A Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe da violencia de xénero no ámbito galego co fin de conseguir unha verdadeira realización do principio de igualdade entre mulleres e homes, porque un dos obxectivos prioritarios de toda sociedade democrática é a igualdade entre os homes e as mulleres e unha unha clara expresión da desigualdade é a violencia de xénero.

A sociedade galega non debería aceptar ningunha forma de violencia de xénero, e as institucións locais teñen que tomar consciencia e responsabilizarse na tarefa de eliminación da violencia exercida contra as mulleres.

Tomar consciencia é un paso que hai que dar de modo colectivo, desde o mundo laboral, as institucións, os medios de comunicación, o ensino, etc, mas tamén é un paso que se debe dar de modo persoal e individual. Para construír unha sociedade baseada nos valores democráticos de igualdade entre mulleres e homes, necesitamos de medidas lexislativas ou contributos desde as administracións públicas, que o BNG leva poñendo en marcha onde ten responsabilidades de goberno, mais aínda é necesario o compromiso social. Este compromiso social constrúese desde a solidariedade persoal á hora de condenar sen paliativos as accións de violencia contra as mulleres, de denuncialas e facer visíbeis as nosas denuncias. Por iso o BNG desta volta quere chamar tamén á responsabilización e ao compromiso persoal de cadaquén.

Os agresores non deben achar respaldo para continuar con "normalidade" a súa vida mentres as mulleres agredidas pasan auténticas dificultades para recuperar as súas vidas. Estas dificultades son moitas e teñen que ver co aspecto económico, laboral, familiar e social.

No momento en que vivimos, onde as mulleres seguen a ser obxecto de maos tratos e moitas perden a vida a mans da súa parella ou ex-parella, non cabe ollar para outro lado, debemos dar a cara todos e todas, e asumir homes e mulleres que coa violencia de xénero non caben medias tintas. Contra a violencia machista debemos actuar todos e todas. Todas e todos somos testemuñas, e podemos escoller entre ser cómplices ou ser persoas solidarias que non imos consentir co noso silencio que se lexitimen condutas violentas contra as mulleres que perpetúan concepcións machistas asentadas en valores patriarcais.

O papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e a cidadanía, e poden constituírse nun modelo de repulsa para todos os veciños e veciñas dos actos de violencia contra as mulleres, manifestando a súa total condena e proclamando a súa corresponsabilidade na prevención, persecución e denuncia dos casos de violencia machista, así como a atención ás mulleres en situación de violencia de xénero.

As cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto dunha maneira brutal, que aínda non podemos baixar a garda, e que se fai imprescindíbel a implicación de todas as institucións, asociacións e persoas. Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.
Cómpre pois unha implicación real de todas as administracións no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación.
/ 14:50
Pontedeume fala

-Sobor dun video no Youtube-

Onte, de visita polo Youtube, atopei isto. Non sei quen o fixo, nin quero sabelo, pero creo que está a sacar de contexto o post anterior.

Creo que non dixen nada sobor do pirateo de cd's, senon do fraude que está a facer o Concello ó cobrarlles por poñer o seu posto. É fácil sacar de contexto o que un dí, pero bueno... pra iso estamos eiquí, para ¿rebatir?

Cada quen que faga o que lle pete á hora de mercar música. Na miña miserable opinión, a culpa de que se venda tan "pouca" música, non é do pirateo. Os verdadeiros piratas son os que están derredor da grabación dun disco, porque, a grabación completa e posterior maquetación, lles sae a 2 ou 3 euros a unidade... ¡e o venden a 20!, de tódalas maneiras, eiquí vai un artigo que me pasaron fai tempo sobre a SGAE... Pola boca morre o peixe.

MANIFIESTO EN APOYO A LA PIRATERÍA
(¡sí!, ¿qué pasa?)

Dada la mierda que nos escupe diariamente la tele, radio, prensa y demás medios de comunicación, un grupo de disidentes hemos elaborado este manifiesto a favor (sí, A FAVOR) de la piratería. Si te mola, pásalo. Si prefieres creerte las mentiras de la industria, haz con él lo que te salga del arco del triunfo.

El currante medio, aplastado por la hipoteca, la precariedad laboral, los horarios DE MIERDA y otros abusos sociales, como la caña de cerveza a 2 putos Euros. Ese músico mediático que se duele detrás de unas gafas de sol en la Moncloa, forrado de pasta hasta los pendientes. Tiene cojones ir de rebelde por la vida y terminar en las escaleras del centro del Estado (por si no captáis las sutilezas, el ejemplo se refiere a Alejandro Sanz, aunque es extensible a todos los membrillos/impresentables que le acompañaban en "la casita del Zapatero").

Mira, chavalote, en la gira que te vas a marcar este verano vas a ganar más pasta -haciendo algo que te gusta y que en teoría te llena- de lo que ganaré yo en toda mi puta vida de currito, cargando, además, con una actividad que no me aporta nada personalmente y con la que, si no fuera por el sueldo adicional de mi novia, ni siquiera me daría para pagar el piso donde vivo.

Dice:"La música está muy mal" -gime. Tú, chavalote, no sabes lo que es estar mal. ¿Qué sabes tú de hipotecas, de rebotar de un contrato a otro, de currar a turnos o de 7 a 7? ¿Qué sabes tú de llegar a fin de mes, o de lo que me cuesta a mí plantearme tener hijos con lo que piden en una guardería? Porque te recuerdo que aquí, en el mundo real, curramos dos para pagarnos 70 metros cuadrados.

"La gente que compra en el top manta no ama la música" -escupe otro. ¿Con qué validez moral exigís vosotros, que vivís a todo trapo de camino entre Madrid y Miami, sin saber ni el dinero que tenéis, al currante que os pague los vicios y haga multimillonaria a la multinacional de turno? ¿Cómo se puede tener la cara de plantarse en plan víctima sobre una vida de lujo? La industria ha abusado -y abusa- con los precios y las calidades. Sólo ahora que se ve con el rabo en el culo ofrece lo que no pueden dar los piratas: DVD's con vídeos, extras y demás. Todo, curiosamente, al mismo precio que antes. ¿No llorabáis que no se podían bajar los precios? Cómo vale ahora un álbum que lleva 12 canciones en el CD y 16 en un DVD (verídico) lo mismo que antes el mismo álbum con el CD a pelo? ¿Cómo puede valer un mismo álbum en España 18 euros y en Alemania 20 (contrastado) cuando los alemanes ganan más del doble que un español?

Ahora que las mafias de Internet os revientan, ahora, que ya no tenéis la sartén por el mango, pasáis de la posición dominante y abusiva a la apelación más rastrera de sentimientos. Pues yo, y muchos como yo respondemos: AHORA, QUE OS DEN POR CULO. NADIE puede pedirme que le pague la colección de coches de lujo, el yate y las cuatro casonas en Miami, la Sierra o Marbella. NADIE puede pedir moral desde la inmoralidad. Ejemplo: Bustamante se acaba de comprar una casa de 500 kilos de las antiguas pesetas en solo CUATRO AÑOS DE CARRERA MUSICAL, claro ejemplo de lo mal que está el panorama musical.Todos esos ¿musicos? superventas con cara bonita, coreografia casposa y hasta las cejas de dinero...os podeis meter vuestros cd's por el culo uno detras de otro...vosotros si que estais matando la música, no los melómanos que la compartimos en internet!

Compartir no sólo NO es delito ya que para ello se rekiere ánimo de lucro y perjuicio de terceros.

O dito, ¡regulación do feirón XA!
/ 13:39
Pontedeume na Rede

Novo blog na Eumesfera

Un novo blogue na Eumesfera:

                              http://www.blogoteca.com/breamo/

 Ten o valor engadido de que está feito por uns rapaces do I.E.S. Breamo. Ánimo rapaces...

/ 13:08
S.O.S. Pontedeume

¡NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!.


¡Que o medo non che impida ver outro futuro!, é a frase que será empregada pola concellalía de servicios sociais de Pontedeume para a campaña que se puxo en marcha na contra da Violencia de Xénero, na que cabe destacar que os profesionais que a desenvolverán consideran esencial a sensibilización e a educación no respecto.
Pode parecer que é un tema que non se nos da en Pontedeume, pero por desgraza as cifras falan soas, pois nestes últimos 3 anos xa se rexistraron mais casos de violencia que nos últimos 17 anteriores xuntos, e compre destacar tamén que neste ano xa se rexistraron 5 ordes de afastamento.
Coincidindo mañá con o Día Internacional contra a Violencia de Xénero dende o concello se procederá a lectura dun manifesto as 12 da mañá no salón de plenos.
Dende aquí ¡NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!, e recorda que podes denunciar no teléfono 016.

23-11-2007 / 19:58
Nacho Pontedeume

Concellería de Ornato?

O certo é que Pontedeume necesita –dende fai xa suficientes anos- un empurrón. Necesitamos desenvolvemento industrial, infraestructuras, potenciación e estudio do turismo, desenrolo cultural e social, en definitiva crecer social e economicamente. Temos problemas que hai que abordar dende o político, fundamentalmente en relación coas demais administracións con competencias no noso Concello. Aínda así, e priorizando isto, creo que non deberiamos obviar os pequenos detalles que, baixo meu punto de vista, enriquecen o noso pobo e o fai máis agradable.

O coidado dos pequenos detalles favorece a mellorar a imaxe dunha casa, dun coche, incluso dunha persoa, e como non, dunha Vila. Creo que xa fai varios anos que estes pequenos detalles están a ser obviados polos nosos Gobernantes e por nos, os veciños. Refírome a pequenos detalles de ornamentación. Amañando esas pequenas cousas, que normalmente non supoñen custo algún para as arcas municipais, mellorarase a imaxe da Vila tanto para os visitantes como para os veciños. A todos gústanos pasear por espazos que visualmente sexan atractivos e agradables aínda que estructural ou politicamente escondan problemas –por suposto, importándonos-. Un exemplo claro é a rúa pescadería antes e despois de que os comerciantes tomasen a inicitiva de “ornamentar” a súa rúa, simplemente, dotándoa de meceteiros. Visualmente é máis atractiva e pode invitar ó paseo por ela.

De todo o exposto non se pode sacar a conclusión de que obvio os problemas reais e fundamentais da Vila, o seu crecemento, e que priorizo a “fachada”, non. Pero si lle dou unha importancia cada vez maior ó estado do mobiliario público, dos parques e xardíns, das rúas, das fontes, etc. Creo que Pontedeume necesita –tamén- un lavado de cara.

Unha señal rota, un bolardo solto, unha herba sen cortar, unha fonte sucia, una bombilla apagada, unha rúa mal empedrada, pinturas nas fachadas e no chan, varandas oxidadas ou sen pintar, vella publicidade nas paredes e nas vallas, bancos, farolas e papeleiras rotas. A verdade que para resolver estes pequenos problemas non creo que faga falla a antiga Concellería de Ornato, pero si creo que alguén debería preocuparse destes pequenos pero importantes detalles