

Na fotografía, ainda que poida parecer unha montaxe, se pode ver nunha das fiestras un cono de sinalización, por o que me invadiu a dúbida de ¿si estábamos ante obras e o cono estaba sinalizando as mesmas sin saber o seu cometido exacto?, ou ¿é que se trata do novo lugar onde se reunen os asistentes o botellón e o usan para marcar o lugar como fixeron no tellado dos Almacéns de Raxoi?.
Un percorrido pola costa galega é coma unha viaxe a través dunha fonda ferida aberta na paisaxe. A modernidade asáltanos sen compasión desde a Garda ata Ribadeo. As consecuencias desa barbarie urbanística, da “violencia catastral” que asola o noso territorio, desnaturalizándoo, poñéndoo nas mans das transnacionais do cemento, comprobámolo a diario no progresivo deterioro que están a sofrir moitas vilas que ven o seu patrimonio urbanístico e paisaxístico arrasado pola especulación. Con esta galería de ecomonstros -que sempre será parcial e aberto a novas incorporacións- propoñémovos unha mirada ás novas realidades paisaxísticas que poblan o skyline das vilas galegas.
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()

![]()

un problema que xa se viña arrastrando segundo as malas línguas por empregar materiais que non viñan no proxecto. Aparte de amañar os mesmos tamén se tomarán outras medidas como son as de limitar a tonelaxe dos camións que acceden o casco a 5'5 toneladas, podendo acceder os que a superen sempre e cando conten con un permiso especial polo que se farían cargo dos posibles desperfectos.
cando pasaba algún vehículo por enriba o movela salpicaba o que estaba alí estacionado, con o conseguinte gasto de ter que limpar o seu coche.
Outra nova da que vos podo informar é que o ruxe ruxe que me dixeron o outro día era certo, pois comezaron as obras das beirarrúas da avenida de Ferrol dende o cruce con a rúa de Ares ata a estación, con o que dentro de pouco xa poderemos disfrutar dunhas beirarrúas nas que o único sobresalto poidan ser as defecacións dos cans, acadando tamén que se millore a imaxe que de Pontedeume leven tódalas persoas que nos visitan en tren.



Os próximos días 28 e 29 de novembro, seis compoñentes do Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estarán en Bruxelas para presentar unha denuncia ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas que viven na Ría de Ferrol, vulnerando fragrantemente os artículos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II), sen ter acreditado o cumplimento de dita normativa nin da Norma europea EN-1532 de saida ao mar dos buques gaseiros en caso de emerxencia e ameazando a riqueza marisqueira da que viven máis de 600 familias.
Asemesmo a Delegación do CCE tendrá entrevistas con distintos eurodiputados para facilitarlles copia de dita denuncia que se presentará esta semana ao Comité de Peticións por vulneración da Directiva Seveso II e asemesmo para darlles coñecemento doutra denuncia máis presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia, Mario Monti, por vulneración da normativa europea da Competencia cun convenio suscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para agochar inversións e axudas publicas, en perxuicio doutros operadores do sector enerxético.
A viaxe esta organizado polo Grupo Parlamentario Europeo de Izquierda Unida, quen traslada a Bruxelas a unhas 25 persoas de Galicia, de distintos colectivos. O mércoles día 28, ás 12,30 da mañán, esta prevista a súa acreditación para a entrada no Parlamento Europeo. A primeira hora da tarde do mércoles terán unha entrevista con Willy Meyer, eurodiputado por Izquierda Unida e con David Lowe, Secretario Xeral do Comité de Peticións.
O xoves 29 de novembro a Delegación do CCE ten previsto entrevistarse con europarlamentarios do grupo dos verdes, entre eles David Hammerstein. Asemesmo, hai previsto unha entrevista coa eurodiputada Inés Ayala Sender, representante socialista na Comisión de Peticións, e cos eurodiputados socialistas galegos Rosa Miguelez e Antolin Sánchez.
Para facilitar a identificación dos compoñentes del CCE, estos llevarán camisetas de color vermello, distintivo do sinal de perigo, co eslogan “¡Planta de Gas Fora da Ría! “En defensa da vida da Ría e da legalidade”.

posto que aparte dos danos materiais que se poderían causar os vehículos, ¿qué pasaría si un cativo que xogase por alí o domingo se cortase?.
A asociación veciñal de Vilar-Campolongo afirma que a distancia mínima ás vivendas debe ser de dous quilómetros e pregunta ao Concello eumés pola situación legal do negocio.
A asociación de veciños de Vilar-Campolongo enviou un escrito ao Concello de Pontedeume no que advirte de que algunhas das vivendas da Pedridas e O Barro están a uns 90 metros de distancia da canteira situada nesta parroquia, cando, segundo destaca o presidente da entidade, Carlos Fornos, a distancia mínima legal dunha explotación deste tipo ás casas debe ser de 2.000 metros, segundo a normativa que regula as actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
O escrito da entidade veciñal vai a acompañado da firmas duns 40 afectados, veciños todos eles dos lugares das Pedridas e O Barro. “É o terceiro escrito que enviamos ao Concello. O primeiro deles remitímolo o pasado 3 de setembro e non tivemos ningunha contestación nin nos convocaron a ningunha reunión. Se non contestan a esta nova carta teremos que recorrer á Delegación do Goberno. Ata lles mandei fotografías de satélite da canteira”, manifestou Fornos.
A asociación de veciños de Vilar-Campolongo tamén advertiu no primeiro escrito ao Concello da contaminación de tres pozos situados preto dunha canteira. A entidade, que relaciona a contaminación da auga coa actividade da empresa, solicita ao Goberno local información sobre a situación legal do negocio. Desde a asociación explican que os pozos presentan contaminación por augas fecais, que atribúen ao movemento de terras e ás filtracións que se producen tras as explosións realizadas pola canteira. En canto ás declaracións nas que o alcalde afirmaba non ter constancia dun dos primeiros escritos da asociación, Carlos Fornos pregúntase “quen llos garda”. “Ten unha mafia dentro do Concello? Non se se esa xente ten o permiso de Industria, que llo puido conceder sen comprobar as condicións da canteira, pero esa é a pregunta que lle fago eu ao Concello, que ten que saber se as empresas asentadas no municipio estano de forma legal ou non e é o Concello o que ten a última palabra e o que, se a actividade é molesta para os veciños, deben denegar a súa autorización”, recalcou.
Os veciños tamén denuncian que o recinto está sen valar e sen sinalizar, co consecuente perigo para persoas e animais, e quéixanse do ruído. A empresa declinou onte facer declaracións respecto diso.
