Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2007 » Octubre
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Oct 2007

28-10-2007 / 11:34
Colectivo Fusquenlla

Consultora Galega proxecta un paseo marítimo dende Arbosa ata As Fragas

Lido en La Opinión

A Consellería de Medio Ambiente abre un prazo dun mes para presentar suxestións ao documento inicial do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica do PGOM eumés.
boebre5.jpgA empresa que redacta o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Pontedeume, Consultora Galega, pretende favorecer a creación dun corredor verde desde Arbosa ata o centro urbano e desde aí ata o parque natural das Fragas do Eume. O cinto litoral proxéctase en paralelo ao deslinde marítimo terrestre e a 100 metros deste.
Os redactores do plan aseguran que apostan “en firme” polos parques e espazos libres públicos e refírense ao corredor verde como un proxecto “moi atractivo e tanxible” que permitiría unir os asentamentos urbanos mediante unha franxa non urbanizada que tería unha superficie de 965.000 metros cadrados de chan rústico de protección costeira clasificados como sistema xeral de espazos libres.
Consultora Galega refírese a este cinto litoral no documento de inicio do proceso de avaliación ambiental do plan. A Consellería de Medio Ambiente abriu o pasado venres un prazo dun mes para que as administracións implicadas e o público en xeral presente suxestións ao texto, que se pode consultar na páxina web do departamento autonómico.
Unha vez finalizado este período, o Executivo galego deberá enviar ao Concello o denominado documento de referencia, no que establecerá as pautas a seguir no proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica. O seguinte paso deberá dalo o Concello e a empresa redactora do plan, que terán que aterse ás indicacións da Xunta para redactar o informe de sustentabilidade, no que se analizarán os posibles efectos do PGOM sobre a contorna.
Este documento terá que ser exposto ao público e o Concello deberá ter en conta, antes da remisión do plan para a súa aprobación definitiva, o informe de sustentabilidade, os resultados das consultas e a memoria ambiental.
En canto ao cinto verde proxectado por Consultora Galega, a empresa recoñece que “aínda que é difícil de obter no período de vixencia da achaiadura, o compromiso deste modelo fai necesaria a previsión, non só a curto ou medio prazo, senón tamén a longo prazo”.
Os redactores do plan urbanístico inciden en que non se trata de construír un paseo marítimo, “senón un elemento de relación social e vertebración territorial, que se urbanice por pasiva mantendo os valores propios” e esperan que “algún día todo o conxunto poida pasar a formar parte do que hoxe se coñece como parque natural das Fragas do Eume”.
Consultora Galega tamén propón ampliar a área recreativa do castelo de Andrade, na parroquia de Nogueirosa, onde ten previsto habilitar un área de aparcadoiro e “acondicionar a fronte marítima da zona de Ber”. A empresa insta a acometer un proxecto integral de urbanización do lugar “que actualice a zona e posibilite o seu deleite xeral”, polo que propón demoler o hotel que se sitúa a menos de 20 metro do deslinde marítimo terrestre e crear un espazo central que comunique co corredor verde.
Clasificación do chan
En canto á clasificación do chan, Consultora Galega asegura que expón o crecemento “con suma cautela”. “Os chans urbanizables exponse tendo en conta a capacidade de acollida do chan para ser urbanizado e prevense os impactos asociados á transformación de chans no proceso urbanizador e nas novas infraestruturas”.
A Dirección Xeral de Urbanismo advertiu, con todo, ao Concello de Pontedeume de que o PGOM non inclúe ningún estudo que xustifique a amplitude das áreas de expansión dos núcleos rurais nin dos sectores de chan urbanizable residencial do municipio. Segundo os datos incluídos na memoria do plan, en Pontedeume hai 4.430 vivendas e o actual plan xeral permitirá construír 3.223 máis en oito anos, que é o seu período de vixencia.
A Xunta emitiu o informe previo á aprobación inicial do plan urbanístico o pasado mes de xuño. No documento o departamento autonómico sinala que o modelo de ocupación do litoral que propón o Concello dentro da franxa de protección dos 500 metros “carece de xustificación razoada”. De feito, o anterior Goberno municipal iniciou, días antes das eleccións, a tramitación de tres novas urbanizacións na parroquia de Boebre, tal e como denunciou o colectivo Fusquenlla.
O concelleiro de Urbanismo, Eugenio Otero, informou no último pleno de que o plan urbanístico está na fase previa á aprobación inicial e de que recibiu o informe desfavorable da Xunta. Tamén explicou que debido á entrada en vigor da Lei de Protección do Litoral, Consultora Galega redacta o informe de sustentabilidade ambiental, que se exporá ao público.

Consultar o estudo de impacto ambiental de Consultora Galega. pdf

/ 10:23
Pregúntome

BNGalescolas?

OLLO: Sempre favorable ao proceso de creación de novas escolas PÚBLICAS infantís, aínda que se fale só nun dos dous idiomas oficiais.
Importante: hai que dotalas dos mellores recursos humáns posibles.
Ao proceso de contratación, mellor ou peor, o menos que se lle pode pedir é transparencia e que haxa igualdade de oportunidades sendo, a preparación dos opositores, a experiencia, e os resultados dunha proba ou exame, os que primen na súa contratación. Os postos públicos NON poden ter a máis mínima dúbida de que se otorgan faltos de equidade e, polo menos, anque a teñan, non pode ser a propia Admministración a que fomente estas dúbidas.
Podedes ler esta nova de El País e, se queredes, reflexionar.

Quere o BNG facer algo parecido ao que criticaba (con razón) das Fundacións do PP?
Ou quere facer BNGalescolas?
/ 02:02
Retrato dunha vila

A TAN NECESARIA MEMORIA HISTÓRICA

agras_franco_sardina.jpg

Necesaria porque algúns parecen ter síntomas de Alzheimer. Iso polo menos é o que lle pasa a Agras, o concelleiro "independente" de Pontedeume. (Na foto rendendo pleitesía ao Caudillo ante a atenta mirada de Sardiña)

No pasado pleno os concelleiros do PP e COE negáronse a tratar o tema da Memoria Histórica que reclamaba o BNG. Querían estes formar unha comisión que restituíse a dignidade dos represaliados polo franquismo e procedese a retirar toda a simboloxía do anterior réxime. Cuestión de matices pero é necesario aclarar que a dignidade dos mortos non é preciso restituila porque nunca a perderon, polo menos na mente dos que defendemos a legalidade do réxime republicano. O que hai que recuperar é a memoria dos que entregaron a vida pola república. Tamén nos facemos algunha pregunta porque non entendemos a oportunidade do BNG de reclamar algo que estivo nas súas mans facelo hai uns poucos meses. En decembro do 2006 escribiamos aquí a necesidade de que o goberno local, daquela en mans do PSOE e BNG, tomasen medidas para honrar a memoria espoliada dos represaliados. Non deberon ler as nosas liñas os ilustres concelleiros, ocupados como estaban en asinar a destro e sinistro licenzas urbanísticas.

Naquel escrito dabamos conta de varios homes e mulleres asasinados de Pontedeume polos falanxistas. Entre eles, familiares do anterior alcalde popular e do incombustíbel concelleiro Agras. Resulta difícil comprender a empatía dos que perdendo aos seus pàis e irmáns son capaces de identificarse cos torturadores e asasinos. Chacho Agras síntese efectado pola negativa do alcalde a formar a comisión pedida, a razónao a base de lembrar que o seu pai e irmán foron asasinados durante a guerra. Porén non recorda que foi nomeado concelleiro polo goberno franquista e, como tal, firme defensor do sistema que representaba. Tal era a súa afinidade que propuxo que a corporación municipal colocase unha placa conmemorativa que perpetuase a estadía nesta vila do que no seu día foi nomeado Rexedor Perpetuo do Concello de Pontedeume, excelentísimo Sr. D. Francisco Franco Bahamonde, xefe do estado español e xeneralísimo dos exércitos.

Reivindicamos unha lei da memoria histórica pero máis completa do que o PSOE, no Estado, e o BNG, en Pontedeume, reclaman. Unha lei que permita a señores como Agras recordar que foron colaboradores dun réxime que asesinou aos seus seres máis queridos.

E unha última reflexión. O Concello de Pontedeume nomeou rexedor perpetuo a aquel xeneral que non tremía cando tiña que asinar as sentenzas de morte. Tampouco o BNG cando estaba no goberno tivo a sensibilidade de lembrar este feito e pedir a revogación por parte do Concello de tan ilustre título. Desexamos facer extensíbel esta lei ao BNG.

 

Comments

27-10-2007 / 20:31
Colectivo Fusquenlla

O pelotazo de Reganosa

O CEE desvela a trama de intereses que rodeou a instalación da regasificadora en Punta Promontorio.

0981-20031211033518toxeiro3.jpg

Reganosa é a maior agresión ambiental que se esta producindo en Galicia. Coa súa entrada en funcionamento en probas desde o 9 de maio pasado, Reganosa ameaza a vida de miles de cidadáns, a riqueza marisqueira da Ría e o seu patrimonio histórico.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde fai mais dun ano, con escritos e entrevistas no Ministerio de Industria, vén reclamando que non sexa aprobada o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa. Esta reclamación fundaméntase en que coa localización dentro da Ría de Ferrol é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados de distancias suficientes ata as poboacións que require o articulo 12 da Directiva Seveso II e a saída a mar aberto dos buques gaseros en caso dunha urxencia durante a descarga ou na súa transito polo interior da angosta Ría de Ferrol.
Ademais da ameaza á vida humana e á riqueza marisqueira da Ría, nos últimos oito anos o Comité Cidadán de Urxencia vén seguindo o proceso de irregularidades no que están inmersas as autorizacións e permisos a Reganosa. Continúan descubríndose datos e informacións evidenciando que non foron o emprego nin a xeración de riqueza as verdadeiras motivacións do Sr. Tojeiro e os seus apoios para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos). Agora descóbrese que o principal motivo é o pelotazo económico-urbanístico, constatado cunhas certificacións do Rexistro da Propiedade de Pontedeume, segundo as cales a empresa Forestal do Atlántico, propiedade do Grupo Tojeiro, das propiedades de chan rustico que comprara a particulares, o 19 abril de 2001 segregó unha leira de 75.000 m2 rexistrándoa cun valor de 47 millóns cincocentas mil pesetas. Así mesmo que con data 14 de xuño de 2001, menos de dous meses despois, Forestal do Atlántico S.A vendeu a Reganosa dita parcela de 75.000 m2 polo valor de setecentos trinta e sete millóns de pesetas, é dicir, que en menos de dous meses xerou unha plusvalía contorna ao 1.552 %.
Coa participación de José Antonio Orza, entón Conselleiro de Economía, este “pelotazo” inscríbese no marco do Convenio con cláusulas confidenciais asinado en xullo do ano 2000 polo Sr. Fraga entón presidente da Xunta de Galicia, co Sr. Tojeiro e outros socios de Reganosa. Así mesmo que José Antonio Orza era socio do Sr. Tojeiro na empresa chamada Forestal do Atlántico S.A., encostada á cal constrúese a Planta de Gas de Reganosa. Os lindes desa parcela de 75.000 m2 coinciden cos de dúas parcelas que teñen como lindero sur o camiño real. Unha delas de 37.694 m2 é na que Reganosa ten construídos dous tanques para almacenar GNL. A outra parcela de 33.414 m2, é na que Reganosa proxecta construír outros dous tanques. Esta segunda parcela é chan rustico de protección especial de patrimonio onde está asentado o xacemento romano de Caldoval. O actual Director Xeral de Patrimonio é coñecedor de que a Reganosa non lle será autorizada esa segunda fase e cando se confirme proporá a Reganosa que o xacemento Romano de Caldoval sexa posto en valor “in situ”. Por iso o Alcalde de Mugardos abandonou a súa peregrina idea de trasladar o xacemento para o soto dun cine que o Concello comprou fai uns dous anos para esa finalidade. Esas certificacións do Rexistro da Propiedade de Pontedeume foron postas en coñecemento da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa Adscrición en Ferrol, a fin de ampliar a denuncia que fai uns meses presentouse en relación co Convenio de xullo de 2000 e para o que están abertas unhas dilixencias previas.
A Xunta de Galicia queda emprazada para abrir unha investigación sobre estas irregularidades e a retirar do Tribunal Supremo os recursos de casación que ten presentados contra as sentenzas do TSXG que anulan a tramposa tramitación ambiental de Reganosa elaborada pola Consellería de Medio en xuño do ano 2001.

 

26-10-2007 / 22:47
Retrato dunha vila

LÉXICO EUMÉS

Sobre a palavra espanhola "cayuco" e a palavra eumesa ou ártabra "caiuco".
Caiuco na ria de Ares, é quase sempre usada para os botes pequenos, pequeninhos, os botes para umha ou duas pessoas como muito, que se usabam para ir desde o peirao à embarcaçom maior.
Umha possível orige da palavra esta no basco.
"Kaio" é como lhe chamam às gaivotas por alô. "Kaiuko" podería significar "gaivotinha" ou "de gaivota".
Vaia, com todo isto quero dizer que para mim é umha má traduçom, e um exemplo mais de dependência do espanhol, falar dos "caiucos " que cruzam o estreito, ou navegam na alta mar entre a África e as Canárias, pois essas embarcaçons som grandes, e por aqui, pola ria de Ares, som pouco mais que cascas de noz.
Um saúdo.

/ 17:57
Pregúntome

COhErencia?

Xa temos alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva. Creo que unha vila como Pontedeume ben merece que a lo menos o alcalde e algún concelleiro/a teña un soldo dada a responsabilidade do seu cargo. O que xa non estou tan seguro é que unha vila desta índole sexa merecedora de tres dedicacións exclusivas, pero teñen tempo de demostrar que a merecen e quitarnos a razón aos que pensamos que son excesivas.

Por outra parte, merece reflexión o feito de que os que estaban en contra ou polo menos criticaban continuamente estas dedicacións noutra lexislatura, mudaron as súas opinións e foron capaces de conseguir que os nosos tres representantes locais máis importantes sexan quen de levar un soldo para os seus petos.

Que fixo que a concelleira do COE votara a favor?
Por que o concelleiro máis empecinado no NON, se abstivo?
É isto COhErencia?

Será porque os novos asalariados son eumeses e non pontevedreses?

Espero que os votantes desta formación (non se me ocorre outro xeito máis elegante de chamarlle) estean a tomar nota da súa talla política e moral.

PD.: Tamén espero que, a partir deste momento, poñamos todo o empeño para esixir que os tres súen e merezan os seus soldos e non pase como en anos anteriores que (aínda que "só" foron dous) o levaron co mínimo esforzo.
/ 09:32
Retrato dunha vila

GLENN

Falas do impacto ambiental,pero... ¿sabes cal é o impacto ambiental?
Non vale o que pensas que vai ser. Dende o meu punto de vista deberías coñecelo para poder afirmar o que afirmas, doutra forma sería algo bastante demagóxico... falar por falar e censurar por censurar.

/ 08:59
S.O.S. Pontedeume

Pontedeume na prensa.

Amence un novo día, e atopámonos con que aparecen novas de Pontedeume en prensa, novas algunhas moi comentadas e que levantarán polémica.
De primeiro farémonos eco de que no día de onte foron aprobadas as adicacións exclusivas para alcalde e dous concelleiros, feito que saiu adiante por o voto de calidade do alcalde debido o empate habido por a abstención dun concelleiro do COE, situación que ainda que baixo o meu punto de vista me parece normal posto que toda persoa que traballe debe de percibir un soldo, non fai mais que correr un non moi tupido velo posto que pódese convertir nun pesadelo cando se está a contar con persoas que onde antes dixeron digo, agora dicen Diego, porque me pregunto sobor de todo cando se está a falar do futuro dun pobo ¿quen nos pode garantir que nun futuro non se voltaran a desdecir?. E me fago outra pregunta por non afirmar nada, pero ¿canto tardarán estes dous concelleiros en volver a retomar as súas concellalías?, o tempo dará ou quitará razóns, pero aposto a que será pronto. Para mais información podedes ver o publicado tanto na Voz como na Opinión.
Por outro eido tamén sae reflexado o inicio, por parte de tódolos concelleiros, dunha proposta para acadar que Pontedeume volva a ter un Xulgado de Instrucción, así como do enésimo artigo que sae sobor do proxecto do peirao de Pontedeume, o que poderedes seguir mellor e documentarvos axeitadamente si premedes tanto neste enlace que vos levará a exposición que fixo sobor do tema en tres entradas consecutivas, así como neste no que nos documenta e pon o noso dispor os proxectos que Portos de Galicia ten para o peirao.
Tras todas estas novas sobre Pontedeume e sin querer alimentar polémicas, non quería deixar pasar a oportunidade, ainda que sexa a toro pasado, de amosarvos a miña bandeira preferida por si creedes oportuno que quedaría ben tanto no Torreón como no Concello, nese caso poderíamos facer unha montaxe para elevar a proposta o Concello.Agradecer dende aquí o amigo e administrador deste blogue por me mandar a foto.


/ 07:36
Novas Xeracións

Pontedeume emprende el camino para recuperar el partido judicial e independizarse de Betanzos


Por unanimidad. Como una piña, los trece concejales que conforman la corporación de Pontedeume acordaron ayer iniciar conversaciones con la Dirección Xeral de Xustiza (Consellería de Presidencia) para que gestione la creación del partido judicial de Pontedeume, que conllevaría la constitución de un juzgado de primera instancia e instrucción en la villa de los Andrade, que hasta hace unos años ya disfrutó de su propia jurisdicción en la administración de justicia.
En la actualidad, Pontedeume depende del partido judicial de Betanzos y para segregarse de él y contar con una demarcación propia resultará imprescindible modificar la Ley de Demarcación y Planta Judicial.
Fuentes del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) explicaron que esa norma sólo la puede cambiar el Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), que de forma anual revisa la ley para adaptarla a las nuevas necesidades. Son frecuentes los cambios en la normativa para abrir nuevos juzgados. También se realizan, aunque con menos asiduidad, modificaciones en la demarcación territorial y se crean nuevos partidos, aunque se trata de un proceso «más complejo», explicaron desde el TSXG.
¿Qué debe hacer el Concello de Pontedeume para conseguir su objetivo y contar con demarcación judicial propia? Enviar una petición al CGPJ a través del propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que también deberá emitir un informe a favor de esa aspiración, junto a otro de la Dirección Xeral de Xustiza.
Los factores que pueden jugar a favor de la candidatura de Pontedeume son la saturación y la gran extensión territorial sobre la que administran justicia los tres juzgados de la ciudad de los Caballeros. Así, de Betanzos dependen ochenta concellos, desde Pontedeume hasta Sobrado do Monxes y, por el norte, hasta el límite con la provincia de Lugo.
La propuesta del partido judicial de Pontedeume partió del PSOE, pero fue asumida por todos los grupos. La nueva demarcación llevaría también Ares, Fene, Mugardos, Cabanas, Monfero, Vilarmaior y A Capela
/ 07:28
Novas Xeracións

El voto de calidad del alcalde permite al PP aprobar los sueldos de los ediles

Tres de los cuatro miembros del equipo de gobierno desempeñarán su cargo en régimen de dedicación exclusiva. Torrente cobrará 34.500 euros al año y Crespo y Otero, 21.000.


El pleno del Concello de Pontedeume aprobó ayer las retribuciones del alcalde, Gabriel Torrente (PP), y de los concejales Eugenio Otero y Francisco Crespo, gracias al voto de calidad del primer edil, ya que la propuesta recibió seis votos a favor, seis en contra y una abstención.

Tres de los cuatro miembros del equipo de gobierno desempeñarán sus cargos en régimen de dedicación exclusiva. Torrente cobrará 34.500 euros anuales y Otero y Crespo, 21.000, respectivamente. Los salarios aprobados ayer por la Corporación local supondrán un gasto 10.000 euros inferior para las arcas municipales que la propuesta de sueldos presentada por la Alcaldía el pasado mes de agosto.



Las retribuciones del equipo de gobierno fueron respaldadas por los cuatro representantes del PP; Fernando García Sande, que todavía ejerce como portavoz del Círculo de Opinión Eumés (COE) y la concejala del COE, María Ascensión de Vicente Olarte. El PSOE, el BNG e Independientes en Pontedeume (IEP) rechazaron la propuesta de la Alcaldía y el concejal del COE José Juan Filgueiras se abstuvo. Tras la ruptura del pacto de gobierno entre el PP y el COE, precisamente por la división interna surgida en el COE debido a las dedicaciones exclusivas, a De Vicente Olarte y Filgueiras se le retiraron sus delegaciones y en las sesiones plenarias se sientan junto a la oposición.

El portavoz del PSOE, Agustín Vilariño, justificó su voto en contra de las retribuciones alegando que "no se trata de una cuestión de cuantía, sino de gobernabilidad". "Entendemos que cuatro concejales resultan insuficientes para atender las necesidades de Pontedeume, sin menospreciar a nadie", recalcó.

El representante de los socialistas también expresó sus sospechas de que el PP acordó llevar los salarios a pleno tras un acuerdo previo "con los dos sectores del COE", por lo que manifestó que, en su opinión, "el proceso debería ser a la inversa". "Fue el tema de las dedicaciones lo que hizo saltar por los aires el pacto de gobierno, por lo que, si ya se resolvió, es el momento de plantear la creación de un grupo de gobierno mayoritario", subrayó.

El portavoz del grupo municipal del BNG, Manuel Rei, coincidió con el PSOE en afirmar que no se trata de una cuestión de cantidades, sino de gobernabilidad y de contar con un Ejecutivo "cabal": "Preferimos un gobierno de siete y estable que lleve las cosas adelante que no los tapadillos que parece que hay aquí", indicó.

El pleno también dio luz verde ayer a la petición de ayudas a la Xunta para la redacción del Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) -63.000 euros-y el Plan Especial de Rehabilitación del Casco Histórico -133.000 euros- y a la aprobación de la cuenta general de 2006, que se cerró con un remanente de 1,4 millones. La recuperación del juzgado de primera instancia e instrucción, propuesta por el PSOE en una moción, fue otro de los asuntos aprobados ayer, junto con el nombramiento de la edil de Educación, Ruth García, como representante del Concello en los consellos escolares de las escuelas unitarias del municipio.


Más Aquí