A desmemoria afecta neste concello tamen á esquerda. É chamativo que durante o último goberno que presidiu o socialista Freire ningunha das dúas formacións plantexara a necesidade dun mínimo recoñecemento das vítimas, moitas das cales eran militantes de esquerda, sobre todo de Esquerda Republicana e do PSOE. O último fusilado eumés foi o socialista Luis Nodar, concelleiro no 36 e dirixente sindical da UGT. Nodar, entre outras cousas, promoveu a creación dunha escola en Andrade e propuxo a construcción do Mercado municipal. Ningunha rúa leva o seu nome, ningunha placa lémbranos a este xove socialista morto en San Felipe no verán de 1937.
O Servizo de Deportes do Concello de Pontedeume organiza unha excursión para presenciar en directo el partido correspondente a Liga Nacional de 1ª División o vinceiro mércoles 31 de outubro DEPORTIVO-MALLORCA. Todos aqueles nenos/as de idade entre 8 e 16 anos que estén interesados, deben persoarse na oficina asministrativa do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES DO do Concello, sita no Pavillón Municipal "A CASQUEIRA" ou telefonear ao número 981-433041. Prazas limitadas 50 e o prazo de inscrición rematará cando se cubran as mesmas, ou senón o mércores 31 de outubro ás 13,30 horas. A excursión ten un prezo de 3 € por asistente.
Nunha nova publicada no xornal El País, o Concello de Vigo abraiábase da actitude de Consultora Galega, a empresa que está a elaborar o plan de urbanismo deste concello por 200 millóns das antigas pesetas. "A documentación completa do plan xeral de urbanismo de Vigo está en poder da empresa encargada da súa redacción, Consultora Galega, e non na Xerencia de Urbanismo, segundo informou onte o alcalde, Abel Caballero, que considerou "sorprendente" esa situación." Sorprendente tamén que Consultora Galega (CG) non aceptase as directrices emanadas da Xunta de Galiza e do propio concello vigués para modificar o PXOM despois de ser rexeitado pola CPTOPT. Curiosamente a presidencia dos promotores e empresarios de Pontevedra fixeron causa común coas teses de CG para criticar os obxectivos da Administración. Pontedeume pode repetir estes desencontros con Consultora Galega se reparamos no acontecido nos últimos meses. Despois de ameazar con que a modificación do plan de urbanismo de Pontedeume pode retrasarse máis de dous anos, publicítase o informe de impacto ambiental que esta empresa mandou á Xunta como paso previo para a aprobación do planeamento urbanístico. Nese informe, insuficiente e enganoso, propóñense unha serie de actuacións que demostran ata a saciedade que o plan está feito á medida dos promotores. Despois de insistir na realización dunha estrada que cruzaría a ladeira do monte Breamo e que afectaría ao Camiño de Santiago, apóstase pola construción dun paseo marítimo (eles o chaman senda verde) que cruzaría todo o concello dende Arbosa ata as Fragas do Eume. Un paseo a 100 metros do litoral que sería a punta de lanza de futuras urbanizacións. Hai que lembrar que varios proxectos presentados nas oficinas do Concello solicitan permisos para construír máis de 400 vivendas en Ber e Boebre. O goberno local ten a responsabilidade de levar a bo porto o tema do plan de urbanismo. Nin pode deixar a Consultora a decisión de ordenar urbanisticamente o concello, nin debe atender ás demandas dos empresarios da construción que só buscan o beneficio propio. Por riba de todo o goberno debe satisfacer ás xustas reclamacións dos cidadáns que optan por un concello adecuado para vivir en harmonía coa terra, a ría, as Fragas e a costa. Os eumeses temos claro que esas son prioridades ás que non estamos dispostos a renunciar e así o deixamos saber nas pasadas eleccións locais.
El alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, recibió ayer al responsable de infraestructuras viarias de la Diputación, Bernardino Rama Seoane, al que demandó la ejecución de aceras en la población de Ombre para garantizar la seguridad de los peatones que transitan por una calzada cuyas características la hacen especialmente peligrosa
La realización de esta obra, como se recordará, ha sido una de las primeras demandas planteadas por el nuevo equipo de gobierno de Pontedeume. No obstante, la materialización de este proyecto no ha sido el principal objetivo de la visita cursada ayer por Rama al municipio de Pontedeume.
La transformación en travesía de la conocida como carretera de la costa, en el tramo que discurre por las poblaciones de Boebre y Centroña, entre otras, era el origen del desplazamiento. Sin embargo, sobre el mismo no hay mayores novedades.
Así, se puso de manifiesto que el desbloqueo del proyecto se prevé de forma inmediata, toda vez que existe una partida consignada en los presupuestos de 2008 para sufragar el tramo que discurre entre Pontedeume y Boebre. El regidor, no obstante, puntualizó que el proyecto se encuentra en una fase inicial y que, en lo que se refiere a la zona de Centroña, ni tan siguiera existe un proyecto en fase de redacción.
El Ayuntamiento de Pontedeume estudia privatizar el servicio de recogida de basura, barrenderos y punto limpio. Para ello, el concejal de Obras e Servizos, Francisco Javier Crespo, encargó la semana pasada a técnicos del Ayuntamiento la elaboración de un informe para estudiar la situación de este servicio y la viabilidad de privatizarlo.
En la actualidad, Pontedeume dispone de dos camiones para la recogida y seis trabajadores. La peculiaridad de este Ayuntamiento reside en que es un lugar muy turístico en el que la población aumenta durante los meses de verano, por lo que es necesario reforzar el servicio en estas fechas. Crespo informó de que, por ley, el Ayuntamiento no puede contratar a más operarios municipales para reforzar la recogida tan sólo unos meses al año, por lo que deben buscar soluciones alternativas.
El pasado verano, por ejemplo, el gobierno municipal optó por contratar los servicios de una empresa privada para recoger la basura los fines de semana. Crespo declaró que esta situación provoca «unha inestabilidade constante», por lo que decidieron estudiar si la privatización del servicio todo el año sería más rentable. También añadió que, en caso de aprobar esta decisión, el Ayuntamiento buscaría un nuevo destino para las seis personas empleadas actualmente.
Por su parte, la oposición no comparte este criterio y se muestra contraria a la privatización. El portavoz del PSOE, Agustín Vilariño, apuesta por el consenso entre todos los grupos políticos y propone «un gran pacto». Vilariño asegura que tanto el servicio de recogida de basura como el de limpieza es muy deficitario y no se le está dando la cobertura que se merece. Los socialistas no son partidarios de la privatización y proponen, en todo caso, complementar el servicio con empresas privadas de forma puntual. El portavoz del BNG, Manolo Rei, critica la gestión que está llevando a cabo el gobierno. En su opinión, la contratación de una empresa privada los meses de verano no fue más que «un parche» y se hizo «a dedo». Considera que la privatización supondría una subida de los impuestos y opina que, ya que acaba de entrar en vigor la relación de puestos de trabajo, «poderíase contratar a alguén como encargado de obras e servizos».
Nuevo sistema de recogida
Por otra parte, Crespo declaró que una nueva organización del servicio de recogida de basura entró en vigor ayer, después de tres semanas de prueba. Decidieron hacer modificaciones porque el método anterior no era práctico. «Os empregados acumulaban horas extra da fin de semana que recuperaban despois, polo que nunca había dous camións traballando a un tempo», declaró. Ahora, los lunes, martes y viernes trabajan dos camiones juntos, y el resto de la semana sólo recoge un camión. Los sábados no hay servicio de recogida, por lo que eliminan un día de horas extra.
Esta es la Campaña de nuestros compañeros de NNGG de Cataluña, para pedir la dimisión, de la Ministra de Fomento, Magdalena Alvarez debido a los graves y continuos incidentes que esta sufriendo la población catalana.
O vindeiro venres día 5 de novembro, no Bar Fubolín, poderemos a partires das 21'30 horas disfrutar dun magosto, no que haberá música, viño, castañas, parrochas o fume e festa a rachar.
Eu ¡vivo en PONTEDEUME!. Podedes chegar a pensar que me voltei tolo, pero é o primeiro que pensei onte cando me atopaba a fedellar en internet buscando información para o powerpoint que estou a facer de Pontedeume, e que caseque con toda seguridade mañá poderedes ver. Centrareime no tema, pois escomenzo poñendo Pontedeume en google e me atopo con sobre 512.000 páxinas que conteñen o nome, por o que me dispoño a mirar algunhas ata que atopo unha que nunca mirara e que se atopa nos primeiros lugares. Entro na páxina en cuestión e póñome a buscar Pontedeume no seu buscador, e o momento me di que ese termo non se atopa, por o que poño no buscador Puentedeume, por o que con moita sorpresa me volve a decir que tampouco atopa ese termo. Poñendo a mesma cara de sorpresa que podedes ter agora mesmo cando estades a ler esto, dispóñome a buscar nas poboacións que escomenzan por o "P", e me atopo con algo que na miña vida había visto, pois nesta páxina a noso pobo se chama "PUENTE DE UME", e non contento con semexante barbaridade segundo a mesma somos "Puentedeumeses". Dende aquí, prégovos a vosa axuda en ateigarlles o correo os administradores desta páxina, para o que poño o voso dispor a súa dirección de correo, pueblosespanaorg@gmail.com, en aras de que modifiquen o seu erro, correo que eu xa mandei.
O catedrático Xosé Manuel Beiras, a actriz Patricia Vázquez, o actor Luís Tosar e mailo director e músico Antón Reixa, lerán o Manifesto de Corrubedo o vindeiro domingo como colofón á Marcha Nacional pola Defensa do Litoral en Corrubedo.
As organizacións convocantes da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral, colectivos de veciños, veciñas e ecoloxistas, teñen todo preparado para a manifestación unitaria contra o Plan Acuícola que terá lugar o domingo 4 de novembro, ás 12 da mañá, no Porto de Corrubedo e á que se teñen adherido decenas de colectivos de todo o país. Para isto contarán coa inestimábel axuda de persoeiros da cultura e doutras disciplinas que se unen á cidadanía para reclamar “liberdade para o litoral galego”.
En reunión da Rede Litoral Vivo o pasado 20 de outono en Compostela decidiuse o apoio á marcha nacional contra o plan acuícola que se vai celebrar o 4 de novembro en Corrubedo. Este plan, xa mal chamado acuícola, porque soamente se refire ao subsector de acuicultura en terra, é unha peza máis da nefasta política da Xunta ante o sector pesqueiro. Tenta expropiar, para beneficio dunhas poucas grandes empresas multinacionais, máis de 3 millóns de metros cadrados en zonas de altísimo valor ecolóxico, co fin de apoiar un xeito de explotación dos recursos altamente discutible, que, dende logo, deixa a produción en mans de uns poucos, xera perigosos e ilegais verquidos, e supón un altísimo impacto ambiental. Agora pretenden criar peixes que desmerecen a calidade dos productos do mar galego, amoreados, cheos de antibióticos e alimentados con fariñas de peixes capturados de xeito industrial e afectando á biodiversidade e os recursos de países empobrecidos.
Xa no anteproxecto de lei de pesca, actualmente en tramitación, se observa a intención de privatizar os recursos mariños, abrindo a porta á privatización do marisqueo e afastando ao sector de calquera tipo de decisión sobre si mesmo, pretendendo deixar todo o poder nas mans da Consellería de Pesca.
Este Plan, sumado ao Plan Director de Portos Deportivos e ao salvaxe proceso urbanizador da costa e do interior ao que estamos a asistir, sen as debidas garantías de saneamento ou protección do medio, pode producir o total colapso da actividade pesqueira galega, da que dependen máis de 20.000 empregos directos, cambiando e proletarizando a estrutura social da pesca e o marisqueo artesanais e tradicionais de Galicia.
Esta marcha ten que ser unha chamada moi seria de atención ao actual goberno galego, que está realizando unha política ambiental de puro escaparate, cando a realidade é que xamais o ritmo de destrución dos ecosistemas foi tan alto, nin a privatización dos recursos naturais tan descarada, nin o silencio da clase política no seu conxunto máis enxordecedor
Por todo isto os grupos compoñentes da Rede Litoral Vivo fan un chamamento á asistencia a Corrubedo o próximo día 4 para mostrar dun xeito firme a oposición do sector e de todo o pobo galego ante este plan e á liña política que o ampara.
Manifesto.-Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelas que bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociais galegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira a erguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuícola da Xunta.
Consideramos que este plano sectorial constitúe unha traizón ao povo galego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar o mellor do noso litoral para alimentar os insaciábeis bandullos das transnacionais do peixe. Esta ocupación masiva da beiramar de máis de 3 millóns de metros cadrados é unha sentenza de morte contra as nosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiras paisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais e económicos autóctonos, e unha legalización encuberta da contaminación salvaxe do mar. Peixes planos nas piscinas… e encefalogramas planos nos despachos. Descargar o manifesto en pdf
CONVOCAN: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.
COLECTIVOS QUE APOIAN: Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural “Fuco Buxán” de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, ‘O Ribeiro’, Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión.
Amence o domingo, e tras poder dormir unha hora mais debido o cambio de hora, poidemos disfrutar doutro domingo no que se nos impediu voltar a aparcar nos Almacéns de Raxoi.
Non por se repetir este problema tódolos fins de semana o podemos deixar a un lado, pois está a xerar unha serie de problemas e sobor de todo unha visión do pobo negativa de cara a tódala xente que nos visita, comentarios que escoitei no peirao cando saquei as fotografías. Nesta fin de semana poidemos ver varias conductas rexeitables, pero tentarei de encamiñar o post de hoxe por dous camiños ben diferenciados, o primeiro adicado a salientar o traballo de algunhos rapaces, pois o que tampouco podemos facer é medir a todos con a mesma vara, pois é a diferenza que poidemos atopar en varios dos puntos do botellón e que vos quero amosar nestas imaxes para que así saquedes as vosas propias conclusións,a primeira é da semana pasada e a segunda a poidemos ver onte. Si estou de acordo con a xente que esté a decir que ainda quedou lixo na escaleira, pero eso me conduce a escomenzar con o segundo camiño, pois no paseo que din por os almacéns non fun quen de ver os contedores de lixo preto do lugar do botellón como en anteriores fins de semana, había somentes un por un lateral dos almacéns, xunto ao xulgado e arrimado o peirao, por o que os rapaces poderían alegar que non recolleron por non ter onde depositar o lixo, situación esta que non xustifica tampouco o ter deixado todo alí tirado, así como as moitas botellas rotas que alí había e que impedían a utilización deste espazo como aparcadoiro, pois si un grupo de rapaces foi quen de recoller o lixo xerado na parte do peirao e gran parte do da escaleira a pesares de non ter os contedores preto do lugar, ¿por qué os demais non lle adican uns minutos a recollida do mesmo o acabar o botellón?. Si é certo que alguén poderá decir que é por culpa de non ter os contedores preto, pero tamén decir que outros días si que o estaban e non se utilizaron, por o que digo que como de momento non hai ningunha empresa de catering que esté a servir no lugar as bebidas, costa o mesmo traballo levalas que recollelas, ¿ou non?. Poñamos cada quen un pouco de nos en aras de acadar un "Botellón Limpo", pois ainda que pareza unha utopía se pode lograr, eso si con o esforzo de todas as partes, os rapaces a recoller o que están a xerar e o concello a facilitar este traballo poñendo o seu dispor os contedores de lixo. Deixovos as fotos desta semana, esperando que non sexan o preludio do que nos espera para a vindeira, sabendo que haberá ponte e a afluencia de xente será maior e dende aquí xa se está a publicitar un megabotellón.
Ah por certo xa se me esquecía, a quen lle falte un banco, atópase nos almacéns.