Hoxe 29 de setembro é San Miguel e polo tanto tódolos eumeses e os milleiros de persoas que nos visitan hoxe quedan convidados a Subir a Breamo.
En Pontedeume duas veces no ano celebramos a Romería de Breamo, a do 8 de maio e a de hoxe. Nestas datas os eumeses aproveitamos para darlle a benvida e despedida o verán. Hoxe en calquera recuncho da vila poderá ser visible a ledicia e sorrisos de toda a xente, polo que dende aquí convídovos a participar da festa e a cantar conmigo " Solo te pido, solo te pido que me dejes tres días al año, San Miguel, Breamo y el río .....". ¡Que o pasedes ben!.
PP y COE acuerdan en pleno negociar con la Xunta para consensuar un proyecto
Tras semanas de distanciamiento a causa de la ruptura en agosto del pacto de gobierno, el grupo del PP de Pontedeume, con cuatro concejales que gobiernan el Concello en minoría, contó ayer con el apoyo de los tres ediles del Círculo de Opinión Eumés (COE) para sacar adelante una propuesta en contra del proyecto de Portos de Galicia para reordenar la fachada marítima. A instancias del alcalde, Gabriel Torrente, el pleno decidió solicitar a Portos que paralice el expediente en marcha de licitación de la obra, presupuestada en 2,7 millones, y a iniciar conversaciones formales para reconsiderar conjuntamente con el Concello la actuación en el muelle.
BNG y PSOE votaron en contra de tal decisión. Agustín Vilariño, portavoz socialista, argumentó que «non podemos despreciar unha inversión de casi tres millóns de euros», prevista por Portos. Además, Vilariño cuestionó la viabilidad de la alternativa propuesta por el gobierno local, que consiste en realizar una ampliación del muelle, mediante un relleno, para ganar aparcamientos y habilitar un nuevo acceso a la villa por detrás de la Casa do Mar. Para Vilariño, «pedir a paralización dunha obra sin facer estudios sobre o impacto que terá o recheo, e presentando a cambio un plano cunha raia non me parece serio». El PSOE pidió al PP que retirase el punto del orden del día, también «por cortesía», ante la visita del presidente de Portos, Jacinto Parga, a Pontedeume el lunes.
Manuel Rei, portavoz del BNG, manifestó que «non convén unha confrontación política» con Portos e invitó al gobierno local a «andar con cautela». Rei admitió que eran necesarios más aparcamientos y también abrir una nueva entrada a la villa, «pero non debemos enfrentarnos a criterios de tipo técnico». Para el nacionalista, ni Portos ni Costas aceptarán nunca realizar un relleno en el muelle eumés. Fernando García, que actuó como portavoz del grupo del COE, aclaró que apoyaban la propuesta del PP para «abrir un paréntesis en el proyecto» para la fachada marítima. «Del relleno hablaremos luego», matizó.
Adelante con la rehabilitación
Además de dar este paso para que Portos paralice su actuación, la corporación municipal eumesa aprobó ayer un suplemento de crédito por importe de 192.500 euros para contratar este mismo año la redacción del plan especial para el casco histórico. Todos los grupos apoyaron esta propuesta, salvo el PSOE, que se abstuvo. Vilariño se mostró en desacuerdo con echar mano del remanente de tesorería para dotar esa partida. Rei también manifestó lo mismo, pero los nacionalistas sí votaron a favor.
La contratación de la redacción del plan especial aumenta las posibilidades de que la Xunta apruebe la declaración del casco histórico como Área de Rehabilitación Integral (ARI) y la concesión de ayudas públicas para abrir una oficina de rehabilitación. Estas medidas darán el pistoletazo de salida para cuidar uno de los cascos históricos más singulares de Galicia.
El PP también contó con el apoyo del COE para sacar adelante la aprobación inicial de la ordenanza que regulará la concesión de ayudas a las familias necesitadas para comprar libros y material escolar para sus hijos. PSOE y BNG se abstuvieron.
El único punto apoyado por todos los grupos -salvo Independientes, que estaba ausente del pleno- fue la propuesta para declarar como festivos locales en el 2008 los días 8 y 10 de septiembre.
El BNG intentó introducir una moción de urgencia para que el Concello agilizase los trámites para construir una galescola, pero PP y COE se aliaron de nuevo y votaron en contra de la urgencia.
Para toda a xente que non poido asistir o pleno, aqui vos deixo a copia dos arquivos donde saen os puntos da orden do día, asi como as sesións informativas de este mes de setembro.
Saudos.
Aclaración : Para ver os documentos en grande, pulsar na parte superior esquerda, encima da palabra scribd, gracias a persoa que me mandou o correo pola sua mensaxe respecto a este tema.
Imaxino que xa teredes visto por Pontedeume durante estas últimas semanas a Galega. Si falo da Televisión de Galicia, que está a rodar os exteriores da súa nova serie "Os Atlánticos". Esta nova serie escomenzarase a emitir no vindeiro mes de xaneiro e constará nun principio de 13 capítulos protagonizados principalmente por Manquiña, Deive e unha morea de novos talentos entre os que cabe destacar algúns que xa participaron en "Mareas Vivas".
Amósovos unhas imaxes nas que poderedes ver un momento da rodaxe de onte na rúa Real.Dende este este blog desexarlles os maiores dos éxitos a esta nova serie.
Imaxino que xa teredes visto por Pontedeume durante estas últimas semanas a Galega.
Si falo da Televisión de Galicia, que está a rodar os exteriores da súa nova serie "Os Atlánticos". Esta nova serie escomenzarase a emitir no vindeiro mes de xaneiro e constará nun principio de 13 capítulos protagonizados principalmente por Manquiña, Deive e unha morea de novos talentos entre os que cabe destacar algúns que xa participaron en "Mareas Vivas". Amósovos unhas imaxes nas que poderedes ver un momento da rodaxe de onte na rúa Real.Dende este este blog desexarlles os maiores dos éxitos a esta nova serie.
É unha pregunta que me xurde a raiz do que estamos a padecer en Pontedeume, refírome a o botellón, problema que noutras vilas e cidades si o están a ter en conta. Sin ir mais lonxe no día de onte poidemos ver como en Coruña e perante a presión veciñal, si se tomarán medidas en torno o tema segundo o Ideal e a Opinión. Por ese motivo e sabendo que aquí tamén nos sentimos prexudicados por o tema ¿qué teremos que facer para que dende o Concello se tomen medidas reais e non de cara a prensa, en aras de amañar o problema do botellón?.
Relato os feitos tal e como mos comentan (perdoade a linguaxe telegráfica):
Cidadán exemplar aparca (ou pousa) o seu flamante vehículo tal e como podedes ver nas imaxes. Calquera vehículo ten serios problemas para pasar; pero un vehículo grande teno imposible. Testemuñas aseguran que xa estaba nesa posición ás 10 da mañá.
Ás 14:40, aproximadamente, veciño indignado (e creo que cívico) chama á Policia Local informando da situación. (Anteriormente outro veciño, seguramente non tan indignado, ponlle un cartel no parabrisas que reza: "Vaia aparcamento, Vaia morro"). Pasadas as 15 horas chega o coche patrulla que queda esperando ata que ás 15:15 (aprox) aparece o dono do coche e, despois dunhas risas cos policias, saca o seu coche do lugar.
Acto seguido policía chama a veciño indignado e dille que xa está arranxado o problema. Veciño pregúntalle pola multa e policia local confesa que arranxou sen multa.
Eu confeso que, sempre que se poida, debese arranxar todo polas boas pero...
...veciño indignado, despois de tantas horas o coche estorbando, pregúntase:
Era o dono do coche coñecido dos policías? Se o coche fora dun descoñecido poñerían multa? Volverá o cidadán exemplar a aparcar de xeito parecido xa que lle sale gratis?
Eu pregúntome:
Deixará o veciño indignado de ser cívico e, en vez de chamar á autoridade, esperará a ver se alguén bate co coche e llo raia ou esperará a ver se ven outro veciño máis indignado e menos cívico e lle pincha unha roda?
Esta linguaxe recórdame ao far west. Pontedeume, ás veces, recórdame ao far west.
El otro día fuí uno mas de los asistentes a ese conciliábulo Judeo-Masónico, con perdón, de despedida a "ese" Notario destinado en Pontedeume, y me quedé muy sorprendido (?) cuando leí su reflexión (?), la de ud., porque el resto de gentuza, (vaaaale, no todos), que estábamos allí sabíamos la clase de calaña que nos íbamos a juntar. Por cierto, ¿le importaría aclararme en qué "condición o estirpe" me incluye a mí? Verá, es que desde que leí su babosada me atenaza, ¡¡¡¡ ole!!!!, esa duda.
Por cierto, eso de que "Polas Notarías pasan os que inciden na vida política e social dos pobos", ¿también le incluye a Ud?
No voy a decir nada del Sr. Notario, no me da la gana, Gustavo y Rosa lo dicen todo, lo siento por Ud., no sabe lo que se pierde.
PDT: Proximamente celebraremos otro aquelarre, hasta creo que viene un Sr. con acciones,¿quiere saber por qué, cuándo, cómo y dónde? Si quiere, incluso le puedo pasar la lista de invitados. No se preocupe.
¡¡¡¡Creo que paquirrín no la dejó preñada!!!!.
Estes últimos meses distintos colectivos da comarca de Ferrol Terra veñen sufrindo as consecuencias da agudización do conflito que representa a localización ilegal e perigosa da planta regasificadora de REGANOSA. Os viciños e viciñas de Mugardos pechados na Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo, porque ven ameazadas as súas vivendas; os mariscadores e mariscadoras que ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade marisqueira cando entra ou sae un gaseiro. Ademais, está o esforzo mobilizador e de denuncia en varios frontes (xudicial, institucional, asociativo...) que parte da cidadanía desta comarca, co Comité Cidadá de Emerxencia ao fronte, ven desenvolvendo desde o ano 2000. Todo isto por estar no convencemento de que, REGANOSA é unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría de Ferrol. Sabemos que REGANOSA non ten todos os permisos que necesita para realizar a actividade que mantén nestes momentos. Non ten a acta de funcionamento definitivo. Aínda así, desde o pasado 9 de maio, co pretexto de “probas”, está protagonizando un feito consumado máis, co funcionamento de todos os seus sistemas de almacenamento de gas natural licuado (GNL) e de produción de gas natural regasificado que inxecta nos gasodutos, cun risco real para a vida humana e para o emprego de 600 traballadores e traballadoras do mar. A autorización de construción de REGANOSA de febreiro de 2004, ten uns condicionados que debe resolver antes da autorización definitiva. Seguindo a política de feitos consumados e coas complicidades políticas aseguradas no anterior goberno de Fraga, REGANOSA foise convertindo nestes anos nunha ameaza cada vez máis real dentro da nosa Ría. Desde hai un ano, con escritos e entrevistas, o Comité Cidadán de Emerxencia reiterou ao Ministerio de Industria, ao Delegado do Goberno en Galicia, ao Subdelegado e ao Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, que os condicionados da autorización de REGANOSA deberían ser verificados pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Como se dunha pataca quente se tratase, esta administración trasladounos á Área de Industria e Enerxía da Coruña que non conta cos recursos necesarios para realizar esa verificación, correndo toda a comarca o perigo de que a autorización definitiva se faga tendo en conta só os informes que a propia REGANOSA presente diante deste organismo. É imposible que REGANOSA poida resolver determinados condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, entre eles o das distancias á poboación que require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 ou Directiva Seveso II, segundo testemuña o informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para aplicar en Galicia dito artigo. Así mesmo tamén é imposible que REGANOSA poida resolver a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como tamén testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol nos seus informes de outubro de 2001 e xaneiro de 2004. Necesitamos un esforzo máis de toda a cidadanía para conseguir que as institucións que poden parar esta ameaza ecolóxica e para a vida humana, cambien as súas políticas: a) O Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA. b) A Xunta de Galicia para que renuncie à herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra. c) O Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA. d) O Concello de Mugardos, para que revise as licencias, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza. A unidade, a conciencia cidadá, a transparencia e a mobilización conseguirán o noso obxectivo. NUNCA É TARDE para que unha decisión administrativa, xudicial ou política paralice esta ameaza antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de vítimas. PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!