Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Ago 2007

22-08-2007 / 23:48
Retrato dunha vila

SABER VIVIR


Comments

/ 02:18
Retrato dunha vila

LIORTAS NOCTURNAS

alcohol.jpgO parentesco entre sábados e liortas xa está suficientemente demostrado. A última pelexa tivo lugar o pasado fin de semana entre "señoritos da Penela" e "furibundos vilanchos". Non coñecemos o resultado final nin os vencedores. Dá igual porque os perdedores somos os que aspiramos a unha vila moderna, tolerante, solidaria, pacífica, culta e cun nivel de vida propio das cidades europeas. Unha utopía. Pontedeume sigue a ser unha localidade na que perviven os vellos exemplares da España ruda, os expoñentes da virilidade celtibérica. ¿Onde se víu que un home culto é mellor que un patán con atributos entre as pernas? O mesmo deben pensar os que teñen nas súas mans a salvagarda da orde pública pois os sábados á noite o territorio eumés é zona liberada para os que fan das bravatas o seu estilo de vida. Bares que emborrachan a menores, menores que desexan imitar aos adultos, adultos con coeficiente infantil, autoridades que non velan pola convivencia, policías que descansan, médicos superados no seu traballo, profesores desorientados,...
E Pontedeume sigue a ser unha vila tradicional.

Comments

21-08-2007 / 20:56
BNG Pontedeume

BNG e demais grupos da oposición rexeitan as dedicacións exclusivas propostas polo PP

Ofrecemos un resume da intervención do Portavoz do BNG no Pleno de hoxe, no que se rexeitaron as 3 dedicacións exclusivas propostas pola Alcaldía:


"No BNG somos partidarios da dedicación municipal e somos partidarios dunha regulación legal que fixe criterios claros para os diferentes tipos de Concellos.


Pero queremos recordar que este asunto foi no noso Concello obxecto de manipulación interesada e partidista. E o PP ten unha grande responsabilidade en que se asuma como algo normal por parte da cidadanía, xa non digamos o grupo do COE que, a pesar do criticado, agora xa pasaba por dúas dedicacións.


Queremos recordar tamén a postura contraria do PP, no Pleno de xullo de 2003, en boca do Sr. Sardiña, daquela Portavoz, que veu a recoñecer o traballo e a boa xestión do Portavoz do BNG entre 1999 e 2003, pero que se trataba de algo innecesario, pois era unha liberación para o partido. Cómpre recordar que o BNG gobernou áreas do Concello desde o ano 95 ao 2003 sen dedicación exclusiva.

É xusto recordar tamén que o PP aireou a postura en contra e mesmo xogou a superar as críticas do COE. Remitímosnos a un dos últimos panfletos do PP de setembro de 2006, encabezado pola proclama HAY FUTURO.

Como podía estar largando todo isto o PP cando tiña nas súas fileiras a Alcaldesa que máis cobraba de Galiza, a de Sanxenxo, con case 80.000 €, tanto como as dúas dedicacións de Pontedeume?
Queda claro que, por culpa do reparto das dedicacións exclusivas vdes. protagonizaron un bon culebrón que nos convertíu nun esperpento aos ollos do mundo.
O que nos ofrecen é un goberno en minoría cheo de dedicacións, e esa non é a solución que precisa Pontedeume. Procuren un pacto estábel que lle dea a necesaria gobernabilidade ao noso Concello. Para pactar hai que dialogar e saber ceder: todo apunta a que o PP tiña moi altas pretensións, e agora procura unha saída cómoda. Pero o único que nos demostraron até o de agora é incapacidade de fraguar un pacto, que se anunciou xa antes das eleccións, cos seus aliados naturais dos últimos anos".
Na votación rexistráronse oito votos en contra e cinco a favor, catro do PP e o do exCOE, agora Non adscrito, Fernando García.
/ 17:20
Pregúntome

(Des)Goberno?

O desastre consumase. As pasadas eleccións castigaron aos partidos que (des?)gobernaron durante as últimas lexislaturas (que ben merecido o tiñan); pero deron a chave do goberno a un círculo de amiguetes que nin sequera sabían facer oposición. Moitos dos que esperabamos este divorcio COE-PP non imaxinabamos que fose tan axiña, pero claro, cando un cuspe ao ceo...
Agora o concello de Pontedeume será gobernado en minoría polo PP apoiado por Fernando (5 de 13) co que é previsible que, se non consigue chegar a pactos puntuais, poucas metas poidan alcanzar. O primeiro revés foi o rechazo á proposta sobre os soldos das dedicacións: É que nos ían saír aínda máis caros.

Escoitei xa varias voces dicindo que a culpa desta situación é dos que non votamos a ningún partido (nulo, branco ou abstención), pero creo que teñen máis culpa os partidos políticos "SERIOS" por non saber traballar para Pontedeume, por "fomentar" a aparición de "Partidillos Politiquillos" de grupetes resentidos e cabreados que, sorprendentemente, sacan varios concelleiros e dividen deste xeito do que somos testemuñas; e por defraudar aos seus votantes que esperaban que racharan co pasado.
Señoras e señores do BNG, PP e PSOE, traballen por Pontedeume e, seguramente, nas vindeiras eleccións varran do mapa ao COE, IP, TG, nulos, brancos, ...

Para o final unha pregunta: Non estará Vilariño arrepentido de non ter feito esas declaracións sobre Belarmino antes do 27-M?
Tivo ocasión de facelo e, se así fose, hoxe ao mellor estaría gobernando, non??
20-08-2007 / 23:25
Pontedeume na Rede

Netiqueta

   Paréceme que nngg non entendeu ben o que lle dixen no meu comentario e pensa que é desafortunado xunto cos do resto da Eumesfera. Non estaba a facer unha análise do vídeo senón das formas con que fai publicidade, porque iso é o que fai, da súa páxina. Na Internet existen unhas normas baseadas na educación e no sentido común que axudan a que nos entendamos uns e outros sen nos pisar. (Ainda que nos blogues cada vez estean máis lonxe de se cumprir).

   A estas normas chámaselle Netiqueta e non son moi distintas das que acostumamos a usar na vida cotiá. Ás veces o seudo-anonimato que nos ofrece a rede fainos perder as referecencias do noso propio comportamento e tendemos a "sairnos un pouco do testo". A isto e só a isto me referería no comentario que fixen a nngg. Non entra dentro da netiqueta poñer comentarios que non teñen relación co tema de que se está a falar, non entra dentro da netiqueta poñer comentarios publicitarios da propia páxina nas demáis...

   Adxúntovos algúns enlaces sobre a netiqueta, e máis concretamente nos blogues para que poidamos comentalos se vos parece xa que tampouco se trata dunhas normas ríxidas. Hai que adaptalas a cada un e a cada blog.

http://www.netiqueta.org/ 

http://www.eduteka.org/Netiqueta.php3

http://www.uprm.edu/ideal/netiqueta.pdf

http://escribirenlosblogs.wikispaces.com/blogetiqueta

http://blog.sedic.es/docs/taller_urbanidad_blogs.pdf

 En canto ao video non é a miña páxina o lugar para comentalo. Xa escribirei na de nngg.

/ 21:27
O rexurdir de Pontedeume

Eumeses de roteiro por Melide.

Volvémonos a xuntar 24 persoas e decidimos facer unha ruta por Melide.
A intención aparte de poder gozar das súas marabillosas festas, gastronomía con chispanzas incluidas e o carácter afable dos seus habitantes, quedei marabillado co Museo Terra de Melide, un museo que por todo o que alí ten e non por ser a entrada de balde vos decepcionará.
Agradecer a atención prestada polo seu guía Pedro, o cal nos ensinou todas as reviravoltas do mesmo á vez que nos informaba con detalle de todo o que alí había.
Para empezar dicir que na súa planta baixa había unha exposición de cadros das que vos deixo unha pequena mostra en forma de imaxes, nas demais plantas ata un total de tres, unha completa exposición de todo o relacionado cas labouras cotiáns da Vila, sendo todo o que no mesmo se atopa doazóns dos habitantes de Melide.


/ 21:20
Festas de Pontedeume

2º Concerto do Ciclo de Jazz do Bar Fubolín.


Chegamos o segundo concerto que se celebrará no sitio de costume, na rúa Betanzos sobor das 22'30 horas.
Nesta ocasión poderemos disfrutar da actuación de Hot 3sss, da que vos podo decir que sairedes contentos xa que coñezo a algún dos seus integrantes.
¡Que o pasedes ben!.
19-08-2007 / 18:29
BNG Pontedeume

Crise do pacto PP-COE

Aínda que PP e COE anunciaron unha gobernabilidade fácil e prevista para facer un goberno forte, o certo é que o pacto fixo augas e non puido ter peor comezo. O BNG considera lamentábel dar esta imaxe e chegar a unha situación inédita na vida municipal de Pontedeume.
Aínda que agora veñan falando de notario, a negociación non tiña por obxecto un pacto suscrito cun acordo programático de mínimos nin ningunha innovación nas áreas de goberno. Reducíuse exclusivamente ao que xa naquel momento se chamou "reparto do pastel" das dedicacións exclusivas. Sendo o asunto que máis censuraron no anterior mandato, agora convértese en motivo de disputa, facéndoos reos das propias afirmacións. O Alcalde, reaccionando tarde e arrastro, vén a recoñecer que o Concello estivo paralizado, sen constituírense as Comisións informativas, sen avanzar nos asuntos máis importantes de cada área...
Dixeron que ían limpar o pobo e, en pouco tempo, non fixeron máis que ensuxar a imaxe de Pontedeume. Porque peor que o lixo é convertirnos nunha caricatura grotesca da peor política municipal de todos os tempos.
18-08-2007 / 14:55
Retrato dunha vila

CRISE NO CONCELLO

"Onde están os homes e mulleres xustos é un misterio. Quizais non existan. Quizais formen parte dunha especie extinguida no 36"

Vaya fracesita, "os homes xustos do 36", Pues nada, tronchemos XD

/ 09:20
O rexurdir de Pontedeume

Xa falta menos para o 4º Antroido de Verán.


Rematou o 3º Antroido de Verán e xa estamos a espera do vindeiro.
Deixando aparte que si os disfraces eran mellores ou non, xa que moitos eran difíciles de levar debido a calor que fixo, pero o que non podo deixar pasar por alto foi o que si se acadou, que non foi outra cousa que se notase no ambiente que había gañas de pasalo ben por parte de toda a xente que na rúa se atopaba, como nas grandes ocasións "Breamo, O Río", o que desembocou en festa rachada.
Nesta ocasión non vos poderei amosar moitas fotografías xa que o meu disfraz non tiña petos onde poder levar a cámara con seguridade, por o que a calidade das imaxes o seren de movil deixan un pouco que desexar, pero non podía deixar pasar a ocasión de inmortalizar a festa así como dende aquí darlle a noraboa a Juancho como organizador do mesmo, ahí vai a tua foto.