Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2007 » Agosto
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Ago 2007

31-08-2007 / 10:45
BNG Pontedeume

O BNG abandona a sesión plenaria do Concello

No Pleno ordinario deste mes de agosto, o Alcalde negouse reiteradamente, el e os seus concelleiros, a responder as preguntas formuladas polo BNG, derivando a contestación para o seguinte Pleno. Ademais negouse a falar de calquera procedemento para a presentación de preguntas, privándonos aos concelleiros e aos veciños dunha forma de diálogo e debate instaurados desde había anos.
O BNG considera que o PP e o actual Alcalde están sacando a relucir as formas máis autoritarias e ríxidas, provocando a crispación e o enfrentamento. Unha situación difícil que mostra falta de flexibilidade e talante para o diálogo, máxime tendo en frente a catro grupos na oposición e gobernaren en minoría. Ante esta situación, os concelleiros do BNG optaron por abandonar o Pleno sen presentar as preguntas, que a continuación resumimos. Ante o resentimento do PP, nós faremos todo o posíbel para que se poida falar e debater nos Plenos e Comisións Informativas; non só cando lle interese ao PP.

PREGUNTAS:
0. Chegou ao Concello o proxecto da(s) rotonda(s) na ponte?
1. A que se debeu o verquido da EDAR do 10 de agosto?
2. Membros do Goberno anunciaron nos medios que se crearan 400 prazas de aparcamento. É evidente que isto é só propaganda? Cales son os plans do Goberno respecto dos aparcamentos?
3. Houbo un reinicio da actividade na Canteira das Pedridas que poida afectar aos veciños da zona pola falta de condicións en que se traballa? Tense coñecemento do feito?
4. Enviouse unha Memoria a Patrimonio para pintar as fiestras da Casa da Cultura. Só iso ou inclúe algo máis o proxecto?
5. É consciente o Goberno do progresivo abandono do Paseo Marítimo?
6. Pénsase realizar unha mellor limpeza de terra e herbas nas beirarrúas de Nogueirosa?
7. A que se espera para facer a limpeza de beirarrúas do Paseo Castelao e Olmo?
8. Crese na viabilidade dun recheo no Peirao? Non se estará provocando a demora dun importanteinvestimento?
9. A respecto do Feirón: houbo furgonetas estacionadas no lateral de acceso ao Xardín ao lado do Torreón? Como se administran esas prazas para privilexiados? Autoriza a PL?
10. Que xestións se fixeron recentemente sobre o Centro de Día e a cantidade a investir nesta anualidade?
11. Situación da adxudicación do Club Náutico?
12. Solicitárase autorización para a limpeza dun tramo do río Covés, que levaría a cabo a cuadrilla de recuperación de espazos naturais. Dado que esta é a época do ano máis axeitada, tense pensado facer?
/ 10:17
Festas de Pontedeume

Chegan a Pontedeume as Festas, “As Peras 2007″.

Estamos as portas de que cheguen as Festas das Peras en Pontedeume e neste ano como nos derradeiros prometen diversión e festa por tódolos recunchos da Vila.
Para que estedes informados de toda a programación invítovos a visitar o blog dun amigo, As Peras 2007, no que nos amosa toda a programación e actividades día por día.
Unha aperta por o blog, e grazas por o traballo que fixeches en aras de que tivésemos toda a información posible da festa.
¡Que o pasedes ben!.


29-08-2007 / 11:50
Pregúntome

Novas ¿populares?


O pasado sábado o sr. Fraga (don Manuel) recibiu unha cea homenaxe en Cabanas.


O PP local e o do veciño concello agasallaron ao ex-ministro, ex-presidente da Xunta e actual presidente de honor do PP cunha cea que, como non, debeu acabar cunha queimada caseira (a xulgar pola imaxe do marxe).

Nunca unha cea da bisbarra fora tan nomeada, o sr. Fraga fixo unhas declaracións cun tremendo eco estatal: Falou de sucesión no seu partido!!, levantando ampollas en moitos dos altos cargos populares.


Por outra banda o sr. Torrente decide solicitar á Garda Civil máis presenza (medida que aplaudimos) na vila para os temas de tráfico e ocio nocturno. Pola súa banda a edil Ruth García segue a falar de concienciar, sen prohibir, aos mozos (medida que tamén aplaudimos) para non alterar a orde pública e para deixar os lugares de botellón perfectamente limpos.


Pregúntome:
  1. Preferirá don Manuel a Gallardón ou a Rato?


  2. Parece que finalmente a solución para concienciar pasa por sancionar ¿non?. Ou os gardas civís teñen agora outros métodos de concienciación?


  3. Fai o sr. Fraga queimada de garrafón?


  4. Pagaría esa augardente os seus impostos?


  5. Está Sardiña en "segundo plano" (da foto)?
28-08-2007 / 16:51
Retrato dunha vila

OS SOLDOS DOS CONCELLEIROS

fraga.jpgOs altos cargos da Xunta de Galiza cobrarán, a partir de agora, un salario anual de 15.000 euros de por vida. Entre estes estarán o presidente, conselleiros , directores xerais e directores xerentes.
Os concelleiros de Pontedeume están poñendo ao Concello nunha situación de ingobernabilidade por mor dos soldos que se atribúen. Os que sempre criticaron que se cobrasen soldos, agora o aceptan como unha evolución política (F. García Sande-COE). Outros siguen opoñéndose a estes cobros, entendendo que a entrega política debe ser desinteresada. Os partidarios das asignacións din que se se quere que o Concello funcione debe ser a costa dunha adicación exclusiva que terá que ser remunerada.
O certo é que durante moitos anos o Concello de Pontedeume funcionou, máis mal que ben, sen soldos para os seus rexedores. Foi Belarmino Freire quen instaurou esta medida que beneficiou a socialistas e nacionalistas. Eles fixaron as cantidades que deberían cobrar en función de non se sabe ben se a súa capacidade ou do seu horario. E algúns cobraron sen ter capacidade e sen cumprir horario. Pola contra, non se implantou a contrapartida do despido en caso de incompetencia, co cal o pobo de Pontedeume seguíu pagando a desastrosa xestión dos últimos anos.
A política é así e así será. Son os políticos os únicos que traballando (alomenos iso din) para os demais fíxanse eles mesmos os soldos a cobrar. Non pasará moito tempo antes de ver como os concelleiros emulan aos altos cargos da Xunta e deciden cobrarse un sobresoldo de por vida. O peor é o efecto chamada que pode ter no futuro para os ávidos buscadores da vida fácil.

Unha nova de última hora:

A reforma da función pública tamén lle dá o sobresoldo a ex alcaldes e deputados

O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse. (Lido en Vieiros)

Comments

25-08-2007 / 00:39
Pontedeume

Redes



Non é o nome da pequena localidade do concello de Ares pero podería ser o nome da vila de Pontedeume a xulgar pola cantidade de redes que engalanan as súas rúas. Unha proba inequívoca da súa condición de vila mariñeira.

En pesca, as redes de deriva, tamén chamadas cortinas da morte, son un perigoso sistema de arrastre que condena a numerosas especies mariñas a desaparecer. A ONU xa pedíu unha moratoria internacional para erradicar o uso deste sistema de pesca. Dende aquí sumámonos a esta petición e aportamos unha alternativa ao uso destas redes. Trátase de utilizalas para protexer aos viandantes dos posibeis cascallos que se desprendan das fachadas do casco histórico. Cada día son máis numerosos os edificios que corren perigo de derrubamento e o uso das redes faise imprescindíbel. Demandemos do Sr. Alcalde que por medio das súas influencias, que as terá, solicite aos patróns de pesca de toda Galiza a cesión de cantas redes de deriva posúan. Unha medida protectora coa fauna mariña á vez que un modelo de reciclaxe.
23-08-2007 / 17:57
Retrato dunha vila

SABER VIVIR

Agora que entrou na andropausea dáselle porlos negocios inmobiliarios. Son máis placenteiros

/ 16:47
Festas de Pontedeume

Vai de Camiño o día 25 de agosto en Pontedeume.


Me mandaron este concerto para este día 25 de agosto en Pontedeume por correo, que terá lugar na praza da Alameda a partires das 21'00 horas no que escomenzará o pasarúas e o concerto as 23'00 horas, para mais información premede aquí.
Haberá Pasarúas a cargo de "Os Enxebres de Cacheiras + Fontes Suairas", Dani Bellón e Diego Maceiras + Mercedes Peón.
¡Que o pasedes ben!.
/ 16:33
Festas de Pontedeume

1 Mostra de Artesanía e 2 Feira de Producción Ecolóxica e Artesanal do Eume.


Nos vindeiros días 24, 25 e 26 de agosto poderemos disfrutar da 1 Mostra de Artesanía na casa da Cultura en horario de 10'00 a 14'00 horas e 17'30 a 21'00 horas podendo asistir a demostración que haberá o día 25 en horario de 11'30 a 14'00 horas e de 17'00 a 21'00 horas.
Por outra lado tamén teremos a 2 Feira de Producción Ecolóxica e Artesanal do Eume o día 25 de agosto na Alameda de Raxoi en horario de 10'00 a 21'00 horas.
¡Que o pasedes ben!.
/ 16:13
Festas de Pontedeume

1 Festa “Bisté da Marola” ou Sardiñas Lañadas.


O venres día 24 de agosto as 21'00 horas na alameda de Raxoi, terá lugar a 1 Festa do "Bisté da Marola".
O Bisté da Marola como en Pontedeume se chama, son as sardiñas lañadas que todos sabemos como se fan e o mellor de todo que sabemos o boas que están, por o dende aquí vos recomendo asistir a mesma.
Como fin de festa podremos disfrutar con o grupo Nor-folk.
¡Que o pasedes ben!.
/ 00:50
Pontedeume

A nova imaxe de Pontedeume


As obras que modificarán totalmente a fachada marítima de Pontedeume xa se están a realizar e, como sempre, ás costas dos que supostamente imos ser beneficiados. Un novo colexio máis os almacéns, o centro de actividades acuáticas e a lonxa, darán unha nova imaxe de Pontedeume para os que se acheguen dende a ponte de pedra. Pero ninguén pode garantir que esa imaxe sexa a máis adecuada á fisonomía da vila. Algúns deses proxectos fixéronse con total independencia dos outros, o que lles conferirá un aire quizais antagónico. E aínda dando por suposto o bo gusto dos arquitectos redactores dos proxectos, parécenos obrigado someter á crítica pública as obras deseñadas por aqueles. Fíxose así en proxectos moito máis importantes que os que aquí se mencionan e en cidades con maior peso urbanístico. Sería desexábel a exposición pública dos proxectos aprobados. En primeiro lugar por tratarse do dereito que temos os cidadáns a coñecer o espazo no que imos convivir; en segundo lugar, como demostración de que a xestión local é transparente e está ao servizo dos intereses da comunidade.