1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.
Arquivo de Jul 2007
21-07-2007 / 14:34
Retrato dunha vila
Escribimos esta nota o venres, 20 de Xullo de 2007, ás 19h. Temos a redacción chea de medios de comunicación que nos preguntan o por que do secuestro da revista. Non sabemos que responderlles. O Xoves publicou decenas, centos de debuxos sobre a familia real ( e sobre políticos, famosos, o ETA e todo o que se move). Ata publicamos un libro, TOCANDO Os BORBÓNS, un tomazo de 350 páxinas que recompilaba os debuxos máis divertidos.
Somos humoristas gráficos e traballamos conscientes de que a nosa obrigación, o que nos piden os lectores, é que exploremos o límite da liberdade de expresión. Podemos aceptar que, ata, nalgunha ocasión, podámolo traspasar . Gajes do oficio. Se nos pasamos para iso están os tribunais pero...un secuestro? a policía percorrendo os quioscos de todo o país retirando a nosa revista? De verdade escribimos isto o 20 de Xullo do 2007?
Comments
20-07-2007 / 07:04
Pregúntome
Nunha comunidade de 24 veciños (Rúa 1313 do mexilón) convocan unha reunión para decidir pintar a fachada. Á reunión acoden 21 veciños (é unha cifra espectacular, xa que normalmente acuden non máis de 15 ou 16).
Nas primeiras conversacións queren decidir a cor na que pintarán. Coma sempre hai discusións, caras raras e algúns guiños de complicidade. As posturas son as seguintes:
6 veciños queren pintar de vermello (o 28,57% dos asistentes)5 veciños queren a cor amarela (23,81%)10 veciños queren de azul (47,62%)A votación posterior está clara:
Pintamos de azul?: Gana o NONPintamos de vermello?: Gana o NONPintamos de amarelo?: Gana o NONHai quen di que debaran pintar de azul xa que son maioría, pero alguén responde que son máis os que non queren o azul.
Unha voz, que ata agora parecía que se decidía polo amarelo ou polo vermello (xa non recordo despois do lío da reunión), comenta que hai unha cor parecida ao laranxa que pode convencer tanto aos que queren vermello como aos que queren amarelo. Esta proposta gosta aos 11 que non querían azul. Na votación posterior gana o SI a pintar desa cor tipo laranxa.
Finalmente a fachada, guste máis ou menos, foi democráticamente? pintada de laranxa. O cabreo de algún veciño (normalmente cre que ten razón porque é o que máis alza a voz) é monumental e di que hai que cambiar a lei, e que a cousa non quedará así.
Pronto empezaron a aparecer pintadas (curiosamente azuis) de protesta e cabreo.
Será algún veciño "azul"?
Cal vos parece a fórmula máis democrática?

PD: Está claro que todo é mellorable, sobre todo se analizamos algúns pactos postelectorais
/ 02:20
Pontedeume

A Xunta e Caixa Galicia asinaron un acordo polo que se pretende preservar diversos espazos naturais. A forma de conseguir este amparo susténtase na compra por parte da entidade bancaria de terreos que forman parte de espazos dignos de protección. Caixa Galicia aportará 40 millóns en 3 ou 4 anos para financiar proxectos dos que se beneficiarán enclaves de alto valor natural, entre eles as Fragas do Eume, lugar polo que o director xeral da entidade amosou sempre unha especial predilección. Este altruísta home das finanzas posúe unha casa, antiga rectoral e patrimonio da Igrexa, ás portas do parque natural. Lembremos tamén que o seu apego por este lugar estivo a piques de ser recompensado pola corporación municipal que dirixía Belarmino Freire nomeándoo fillo predilecto de Pontedeume.
Hai poucos meses Caixa Galicia adquiríu a illa de Sálvora, dentro do parque natural das Illas Atlánticas pero esta operación foi finalmente abortada polo Ministerio de Medio Ambiente que entendía que a citada illa debería formar parte do parque e polo tanto ser de titularidade pública. Non parece ser esta a opinión da Xunta que dirixe Touriño, que non ten reparos en apoiar o afán especulador de Caixa Galicia. Porque de mera especulación se trata. Amais de admitir implicitamente que os poderes públicos non son quen de garantir a tutela dos espazos naturais, Touriño acepta que sexa unha empresa de capital privado a que utilice o patrimonio natural dos galegos como obxecto de investimento. Se antaño a Igrexa foi a detentadora do patrimonio cultural dos pobos , hoxe son as entidades financieiras as que exercen ese poder, pero non só sobre o patrimonio cultural senón tamén sobre o arquitectónico e o territorial. Son numerosos os edificios emblematicos que ditas entidades posúen en todas as cidades, obras de arte e agora parques naturais. Sabemos que o diñeiro como moeda perde o seu valor en cuestión de meses; o intelixente é especular.
Poñer nas mans de Caixa Galicia a protección das paraxes naturais é como pedirlle ao raposo que protexa ás galiñas. Esta entidade ten participación en proxectos que atentan contra o medio ambiente, o territorio e a saúde das persoas. Reganosa, Endesa e Ence son exemplos flagrantes destas actividades. Resultan grotescas as palabras do presidente da Xunta ao dicir que “é o mellor sinal de que desde a preocupación amosada por Caixa Galicia se sintoniza cos mellores valores dunha sociedade moderna, dunha sociedade democrática que sabe e que ten nos seus recursos, no noso patrimonio e no noso territorio os mellores valores".
19-07-2007 / 16:26
O rexurdir de Pontedeume
Este ano debido as condicións metereolóxicas a tempada de alto risco de incendio nos montes galegos se está a retrasar, pero non por eso nos podemos relaxar e dende varias institucións como pode ser
Voluntariado en Defensa do Monte Galego ou dende o
Centro de Educación Especial "Carmen Polo" de Ferrol, nos están a dar unha lección de solidariedade e traballo con a natureza e preservación dos nosos montes, para eso basta con ver a laboura que veñen a desempeñar e sobor de todo a ilusión que teñen os mesmos, posta de manifesto nunha carta que escrita do seu puño e letra e asinada por catro voluntarios nos describen as suas sensacións. Se tedes oportunidade non deixedes de botarlle un vistazo pois as estan a pegar por moitas esquinas e lugares da vila.
Si te queres facer voluntario, o podes facer chamando o teléfono gratuito 900 400 800, anímate.

/ 02:26
Retrato dunha vila
Pontedeume sempre foi terra de acollida daqueles que se sentiron impresionados pola beleza da paisaxe eumesa, das súas tascas e das romarías. Abofé que poucos vilas poden presumir de tantas virtudes. E iso é notorio nada máis desembarcar nestes lares.
Uns personaxes que quedaron cautivados por este pedazo de terra foron unha parella de ingleses, altos, aristocráticos, extrovertidos e de fácil comunicación. Pero a diferencia doutros que tamén se namoraron do terreo que acababan de coñecer, os ingleses fixérono dende outra perspectiva: a do valor xeolóxico. El, de profesión xeólogo, é administrador dunha empresa de capital anglo-sudafricano que busca abrir unha mina de andalucita na zona de Pico Vello, a carón das Fragas do Eume. O que nun principio parecía un caso envexábel de bohemios subxugados pola paisaxe, non era máis que un exemplo de busca de lucro incesante a costa da paisaxe. Unha continuación da cadea colonizadora que comezou cando os ingleses se apropiaron dos recursos de Sudáfrica. Son estes dous países os que agora procuran a riqueza dos galegos das terras do Eume.
O nome de andalucita se atribúe a un inglés que decubríu este mineral nunha paraxe castelá e, crendo que estaba en Andalucía, chamoulle anadalucita. Esta mostra de ignorancia, a mesma que lles leva a chamar á empresa que representan Picobello Andalucita polo lugar de Pico Vello no que se atopa o mineral, non é impedimento para conseguir grandes réditos da explotación dos recursos locais. Sempre foi Gran Bretaña un país que non necesitou da cultura para converterse nunha potencia mundial. O petróleo iraquí, máis valioso que a andalucita, esixíu esforzos ímprobos, sanguentos e tráxicos. Agardemos que o noso mineral non acade no mercado o valor do petróleo.
Comments
17-07-2007 / 19:05
Pregúntome
Eu son un dos 13.000 estafados o pasado sábado na praza do Obradoiro.
A estafa comezou ás 22:30: Estabamos demasiados para ese recinto, había xente que, dada a súa posición, non vía nin escoitaba.
Por que a organización vende máis entradas das que debera?
A organización desastrosa!Para colmo, cando as previsións ameazaban choiva, colocan un palco descuberto e comezan o concerto. Non deberan suspender antes?
Por que non saíron os "artistas" a dar explicacións?
Por que non devolven os cartos ou repiten o concerto nun espazo axeitado?
Por que o Correo Galego eliminou os comentarios das novas da edición dixital?
Afortunadamente a desorganización do sábado está a provocar a organización dos afectados; polo que se eres un deles podes visitar
este blogue e tamén asinar
aquí .
O teléfono de
Cávea producciones (100% de Corporación Caixa Galicia) é o
981988131 e está en Linares Rivas, 30, 3ª planta (A Coruña).
/ 17:34
Retrato dunha vila
Salorio toda a vida viviu do conto ,primeiro do sindicato e cando o botaron destes,da política local.por eso está tan enfadado por que os séus ingresos se van reducir,pero él non e culpable desto,os culpables foron os que en sucesivas eleccions votaron por él,si hai tontos non e culpa sua
/ 11:29
O rexurdir de Pontedeume
No día de onte en Pontedeume tivemos a oportunidade de volver a recuperar a Procesión Marítima e así rendir merecido homenaxe a Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros.
A vila dos Andrade, un pobo que o longo da súa traxectoria ten un marcado carácter mariñeiro, onte nunha tarde chea de emoción e ledicia, posta de manifesto a través dos centos de persoas participantes e nas autoridades que a acompañaron, poideron ser partícipes tanto da misa que tivo lugar no porto baixo a atenta mirada da Imaxen da Virxe do Carmen, como da procesión marítima que tivo lugar a continuación, na que como mandan as tradicións e a bordo nesta ocasión do barco "Capricho" zarpou ao encontro da outra imaxe da Virxe, que dende Redes e a bordo do "Santiaguiño" surcaron xuntas a ría ata depositar a coroa no mar antes de regresar cada unha o seu Porto, aproveitando a Imaxen da Virxe para darlle un cariñoso guiño a Estatua que a mesma ten e preside a entrada do porto de Pontedeume, saudándose ata o ano que ven.
Dende aquí quero agradecerlles tanto a Antón como a Paloma os (Fornos ou Fonés) xa que tras a sua invitación e a bordo do "Piula" foi posible a miña participación na Procesión facendo posibles estas fotografías. Grazas.
15-07-2007 / 01:10
Pontedeume

A razón está na obra que, primeiro Juan Sampedro e logo Lagares e Álvarez, construiron na estrada da estación. Disconformes cos beneficios que estimaban pola venda das 18 vivendas que o Concello lles concedera, decidiron ampliar o volume da edificación ata as 55 vivendas. Non só se desfalcou ao concello por unhas taxas que non se correspondían co construído senón que se ocupou solo público destinado a urbanizar a zona.
O colectivo
Fusquenlla, farto de presentar denuncias contra o que obviamente era un abuso dos promotores, decidíu recorrer á fiscalía do TSXG. Esta estima razonabeis as queixas de Fusquenlla e decide incoar unha denuncia por un posíbel delito contra a ordenación do territorio.
Esta obra, que leva paralizada dende hai varios meses, estaba esperando a aprobación do PXOM para poder ser legalizada. Certos concelleiros do anterior goberno tiñan a esperanza de que así sucedese. Pero a Xunta de Galiza non parece ver correcto o planeamento urbanístico que se quería aprobar e condena a este edificio a pasar polas tribulacións propias dun xuizo.
O delito do que se acusa leva aparellada a pena de cárcere, multas e inhabilitación aos promotores, construtores e técnicos directores de obra. Por unha vez existe a posibilidade de que tanto a empresa promotora (Lagares e Álvarez) como a construtora (Construeume) paguen polas desfeitas urbanísticas que inflixiron ao pobo de Pontedeume. Non nos alegramos polo feito de que alguén acabe na cadea, pero si polo que de escarmento suporía para futuras actuacións doutros promotores. Tampouco sería xusto un desenlace deste tipo se non incluíse aos que, dende detrás dos despachos, permitiron semellante dislate.
Hai uns días se coñecía tamén que un xuíz anulara dúas licenzas de vivendas construídas en Nogueirosa, aumentando así a 4 as vivendas desta parroquia que xa foran anuladas polo poder xudicial. Esta nova actuación da Fiscalía parece confirmar que algo se move neste concello. O camiño é longo e arduo pero altamente beneficioso. O clamor cidadán contra o urbanismo que convirte ao noso territorio en moeda de cambio, ten eco en instancias xudiciais, aínda que non no poder executivo.
14-07-2007 / 15:46
O rexurdir de Pontedeume
Sábado 14 de xullo, o día aparece nublado e o sol non nos quere deleitar con a sua presenza, por o que penso que moita xente decidiu que a mellor forma de pasar o día sería Pontedeume e o seu feirón.
Bastaba con dar unha volta por Pontedeume hoxe para darse conta que algo estaba a suceder, xa que non era un sábado normal. Hoxe sábado en que moitas persoas deron o pistoletazo de saida as suas vacacións e o non acompañar o tempo decidiron que a mellor forma de pasar a mañán era no feirón e abofé que dou fe do mesmo.
A continuación amosareivos unha serie de fotografías tomadas no feirón, non querendo deixar pasar a oportunidade de agradecer a tódalas persoas que fixestes posible que este blog xa teña mais de mil entradas, por o que somentes GRAZAS.