Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2007 » Mayo
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de May 2007

16-05-2007 / 09:15
BNG Pontedeume

Éxito rotundo do mitin do BNG

Malia ser un mitin moi "madrugador" (a 3 días do inicio da campaña), o acto central do BNG de Pontedeume, celebrado o luns 14 de maio, foi todo un éxito, tanto pola asistencia de público como pola sensación evidente de ser o BNG a forza ganadora das Eleccións. O pobo de Pontedeume abarrotou o Salón de Actos da Casa da Cultura, a antesala e, na maior parte do tempo, as escaleiras de acceso, non cabendo nin unha alma máis. Todos os oradores, até rematar na Conselleira de Vivenda e Solo e no candidato á Alcaldía, transmitiron o convencemento de que se vai abrir unha nova páxina na historia de Pontedeume e avanzar cun alcalde nacionalista á fronte. Incidiuse no impulso das políticas sociais, nas políticas de igualdade, nos avances en ensino público e sanidade. Establecéronse, unha vez máis, compromisos e propostas concretas como o Centro de Día en Andrade, a nova Galescola, o Club Náutico de Piragüismo e Vela, a rehabilitación do Mercado Municipal, etc. Salientamos, dentro dunha total sintonía, a necesidade de avanzar nos traballos do Plan Especial de Protección do Centro Histórico, que se están a iniciar; culminaranse en dous anos. O desenvolvemento de polígonos de vivenda protexida e, especialmente, vivenda para mozos e mozas. A ampliación do solo industrial do Polígono de Vidreiro en máis de douscentos mil metros cadrados, etc.
13-05-2007 / 12:01
Sin categoría

Eleccións municipais

Estamos en plena campaña electoral, como todolos periodos electorais as distintas formacións políticas saen as ruas para pedir o voto dos sufridos, cansos e descreidos veciños, a diferencia está en que cando xa viviches estas datas bastantes veces convirteste nun auténtico escéptico, pero ainda asi vamos a analizar que nos prometen os nosos políticos esta volta.

Comezamos polo PSOE cun lema novos tempos-faremos mais, a verdade un preguntase si realmente o lema refirense a que van seguir facendo mais cafradas como ate agora.

Analizando o programa electoral polo miudo encontramonos:

A participación cidadana, realmente debería chegar cun simple cumplir as leis existentes de reximen local e o tan ninguneado Regulamento de Participación Cidadanada aprobado do 2004 polo actual alcalde do PSOE. Curiosamente o noso concello sobre o papel é un dos mais avanzados por ter este Regulamento e por ter e-goberno (goberno dixital), magoa que non se cumplira absolutamente nada todos estos anos atrás, posiblemente este concello sexa en toda Galicia un dos mais oscurantistas e alonxados dos veciños, as continuas advertencias do Defensor do Pobo ao alcalde actual non deixan dubida algunha. Curiosamente agora esta formación propón sacar unha nova “Carta Municipal de Dereitos e Deberes do veciño”, supoñemos mais papel para adornas as estanterias. Preocupa a frase “dereito á simplificación e axilización administrativa dos trámites perante o Concello. Prazo certo ou razoable na resolución de expedientes”, esto quere decir que se van a seguir a vulnerar os plazos legais para respostar os expedientes. ¿Mais do mesmo?.

Seguridade pública e convivencia cidada, aquí de novo nos inundan cun novo feixe de novas normas, Plano local de seguridade, Consello local de seguridade, Ordenanza de convivencia cidadan, Programa de seguridade no contorno dos concellos, Programa contra o Vandalismo, Plano municipal de riscos que afectan a poboacion....O que tería que solucionarse co simple feito que a policia municipal fixese o seu traballo ben e as 24 horas do dia, en contacto continuo cos corpos de seguridade do estado, o convirten nunha nova chea de papeis que un sospeita que remataran como sempre nas augas da desmemoria e desidia.

Deporte, pouco que decir mais que van a roda do que diga a demarcación de Costas en canto oa do campo da Gandara, e que van facer campeonatos, tamen quedalles por decir que voltaran a facer “galas do deporte eumes” para lucimento de políticos como o acto electoral de fai unhas semanas no pabellon da Casqueira.

Servicios sociais, nada novo, que van ampliar as plazas do Centro de Dia, que a dia de hoxe non existe. O mais destacable outro feixe de programas, catalogos e planos locais para aburrir. Eso si con Foros de Debate, por debate que non quede, logo xa vemos en que queda todo.

Promocion economica e emprego local, O Goberno Local debe exercer de motor da economía do Concello,... liderando a mellora da calidade de vida... Compromiso de presentar unha ampla Oferta de emprego público local, que diminúa sustancialmente a contratación laboral temporal, facilite a promoción interna, e cree novos postos de traballo moi necesarios. Aquí deixan ben clara a postura de continuidad de este novo equipo, facilitar a promoción interna, é decir facer fixos aos enchufados das etapas anteriores e quitalos da temporalidade, supoño que para melloralles a calidade de vida, a sua ineficacia quedou ben patente nestes anos como para non facelos fixos. Unha forma de exixir o voto cautivo dos empregados municipais, a esto chamaselle sencillamente “servilismo politico”. Logo fala non sei que dos autónomos, pero a verdade non é mais que fume. ¿Por qué o concello non se plantea o emprego no concello como un primer paso para a entrada no mundo laboral que logo sirva para encontrar traballo fora?. Esto é apoiar á xuventude?. ¿Este é o xeito de ter un equipo de xestores e empregados públicos ben formados, e motivado para ofrecer os mellores servizos aos eumeses?.¿?. Evidentemente facer do concello a maior empresa de Pontedeume, continuar co erro de sempre a megalomania da administracion pública, si agora gastamos 5 millons de euros en persoal e gastos corrientes a onde nos vamos ir con esta nova ampla oferta de contratación. ¿Non seria mais democrático repartir un soldo de 600 euros a todolos eumes?.

Cultura, Contratación dun novo Técnico de Cultura, ¿un culturista?, mais gasto público, non temos agora en asuntos sociais xente adicada a esto, ¿estaran sobrecargados?. Por outro lado un auditorio, esa e a premisa esa é a solución, porque salón de actos xa temos na casa da cultura, pero esta baleiro todo o ano. Co novo auditorio xa vamos ter Cultura?.

Despois de ler o programa destes novos tempos, remato como ao principio, me inclino por a segunda parte facer mais do mesmo. Curiosamente pouco se fala do urbanismo en Pontedeume, parece non ter nin a categoria de presentarse como un tema propio, semella que para quen foi durante anos concellal de urbanismo non parece un tema importante, pouco nos explican que se busca co novo PXOM, que se vai facer coas aberracions urbanisticas en marcha, que medidas se van tomar coas ilegalidades, non fala nada de cómo informar aos veciños do novo plan, de como alegar e en que plazo, que van facer coas alegacions. En cambio fala da prolongación do paseo maritimo, tampouco nos explican que van facer por Sopazos adiante destrozando a costa cun novo paseo, non fala nada dos restos arqueoloxicos de Pontedeume e como defender o seu patrimonio. Tampouco fala nada de como estan os pavimentos das ruas da vila, nin o caos circulatorio de vehiculos, tampouco fala da renovación obligada de saneamentos, suministro de auga, facer unha depuración de augas real. Tampouco nada de que se vai facer con servicios actualmente privatizados que non estan cumplindo cos contratos asinados. O programa peca dun exceso de regulamentos, ordenanzas, planos, denota un abuso de lexislación (quizás a profesión do candidato influira notablemente) que pola experiencia sabemos que non vale nin o papel na que esta escrita de non ter voluntade de facela cumplir. Sobran leis, falta quen as faga cumplir de verdade.

A conclusión é que este programa pouco concreta sobre os problemas reais que ten hoxe Pontedeume, evidencian ser herdeiros da política do actual grupo político, deñen declarado que van continuar pactando cos mesmos para conseguir o poder, creo sinceramente que nos agardan vellos tempos con algunhas novas caras e nada mais.
11-05-2007 / 11:34
BNG Pontedeume

Mitin do BNG de Pontedeume

O BNG de Pontedeume celebra o seu mitin Central o luns, 14 de maio, ás 20.30 horas na Casa da Cultura. Neste acto intervirán:
- Rocío Souto Torre,
candidata nº 2 polo BNG.
- María Xosé Bravo,
Secretaria de Comunicación da Executiva Nacional do BNG.
- Emilio Salorio,
candidato nº 3 polo BNG.
- Xaime Bello,
Vicepresidente da Deputación provincial da Coruña.
- Teresa Táboas,
Conselleira de Vivenda e Solo.
- Manuel Rei Romeu,
candidato á Alcaldía de Pontedeume.

Invitámoste a asistir.
aquí está o BNG.
Para que Pontedeume avance.
/ 10:24
BNG Pontedeume

InDEPENDENCIA

O bus da INdependencia percorre os Concellos galegos. No Concello de Pontedeume estivo este día 9 desde as 17 horas até as 21. Seguramente, nestes días de campaña, interrompe a súa andaina, seguindo o acordo e as instrucións do Goberno da Xunta de non realizar actos institucionais que poidan ter a mínima interpretación electoral. Feitos coma este son, precisamente, os que nos diferencian do anterior goberno do Partido Popular e das súas prácticas electoraleiras.
O bus da INdependencia estivo no Peirao, ao lado do Centro de Servizos Sociais, co obxecto de entregar modelos de solicitudes e facilitar información xenérica sobre a Lei de Dependencia. As solicitudes dos posíbeis beneficiarios poderán cursarse a través do Concello, nos Centros de referencia das Pontes, Fene, ou calquer outro que se desexe.
En relación coa aplicación da Lei de Dependencia, informamos tamén que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar concedu unha axuda de 700.000 € para a construción do Centro de Día en Andrade. Só resta sacar o Proxecto a contrata.
07-05-2007 / 10:59
BNG Pontedeume

O candidato do BNG reúnese coa directiva da nova asociación veciñal

O actual Portavoz municipal do BNG e candidato ás vindeiras eleicións municipais do 27 de maio, mantivo unha reunión na tarde do 2 de maio cos promotores da nova asociación de veciños de Pontedeume. Dentro da rolda de contactos que están a ter cos candidatos, faise notar o carácter novidoso desta iniciativa, por canto -segundo manifestou o candidato do BNG- vén cubrir un baleiro existente nos últimos anos no relativo ao movemento veciñal organizado no núcleo urbano e pretende encontrar respostas ás diferentes necesidades cidadás.
Neste acto de presentación, realizouse un intercambio de ideas sobre temas relacionados co tráfico, terrazas, limpeza, seguridade nocturna, e un longo etcétera. A Asociación plantéxase funcionar como revulsivo a nivel social, establecendo canles de comunicación ou denuncia co Concello. O BNG saúda a creación da nova entidade e manterá contactos periódicos con ela, respaldándoa en todo o posíbel. Nesta liña, vimos potenciando a participación social por medio de Consellos Sectoriais como son o Consello Escolar Municipal, a aprobación do Regulamento do Consello Municipal da Muller e propoñemos no noso Programa a constitución do Consello Parroquial e do Consello Municipal da Cultura.
/ 09:29
Sin categoría

Galiza non se vende

Onte 6 de maio xuntamonos en Compostela unhas tres mil persoas en resposta ao chamamento do colectivo Fusquenlla, baixo o lema “Galiza non se vende, terra viva e vida digna para todos, contra a degradación do territorio”. O de menos é a cantidade, como se soe decir o bo vai en tarros pequenos, e dende logo o nivel da manifestación foi de primeira. A fotografia superior reflexa o final do recorrido no que os portadores dos diferentes lemas reinvidicativos subironse as escaleiras da Plaza da Quintana, o groso da manifestación estaba ocupando a plaza.

Quizás a conclusión mais importante da mobilización como se pode apreciar na fotografia e a amplitude de resposta de toda Galiza, e deixa ben claro o nivel de concienciación que se está espallando por todo o territorio sobre a importancia da defensa da nosa terra ante a voraxine depredadora que esta comenzando a deboralo todo baixo a enorme sombra da ignorancia e codiza desmedida, na maioria dos casos amparados pola complicidade corrupta dos gobernantes locais de toda a nosa terra.

Creo que esta mobilización é o fruto dun traballo empezado fai mais de ano e medio, pero mais que o final de algo posiblemente sexa o principio de algo moito mais importante, o cambio da forma de entender o noso entorno, quizás o principio dunha nova cultura do territorio na que a sua protección e explotación racional sexan a primeira prioridade, onde a participación cidadana nas decisións sexa unha realidade, e onde finalmente o interes e beneficio da colectividade se antepoña á loca codiza duns poucos.

A laboura debe seguir, e non pode ser doutra maneira que informando e concienciando á maioria da cidadania de que esto é responsabilidade de todos, que o territorio é moito mais importante do que en xeral se pensa, e que a destrucción do medio onde vivimos finalmente vainos levar a un empeoramento da calidade de vida, estamos no momento de frear esta locura e evitar cun fato de ignorantes carroñeiros destrocen todo o pais pensando só no seu lucro, e hora de facer as cousas con intelixencia.

01-05-2007 / 13:53
Sin categoría

6 de maio en Santiago

Manifestación as 12 da maña na Alameda de Santiago, si queres ir en autobus saida dende Pontedeume as 10:30 h, inscribete en fusquenlla@sospontedeume.com, prezo 6 euros. Galiza necesita mais que nunca a tua participación, é hora que todos loitemos contra o abuso e a corrupción.
A práctica totalidade das organizacións ecoloxistas galegas reunidas nunha asemblea que se celebrou en Santiago o pasado día 31 de marzo, acordamos, por unanimidade, convocar unha manifestación para o día 6 de maio en Compostela. Máis de 50 colectivos de toda Galiza coincidimos na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia.

Denunciamos o grave estado de deterioro e de crecente degradación en que se atopa todo o territorio galego, un acelerado proceso de expolio e destrucción que afecta tanto á costa como ao interior.

Reivindicamos as medidas necesarias para frenar este desastre:

O cumprimento da lexislación vixente.

Unha nova Lei de Ordenación do Territorio.
Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral.

Protección efectiva e ampliación da aplicación das figuras de protección ambiental.

Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio.

É dicir: A implantación dunha nova cultura do territorio.