
Vamos agora a analizar o programa do BNG para o noso concello.
Comezan coa invitación aos eumes a participar no proxecto de goberno presentado, habería que preguntarlles o porque de non contar cos veciños para gobernar durante estos últimos catro anos.
Logo falan do
traballo serio, e a labor conxunta coas asociacións da vila, curiosamente este é o mesmo BNG que critica a quenes estamos informando sobre os asuntos sucios deste concello, si existe algunha comunicación das oscuras actividades deste concello aos veciños realmente e grazas a existencia dos blogs particulais de Internet.
Siguen afirmando que eles
son quen de realizalo, como xa o demostramos nas xestión das nosas consellerias, exemplo mais claro supoño que será a consellería de urbanismo, onde non se poden facer as cousas peor, cun concelleiro do BNG que vai por libre, defendendo obras ilegais a capa e espada, un concelleiro do que incluso había serias sospeitas que tiña adquirido propiedades nun dos edificios declarados ilegais, un concelleiro que estes dias xunto a Belarmino e Chacho aprobou inicialmente unha urbanizacion de 200 chalets en Boebre, un concelleiro que amosa a sua postura política tomando as copas con Chacho nas terrazas da rua Real, un BNG que fai 15 dias aprobou inicialmente outra urbanizacion en BER, cos votos a favor tamen dos candidatos actuais do partido. Todo un exemplo de disciplina e capacidade do partido a nivel local, faise dificil entender porque dende Santiago non obligaron a unha renovación total da lista electoral sobre todo cando o cabeza de lista Rei esta imputado por prevaricación urbanistica e pendiente de xuicio con penas que poden ir ate os dous anos de cadea ou nove de inhabilitacion para cargo público. ¿Este é o futuro para Pontedeume?.
Fala dun
equipo renovado, serio, capaz e responsable,... un alcalde novo, traballador e dialogante, que rompa coas actitudes propias doutros tempos... Aquí si cabe ainda mais alucinante, renovacion cando levan dentro dos 3 primeiros a dous concellales da corporacion actual, “
serio, capaz e responsable” despois da cantidade de desatinos que levan nesta lexislatura, depois de aceptar as chataxes de Chacho ou as aldraxes de Belarmino durante estos anos con tal de seguir no poder, “
un alcalde novo, traballador e dialogante”, ¿dialogante? casi da a risa, xa o amosou estos anos.
Principais propostas.
Indican a modo de simplificación algunhas das previsions das que como a construccion dunha galegoscola, que xa vemos a aceptacion cidadana da proposta, e a capacidade de dialogo dos concelleiros do BNG dende a área de educación que ostentan actualmente, para terse enfrentado tanto aos veciños de Nogueirosa como Andrade.
Outras como plans de vivenda para a mocedade, pazo da cultura, centro de día, ampliacion de parques infantís, renovación das redes de abastecemento e saneamento, construccion dun campo de futbol novo, club de piraguismo, unidade de atencion a muller, aforro enerxetico, beirarruas. Son todas e cada unha propostas que a dia de hoxe tiñan que ser xa realidades (ainda que quizas non como pretenden en algun caso) logo dos anos que levan no goberno municipal, moitas non se poideron materializar por incompetencia á hora de tramitar axudas diante de organismos financiadores. Todas estas propostas forman parte de planes e actuacións de entidades supramunicipais como Demarcación de Costas, Sergas, Xunta, nas que en moitos casos o concello non ten nin capacidade de decisión sobre o modelo e xeito a seguir nas actuacións.
O caso do chamado sendeiro pola costa de Sopazos é un bo exemplo de traballo as costas dos veciños, que non temos voz nin voto nun proxecto que pode destrozar a paisaxe do borde costeiro entre Pontedeume e Centroña.
O mais indignante é que se incluan moitas propostas como a mellora de limpeza e recollida de lixo, ou mellora da redes de abastecemento e suministro de agua, sobre o que non se fixo absolutamente nada no pasado.
Moi curiosa a proposta de remodelación integral da casa do concello, amosa a falta de interpretación das necesidade reais dos veciños, parece que Rei esta mais ocupado por facerse unha poltrona mais comoda, cando por outro lado non se fala absolutamente nada sobre a necesidade urxente de renovar os pavimentos tercermundistas das ruas da vila.
Tampouco vexo que se fale moito de urbanismo neste programa, quizas sexa polos nefastos resultados do BNG nestos anos de goberno municipal, que ainda estan dando os últimos coletazos votando a favor de recalificacions, plans parciais de macrourbanizacions, e con candidato a alcalde imputado por prevaricación urbanistica. ¿Quen da mais?.
Finalmente rematan co chantaxe, un novo marco de cooperacion institucional, si nos votades teremos 10 millons da Xunta, como decindo que do contrario utilizaremos a Xunta para afogar mais a vila.
Como conclusión e despois de ver o que fixo o BNG local nesta lexislatura, a continuidade de candidatos e as propostas, penso que dende Santiago o partido tiña que ter feito unha intervención maior, as directrices urbanísticas deste BNG local son opostas as directrices do goberno actual da Xunta. É totalmente impresentable que por parte dos concelleiros actuais do BNG se votara recentemente a favor do Plan Parcial de BER, a toda prisa en dias previos á entrada en vigor da Lei de Protección do Litoral, por non repetir toda a historia de licenzas ilegais desta corporación. Creo que o BNG nacional tiña que ter enviado a Teresa Táboas non a dar un mitin en Pontedeume, senon a darlles un cursillo de urbanismo aos cabezas de listas do BNG, e tamen poderian vir con eles María Xosé Caride, Luis Vázquez Rodriguez o Ramón Lueje, haber si eles eran capaces de facerlles entender a estos candidatos locais que non se pode seguir facendo unha política urbanística en Pontedeume ao mais puro estilo Marbella.
En fin, estou moi farto desta prepotencia do BNG local, esta actitude de poseidores da única verdade, e de desprezo aos veciños, dende logo non estou disposto a que pensen por min, como afirma o seu eslogan.