Warning: MagpieRSS: Failed to fetch (HTTP Error: Invalid protocol "") in /mnt/san/usr/home/eumesfera.com/web/wp-includes/rss.php on line 1358
Eumesfera » 2007 » Abril
Eumesfera
1.0
O ollo da mómara. O primeiro agregador rss da Eumesfera.

Arquivo de Abr 2007

28-04-2007 / 00:12
Sin categoría

O camarote eumés

Esta ben podería ser a imaxe do derradeiro pleno eumés desta lexislatura. Polo visto a política eumesa empeza a ferver, esta vez coa presenza de medio centenar de veciños de Andrade indignados coa recalificación de Einsa.

A situación chegaría ate ser cómica senon fose porque esta afectando directamente a moitos veciños, pero non é mais que o reflexo da incompetencia duns cargos locais que a verdade é que non dan unha, recordame a aquela serie de dibuxo animados con “Pier no doi una y su amigo Patán”.

Levamos moitos anos padecendo unha situación nefasta neste concello, pero ultimamente a situación vai empeorando dia a dia, supoño que antes a incompetencia non se facia tan evidente pola deixadez dos veciños aburridos dos politicos. Pero agora faise dificil entender que esta pasando, a sensación é que os magos municipales perderon a capacidade de enganar ao publico cos trucos, e as explicacións cando se lles colle nun rehuse son penosas.

Resulta que o goberno local decia despois da votación da recalificacion de Einsa que “todos los terrenos afectados son propiedad de la empresa”, logo os veciños afirmaban que Berlarmino afirmou despois do pleno de febreiro “nosotros hicimos lo que debíamos, si no estáis de acuerdo defendeos”. Agora que os veciños se poñen en pe de guerra e aparecen masivamente no ultimo pleno Belarmino sae con: “asegura que a metade do equipo de Goberno ignoraba que o proxecto afectase a particulares: "O propio alcalde recoñeceuno, dixo que se decatou porque o chamaron uns amigos e asegurou que era cousa do equipo redactor". Para logo afirmar que Belarmino e Tino Regueiro admitiron no pleno de onte que non viran os planos do proxecto, o que non foi impedimento para aprobalo.

Esta claro que temos un gravisimo problema cos nosos politicos, e fundamentalmente basase nun profundo servilismo a certos intereses privados conxugados coa ignoracia suprema, votase con total descoñecemento da situación, son manipulados habilmente polos propietarios e os técnicos redactores dos proxectos, xa non queremos pensar en que realmente eles formaron parte activa de toda esta trama (porque supoño que o arquitecto municipal algo lles explicaria sobre o tema) ainda que non chegaria a poñer a man no lume porque non fose así, xa que precedentes hai dabondo, non temos mais que recordar por enesima vez os nove meses que Belarmino agochou a orde de paralizacion de Caldagueiro, ou os 12 meses que fixeron falla para paralizar oficialmente a obra da casa de D. Pablo, cun Tino Regueiro vociferando incansablemente por toda a vila un “esta todo legal”, ou os comentario de Rei defendendo as 8 vivendas na zona de Vizus e Boebre con outro “os informes foron desestimados”.

Esta claro que detrás de todo esto non hai outra cousa que unha desmedida avaricia de certos particulais, como xa pasou con certos promotores que todos coñecemos, onde non hai limite para obter o que se propoñen. Neste caso a connivencia con Consultora Galega parece clara, a situación é cando menos dantesca, que a mesma empresa que esta facendo o PXOM, se poña a facer un proxecto de recalificación de terreos a medida dun particular, para modificar a medida unhas normas subsidiarias que xa debian de estar anuladas, é grotesco. E como sempre dende o goberno local se traga con todo, non se buscan mais aclaracións, e tampouco interesa outra cousa que favorecer clara e obxetivamente a intereses privados, se aproba a recalificación ainda con informe negativo da Xunta de Galicia, para que agardar mais o tempo apremia por suposto.

Pero chegado a este punto queda por preguntarse a onde vamos, porque a empanada mental que hai no goberno eumes é digna de concurso, a improvisación xa chegou a extremos cómicos, pareceme indigno ter uns representantes así. A menos dun mes dunhas eleccións quedan dous opcións, dar paso a outra xente mais capacitada, si é que existe, ou delegar directamente na Xunta de Galicia actual e polo menos alonxar as presions dos localismos. Dende logo un comeza a pensar mais que nunca no que terá preparado Consultora Galega para o PXOM, porque esa si pode ser boa xa que esta empresa creo que esta collendo moita “soltura”, dende logo o avance “prometia”.
24-04-2007 / 11:04
BNG Pontedeume

Carme Adán visita o Concello e os terreos da Galescola en Nogueirosa

O venres 23, a Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia, Carme Adán realizou unha visita institucional ao Concello de Pontedeume. Respondendo a unha invitación do Concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Rei, a Secretaria tivo, en primeiro lugar, un encontro cos representantes das organizacións sociais e cos cargos públicos da Corporación, momento no que reiterou o compromiso orzamentario da Vicepresidencia cunha segunda escola infantil, a Galescola a construír na parroquia de Nogueirosa. Tras a visita ás instalacións da EIM "Chalé Rosa", tivo lugar un encontro cos directivos da AVV de Nogueirosa, ao que tamén se incorporou a Delegada provincial da Vicepresidencia, Tereixa Novo. O Concello, a través dun Plan de Equipamentos, ten como obxectivo que, ademais da Galescola, se dote á parroquia de local social, en función da súa importancia, locais para a realización de obradoiros, ludoteca, etc. O proxecto, aínda que conlevará certa demora, pretende construir unha auténtica Unidade Social, que reforce a identidade da parroquia, unha das de maior poboación do término municipal.
23-04-2007 / 16:40
Sin categoría

Manifestación

Somos testigos dunha sensibilidade social crecente sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. E agora temos a posibilidade de poñer freo á cementación salvaxe e irreversible de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro.
Debemos manifestarnos masivamente o proximo 6 de maio en defensa dun urbanismo sostible e unha explotación racional dos recursos naturais, Galicia é patrimonio de tódolos galegos, non un medio para o enriquecemento desproporcionado e ilegal duns poucos a costa do benestar de todos e da depredación do noso territorio.
21-04-2007 / 17:22
Sin categoría

Hay aberraciones urbanisticas…

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Hay/aberraciones/urbanisticas/irreparables/elpepuespgal/20070418elpgal_22/Tes

Aguirre, coautora junto al arquitecto portugués Alvaro Siza del parque de San Domingos de Bonaval en Santiago, explica que uno de los objetivos de este proyecto es llamar la atención para que la Ribeira Sacra tenga un desarrollo sostenible: "No se puede amar lo que no se conoce y la gente tiene que aprender a sentir el paisaje, pero esto no puede hacerse de forma masiva sino de una forma en la que se pueda llegar al corazón de cada persona".

"El paisaje lo integra todo: el sonido, el color, la historia, la cultura...por eso en esta exposición quería contar con artistas de disciplinas distintas", explica Aguirre, una arquitecta con una trayectoria atípica que comenzó a estudiar la carrera cuando ya contaba 40 años.

Aguirre considera que los arquitectos tienen "mucha responsabilidad" en las aberraciones urbanísticas que se han cometido en Galicia en los últimos años, algunas de las cuales son ya "irreparables", y apunta que este colectivo tendría que salir más a la luz para explicar los porqués de algunas actuaciones. "La arquitectura tiene que dar una respuesta real al mundo de hoy y, por su parte, los clientes tienen que respetar los conocimientos que tienen los arquitectos y que ellos no poseen", señala Aguirre, quien también reclama que los ayuntamientos cuenten con arquitectos para asesorarles en sus proyectos de ordenación urbana, algo que no ocurre en la actualidad en muchos puntos de Galicia y que debería ser corregido "con apoyo de la Xunta".

La arquitecta afincada en A Coruña cree positivo que al menos ahora exista un debate sobre la conveniencia de poner coto a los desastres urbanísticos. "Siempre me ha llamado la atención que los gallegos estemos tan apegados a nuestra tierra y, al mismo tiempo, seamos depredadores con el paisaje, un bien común que tenemos que cuidar entre todos", señala.

Algunhas voces van saindo de vez en cando, pero son as menos dentro dun colectivo pechado como é o dos arquitectos. Unha gran verdade na frase “los clientes tienen que respetar los conocimientos que tienen los arquitectos y que ellos no poseen”, eu continuaria coa frase “alguns arquitectos poucos coñecementos parecen ter que aportar, vendo as barbaridades que estan dispostos a facer”, falemos da casa de D. Pablo por acudir a un exemplo cercano.

Agardemos que as aberracions que temos mais cerca sexan reparables, a verdade é que non hai mais que aplicar as leis, ainda que alguns ainda seguen argallando nos despachos buscando a maneira de burlalas.
19-04-2007 / 12:32
BNG Pontedeume

Para que Pontedeume siga avanzando. Aquí está o BNG !


O BNG aprobou na súa Asemblea do día 9 de abril, por unanimidade, a candidatura coa que vai concorrer ás Municipais de maio de 2007. Trátase dunha candidatura renovada a respecto da de 2003 en máis do 50 % (10 persoas son caras novas nesta lista). Ten un protagonismo especial a xuventude e a muller, varias das cales son incluso independentes.
O BNG procurou tamén unha candidatura equilibrada territorialmente, con candidat@s en todas as parroquias, con diferencia a respecto doutras candidaturas.
En xeral, presentamos candidatos e candidatas que proceden ou son referente no movemento social organizado.
O tramo alto da lista ofrece un equipo no que salienta a capacidade, a experiencia e a disponibilidade para as responsabilidades municipais nas súas diferentes facetas. A continuación vos mostramos a candidatura completa:

1. Manuel Rei Romeu
2. Rocío Souto Torre
3. Emilio Manuel Salorio Fraga
4. Raúl Calvo Tenreiro
5. Marola Mosquera Castro
6. Xesús Rodríguez Diaz
7. Josefa Diaz Faraldo
8. Miguel A. Feal Varela
9. Ana García Fernández
10. Juan Esteban Infante Tenreiro
11. María Eugenia García Chao
12. Antonio Amado Brage
13. María Pilar Carrera Campos

S1. Antón Rey Sueiras
S2. Manuela Rodríguez Barros
S3. Manuel Varela Bermúdez
S4. Francisco Leira López
S5. Lucía Lodeiro Feal
16-04-2007 / 16:41
Sin categoría

Mais cacicadas

Unha vez mais o concello de Pontedeume volve a lucirse, esta vez cunha dudosa recalificación en Andrade.

Comezando polo noso gran alcalde Freire, despois de aprobar inicialmente o 25 de febreiro a Modificación Puntual afirmou ante testigos: “nosotros hicimos lo que debíamos, si no estáis de acuerdo defendeos”, algo totalmente impresentable despois que dende a empresa amenazase con expropiacións polo xustiprezo a quen non cedese as presións.

Pero esta non é mais que a primeira de toda unha carreira de despropositos neste asunto.

Dende un primeiro momento o goberno local tenta enganar á opinion pública afirmando: “Según fuentes municipales, todos los terrenos afectados son propiedad de la empresa” (La Opinion de data 30/03).

Pero resulta que no xornal de data 03/04 confirmase que é falso: “Ediciones Informatizadas S.A. es propietaria del 80% de los terrenos para los cuales ha solicitado el cambio de uso de rústico a industrial, un total de 136.000 metros cuadrados” pero “alcanza de forma directa a una docena de vecinos de la parroquia eumesa de Andrade, propietarios del 20% de los terrenos afectados”.

O oscuro da operación vese claramente nos comentarios: “Los propietarios de los terrenos afectados por el proyecto de Einsa reprochan que no se contó en ningún momento con su opinión y critican que la empresa presente unos planos pero no un plan para la superficie que desea recalificar. "En teoría quieren que sea terreno industrial para ampliar las instalaciones, pero hace algo más de un año se hablaba de despidos, es una incongruencia", explican los afectados”. Los afectados indican: ” el proyecto de Einsa obliga a derribar, denuncian los implicados, dos viviendas”.

O curioso é que na nova de La Opinion do 03/04: “El colectivo también recalca que el Gobierno local tienen "el deber de consultar" con los perjudicados antes de tomar una decisión. "Informaron a los propietarios, hace dos días, del nuevo estado de sus tierras, dificultándoles la posible presentación de alegaciones”. O que denota as intenciones de ocultar a operación o máximo posible e preteder pasar axiña o periodo de alegacións, buscando a menor oposición dos veciños.

Tamén vese gran improvisación nas actuacions cando se propón una rotonda a costa dos terreos de varios particuais, proposta inviable según a nova de La Opinion de data 14/04 na cual o propio Manuel Rei afirma: “la Demarcación de Carreteras no autoriza la construcción de una rotonda en la carretera que une Campolongo y Ponte da Pedra, la AC-151, prevista en los planos del proyecto de Einsa”. Esto denota o gran caos mental en todos os participes de esta operación, algo habitual na politica urbanisticas eumesa. Mais penoso cando Consultora Galega, redactora da modificación, a venden dende o BNG como a mellor empresa do sector en Galicia.

O mais curioso do asunto é que na nova de La Opinion de data 13/04, coñecemos algo inquientante que empeza a confirmar as sospeitas: “José Carlos Martínez, propietario de Einsa SA, es a su vez propietario de Ediciones Informatizadas Inmobiliarias SL” ademas “la empresa anunció la apertura de un expediente de regulación de empleo en enero de 2006- se produjo a las pocas semanas de la creación de esta sociedad... Cuatro meses después la empresa presentó, por primera vez, un expediente de recalificación de terrenos ante la Consellería de Política Territorial, expediente que el departamento autonómico denegó en junio de 2006”.

Hasta aquí as cousas eran moi extrañas, sendo suaves no calificativo, pero a nova de La Opinion de data 14/04 non deixa xa lugar a dubidas do trapicheo da operación: “Manuel Rei como alcalde en funciones, (parece que Belarmino xa colleu as de villadiego), afirma que los vecinos de Andrade afectados por el proyecto pueden pedir formalmente la retirada de sus propiedades del expediente a través de las alegaciones”. Nova falsedade, en tal caso Einsa tera que retirar o proxecto actual e presentar outro novo sin as propiedades alleas.

Manuel Rei, portavoz municipal del BNG y teniente de alcalde, se reunió el pasado jueves con los afectados por el expediente de recalificación de Einsa. Al encuentro, que duró unas dos horas, también asistió el concejal de Promoción Industrial, Emilio Salorio (BNG). Curiosamente nesta reunión ante as recriminacións dalguns veciños a Salorio por ter aprobado por unanimidade a recalificación este parece que respostou “eu non votei nada, non teño idea...”. ¿Curioso compromiso o destes politicos?.

Logo Manuel Rei sae cunha das suas frases xeniales: “Rei insiste en que la aprobación inicial del proyecto de recalificación fue votada favorablemente por todos los grupos municipales del pleno y en que es, "de momento, un puro trámite que no tiene mayor trascendencia”. Curiosa maneira de enterder as cousas que ten este individuo, resulta que ese tramite sin importancia é nin mais nin menos a aprobación inicial de dita recalificación, que pasado o periodo de alegacións queda unicamente en mans da Xunta a decisión final. Tamen e necesario recordar que a dia de hoxe a Xunta ten informado desfavorablemente dita recalificación, o unico documento que avala a adecuación desta modificacion, casualmente, é un informe firmado pola propia Consultora Galega afirmando que se correxiu todo o que a Xunta indicou previamente.

Pero as falsedades continuan coa afirmación de Manuel Rei: “El teniente de alcalde eumés recuerda que la delimitación del polígono industrial solicitado por Einsa ya figuraba "en términos exactos, en el avance del Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) expuesto a comienzos de 2005, y que no dio pie a protestas de ningún tipo". Curiosamente si vemos a fotografia superior o primeiro plano é o contido no avance, o segundo a recalificación de Einsa, e o terceiro una superposición das duas onde podemos ver claramente que de “exacto” non ten nada, a superficie inferior e moito maior, eso que a Xunta xa fixo un recorte de 30.000 m2 (inicialmente eran 163.000 m2) que xa non estan na actual proposta de Einsa. Haberia que decirlle ao sr Rei que o avance non xera un periodo oficial de alegacions, polo tanto ninguen ten nada que alegar oficialmente, e menos cando non se informa axeitadamente á xente. Tamén habería que decirlle ao sr Rei que parte de terreos que antes quedaban recalificados como solo de ampliación de nucleo rural, propiedade dos veciños, e polo tanto con previsión de uso residencial, quedan agora dentro da recalificación actual con outros extraños usos como o de ensino. ¿Van facer outra galego-escola?.

Pareceme que aparte das consideracións hacia a empresa Einsa, que en todo caso é unha empresa privada e libre de buscar o máximo lucro, eso si dentro da legalidade, o intolerable é a postura do concello de Pontedeume na continua liña de favorecer intereses privados por enriba dos cidadans, claramente agochou a cabeza e consentiu a sabiendas do que estaba a facer. De novo podemos ver que as relacións Consultora Galega = Concello de Pontedeume = BNG, si presentan intereses moi oscuros do que parece sair unicamente perxuicio para os cidadans. Xa veremos que outras sorpresas nos depara o futuro PXOM redactado por esta empresa, dende logo o avance non era moi esperanzador.
O mais curioso é que estas son actitudes da chamada “ezquerda politica”. Si son capaces de facer estas descaradas argalladas a dous meses dunhas eleccións que nos deparará o futuro en Pontedeume. Que se podia argardar de quen pactou e está disposto a pactar novamente cun ex-tenente de alcade franquista (alias chacho) que tivo a des“fachatez” de solicitar unha placa conmemorativa da estadia de Franco na vila un mes despois da morte do dictador.
14-04-2007 / 17:50
Sin categoría

Adeus á paisaxe II

Minicentral en Brandariz, unha das 73 concedidas, mais 9 parques eólicos regalados polo Sr Fraga Iribarne dias antes da sua despedida do goberno anterior, tres deles ao Excelentismo Paco Vazquez, ex-alcalde da Coruña.

E a paisaxe ¿Que pasa coa paisaxe? Ahí están os resultados dos procesos anteriormente descritos, esta ausencia de urbanismo non é nova, é algo endémico e moi próximo á mentalidade galega relacionada coa propiedade da terra, isto xa provocou no pasado como resultado unha dispersión altísima da poboación polo territorio, coa escusa da excepción para uso agropecuario salpicouse durante décadas o chan rústico de vivendas unifamiliares sen servizos adecuados.
Agora a demanda residencial derivou nunha presión inmobiliaria maior que provocou a devastación xeneralizada do territorio acentuada ata extremos dantescos, aproveitandose de planeamentos urbanísticos desfasados e co apoio de corporacións municipais ignorantes ou directamente corruptas, deron paso á concesión de licenzas directas en terreos cualificados ilegalmente como urbanos cando non están dotados dos servizos, e moitas veces ata afastadas dos núcleos urbanos para outorgar devandita cualificación, sendo na realidade leiras seudo-agrícolas (caso Caldagueiro), isto unido a recalificaciones alegales de vastas zonas de chan rústico mediante pelotazos urbanísticos (caso Fadesa en Miño) deu como resultado unha forma de construción totalmente anárquica, cada quen aproveita sen limite a súa parcela, burlando a lei como pode, o resultado é que non hai alineacións de fachadas, non hai rúas, non hai beirarrúas, non hai espazos verdes habilitados, non hai aparcamientos. Só se preocuparon de facer as vivendas, a costa galega está plagada destes exemplos. A maioría destas novas urbanizacións e edificaciones non teñen nin solucionado algo tan básico como o alcantarillado (caso Fadesa en Miño vertiendo directamente ás praias de Miño e Perbes), presentado a maioría soluciones irrisorias a base de fosas sépticas, que non son mais que enterrar temporalmente o problema, envenenar o subsuelo e finalmente ríos e rías.

Esta catástrofe medioambiental non só afecta aos pobos senón que se estende ás aldeas próximas aos cascos. Zonas con privilexiados paisaxes, con impresionantes vistas, cambiaron a súa tipología de casas marineiras por unha profusión de adosados e chaléts que se adueñaron duns terreos sen infraestructuras para darlles servizos. Unha vez feitas as edificaciones, ¿quen vai a costear os servizos básicos?, os especuladores voan co diñeiro e finalmente os cidadáns teremos que sufrir ou costear as infraestructuras mediante os nosos impostos.

Un suposto turismo de segundas vivendas revolucionou os municipios da costa galega, onde as rúas estreitas dos cascos urbanos conviven con edificios máis propios dunha avenida, constrúese se regra nin proporción algunha (caso Casa de D. Pablo). En fin, unha paisaxe fracturado, desestructurado, desordenado, cada vez máis mediocre e sórdido, que está perdendo a súa identidade e o seu valor, converténdose nunha auténtica chatarrería de bloques de hormigón e cemento colocados de forma anárquica, e o peor, un camiño sen retorno.

As responsabilidades na degradación actual do territorio e na correspondente destrución da paisaxe repártense entre os diversos axentes que actúan nel. Pero o principal é a Administración, en todos os seus niveis, empezando pola central, aínda cando é verdade que esta traspasou moitas das súas competencias neste ámbito ás comunidades autónomas. Pero é a Administración local, unha das principais responsables neste desbaraxuste xeral, á que hai que retirar competencias urxentemente. A autonomía municipal levada aos seus extremos provocou situacións esperpénticas e ten orixinado graves disfuncions territoriais. Demasiados consistorios subíronse ao carro deste inesperado desarrollismo, cedendo ante determinados grupos de presión e relaxándose no control das normativas de edificación.

Non todo está perdido. Pero queda pouco tempo ao ritmo que imos, porque non debemos esquecer que as intervencións no territorio son, demasiado a miúdo, irreversibles. É necesaria a concienciación e participación de toda a sociedade, o urbanismo debe deixar de ser materia exclusiva para chanchullos de políticos e empresas, para ser unha materia na cal a participación e información cidadá debe ser a máxima prioridad.

Desde logo senón loitamos pola nosa paisaxe, ímolo a perder irremediablemente para o beneficio desmesurado duns poucos. Como afirmaban fai poucos dias no parlamento europeo acerca do tema do urbanismo salvaxe no pais: "formigonamento dá costa" e “descomunal enriquecimento dunha pequena minoría a costa dá maioría".

Neste pais hai demasiados “poceros”, saidos da cloaca que estan collendo altos vuelos a costa dos demais.
13-04-2007 / 13:33
BNG Pontedeume

Aclaracións do BNG sobre EINSA-Pontedeume

O día de onte (12 de abril), o portavoz municipal do BNG, Manuel Rei, e o concelleiro de Promoción Industrial, Emilio Salorio, reuníronse no local da AVV de Andrade cos veciños da parroquia, afectados polo Polígono que promove EINSA. Nunha concorrida asemblea, déronse cita, ademais doutros moitos veciños, membros do Comité de Empresa de EINSA.

O BNG aclarou varios aspectos desta modificación e respondeu ás preguntas dos veciños durante 2 horas aproximadamente. Dita reunión pode resumirse no seguinte:

1. A aprobación provisional, que foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno, é un puro trámite que, de momento, non ten maior trascendencia. Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal. Lembramos que o 16 de novembro de 1990, foi a Consellería de Ordenación do Territorio a que, tendo a última palabra, deu a autorización definitiva para a súa instalación, aínda sendo terreos de natureza rústica.

2. No momento actual, en trámite de información pública (ampliado ó máximo que contempla a Lei), todos os propietarios implicados nesta recalificación, poden formalmente através de alegacións pedir a retirada da súa propiedade deste ámbito, e, pola nosa parte, e tamén pola dos técnicos municipais e redactores do Proxecto, non se ve ningún problema en atender estas demandas. Estamos, ademais, recibindo os informes sectoriais e, para empezar, o de Estradas xa non admite a rotonda na AC-151. Medio Ambiente considera que non ten implicacións nocivas e non emite informe...

3. A delimitación deste Polígono industrial, en termos exactos, xa figuraba no Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, exposto a comezos de 2005, e non deu pé a protestas de ningún tipo. E hai que indicar que obedece a "criterios de racionalidade urbanística". Proponse un solo industrial, non un urbanizable residencial nin nada polo estilo. Esto queremos deixalo ben claro ante as manipulacións que certos colectivos están a facer do tema.

4. Se segue adiante a tramitación, imos manter informados aos veciños de todos os pasos. Finalmente, queremos indicar tamén que, en última instancia, será a Dirección Xeral de Urbanismo a que dea a autorización definitiva.

Dito isto o BNG quere deixar ben claro que os seus posicionamentos só buscan o ben común, que atendeu, atende e atenderá calquer solicitude dos veciños, como o proba claramente esta reunión e que as manipulacións e as falsas informacións soamente buscan desprestixiar a nosa organización de cara as vindeiras eleicións municipais.

10-04-2007 / 13:19
BNG Pontedeume

Candidatura do BNG ás Municipais de maio

A candidatura -aprobada pola Asemblea local- do BNG de Pontedeume ás eleccións municipais do 27 de maio é a seguinte:
1. Manuel Rei Romeu
2. Rocío Souto Torre
3. Emilio Manuel Salorio Fraga
4. Raúl Calvo Tenreiro
5. Marola Mosquera Castro
6. Xesús Rodríguez Diaz
7. Josefa Diaz Faraldo
8. Miguel A. Feal Varela
9. Ana García Fernández
10. Juan Esteban Infante Tenreiro
11. María Eugenia García Chao
12. Antonio Amado Brage
13. María Pilar Carrera Campos

S1. Antón Rey Sueiras
S2. Manuela Rodríguez Barros
S3. Manuel Varela Bermúdez
S4. Francisco Leira López
S5. Lucía Lodeiro Feal
09-04-2007 / 15:46
Sin categoría

Adeus á paisaxe I

¿Que está pasando coa paisaxe?. A ignorancia unida a unha ambición desmedida está descortizando o territorio e esnaquizando a paisaxe, pero de momento pese ao evidente dos danos aínda non provocou unha verdadeira reacción popular.

A fotografia superior é a mais recente cafrada de Fadesa en Cantabria, esnaquizar unha montaña para incrustar 400 vivendas, parece afastado, pero ¿non se parece isto excesivamente á proposta de rúa pola ladera do monte Breamo do avance de PXOM de Pontedeume?.

Este desarrollismo trasnoitado esta deixando uns efectos catastróficos sobre o territorio, non fai falta saber moito de urbanismo e arquitectura para darse conta que o que esta pasando non é normal. E, con todo, son poucas as voces que se alzan públicamente para denunciar o obvio, o que salta á vista en calquera recuncho do país.

O urbanismo brilla pola súa ausencia, Galicia en especial atópase desvalida, padecemos os restos dunhas politicas urbanísticas anacrónicas, baseadas en descafeinados e destilados dunhas Leis do Solo do desarrollismo franquista. A mayoria de concellos fundamentan o seu urbanismo en plans ou normas subsidiarias, desfasadas, moitas nulas de pleno dereito xa desde a súa orixe e en xeral aberrantes por falta de entendemento do territorio, na maioria dos casos non se tivo en conta nin sequera a topografia á hora da súa redaccion. Pero quizás o maior erro do chamado urbanismo baséase nunha redución ao absurdo na busqueda da calificacion urbanizable e recalificacion de superficies cada vez maiores para beneficios especulativos de políticos, grandes corporacións, empresas inmobiliarias, constructoras e todo o que a rodea, a corrupción evidentemente brota con gran forza nun campo abonado como son as corporacións locais, o extremo mais ignorante da cadea.

Fálase continuamente de directrices territoriales, plans supramunicipales, sostenibilidad, leis de protección da paisaxe, pero todo estase quedando en intencións, o proceso esta pecando dunha sospeitosa lentitude respecto da enorme velocidade coa que estan actuando os depredadores. A política de feitos consumados invade todo o territorio, as ordes de paralizacion de auntenticas aberraciones quédanse en papel mollado mentres os especuladores continuan adiante deborando a tarta, o irremediable parece a escusa para non deter esta tolemia.

Achámosnos ante unha verdadeira vorágine constructora, precisamente no país europeo cunha porcentaxe máis alta de vivenda desocupada (12%). Nun contexto de potenciación -ecológicamente insostenible- da urbanización difusa, proliferan todo tipo de equipamientos, aos que se suman centenares de urbanizacións de chaletitos e casas adosadas, nas periferias de todas as cidades, grandes e pequenas. Multiplícanse, por outra banda, as reservas de chan para uso industrial, malia que moitos polígonos creados fai anos están prácticamente valeiros, a proba evidente é o Poligono de Vidreiro no que pese a todo non se ve actividade algunha, a ver onde nos leva a recalificación pantasma de Einsa. Semellantes desaguisados, xunto co modelo de urbanización extensiva xa denunciado, contribúe á destrución de miles de hectáreas de excelente chan agrícola ou de alto valor ecolóxico e paisajístico. En Galicia a ameaza esta moi preto e non só na costa, onde os destrozos son mais que notorios, no interior, unha legión de especuladores esta vez en forma de concesións pantasma de parques eólicos, minicentrales, e explotacións mineras do tan ansiado novo “ouro” en forma de cuarzo para a fabricacion do outro novo mito, a enerxia solar, parece que na nosa civilización o remedio sempre acaba por ser peor que o mal, e esta escusa esta poñendo en xaque a multitude de explotacións leiteiras e agricolas que penden da expropiación, así como a vastas zonas do Caurel.
Parece que neste pais non queda xa político ou parente de político que non teña xa a súa concesión, iso se todo “moi legal”, algún con investimentos de tan só 600 euros.
No referente aos trazados de novas vías de comunicación, estes deséñanse a miúdo con pretensións e previsións moi afastadas da realidade e atendendo a modelos de conectividad supuestamente irrefutables, menosprezando con ignorancia supina os valores ambientais e paisajísticos dos territorios polos que transitarán, moito podiamos falar das que se estan facendo coas obras do AVE, e a tolemia expropiatoria e medioambiental que se está cometendo. Ninguén se toma en serio os estudos de impacto ambiental, cando estes elabóranse con seriedade e honestidade, o que non sempre é o caso.
Pero ¿que pasa coa paisaxe?...